A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 13 convidados en liña
Xuntanza coa C. de Mar sobre a reforma da RPT de persoal veterinario de 08/07/2011 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Pilar de Celis Getino e José Luís Ventoso Sieira   
Venres, 08 Xullo 2011 20:38

O venres 08/07/2011, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar mantivo unha reunión coas organizacións sindicais representativas para tratar a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT), atinxindo especificamente os postos de persoal veterinario.

Entre os cambios propostos, a Consellería expón que modificará a dependencia orgánica e denominación de varias unidades do eido da Acuicultura, encadrándose o Servizo de Acuicultura en Zona Marítima nunha nova Subdirección Xeral de Acuicultura; da mesma subdirección dependerá o Servizo de Acuicultura en Zona Marítimo-Terrestre, que actualmente depende da Dirección Xeral de Ordenación e Xestión dos Recursos Mariños. Segundo informou a Consellería, estes cambios serían debidos ao novo plan de acuicultura que será aprobado en breve. 

Por proposta da CIG, a Consellería informou que se creará un novo Servizo de Inspección Veterinaria, que encadrará ao persoal veterinario desta consellería.

No entanto, desde a CIG rexeitamos con firmeza que se encadre ao persoal veterinario dentro da Subdirección Xeral de Gardacostas, na que a Consellería propón ubicar os 21 novos postos de persoal veterinario que se crearán coa correspondente amortización en Medio Rural.

Por parte da CIG, demándaselle á Consellería do Mar que se chegue a un acordo para o persoal veterinario previo á reforma da RPT, dado que non están claros nin a intención última da consellería respecto do ámbito de actuación xeográfico deste persoal nin as pretensións respecto do desenvolvemento material das tarefas inspectoras.

Por estas razóns, desde a CIG se lle está a instar á Consellería do Mar a que se chegue a un entendemento sobre a reforma do decreto de funcións do persoal veterinario no marco do Acordo de mellora de 2008, con anterioridade a prantexar esta reforma da RPT.   

Máis información

Partillar no Chuza!Partillar no MenéamePartillar no TuentiPartillar no FacebookPartillar no TwitterPartillar no Cabozo
 
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack