A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 33 convidados en liña
Resposta ao comunicado de "La Voz de la Xunta de Galicia" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Xoves, 19 Xaneiro 2012 14:19

Segundo informa este xornal, voceiro oficial do Goberno da Xunta, máis nomeadamente no que se refire á política de persoal, a Xunta está a estudar novos axustes nas condicións laborais dos empregados e empregadas públicas. Estas medidas, segundo "fontes do goberno" que cita este xornal, resúmense en tres grandes puntos: diminución dos días de asuntos persoais, que pasaría dos nove actuais a seis; implantación da xornada laboral de 37,5 horas e  revisión do complemento por incapacidade temporal.

Estas medidas son demagoxia pura e dura, por exemplo, todos os empregados públicos da Administración Xeral da Xunta de Galiza traballan 37,5, que é o que establece a normativa da Función Pública galega e o Convenio do persoal laboral. Unicamente o persoal laboral que está a quendas, xa que traballa noite e festivos, ou que teña un contrato fixado por horas coa redución proporcional do soldo, traballa menos horas. Non sabemos se queren aumentar horario tamén ao persoal funcionario e laboral que ten unha redución de xornada por conciliación familiar, aos que tamén se lles aplica unha redución proporcional do soldo. Hai outras administracións que si teñen un horario menor, en Galiza non se dá o caso.

Sobre o recorte de días de asuntos persoais hai que manifestar que en ningún caso se produciría un aforro económico, xa que este goberno leva anos sen chamar a persoal interino para cubrir estas ausencias, o que está producindo de por si un deterioro dos servizos públicos.

O mesmo ocorre coas baixas por enfermidade que non son substituídas e inciden tamén na calidade do traballo, xa que o resto de compañeiras e compañeiros teñen que realizar esas tarefas pendentes. Con estas medidas o persoal funcionario que teña un cancro ou unha escleroses múltiple, por exemplo, cobrará menos, moi comprensible por parte da Administración. E tamén pretende a Xunta fomentar a natalidade penalizando as correspondentes baixas?

Non se vai producir aforro con estas medidas. Existe unha campaña continua de desprestixio, impulsada polos responsabeis políticos das Administracións, dirixidas contra os traballadores e traballadoras que desenvolvemos a nosa función nos Servizos Públicos.

Esta campaña está formada por tres vértices: o primeiro o Capital, que ten no punto de mira a privatización destes servizos para sacar toda a tallada posible; o segundo o goberno da Xunta, que colabora co capital porque está á plena disposición destes intereses, porque agardan un premio por esta colaboración ou máis sinxelamente porque hai empresarios actualmente ocupando postos no goberno da Xunta; a última pata deste contubernio é a que forma a prensa subvencionada, a maioritaria, minando a moral da poboación, convencendo día a día de que os recortes son inevitables, de que antes viviamos no paraíso pero que non o mereciamos, de que a culpa da crise é culpa do nivel de vida que tiñamos e que non podemos ter uns Servizos Públicos de Calidade porque non hai diñeiro.

Non hai diñeiro público pero si para subvencionar medios de comunicación privados (Grupo La Voz: 3 millóns de € no 2011 -datos DOG-). Aínda que os que saen gañando por goleada son as entidades financeiras (200.000 millóns de € en avais para o ano 2012); debe ser porque non teñen nada que ver con esta crise. Na actual guerra de demagoxia, recortes e demais vai haber vencedores e vencidos, non cabe dúbida, e se non facemos algo para remedialo será a cidadanía en xeral a única perderá. Vai sendo hora de espertar e pórse en pé.

Nota remitida aos medios

Ningunha agresión sen resposta!


Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack