A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 12 convidados en liña
A CIG-Autonómica gaña as eleccións sindicais do persoal laboral da C. de Traballo e Benestar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 15 Xuño 2011 22:19

A CIG entra de novo no comité de empresa da Consellaría de Traballo e Benestar na Coruña e o fai como primeira forza sindical, despois de estar 4 anos fóra do comité.

Despois deste resultado, a CIG pasa de ser a terceira forza nesta Consellaría a ser a forza máis votada e con máis número de delegados.

A CIG foi a forza máis votada na Coruña, Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra consolídase como segunda forza, mantendo o mesmo número de delegados que no 2007, mentres que UGT perde dous delegados.

En conxunto, e despois dos resultados de Coruña, a CIG obtén 28 delegados en 2011, fronte aos 21 que tiña en 2007.

Os resultados na provincia da Coruña son os seguintes:

CIG - 8
CCOO- 6
UGT- 5
CSIF- 4

O resultado agregado dos catro comités de empresa provinciais da C. de Traballo e Benestar nas eleccións de 2011 fica así:

CIG- 28
UGT- 22
CCOO- 19
CSIF- 14
IND.- 1

Agradecemos a confianza depositada en nós por todos/as os/as traballadores/as da Consellaría xusto nun momento no que se ven ameazados centos de postos de traballo ante a política privatizadora do goberno do Partido Popular.

É precisamente na provincia da Coruña onde esta Consellaría esta a levar a cabo a política de destrución dos Servizos Sociais públicos con maior intensidade en centros como o Terra de Ferrol, o CAEE Santiago Apóstolo da Coruña ou o intento de privatizar o servizo de cociña de todos os centros da provincia.

Os resultados obtidos son á vez un refrendo ao V Convenio Colectivo, peza clave para impedir a desestruturación do emprego público nesta Consellaría. Son tamén un non á inclusión dos Servizos Sociais nunha Axencia. E son, sobre todo, unha aposta positiva a prol dun modelo de Servizos Sociais públicos que garanta os dereitos dos cidadáns sen que estes sexan obxecto de mercantilización e fonte de beneficios para empresas privadas.

A CIG vai seguir defendendo o emprego público profesional e de calidade como peza básica dese sistema con forzas renovadas.

Descargar a nota de prensa sobre os resultados electorais da C. de Traballo e Benestar
Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack