A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 6 convidados en liña
A supresión do plus de altos cargos NON abonda para devolver a confianza aos empregados públicos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Xoves, 02 Febreiro 2012 21:29

Infórmanos o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a través dos medios de comunicación, a toma en consideración dunha serie de medidas dirixidas aos empregados públicos, entre a que destaca pola súa repercusión pública a suspensión do coñecido "Plus de Altos Cargos".

A CIG-Autonómica quere deixar constancia de que o Presidente da Xunta non suprime o Plus, senon que só o suspende temporalmente. Inda así, é ben posíbel que o Plus, aprobado por Lei, poida seguir sendo cobrado polos seus beneficiarios mediante resolución xudicial, dependendo en boa medida da vontade dos seus perceptores.

Para a CIG que, durante anos, levamos adiante manifestacións, concentracións, denuncias públicas... e rematamos coa presentación no Parlamento dunha Iniciativa Lexislativa Popular que foi rexeitada polo PP e PSOE, non abonda.

As empregadas e empregados públicos esiximos a supresión  inmediata e definitiva deste plus. Hai que tildar esta medida coma demagóxica, ao igual que o resto, e destacamos que os verdadeiros problemas de fondo son outros. Unha medida que pretende ser unha xustificación moral dos recortes que se lle piden ao colectivo de empregados públicos. E consideramos un insulto que se poña ao mesmo nivel o “sacrificio” da renunica temporal ao plus salarial de altos cargos que, por exemplo, a supresión de complemento por enfermidade ou accidente non laboral.


Nota remitida aos medios

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack