|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 16 Novembro 2011 11:46 |
|
Segundo informa Función Pública a partir do 16 de novembro as persoas que participan no concurso de traslados do grupo V e solicitaron unicamente resultas (primeira ou segunda fase) poderán consultar a puntuación outorgada no apartado de cursos de formación na páxina web da Xunta de Galicia. Ás persoas que soamente escolleron participar na fase de resultas, e posúan algún curso valorable segundo o establecido nas bases da convocatoria, engadíraselles tamén a partir dese día a puntuación correspondente aos cursos de formación. Accede ás bases
|