A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 25 convidados en liña
A Xunta de persoal de SSCC denuncia no Parlamento o abuso das asistencias técnicas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 30 Maio 2012 09:03

Representantes da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais acudiron o 29 de maio ao Parlamento para denunciar o abuso das asistencias técnicas ante a nula atención por parte da Xunta de Galiza.

Primeiramente rexistraron un escrito coa denuncia e despois achegáronse polas oficinas dos diferentes grupos parlamentares para solicitar a súa intermediación. Só no caso do PP foi imposible establecer contacto con ningún parlamentar; tanto o PSdG como o BNG confirmaron a súa intención de contactar coa Xunta de Persoal para estudar o tema.

A externalización dos traballos propios de empregados e empregadas públicos se mantén mesmo en época de crise mentres se recorta en persoal propio. A Xunta de persoal de SSCC leva realizado numerosas xestións neste tema sen que a Administración galega se digne nin sequera a contestar. Na denuncia actual se fai referencia ao traslado ás instalacións de San Caetano das asistencias técnicas que prestaban servizos na Secretaría Xeral do Mar.

A xunta de persoal denuncia esta práctica habitual de austeridade hipócrita da Xunta de Galiza aocontratar empresas externas para facer o traballo propio de empregados e empregadas públicas. Tamén acusa á Administración de burlar a lexislación e non prestar importancia aos gastos de procesos xudiciais e os derivados de execución de sentenza. Na mesma liña propónlle a Núñez Feijoo que de querer recortar comece pola externalización de servizos.

Accede ao comunicado

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack