|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Mércores, 06 Marzo 2013 08:15 |
|
A semana pasada a CIG reuniuse co Servizo de Prevención da Xunta de Galicia en San Caetano porque detectamos que nas categorías/postos que aparecen na listaxe da CMATI para solicitar a vixilancia da saúde non aparacen os Axentes Forestais/Axentes Facultativos Medioambientais.
Tamén sospeitamos que non se estaban a aplicar os protocolos de vixiancia da saúde para este personal cando o Servizo de Conservación da Natureza estaba na Consellería de Medio Rural e que, polo tanto, foran negociados noutro Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Os resultados de dita xuntanza foron os seguintes: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 31 Xaneiro 2013 08:07 |
|
No DOG do día 31 de xaneiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. O prazo de inscrición, con carácter xeral, rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do DOG. A solicitude farase de xeito telemático, a través da seguinte páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Esta campaña é aplicable a todo o persoal da Xunta de Galicia agás o que presta servizos nos centros docentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en centros dependentes do Servizo Galego de Saúde ou en en entes públicos e fundacións; este persoal dispón de campañas de vixilancia propias. Máis información: DOG 31/01/2013 e páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 14 Maio 2012 15:41 |
|
No DOG do 11/05/2012 publicouse a resolución do 23 de abril de 2012 pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal non docente destinado en centros educativos non universitarios dependentes da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A inscrición farase nos formularios dispoñibles en todas as secretarías dos centros. O prazo rematará o 5 de xuño.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 30 Abril 2012 08:12 |
|
No DOG do día 30 de abril publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos. O prazo de inscrición rematará transcorrido un mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do DOG. A solicitude farase de xeito telemático, para realizala poderá picar no seguinte enlace á páxina web do Servizo de Prevención de Riscos Laborais. Para axilizar as revisións, estas irán realizándose segundo inscrición sen agardar a rematar o prazo límite de inscrición. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 13 Abril 2012 13:02 |
|
A CIG-Autonómica dirixiu escrito á Conselleira de Medio Rural e do Mar en demanda de medidas e denuncia dos graves sucesos acaecidos novamente en Galiza:
Incumprimento do disposto na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais:- As brigadas de extinción de incendios forestais están traballando, na actualidade, sen que se procedera a avaliación de todos os postos de traballo, e distintos medios materiais (artigo16 da lei). Non se xustifican os criterios polos que se decide que servizos se avalían. - As avaliacións que se foron realizando, non foron facilitadas aos/as delegado/as de prevención. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 13 Abril 2012 10:34 |
|
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) da Xunta leva tempo falando de que "en breve" comezará a campaña de vixilancia da saúde deste ano. O atraso na execución debese ao concurso público de contratación coa empresa encargada da vixilancia da saúde na Xunta, que de novo volveu a levarse MUGATRA.
Despois de contactar co SPRL, este informa que ata o 23 de abril a adxudicación do contrato non será definitiva e polo tanto non pode levarse a cabo a campaña de vixilancia da saúde. Porén, aseguran que a finais deste mes sairá publicado no DOG o prazo de inscrición. Para axilizar o proceso, procurarán comezar as revisións médicas segundo a orde de inscrición aínda que non estea rematado o prazo. |
|
Escrito por María José Crespo
|
|
Mércores, 11 Abril 2012 09:53 |
|
Na reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) celebrada o 10 de abril tratáronse os seguintes temas:
Proposta da administración de unificación do CSS de Mar co CSS de Medio Rural Acordouse por unanimidade que continúen funcionando por separado. Avaliación de riscos do IGAFA e do IMPA A pesares de estar convocado e confirmada a asistencia, non asiste o director do IMPA (Instituto Marítimo Politécnico do Atlántico) nin ningún representante no seu lugar. A CIG propón que as citacións se fagan mediante oficio dirixido ao director, e solicita unha reunión con el para revisar a avaliación feita. O representante do IGAFA (Instituto Galego de Formacion en Acuicultura) expón os traballos feitos no centro, as actuacións que non se poden levar adiante por falla de orzamento, e as que están pendentes de desenvolver pero que xa están presupostadas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por MJ Crespo e Anxo Anta
|
|
Mércores, 28 Marzo 2012 13:50 |
|
O luns, 26 de marzo, tivo lugar unha xuntanza ordinaria do comité intercentros de saúde laboral no que se trataron os seguintes temas: debate sobre a memoria da actividade preventiva do ano 2011, modificación dos comités de prevención, roupa de traballo e campaña de vixiancia da saúde.
Debate sobre a memoria da actividade preventiva do ano 2011
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 27 Marzo 2012 19:02 |
|
Denunciamos o progresivo desmantelamento do operativo de extinción de incendios, e exiximos o cese inmediato do Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto.

En primeiro lugar é desexo da CIG manifestar o noso pesar polo falecemento do traballador Higinio Vivas López, cando estaba en labores de extinción dun incendio forestal na parroquia de Piornelo, concello de Castrelo do Val, e mostrarlle as nosas condolencias aos familiares, amigos e compañeiros do falecido. A CIG ven a denunciar públicamente o desmantelamento do operativo de extinción de incendios forestais da Xunta de Galiza. Ésta destrucción do citado servizo é como consecuencia da falta de persoal nas diferentes cuadrillas forestais así como por motobombas inoperativas pola falta de mantemento. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 23 Marzo 2012 12:52 |
|
O vindeiro luns, 26 de marzo,ás 11:00 na sala E de San Caetano terá lugar unha nova reunión ordinaria do Comité intercentros de saúde laboral para a Administración xeral. Na orde do día lévanse os seguintes puntos: Presentación e debate, sobre a memoria da actividade preventiva, realizada durante o ano 2011. Descargar
Escrito do Comité Intercentros de Persoal Laboral sobre roupa de traballo. Proposta de reforma e adaptación dos Comités de Seguridade e Saúde Laboral a reestructuración aprobada na Administración Xeral da Xunta de Galicia.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 19 Decembro 2011 12:43 |
|
Na vindeira xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral, o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta presentaranos o plan de prevención para o 2012. Neste plan aparecen as distintas avaliacións previstas, actividades formativas, etc. Nunha primeira ollada, detectamos erros tales como incluír centros xa avaliados ou non incluír solicitudes de avaliacións pendentes. Canto ás actividades formativas, as que finalmente entren no plan serán publicadas no DOG.
A xuntanza terá lugar o vindeiro xoves, 22 de decembro. Podedes facernos chegar as vosas consideracións a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Descarga a documentación
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Luns, 03 Outubro 2011 12:46 |
|
A CIG RECLAMA A MEDIO RURAL EXPLICACIÓNS DO ACCIDENTE NO QUE FALECEU UN TRABALLADOR EN LABORES DE EXTINCIÓN E A CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.
Como consecuencia do fatídico accidente aéreo no que faleceu un piloto con base en Beariz (Ourense), nas labores de extinción do incendio na zona de Monterrei, a CIG exixe a Medio Rural a investigación inmediata do acontecido e que o mesmo Conselleiro de explicacións perante o Parlamento Galego do lamentábel accidente. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 27 Setembro 2011 19:52 |
|
Despois de estar prevista para o día 1, a xuntanza ordinaria deste comité de seguridade e saúde laboral terá lugar o vindeiro 29 de setembro. Trátase dunha xuntanza cun amplo orde do día no que se tratarán diversos temas que afectan ao persoal de diferentes centros fóra de edificios administrativos que dependen da consellaría do Mar como o IPMP, o CIMA ou o INTECMAR. Accede ao evento Descarga a documentación |
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 27 Setembro 2011 19:43 |
|
O vindeiro 29 de setembro hai convocada unha xuntanza ordinaria do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral onde se abordaran diversos aspectos da problemática dos riscos psicosociais. Na anterior xuntanza deste Comité, a CIG solicitara, entre outros, tratar a problemática motivada pola existencia de traballadores ou traballadoras con transtornos mentais así como a implementación dun protocolo de actuación fronte o acoso laboral. Accede ao evento Descarga a documentación |
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Mércores, 31 Agosto 2011 10:50 |
|
A Xunta non está a protexer a saúde das traballadoras da loita contra o lume, ás que deixa a súa sorte xa que tras non adaptarlles o posto solicitan a suspensión por risco (fórmula legal para evitar que as traballadoras permanezan nun posto no que exista un risco para a súa saúde ou a do fillo/a) que tamen lles é denegada. A MUTUA GALLEGA, nestes casos a responsable da súa tramitación, denega de xeito sistemático esta suspension do contrato coa única finalidade de aforrar cartos desinterásndose pola sorte que corra a saúde da traballadora e do seu fillo/a. A lei de prevención de riscos laborais, do ano 1995, recolle especificamente que as mulleres traballadoras embarazadas e en periodo de lactancia non traballarán en quendas rotativas nin faran servizos nocturnos e se lle adaptaran as condicions de traballo así como se lle cambiara o posto no caso de que exista un posible risco para tanto a súa saúde como a do fillo/a.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 11 Agosto 2011 07:41 |
|

En lembranza de Julio Martínez e Rodrigo Amo, brigadistas de SEAGA, falecidos en accidente laboral en FORNELOS de MONTES o día 12 de agosto de 2010.
Venres, 12 de Agosto de 2011 12:00h. diante Edificio Administrativo Xunta de Galicia PONTEVEDRA |
|
Escrito por Roberto Varela
|
|
Luns, 01 Agosto 2011 09:08 |
|
A CIG vén de presentar por rexistro un escrito dirixido á Consellería de Medio Rural denunciando unha serie de irregularidades no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.
A denuncia da CIG está centrada no incumprimento de diversos artigos e puntos do V Convenio Colectivo. Así, segundo o disposto no punto 3.15. Equipamentos de protección individual das Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia do V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia a Consellería de Medio Rural non está a substituir ou a dotar de novos EPI aos traballadores/as. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 14 Xullo 2011 08:05 |
|
O pasado mes de xuño estaba convocada unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde para os traballadores do SPDCIF, que a administración aprazou unhas horas antes da súa celebración, argumentando que o motivo eran os lumes que estábamos a sufrir desde facía uns días. Naquel momento, as OOSS queixámonos da falta de seriedade da administración por suspender unha reunión unhas horas antes da súa celebración, cando esta se celebra de 3 en 3 meses, e a convocatoria faise con 15 días de antelación. O día 13/07/2011 tiña que desenvolverse a citada reunión que fora aprazada no mes de xuño, pero tivo que ser suspendida por falta de quórum xa que só asistimos 4 delegados de prevención ¿Como os representantes sindicais lle din á Administración que toman este tema en serio e logo non acoden a mesma? A resposta e a de sempre, CCOO, que ostenta a secretaría deste Comité, e nin asistiu, nin avisou aos/as delegado/as entrantes, nin saíntes, xa que hai cambios debido as eleccións sindicais. A súa ausencia impedía incluso a celebración da xuntanza aínda que houbera quórum, xa que é obrigatoria a presenza de presidente/a e secretario/a ou persoa en quen deleguen. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por María Xosé Crespo e Anxo Anta
|
|
Mércores, 22 Xuño 2011 15:00 |
|
Na última xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral presentouse a debate o informe de siniestralidade laboral do primeiro semestre do ano. É importante manifestar que este informe é relativo, dado que faltan os datos de maior incidencia de accidentes, a campaña de incendios en Medio rural e as susbtitucións de verán en Traballo e Benestar.
A análise que se presenta é a seguinte: Os índices de gravidade, frecuencia e incidencia baixaron en comparación dos anos anteriores. As consellerías con maior incidencia son as de Traballo con un total de 55 accidentes e Medio Rural con 28; destacar que da totalidade, 60 son sufridos por mulleres, fronte a 45 de homes. Instase á Administración a adoptar medidas de corrección para diminuír o número de accidentes, levando a cabo accións preventivas específicas, principalmente nas dúas consellerías mais afectadas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Martes, 21 Xuño 2011 21:29 |
|
O Consello da Xunta vén de aprobar o Acordo de encomenda de xestión do Consello de Goberno da Xunta de Galicia á Consellería de Sanidade para a colaboración nun programa de inspección e control da incapacidade temporal, para os anos 2011-2012 e 2013, na Comunidade Autónoma de Galicia. O obxecto do referido acordo sería o control da prestación sanitaria por incapacidade temporal dos empregado públicos da función pública galega adscritos ao mutualismo administrativo de MUFACE e MUGEJU, e destinados nas Consellerías de Presidencia, Sanidade, Educación, Traballo, CMATI e Medio Rural. Descargar o Acordo do Consello da Xunta sobre sobre control de incapacidades temporais (DOG 21/06/2011)
|
|
|