|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Xoves, 09 Febreiro 2012 01:00 |
|
Xa estamos convocados para a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos. Vai ser o venres 10, ás 13:30, e os responsábeis políticos da Administración contan con que desmobilicemos as concentracións do xoves, nos dispersemos, e nos desmotivemos. E tamén que na Mesa Xeral non se mostre oposición por parte dos traballadores. Pois non lles vamos dar o gustazo! Os sindicatos mantemos os actos para o xoves 9: concentración de delegados/as en San Caetano, e concentracións de traballadores onde xa está previsto.
Vamos pisar un novo chanzo: o venres vamos estar na Mesa Xeral, vannos escoitar inda que non queiran, e coincidindo coa Mesa, convidamos aos traballadores e traballadoras a que o venres 10, ás 13:30, se xunten diante da porta dos centros de traballo acompañados de chifres e outros obxectos que fagan de banda sonora. NON NOS VAN PARAR. VAMOS SEGUIR. XOVES 9. Concentracións nas cidades e gran concentración en San Caetano. VENRES 10, ÁS 13:30, MESA XERAL EN COMPOSTELA, CONCENTRACIÓN FORA E CONCENTRACIÓNS EN CADA CENTRO DE TRABALLO. |