A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 9 convidados en liña
Os empregados públicos fartos de Feijoo están comezando a gañar a partida PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 16 Febreiro 2012 20:19

Un Consello da Xunta superado pola masiva mobilización dos empregados públicos tivo que improvisar sobre a marcha medidas para suavizar as propostas iniciais, así como a súa temporalidade ou o control das dietas, de marcado carácter mediático, pero que non abonda para impedir a sangría de cartos públicos do goberno de Feijoo.

Miles de traballadores e traballadoras públicas saían hoxe ás portas dos seus centros de traballo por todo o país para expresar o seu enfado contra Núñez Feijoo. Estas concentracións, máis aló dun berro ben alto de “NON ao proxecto de lei de medidas no emprego público”, son outra protesta máis contra o enésimo intento do presidente da Xunta de poñer na picota ao colectivo de empregados públicos para disfrazar as súas incapacidades para solucionar os verdadeiros problemas que preocupan a cidadanía.

O goberno da Xunta non puido desouvir a presión social e sorprendido por unha reacción inesperada dos empregados e empregadas públicas suavizou a súa proposta inicial das incapacidades temporais. Por outra banda, Feijoo segue lanzando caramelos aos empregados e empregadas públicas mentres fala da “temporalidade” das medidas e de que “manterá os salarios” sen ser consciente de que xa perdeu toda a súa credibilidade diante do noso colectivo e que a súa palabra vale o mesmo que os caramelos que tenta vendernos.

O goberno galego tamén tenta acalar as críticas sociais ante a negativa de recortar gastos suntuarios e fala de que “poderá revisar as retribucións dos directivos de entes instrumentais e dietas por asistencia a consellos de administración”. Porén, non mete a tesoira noutras partidas de gasto máis escandalosas: asesores, altos cargos, gabinetes, excesivas subdireccións, hipertrofia da estrutura superior da Xunta, gastos protocolarios, asistencias técnicas, publicidade e propaganda institucional, etc.

Para a CIG-Autonómica e para os traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza estes cambios son insuficientes. O proxecto aprobado hoxe polo consello da Xunta non supón o aforro do que se fala. Pedimos a súa retirada e a negociación de medidas alternativas de recortes cuxos textos se nega a negociar o goberno galego.

Queremos deixar ben claro que estes cambios de última hora, e que Feijoo vende como “recortes de menor impacto que no resto de España”, non son feitos motu proprio senón pola presión e as continúas mobilizacións das traballadoras e traballadores. Agora vén o trámite parlamentar e na CIG-Autonómica seguiremos coas mobilizacións e actos de protesta e seguiremos porque existen alternativas, porque isto realmente se pode reverter e porque os traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza así nolo demandan.

Descarga o texto do proxecto de lei (aprobado no Consello da Xunta do 16 de febreiro de 2012)

Nota remitida aos medios

Preme para visualizar a galería de imaxes das mobilizacións.

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack