|
Certo ou falso que as empregadas e empregados públicos fican libres da reforma laboral? A min ao ser servidor público, a desfeita das relacións laborais non me afecta.
Falso. Coa desfeita poderanse facer despedimentos do persoal das Administracións Públicas, pagándolles 20 días por ano traballado, co límite de 12 mensualidades. Para facelo abonda con existir "insuficiencia orzamentaria" ou cambios na organización (por exemplo, a externalización do servizo). |