A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 10 convidados en liña
Elección de destino definitivo de persoal veterinario e toma de posesión (conxunta co concurso) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Pilar de Celis e Anxo Anta   
Xoves, 28 Xuño 2012 09:45

O mércores, 27 de xuño, tivo lugar unha xuntanza co director xeral de Función Pública con relación á elección de destino do persoal veterinario.

Tal e como avanzou na Mesa Xeral do 12 de xuño, o director xeral comunicanos que  a toma posesión, tanto do persoal que concursou como do que está en destino provisional, será en setembro. A convocatoria para a elección de destino definitivo sairá en breve no DOG e será presencial o día 5 de xullo previsiblemente a partir das 16.30h. Só irán a elección de destino 256 persoas (258 menos 2 que non están na actualidade) e os postos que se ofertan son 284 dos 303 do listado que nos presentaron ás organizacións sindicais.

Non van a ofertar os 19 da coletilla "afectados polo decreto da OPE 2008" e quedan de persoal interino quenes as ocupan. Non ofertan os postos que non aparecían de Mar xa que a consellaría así o solicitou alegando que van a facer proximamente unha modificación da RPT. En canto ás 12 persoas das 34 que lles colleron o posto no concurso de traslados cesarán e quedanse fóra.

Dende a CIG reiteramos que teñen que ofertar todalas vacantes (303+10 de Mar) e que de non facerse se xudicializaría o proceso xa que non se pode blindar postos ao persoal interino e, dentro destes, resulta moi sospeitoso que só saquen determinados postos.

O  director xeral  contestou que era potestade da administración sacar só 258 postos se o consideraban oportuno e que barallaron todas as posibilidades. Con relación á OPE 2008 dixeron que estaban estudando a súa próxima convocatoria.

Descarga listaxe final de postos

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack