A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 10 convidados en liña
A consellaría de Traballo a FESAN: para asistencias técnicas non hai recortes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xosé Ramón Vázquez   
Mércores, 22 Febreiro 2012 22:21

Sede de FESAN en Compostela onde se atopan os 6000 expedientesA fundación FESAN, vinculada ao Opus Dei, que imparte cursos para o recoñecemento da experiencia profesional, tamén os barema e tramita a través dunha concesión da Consellaría de Traballo; funcións estas últimas propias dos empregados públicos.

Non hai moito tempo, o presidente da CEOE Juan Rosell, falaba de que a mellor de maneira de prestar Servizos Públicos é por medio de empresas privadas mediante o sistema de concesións. A Consellaría de Traballo e Benestar recolle os desexos da patronal e pon en mans dunha fundación privada os expedientes de 6.000 galegos que solicitaron unha acreditación para poder traballar.

FESAN, Fundación de Estudios e Análises, é unha das grandes beneficiarias do proceso actual de privatización dos Servizos Públicos, dende escolas infantís até centros de día e múltiples contratos coas Administracións Públicas. Agora, eríxese en xuíz e parte do recoñecemento de experiencia profesional, xa que, ao mesmo tempo que imparte cursos que dan acceso a esta acreditación, a Consellería de Traballo encoméndalle a xestión, custodia e baremación da totalidade dos expediente. (na foto vemos a sede de FESAN en Compostela onde actualmente fican os 6000 expedientes)

Isto nos dá unha clara idea de que entende o PP por unha Administración Pública, unha administración ao servizo da súa rede clientelar.

Unha administración que o PP vende como austera pero que na práctica só o é cos empregados e empregadas públicas. Cando se trata dos seus amigotes da patronal non hai problema á hora de gastar cartos a moreas subcontratando no canto de contratar persoal propio de xeito máis barato. E ao mesmo tempo a consellaría gasta o que faga falta organizando un acto fastuoso o pasado 7 de febreiro, no Pazo de Congresos en Compostela, para entregar outras acreditacións de experiencia profesional similares.

Dende a CIG-Autonómica reclamamos que se impulsen as listas de substitución e os procesos selectivos ordinarios, que actualmente están todos parados, xa que esta situación é provocada co obxectivo de poder dar cancha a empresas privadas querendo xustificar á vez a incapacidade da Administración.

Dende a CIG-Autonómica esiximos que, se hai que recortar, se recorte neste tipo de cousas.

Nota remitida aos medios

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack