A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 11 convidados en liña
Formación
Convocados cursos de galego administrativo e probas de avaliación libre de Ofimática PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 11 Marzo 2013 07:53

No DOG do 11/03/2013 vense de publicar a convocatoria de dúas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o persoal da Administración autonómica de Galicia:

  • Cursos de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Accede á convocatoria

  • Probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia. Accede á convocatoria

O prazo de presentación de ambas solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de marzo de 2013 ás 14.00 horas. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula

 
Convocados cursos de xefatura de negociado e de sección PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 07 Febreiro 2013 08:58

Os cursos son convocados pola EGAP na modalidade íntegra de teleformación

No DOG do 07/02/2013 publicase a convocatoria de 2 edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de sección e 4 do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado.

Os cursos van dirixidos para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia pero existe un criterio de preferencia na selección para o persoal que xa ocupa un posto de sección ou negociado respectivamente. Este polémico criterio non impide pero si dificulta o exercicio da promoción profesional do persoal que non se atopa nun posto desas características.

Ler máis...
 
Convocados os cursos de formación continua da EGAP do primeriro semestre 2013 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 30 Xaneiro 2013 09:49

No DOG 30/01/2013 publicase a convocatoria dos cursos de formación continua da EGAP correspondentes ao 1º semestre do ano 2013 para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

As solicitudes realizarase vía telemática na área de matrícula da páxina web da EGAP: http://egap.xunta.es. O prazo de presentación de solicitudes comezará o 31 de xaneiro ás 8:00h e rematará o 9 de febreiro ás 14:00h.

Podedes consultar o listado de cursos ofertados e as condicións da convocatoria na seguinte ligazón.

 
Publicado no DOG o Plan formativo da EGAP para o 2013 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 04 Xaneiro 2013 07:50

No DOG do 31/12/2012 publicouse o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.  Existirán diferentes contornos de aprendizaxe e metodoloxías, entre os que se atopan a autoformación, a teleformación e a docencia presencial.

A novidade este ano vén da man da autoformación. A diferenza, con respecto das actividades formativas en teleformación, é que o proceso de aprendizaxe non estará guiado pola figura do titor. Cómpre destacar que os coñecementos que se adquiran poderán certificarse mediante a superación dunha proba presencial voluntaria.

Ler máis...
 
Convocatoria da EGAP de probas libres das actividades do Plan formativo ofimático de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 11 Setembro 2012 08:59

No DOG do 11/09/2012 publicouse a convocatoria da EGAP das probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Trátase dun total de 600 prazas que se dividen entre as diferentes accións formativas conducintes a obtención do título.

O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, hoxe 12 de setembro, e rematará o 17 de outubro de 2012 ás 14.00 horas. A matrícula realizarase por medios telemáticos na páxina web da EGAP.

Ler máis...
 
Aberto o prazo de preinscrición nos cursos do plano interadministrativo 2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 03 Xullo 2012 07:43

A oferta formativa específica INTERADMINISTRATIVA 2012 (dirixida a traballadores/as da Área Pública) acaba de abrir o seu prazo de preinscricións na plataforma www.forga.org.

Podes consultar a previsión de datas e lugares de execución dos cursos premendo na seguinte ligazón

Para preinscribirte nos cursos presenciais que che interesen da Federación correspondente, preme nas seguintes ligazóns:

Ler máis...
 
Arbitraria anulación de cursos formativos e probas libres por parte da EGAP PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Banhos Campo, Anxo Anta Rodríguez e Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 27 Xuño 2012 12:40

O pasado 13 de xuño de 2012, a EGAP publicaba unha resolución na súa páxina web pola que se comunicaba a anulación da maior parte da oferta formativa correspondente ao segundo semestre do presenta ano.

A xustificación esgrimida pola Administración é a desaparición dos fondos de formación os recursos procedentes do Fondo Social Europeo e as achegas públicas do Estado. Porén, esta redución de fondos non foi para todos: para as empresas privadas acrecentaron os fondos de formación.

Na Comisión Xeral de Formación Continua para as Administracións Públicas, reducíronse os fondos nun 53%. Isto conleva un riso adicional, pois o diñeiro, que corresponde as achegas para o fin explícito, a formación , é moi superior a cantidade que finalmente vai a formación dos empregados públicos.

Ler máis...
 
A EGAP abre os contidos de teleformación para probas libres de ofimática, logo da proposta da CIG PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 31 Maio 2012 21:35

Por medio de escrito presentado o 11 de maio de 2012, a CIG solicitoulle á EGAP a apertura dos contidos das accións formativas de ofimática, para os efectos de favorecer a preparación das probas libres convocadas pola Resolución da EGAP do 24 de abril de 2012 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 02/05/2012).

Atendendo a esta solicitude da CIG, os traballadores seleccionados para as probas libres de ofimática xa poden acceder aos correspondentes contidos a través da plataforma de teleformación da EGAP.  

 
A CIG solicita a apertura dos contidos das probas libres do Plan Ofimático na páxina web da EGAP PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Venres, 11 Maio 2012 07:12

O 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocou novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan Formativo Ofimático para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A pesar de que a EGAP dispón de cursos de teleformación para todas as accións formativas que se esixen de cara á obtención da certificación de competencias dixitais de Galicia, no marco do Plan Formativo Ofimático de Galicia, na actualidade os contidos correspodentes aos correspondentes cursos só están dispoñibles para as persoas que resultan seleccionadas para realizar os mesmos na modalidade de teleformación. Porén, os contidos da plataforma de teleformación da EGAP non están dispoñibles para os empregados públicos que se presentan ás citadas probas de avaliación de carácter libre.

Ler máis...
 
A EGAP convoca novas probas libres para o Plan Ofimático de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 03 Maio 2012 20:13

Na Resolución do 24 de abril de 2012 (DOG 02/05/2012), a EGAP convocan novas probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

A superación das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, na modalidade presencial, teleformación ou acceso libre, permitie obter certificación galega de competencias dixitais en ofimática, nos termos previstos no Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Ler máis...
 
Asuntos tratados na EGAP tanto nos que houbo solucións como nos que non PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 13 Abril 2012 09:27

Nunha xuntanza do 12 de abril a CIG tratou coa dirección da EGAP varias problemáticas: cursos on-line, formación do persoal sanitario da lei 17, cursos específicos das consellarías, reclamacións do persoal de xustiza, formación de linguas e temarios.

Cursos on-line con varias edicións

A CIG comenta a problemática das solicitudes de cursos on-line separadas en varias edicións cando logo se produce a actividade formativa de xeito simultáneo. O problema radica en que a edición que se pida é determinante na selección e o resultado paradoxal é que para dúas persoas con parecidas ou idénticas condicións o factor diferenciador para ser selecionado pode ser a "edición" na que se apunte.

Ler máis...
 
Convocados pola EGAP cursos de xefatura de negociado e xefatura de sección PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 06 Marzo 2012 12:49

No DOG 06/03/2012 publícase a convocatoria de dúas edicións de teleformación dos cursos de perfeccionamento de xefatura de negociado e xefatura de sección para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día da publicación desta resolución no DOG e rematará o 16 de marzo de 2012 ás 14.00 horas.

Un dos aspectos polémicos destes cursos é a preferencia na selección para as persoas que xa ocupan unha xefatura de negociado ou sección. Segundo nos informa a propia EGAP, primeiro seleccionarase aos alumnos entre as persoas que acrediten que desempeñan estes postos e despois entre o resto. Isto quere dicir que para estes casos prima o posto antes que, por exemplo, o tempo sen realizar cursos ou a antigüidade na Administración (criterios: DOG 10/01/2008)

Ler máis...
 
Convocatorias para a obtención dos certificados CELGA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 08 Febreiro 2012 08:25

Xa están convocadas as probas para a obtención dos Certificados de Lingua Galega (CELGA Nivel 1, 2, 3 e 4) no ano 2012. Estas probas están dirixidas a aquelas persoas que precisen certificar o seu coñecemento de lingua galega para acceder a un posto de traballo ou a unha actividade de formación.

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 3 de abril de 2012.

Infórmate sobre os requisitos, a documentación necesaria, e o procedemento a seguir para participar nestas probas, consultando o seguinte documento. Tamén tes á túa disposición o apartado da plataforma www.forga.org correspondente a esta convocatoria, no que atoparás a solicitude de incrición e o modelo de taxas.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre o Decreto de Competencias Dixitais: aclaracións da SXMIT PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo e Anxo Anta   
Luns, 26 Decembro 2011 10:16

As organizacións sindicais mantivemos xuntanza coa Dirección Xeral da Función Pública e un funcionario da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT), para informar sobre os efectos do Decreto de competencias dixitais.

Na xuntanza, informóusenos de que a aprobación deste decreto corresponde tanto a necesidade de esixirlle ao persoal formación ofimática de calidade, como a intención de eliminar as probas selectivas de informática nas oposicións, polo elevado custe que lle supon en en loxística a Administración.

Para este fin, o que fixo a Administración é inspirarse nos requisitos para obter a certificación profesional de competencias en ofimática, regulada a nivel do Estado, e crear unha certificación "ad hoc"que so tería efectos "oficiais" dentro da Xunta, pero que esta aberta a toda a cidadanía e contan que sexa tomada en conta polas empresas como referencia da competencia ofimática do persoal.

Ler máis...
 
Relatorio de consideracións da CIG-Autonómica sobre o Decreto de Competencias Dixitais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 20 Decembro 2011 10:37

Segundo o acordado na xuntanza do xoves, 15 de decembro, presentamos por escrito as nosas consideracións sobre o Decreto de Competencias Dixitais ante o director xeral de Función Pública. Estas consideracións serán estudadas nunha vindeira xuntanza que terá lugar previsiblemente este mércores e na que tamén estará presente a Secretaría Xeral da Modernización Tecnolóxica.

En primeiro lugar, dada a complexidade e relevancia dos efectos deste decreto e a ausencia de negociación coas organizacións sindicais, consideramos que cómpre a súa retirada, así como a mora na súa aplicación mentres non sexan negociados coas organizacións sindicais todos os aspectos que afectan aos empregados públicos, deixando constancia da nosa disposición para recorrer contra o dito decreto ante os tribunais de xustiza se non se acada unha solución satisfactoria

Ler máis...
 
Xuntanza sobre o decreto de competencias dixitais o 15/12/2011 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta e Roxerio Roxo Carrillo   
Venres, 16 Decembro 2011 10:49

Na xuntanza convocada por pedimento da CIG o xoves 15/12/2011 para demandar aclaracións sobre o Decreto 218/2011 sobre competencias dixitais, a Dirección Xeral de Función Pública informou que ese departamento non tivo coñecemento da súa aprobación e comunicoulles ás organizacións sindicais que, unha vez manifestadas as súas consideracións, realizarase unha nova xuntanza o vindeiro mércores 21 de decembro para informar de todas as cuestións técnicas que implica a entrada en vigor do dito decreto.

A consecuencia da xuntanza, e constada a absoluta falta de información sobre as condicións de validación e realización das probas, a Administración resolveu ampliar o prazo de inscrición das probas libres até o día 23 de decembro de 2011 ás 15.00 h. Esta ampliación de prazo aínda non foi publicada no DOG pero xa é aplicable na páxina web da EGAP, permitindo o apartado "Zona de Matrícula" inscribirse até o día 23 e non até o día 16 de decembro como se anunciou nun principio.

Ler máis...
 
Convocatoria de cursos de formación continua para o persoal da Administración galega PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 16 Decembro 2011 10:49

No DOG do 16/12/2011 faise pública a convocatoria de cursos de formación continua do persoal ao servizo da Administración Pública da Comunidade autónoma galega. O persoal que desexe participar nos cursos deberá cumprimentar o formulario da matrícula na páxina web da EGAP.

O número máximo de cursos que se poden solicitar son cinco. O prazo de presentación de solicitudes comenzará o día 16 de decembro ás 14:00 horas e rematará o 3 de xaneiro de 2012.

Descarga a convocatoria (listado de cursos incluídos)

 
A CIG demanda aclaracións sobre o decreto de competencias dixitais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 13 Decembro 2011 21:30

Na Comisión de Persoal do martes 13/12/2011, a CIG-Autonómica vén de demandar á Dirección Xeral da Función Pública aclaracións sobre as repercusións para os empregados públicos do novo Decreto 218/2011, de certificación de competencias dixitais.

Este decreto, publicado no DOG do 30/11/2011, e aprobado sen negociación coas organizacións sindicais, vén a introducir unha nova certificación que pode ser esixida como mérito ou como requisito de participación en procesos de provisión de postos (concursos de traslados) e de selección de persoal (promoción interna e acceso á función pública), o que significa que terá importantes efectos no futuro para o desenvolvemento profesional de todos os empregados públicos da Xunta de Galicia.   

Ler máis...
 
A EGAP convoca as probas de acceso libre do Plan Ofimático de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 05 Decembro 2011 09:47

No DOG de 05/12/2011 publícase a Resolución do 1 de decembro de 2011 pola que se convocan as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán participar nas probas convocadas por esta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopan en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

Ler máis...
 
Promoción interna e novo decreto de competencias dixitais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Venres, 02 Decembro 2011 10:02

No DOG nº 229 do 30/11/2011, vén de se publicar o Decreto 218/2011, do 17 de novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Este decreto, que foi aprobado sen previa negociación coas organizacións sindicais, regula os requisitos para a obtención da certificación de competencias dixitais en ofimática.

No artigo 4 do decreto, disponse que a dita certificación "poderase valorar como mérito ou establecer como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal e como base obxectiva para a promoción profesional, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Xunta de Galicia".

Isto podería ter consecuencias para o persoal subalterno que participe en procesos de promoción interna para subgrupo C2, pero tamén para calquera proceso de provisión de postos ou proceso selectivo no que se establecese a dita certificación como requisito de participación.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 3
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack