|
Nacional -
Concursos de traslado
|
|
Venres, 18 Maio 2012 07:08 |
|
Tal e como avanzábamos o martes, no DOG do 18/05/2012 publicase a orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, grupo V. O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se o posto de traballo se atopa na mesma localidade ou dun mes se radica en localidade distinta. O cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación no DOG da orde da Consellería de Facenda pola que se abra o prazo para tal efecto. |
|
Ler máis...
|
|
Comarcas / provincias -
Coruña-Ferrol-Compostela
|
|
Mércores, 16 Maio 2012 18:59 |
|
En defensa dos centros públicos galegos de benestar e en protesta polos recortes efectuados desde esta consellaría.
Unha veintena de delegados e delegadas da CIG recibiron o mércores, 16 de maio, á entrada do consistorio de Oleiros á conselleira Beatriz Mato. Este recibimento á altura dunha conselleira de Traballo e Benestar que só crea Paro e Malestar puxo o contrapunto ao protocolario acto de benvida do concello. |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Concursos de traslado
|
|
Martes, 15 Maio 2012 15:28 |
|
Infórmanos a Administración que o venres, 18 de maio, publicarase no DOG a Orde pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacentes o persoal laboral da Administración Da Xunta de Galicia, grupo V convocado pola Orde do 14 de abril do 2011. Acceder á consulta sobre concurso de traslados
|
|
Nacional -
Saude laboral
|
|
Luns, 14 Maio 2012 15:41 |
|
No DOG do 11/05/2012 publicouse a resolución do 23 de abril de 2012 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A inscrición farase nos formularios dispoñibles en todas as secretarías dos centros. O prazo rematará o 5 de xuño.
|
|
|
Nacional -
Mesas negociación e órganos representación
|
|
Mércores, 16 Maio 2012 20:15 |
|
Nesta comisión de persoal votábanse varios asuntos que se caracterizaron pola escasa ou nula vontade negociadora por parte da Administración. De novo, e velozmente, esta volveu a aprobar en solitario (sen apoio de ningunha central sindical) todos estes puntos:
Bases da convocatoria da escala técnica de finanzas RPT de Institutos do Territorio Decreto de creación do FOGGA RPT do FOGGA Traballo e Benestar: fusión de centros e modificación da RPT
Ao final da comisión, o director xeral de Función Pública facilitou información sobre procesos selectivos e as instrucións de permisos, vacacións e licenzas.
|
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Outras informacións e conflitos xerais
|
|
Martes, 15 Maio 2012 23:47 |
|
As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF presentamos o pasado venres perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conflito colectivo pola aplicación da lei de medidas no Emprego Público xa que vulnera o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Esta mañá demandabamos ademais, en rolda de prensa conxunta que, mentres non se dite sentenza e se resolva a cuestión de constitucionalidade, se suspenda a aplicación da lei. Este é o maior conflito colectivo presentado nunha administración, porque afecta a 11.000 empregadas e empregados públicos que conforman o persoal laboral da Xunta de Galiza, e porque por extensión, podería repercutir en máis de 90.000 traballadores/as que desenvolven a súa actividade para a administración sumando funcionarios/as da Administración Xeral, docentes e estatutarios. A ferramenta legal que temos neste momento para defender ao persoal laboral é o conflito colectivo, instrumento que se lles nega aos funcionarios/as polo seu vínculo xurídico de natureza administrativa. De aí que o obxectivo fundamental sexa que se suscite unha cuestión de constitucionalidade que derive na declaración de inconstitucionalidade de varios preceptos da lei e polo tanto que cuestione os obxectivos e mesmo a exposición de motivos da lei de medidas, polo que se debería derrogar na súa totalidade, abranguendo tamén aos funcionarios/as públicos/as. |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Outras informacións e conflitos xerais
|
|
Luns, 14 Maio 2012 20:35 |
|
A Administración ofrécenos como argumento da xustificación dos recortes que non hai cartos e/ou que sobramos empregadas e empregados públicos porque non hai carga de traballo. Porén, continúa facendo uso da figura da encomenda de xestión e tamén das asistencias técnicas. Ante as continuas demandas de información a Administración cala; ante as continuas denuncias, a prensa tamén. O venres, 11 de maio, publicábanse no DOG 3 encomendas de xestión da extinta consellaría do Medio Rural con Tragasatec para a realización de traballos: 1) técnicos de colaboración coa autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural 2007/2013, 2) de supervisión dos controis nos tres tipos de medidas dentro do Plan galego de controis Feader e 3) de tramitación de medidas do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia no ano 2012. Pese a que as 3 encomendas teñen como data de inicio o 1 de xaneiro, aínda son feitas públicas agora. De ningunha se da a coñecer o seu custe económico. |
|
Ler máis...
|
|
Nacional -
Fondo Acción Social
|
|
Luns, 14 Maio 2012 13:56 |
|
Segundo nos informan dende Función Pública, o venres 18 de maio está prevista a publicación no DOG. Como xa sabedes, logo do machetazo da Lei de Medidas, só está previsto para o concepto de axudas para persoas con discapacidades, cun límite máximo de 180 €.
O último borrador que temos podédelo descargar aquí.
|
|