|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 23 Maio 2012 12:30 |
|
A CIG convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. Facemos un chamamento á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social. Todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir os traballadores/as e individualizar as relacións laborais. Lugares e horarios das concentracións:
-Vigo: na Porta do Sol ás 20.00 horas.
-A Coruña: diante da Subdelegación do Goberno español ás 19.00 horas.
-Pontevedra: diante da Subdelegación do Goberno español ás 19.30 horas
-Ferrol: na Praza do Himno Galego ás 19.30 horas.
-Santiago: na Praza do Toural ás 20.00 horas.
-Lugo: diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas.
-Ourense: diante do local da CEO (Praza das Damas) ás 20.00 horas.ormativa por parte da “Coz”contra os empregados públicos
|