|
Vacacións, permisos, excedencias, convenio ..
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 15:06 |
|
Achéganos a Administración a versión definitiva do texto destas instrucións tal e como irá o martes, 12 de marzo, á Comisión de Persoal para a súa votación. Nesta nova versión aparecen os cambios destacados en vermello. Aceptáronse algunhas alegacións que, nomeadamente, presentou a CIG e outras organizacións sindicais. Logo dunha primeira ollada moi rápida podemos destacar como aspectos positivos: Se se traballa os días 24 e 31 de decembro habería dereito a dous días de asuntos particulares a maiores. Por cada festivo en sábado tamén un día de asusntos particulares a maiores. A modulación da localidade de referencia á hora de acollerse aos permisos por enfermidade grave, falecemento dun familiar, etc. (tomaríase a localidade de residencia).
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 09:12 |
|
Está a circular información sobre a posibilidade de que os días de vacacións por antigüidade non desaparecesen dado que o artigo 75.2 da LFPG, que recoñece este dereito, segue en vigor. Sobre este asunto hai moita confusión, polo que a CIG-Autonómica ten feita unha consulta á nosa asesoría xurídica.
Descoñecemos o criterio que seguiron as compañeiras e compañeiros de Saúde que lanzaron a seguinte información. Cómpore ter en conta que o persoal estatutario ten o seu propio Estatuto marco de 2003; no art. 53 faise unha referencia ás vacacións, pero non aos días adicionais de antigüidade, que viñan gozando por aplicación da Lei da Función Pública de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Martes, 26 Febreiro 2013 07:44 |
|
A CIG-Autonómica vén de presentar un completo documento de alegacións ao novo rascunho que elaborou Función Pública con respecto á aplicación directa da política de persoal nos diferentes departamentos da Xunta da Galiza. Aínda que está previsto inicialmente para o persoal funcionario, en todo o que mellore o V Convenio da Xunta do persoal laboral será de aplicación a este colectivo, unha vez que se negocie na comisión paritaria, tal e como establece o artigo 21º desta norma. Imaxinamos tamén que por extensión acabará de ter efectos en toda a Admistración Galega. Cando menos é unha norma importante que debería de ser unha referencia para todos os empregados e empregadas públicas desta administración.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 22 Febreiro 2013 12:40 |
|
O martes 20 febreiro 2013 tivemos unha reunión co vicesecretario de medio rural, para seguir ca hipócrita negociación sobre os calendarios anuais do SPDCIF. Falamos de hipocrisía, porque en ningún momento houbo negociación, soamente un intento de engano ós sindicatos por parte da Xunta do PP para que avalaran uns calendarios que vulneraban os dereitos dos traballadores do SPDCIF. Resumo da xuntanza - A CIG solicita a contratación de forma inmediata do persoal fixo descontinuo. A Xunta dí que comezarán a traballar o día 1 de marzo polo que estudiaremos unha posíbel demanda por incumprimento do Convenio.
Aceptan cumprir cos 30 días laborábeis que establece o Convenio (se o 50% das vacacións se collen en Alto Risco quedaría 15 días laborais para disfrutar en baixo risco). |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Martes, 19 Febreiro 2013 12:18 |
|
Na Mesa Xeral de onte tratouse, entre outras cuestións, a proposta de resolución que Función Pública xa pretende que sexa de aplicación para este ano, logo de tela no baúl das lembranzas durante case un ano.
O que pretende este regulamento, segundo Función Pública (e a nós parécenos ben), é desenvolver aspectos normativos que xeran algunhas dúbidas e recoller materias que xa contempla a normativa da Administración Xeral do Estado para a súa aplicación na Xunta de Galiza. É de aplicación directa ao persoal funcionario; para o persoal laboral F.P. ten a intención de que se aplique en todo o que mellore o convenio colectivo. De seguido facémosvos unha análise de como están as cousas e do que se pode mover:
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 15 Febreiro 2013 09:28 |
|
Despois de levar case 1 ano parado, tras diversas demandas de retomar a negociación, con recollida de sinaturas incluída, o director xeral da Función Pública vén de remitir un borrador de resolución de permisos, vacacións e licenzas. Incialmente a proposta inicial viña con rango normativo de "decreto" e se ben harmonizaba o gozo de permisos, vacacións e licenzas nos diversos departamentos, resultaba bastante limitadora. Trala publicación dunha resolución equivalente da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas, a CIG solicitou adaptar as ditas melloras na Xunta de Galiza. Pois ben, de onte para hoxe, remiten un borrador de instrucións que vai ir a Mesa Xeral do luns, 18 de febreiro, xunto co concurso de traslados dos corpos xerais e a modificación do Decreto de provisión. Non sabemos se tratan de tapar o tema dos despedimentos ou ben dar un cambio de imaxe de "castigadores" a "negociadores" tralo evidente desgaste político do partido no Goberno. O caso é que as demandas deron o seu froito e que pelexando, consiguense melloras. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 11 Febreiro 2013 11:58 |
A Secretaría Xeral de Administracións Públicas aprobou por medio de Resolución do 28 de decembro de 2012 (BOE 29/12/2012) unhas instrucións actualizadas en materia de xornada de traballo aplicables aos empregados públicos da Administración Xeral do Estado (AXE).
Estas instrucións para o persoal da AXE proporcionan en certos aspectos unha regulación sensiblemente máis favorable que a correspondente no ámbito da Xunta: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Domingo, 10 Febreiro 2013 15:43 |
|
A Xunta ven de presentarnos dous novos documentos, un sobre as condicións económicas e outro sobre as condicións de traballo na Área de Benestar.
O que non entendemos é cómo de caótica é a organización da Xunta cando en negociacións paralelas a Consellaría de Traballo e Benestar propón cartos para compensar o traballo en domingos e festivos e a Consellaría de Medio Rural e do Mar di que non hai cartos. O persoal laboral da Xunta de Galiza é único, de aí que exista un Convenio Único e que só teñan cabida as regulacións de condicións especiais. Pero a compensacións por domingos e festivos, o descanso substitutorio do traballo o 24 e 31 de decembro son cuestións comúns a todo o persoal laboral da Xunta que traballa eses días. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Martes, 05 Febreiro 2013 16:48 |
|
A Secretaría de Estado para as Administracións Públicas ditou o 24 de xaneiro de 2013 unha Resolución pola que no ano en curso se amplía nun o número de días de permiso para os empregados públicos no ámbito da Administración Xeral do Estado (AXE), en razón da coincidencia en sábado da festividade do 12 de outubro de 2013.
No ámbito da Xunta, o apartado 3 do artigo 76 da Lei da Función Pública de Galicia, modificado polo artigo 4.1. 2 da Lei 1/2012, de 29 de febreiro, prevé que o persoal da Xunta poderá dispoñer, como máximo, dos días de permiso establecidos pola lexislación básica estatal.
Dado que da citada Resolución da Secretaría de Estado para as Administracións Pública se desprende que non existe con carácter imperativo na lexislación básica do Estado unha limitación a tres como máximo no número de días de permiso, desde a CIG demandamos a adopción no ámbito da Xunta de Galicia a mesma medida compensatoria xa implantada no ámbito da Administración do Estado, ampliando o número total de días de permiso por asuntos persoais para o ano 2013.
Descargar o escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública
|
|
Escrito por Ringo
|
|
Venres, 01 Febreiro 2013 09:43 |
|
O día 30 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza das organizacións sindicais con representantes da Consellería de Medio Rural e do Mar para negociar as novas condicións de quendas no dispositivo de prevención e extinción de incendios. Logo da xustificación de necesidades por parte dos representantes de medio rural, presentan o modelo 4/2 (é decir, taballar catro días e librar dous) alegando que deste xeito todos os traballadores teñen libranzas equitativas. A idea da consellería é chegar a un acordo para cumprir a lei de medidas saltándose o V convenio ou o que queda del. No cuadrante presentado non se respectan as libranzas de domingos alternos, non respectan os festivos, impoñen os 22 días de vacacións... En fin traballadores de segunda. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Luns, 28 Xaneiro 2013 11:38 |
|
A Administración presenta un novo documento e aclara que na táboa de compensacións está equivocada a data do ano 2013, xa que é do 1 de xaneiro de 2013 a 31 de decembro de 2013 e non como figura no documento entregado. A CIG solicita que se retire toda a referencia a compensación en diñeiro polo domingos e festivos e que, salvo que nas diferentes asembleas nos manifesten as compañeiras e os compañeiros outro parecer, seguimos a solicitar que as compensacións sexan en tempo e non en diñeiro, como xa temos manifestado en diferentes momentos. Sen tempo apenas para estudar a fondo o documento facemos as seguintes consideracións: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Rodolfo Docampo
|
|
Mércores, 09 Xaneiro 2013 10:41 |
|
A disposición adicional Décimo sétima do proxecto de Lei dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2013, textualmente di "Medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia. Durante o ano 2013 quedará suspendida a aplicación do artigo 19 do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia". A Lei de medidas no emprego público xa acernara de xeito importante o convenio colectivo coa eliminación de distintos artigos do convenio colectivo, entre eles o art. 19 agás o seu primeiro punto, o 19.1 no que se refire ao descanso semanal de dous días continuados. Como este recorte ainda non foi abondo para culminar coa precarización das condicións de traballo dos empregados públicos que traballan a quendas todos os días da semana, do mes e do ano, aí vai outro machazo. Coa eliminación do que restaba do art. 19, o noso descanso semanal vai a ser o previsto no art. 37.1 do Estatuto dos Traballadores: un día e medio. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Jesus Dorado Noya
|
|
Martes, 11 Decembro 2012 12:56 |
|
FEIJÓO "AGASÁLLANOS" ATÉ 0 31 DE MARZO DE 2013 COAS VACACIÓNS E ASUNTOS PROPIOS DE 2012 O venres 7 de decembro, a Dirección Xeral da Función Pública vén de ditar unha circular que alarga o perído de gozo das vacacións e días de permiso por asuntos persoais do ano 2012 até o 31 de o día 7 de decembro de 2012. Na dita circular, Función Pública motiva esta decisión -que non foi negociada nin consultada coas organizacións sindicais- no feito de que os empregados públicos solicitan nas datas do Nadal os días de asuntos propios pendentes de gozar, combinado co incremento de carga de traballo propiciado polos "cambios normativos producidos". Baixo este último eufemismo, a Administración vén a recoñecer o feito obxectivo do increcemento da carga de traballo por consecuencia dos recortes, co conseguinte deterioro da calidade dos servizos que os empregados públicos prestamos á cidadanía. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Luns, 10 Decembro 2012 08:46 |
|
Cando todo o mundo ten xa máis ou menos gastados ou organizada a distribución dos días, a Dirección Xeral de Función Pública ven de enviar unha comunicación onde informa da posibilidade de coller os días de asuntos persoais e as vacacións correspondentes ao ano 2012 a aquelas persoas que ainda non disfrutaran delas ata o 31 de marzo de 2013. A que se debe esta xenerósidade repentina da Administración?. Pois eles mesmos nolo contan: "...o actual incremento das cargas de traballo propiciada polos cambios normativos producidos e derivadas tamén das novas estruturas orgánicas da Xunta de Galiza, e co obxecto de que ningunha unidade se quede sen os efectivos..." Incremento das cargas de traballo: a amortización nestes últimos anos de centos de prazas, a non cobertura de vacantes, derivadas dos cambios normativos a través das leis de Orzamentos, da lei de medidas etc, das modificacións en RPT, fan que moitas unidades administrativas estean actualmente baixo mínimos polo que non queda outra que graciosamente ampliar o prazo do desfrute dos días para que nesta datas non se produza overbooking de permisos. As cargas de traballo son as mesmas de todos os anos, o que cambia é que cada vez son asumidos os mesmos traballos por menos compañeiros/as. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Manuel Gallardo Canitrot
|
|
Venres, 23 Novembro 2012 00:03 |
|
O xoves 22 de novembro tivemos unha xuntanza co Director Xeral da Función Pública coa intención de chegar a un acordo de carteleiras para todo o País, harmonizadas en todos os centros de traballo da Xunta de Galiza, con especial incidencia na Consellaría de Traballo. Na negociación estará presente persoal da Consellaría de Traballo, pero será a Dirección Xeral de Función Pública quen coordine. O posíbel acordo duraría até o 31 de decembro de 2015. Pretenden negociar ao mesmo tempo o pago de domingos e festivos, xa que a súa intención é de pagar como compensación. O pagamento por estes conceptos tería efectos dende a implantación de carteleiras, esto é, dende finais de abril de 2012. Calculan que tocará a uns 600 € por traballador/a para o ano 2012, algo máis para o 2013, e a mesma cantidade para 2014 e 2015. O ano 2012 sería pagado no mes de febreiro de 2013. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Xoves, 22 Novembro 2012 23:35 |
|
Aproxímase o Nadal e continúan as novidades: o Partido Popular retira a paga extra de decembro aos empregados públicos, o Papa Bieito XVI retira a vaca e a burra do Belén, e CSIF retira os días 24 e 31 do calendario laboral. Neste sentido, vimos de recibir un sorprendente correo onde o sindicato CSIF nos informa de que, grazas ás súas xestións, a Xunta confirma que os días 24 e 31 de decembro a Administración "estará pechada". O que esqueceron mencionar é que tradicionalmente, no ámbito da Administración da Xunta de Galiza vénse dispensando á maior parte do persoal de acudir ao traballo os días 24 e 31 de decembro, e sobre todo, que esta dispensa do traballo os días 24 e 31 de decembro estaba garantida con forza de lei para o persoal laboral no V Convenio, até que foi suspendido neste e noutros extremos pola Lei de medidas aprobada polo PP. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 05 Outubro 2012 07:44 |
|
Ista solicitude de aclaración enmárcase dentro da enésima solicitude para retomar a negociación das Instrucións de permisos, vacacións e licenzas. Está tamén pendente o desenvolvemento normativo da flexibilización de xornada. Ambos aspectos non supoñen ningún desequilibrio orzamentario e si beneficios para as traballadoras e traballadores públicos.
A negociación do borrador de Instrucións de permisos, vacacións e licenzas aplicables a todo o persoal da Xunta de Galiza atópase parada sen que tivera resposta as nosas diferentes solicitudes para retomala. Neste tema, hai algunhas consellarías ou centros de traballo nos que a día de hoxe os servizos de persoal non saben dar unha resposta ás traballadoras e traballadores sobre os seguintes aspectos: o límite temporal do gozo das vacacións e días de asuntos propios e a consideración de non laborable do 24 e 31 de decembro. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Venres, 07 Setembro 2012 09:31 |
|
A CIG-Autonómica vén de presentar un escrito con relación a diversos problemas cos que se atopa o persoal funcionario e laboral á hora de acollerse a determinados permisos recollidos la Lei da Función Pública de Galiza e no Estatuto Básico do Empregado Público. Diversos departamentos territoriais e consellarías están a aplicar instrucións remitidas por Función Pública que o único que fan é restrinxir os dereitos recoñecidos na normativa vixente para o conxunto dos empregados e empregadas públicas. Neste caso, sen ir máis lonxe, denunciamos que a Xefatura Territorial de Traballo na Coruña non permite dispor do día completo cando se concorre a unha proba de aptitude ou exame final. A literalidade da lei di: “durante os días da súa celebración”, non entanto a Administración, baseándose nunha instrución de Función Pública só concede o tempo indispensable para a súa realización, pasándose a lei polo arco do triunfo e dando pé a discrecionalidades que a normativa non permite. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 26 Xullo 2012 07:48 |
|
Unha das grandes medidas "estrela" do Goberno de Rajoy é facer tábula rasa cos días de libre disposición (ou moscosos) e igualalos a 3 en todas as Administracións Públicas. De todas e todos é sabido que esta medida, na práctica, non supón un auténtico aforro nin unha solución aos problemas de financiamento da débeda pública. Máis ben é un "que os jodan" como o que gritou Andrea Fabra desde a bancada do Congreso dos Deputados cando se facía referencia ás persoas en paro. Pois ben, se facemos un pouco de historia descubrimos que os moscosos máis que un privilexio foron un timo; unha magra compensación polo altísimo IPC no ano 1983 no canto da suba salarial que recolleron moitos convenios colectivos. No fondo, a supresión de días de libre disposición, así como os adicionais por vacacións, non deixan de ser outra rebaixa salarial encuberta. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Venres, 29 Xuño 2012 09:49 |
|
Xa están colgadas na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública as Instrucións de 27 de xuño sobre a xornada de traballo de verán do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia Durante o período abranguido entre o 1 de xullo e o 14 de setembro de 2012, ambos inclusive, establécese unha xornada de traballo intensiva a razón de seis horas continuadas de traballo, entre as oito horas e trinta minutos e as catorce horas e trinta minutos, de luns a venres, agás no caso do persoal sometido a reximes especiais de horario ou ao que non se lle aplicaba o horairo de verán. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 3 |
|