|
O custo da arbitraxe das preferentes pagarémosllo todos os galegos á
irmá do presidente da Xunta.
A pesar de anunciar que sobran funcionarios, o goberno do
Partido Popular acaba de presentar ás organizacións sindicais unha proposta
para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a
tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de
Consumo. Ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao
servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a
funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos.
Independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto
Galego de Consumo vai ver como aumenta o volumen de traballo sen que se
incremente a plantilla para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un
maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de
consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a productividade.
Para iso Feijoo decidíu recurrir a unha solución máis
que beneficiosa para a súa familia: contratar á empresa EULEN, da que a súa
irmá é apoderada para a atención telefónica dos afectados nun procedemento
negociado sen publicidade (Nin saíu no BOP, nen no DOG, nen no BOE, nen no
DOUE) por un total de 85,000 euros (60,000 para a provincia da Coruña e 25,000
para a de Pontevedra).
Sobran funcionarios, pero as empresas privadas fan o seu agosto a
conta das preferentes ao utilizar medios públicos do Instituto Galego de
Consumo e das Delegacións Territoriais onde atenden aos afectados, xa que non
só están a asumir a atención telefónica senón que recollen a documentación dos
afectados/as.
O custo desta operación vai á conta do erario público, mentras se reducen
funcionarios/as e se enchen as delegacións de empresas privadas pagadas cos
cartos dos recortes.
A desfeita das preferentes só trae beneficios
para CAIXANOVA e os familiares de Feijoo, mentras se multiplican os prexuízos
para os afectados, os empregados publicos e os cidadáns, que van ser os que
paguen a factura.
Por outro lado, e en relación co pago de produtividade, desde a CIG estamos en desacordo con esta solución, xa que só os árbitros cobran, pero o volume de traballo se incrementa para todo o persoal de Consumo. Tampouco
parece admisible que o pagamento destas cuantías recaia na cidadanía a
través dos impostos pagados por todos, cando co máis mínimo sentido de
lóxica e de xustiza resulta evidente que o custo debería imputárselle a Caixanova e Caixa Galicia, entidades que emitiron as chamadas preferentes
Descargar o rascuño de Instrucións sobre produtividade da arbitraxe das preferentes
Normal
0
21
A Xunta reforza o servizo de atención ao
consumidor contratando á empresa da que apoderada Micaela Núñez Feijoo |