|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 24 Maio 2012 13:35 |
|
O goberno galego vén anunciando a desparación do Consello Económico e Social (CES) e a súa fusión co Consello Galego de Relacións Laborais (CGRLL). Como xa é habitual na reorganización administrativa deste goberno, a desinformación dos traballadores e do seu futuro é a nota predominante. Desde a CIG tivemos coñecemento das declaracións dos responsables do Goberno galego, en relación á posibilidade de reorganizar o actual Consello Económico e Social de Galiza, integrándoo no Consello Galego de Relacións Laborais. Porén, por parte de Facenda non se ten convocado ás organizacións sindicais para tratar este asunto.
Dado que existe unha situación de preocupación entre os traballadores dependentes do CES, desde a CIG solicitamos que se realice unha xuntanza para informar sobre os plans existentes para reorganización do Consello Económico e Social e, nomeadamente, sobre como afectará ao persoal actualmente adscrito a ese organismo.
Que
desde
esta
central
sindical
temos
coñecemento
das
declaracións
dos
responsables
do
Goberno
galego,
en
relación
á
posibilidade
de
reorganizar
o
actual
Consello
Económico
e
Social
de
Galiza,
integrándoo
no
Consello
Galego
de
Relacións
Laborais.
Que
dado
que
por
parte
desa
Consellaría
non
se
ten
convocado
ás
organizacións
sindicais
para
tratar
este
asunto,
existe
unha
situación
de
preocupación
entre
os
traballadores
dependentes
do
CES.
|