A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 14 convidados en liña
O FMI pide a Rajoy que suba o IVE e baixe o soldo aos traballadores públicos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 15 Xuño 2012 18:00

Non pasou nin unha semana desde o rescate bancario e xa está o FMI urxíndolle ao Goberno de España que leve a cabo dúas das medidas que xa anunciábamos no noso web que soaban entre as consecuencias máis inmediatas do rescate. Ademais da suba do IVE e da rebaixa salarial aos traballadores públicos, Christine Lagarde, directora do FMI, fala de dárlle maior énfase ás privatizacións. Fonte

Paremos o saqueo á clase traballadora

Os efectos sobre o noso colectivo serían evidentes: 1) as privatizacións provocarán amortizacións de postos públicos e despedimentos, 2) a redución salarial e 3) a suba do IVE baixarían aínda máis o noso xa de por si maltreito poder adquisitivo. A aplicación de todas estas medidas, dirixidas a diminuir o déficit público, afondarían aínda máis na crise á clase traballadora ao provocar un evidente descenso no consumo e unha paralización do motor da economía actual.

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack