A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 15 convidados en liña
A CIG lanza unha campaña pola dignidade do/a empregado/a público/a e en defensa dos servizos público PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Marzo 2012 18:16

Servizos Públicos. Si, grazasPretende responder aos continuos ataques que están a padecer as traballadoras e traballadores das administracións.

A CIG-Administración presentou esta mañá a campaña que a partir de mañá se desenvolverá en todas as comarcas do país, pola dignidade do empregado/a público/a e en defensa dos servizos públicos. A campaña desenvolverase de forma transversal en todas as accións sindicais que, ao longo dos vindeiros meses defendan o sector público e rexeiten os recortes.

O obxectivo da CIG é, segundo explican, “subir a autoestima dos empregados/as públicos/as, facendo defensa de forma individual no posto de traballo dun lema colectivo: ‘Servizos públicos, si grazas’”.


Pretenden, deste xeito, responder de forma activa ante os continuos ataques e recortes que están a padecer os empregados e empregadas públicos/as e, e forma preventiva, amosar a forza das persoas que traballan na administración.

A decisión de pór en marcha esta campaña xurdiu ante a necesidade de reaccionar contra a situación de desprestixio que o goberno (Estatal e da Xunta) está a realizar sobre as persoas empregadas públicas, unido aos estereotipos sociais. Isto, explican “fai necesario realizar unha campaña que loite pola dignidade da persoa traballadora que desenvolve un servizo público, recuperando a autoestima desta”.

Ademais, sinalan, de forma sinérxica, reclámase a necesidade de ter servizos públicos, de xeito que a sociedade vexa que un ataque ás persoas empregadas públicas é, ao mesmo tempo, un ataque aos servizos públicos, e que isto repercute directamente en toda a sociedade.

Desenvolvemento

A campaña terá continuidade no tempo, durante os vindeiros meses. Inicialmente farase un reparto masivo de chapas e autocolantes entre as e os traballadores para que o lema “Servizos públicos, si grazas” estea presente en todos os centros de traballo.

Coa entrega da chapa e do autocolante repartirase tamén un pequeno documento no que se recolle a situación actual e o que supoñen os recortes e rebaixas no sector público, para a persoa traballadora e para toda a sociedade.

Tamén se porán pancartas ou paneis nos principais centros de traballo e as delegadas e delegados disporán dunha camiseta co mesmo logo da campaña, que empregarán na acción sindical que desenvolvan.


Descarga os documentos da campaña

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack