|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 23 Maio 2011 11:58 |
|
O día 19 realizáronse as eleccións aos comités de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Ourense e Pontevedra. A CIG consolídase como a forza maioritaria obtendo 20 delegados e gañando as eleccións en Lugo e Ourense. As eleccións ao comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña realizaranse o vindeiro mércores 15 de xuño.
Os resultados son os seguintes:
|
CIG
|
CCOO
|
UGT
|
CSIF
|
INDEP
|
|
LUGO
|
7
|
3
|
6
|
4
|
1
|
|
OURENSE
|
7
|
5
|
4
|
1
|
|
|
PONTEVEDRA
|
6
|
5
|
7
|
5
|
|
|
TOTAL
|
20
|
13
|
17
|
10
|
1
|
A CIG quere agradecer a confianza depositada no noso proxecto por parte dos/as traballadores/as desta Consellería, sabendo que se aproximan tempos difíciles nos que o Partido Popular vai querer implementar a súa política de privatizacións baixo a fórmula de externalizar servizos complementarios nalgúns centros, especialmente das áreas non sanitarias (cociñas, vixianza e ordenanzas), privatizar enteiramente outros centros (Souto de Leixa, centros de menores, etc) e integrar o resto na Axencia Galega de Servizos Sociais con persoal propio fóra do Convenio Colectivo.
Estes resultados significan tamén un aval ao V Convenio Colectivo, que está no punto de mira da Consellería e que é un impedimento para o estabelecemento da Axencia.
Temos un longo camiño que percorrer, no que vai ser fundamental o papel activo de todos/as traballadores/as na mobilización e defensa duns Servizos Sociais 100% Públicos. |