A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 6 convidados en liña
Retiraranse as prazas de consolidación do concurso de traslados de persoal laboral PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 30 Xaneiro 2012 09:51

O director xeral de Función Pública, por pedimento noso, comunicounos que van retirar as prazas da RPT de consolidación do concurso de traslados de laborais. O proceso de consolidación e todos aqueles ofertados en OPEs publicadas manteranse.

A intención de Función Pública é facer un concurso sen esas prazas e posteriormente convocar os procesos de consolidación e darlles toma de posesión provisoria a quen aprobe para, a continuación, lanzar outro concurso de laborais onde persoal fixo poidan acceder a esas prazas.

O director motiva a súa decisión nas sentenzas en 1ª instancia no caso do persoal legoeiro, ao coñecemento recente de sentenzas do Tribunal Supremo e, por último, nun informe da Asesoría Xurídica ao respecto que lle solicitamos e quedou en facilitarnos.

Futuro das convocatorias pendentes

A lectura que fai do artigo 3 do Real Decreto Lei 20/2011 é igual cá nosa e polo tanto a restricción non afecta a ningún proceso que previamente estivese contemplado nunha OPE, esté convocado, desenvolvido ou en execución. Mantén que se poden convocar os procesos, incluida a estabilización coa súa fase de promoción interna, pero por motivos políticos terá que ser pouco a pouco.

A xuntanza durou 10 minutos por problemas de axenda e se comprometeu a falar con nós o mércores para darnos máis información. Unha vez coñezamos os detalles faremos un pronunicamento público. Non houbo tempo para tratar ningún outro tema.

Desprezo absoluto

Esta información xa foi publicitada por algún sindicato. Esto fixo que nos puxéramos en contacto coa dirección xeral para que confirmara ou desmentira a información e máis aclarase cales ían a ser as consecuencias. O director xeral asegurou que estaba informar deste aspecto a todas as organizacións sindicais, porén parece ser que a CIG para o director non somos unha "organización sindical" pois fumos nós os que tivemos que poñernos en contacto con el dada a incerteza que se estaba a crear.



Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack