A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 23 convidados en liña
Convenios colectivos

Certo ou falso que a reforma blinda os dereitos dos traballadores e traballadoras grazas aos convenios de empresa?

Falso. A reforma permite que a empresa non aplique o convenio durante anos alegando causas "obxectivas" (menor beneficio, cambios técnicos, cambios organizativos..).

Até agora, o convenio de empresa so podía mellorar o convenio de sector. Agora pode empeoralo e terá prioridade, podendo regular condicións inferiores ao convenio do sector (menores salarios, modificar a xornada laboral, vacacións, cambiar funcións propias da categoría..)

Unha vez finalizado o período de vixencia do convenio, se non hai acordo nos dous anos seguintes o convenio perde todas as melloras, quedando regulado polo Estatuto dos Traballadores e o Salario Mínimo Interprofesional.

Imaxina a loita das empresas por reducir custes cos seus competidores do mesmo sector, baixar salarios e subir a xornada. Dirán que a outra empresa traballa máis barato. Pensa nas empresas con maioría de persoal eventual, e agora a ameaza do despedimento obxectivo. Provocará unha caída brutal dos salarios e un incremento da xornada de traballo.

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack