A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 3 convidados en liña
A CIG denuncia o desmantelamento dos servizos sociais e o despedimento de 70 traballadores/as PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 04 Abril 2012 00:24

A Consellaría de Traballo e Benestar presentou onte, martes 3 de abril, a súa proposta de eliminar 70 postos de traballo ante a Mesa Xeral de Negociación de Empregados/as Públicos/as. Segue así a política do Goberno de desmantelar progresiva e sistematicamente os servizos públicos da Area de Benestar, algo que semella ter un especial atractivo de negocio para algunhas empresas e empresarios que se fan cargo dos servizos a cargo do erario público con inxección de subvencións millonarias mentres pregoa a difícil situación de crise que xustifica os recortes salariais, os recortes de dereitos e de condicións dignas aos traballadores, e a mingua da calidade do servizo aos usuarios, que son derivados a centros de xestión privada onde o que importa é o negocio, non o servizo.

Así, a Consellería:


  • Pecha o Centro de Menores de Montealegre, en Ourense, e coa  xustificación de unificar nun único complexo de menores en Ferrol.
  • Pecha de maneira encuberta o Centro de Menores Soutomaior, trasladando aos traballadores fixos, e despedindo ao persoal laboral.
  • Amortiza dúas prazas de ordenanzas nas seguintes residencias de Maiores de Santiago, Volta do Castro, Oleiros e Ferrol, contratando unha empresa de seguridade privada para as quendas de noite que ata o de agora viña facendo o persoal da Xunta, despedindo ao persoal temporal que ocupaba os postos
  • Minimiza ao máximo as plantillas da residencia de Tempo Libre de Patos, e da residencia de Carballiño, o que supoñemos levara a privatización de algún servizo, xa que é imposible manter o servizo con tan pouco persoal


Denunciamos que mentres a Conselleira de Traballo sae nas fotos na prensa con Amancio Ortega anunciando que ese empresario, tan desinteresado, sen animo de lucro vai regalar unha morea de escolas infantís, regala a empresas privadas os Servizos Sociais, colabora a incrementar as taxas de desemprego mandando ao paro ao persoal propio, e recorta dereitos ao persoal da Consellería, que ve entre outras cousas, como se conxela o  seu salario, e  vai traballar de balde os domingos e os festivos, sen compensación algunha.

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack