A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 14 convidados en liña
RPT e estrutura
Proposta de amortización de 30 postos da área de Cultura PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 11 Marzo 2013 08:55

12 dos ditos postos están ocupados

O pasado 8 de marzo, a Dirección Xeral de Función Pública remitiu pa ao Comité Intercentros a proposta de amortización de 30 prazas de persoal laboral da área de Cultura da Consellaría de Cultura e Educación. Esta proposta foi remitida para o seu informe, de acordo co artigo 4 do Convenio Colectivo. Descargar proposta

Pola contra, mentres se amortiza este persoal, a consellaría ten cartos para dotar un posto de vicesecretrario/a xeral, dous postos territorias de xefe/a de servizo e traer persoal doutras administracións. Descargar proposta

Ler máis...
 
A Xunta pon en serio perigo a seguridade alimentaria PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Venres, 08 Marzo 2013 08:44

A Xunta de Galiza vai eliminar os laboratorios de saúde pública de Pontevedra, Coruña e Ourense, que controlan os produtos que comemos e bebemos, e centralizar todo no único laboratorio de Lugo nunha manobra que vai traer consecuencias.

En primeiro lugar, a perda de capital humano: por poñer o exemplo do laboratorio de Pontevedra, nel prestan servizo 21 profesionais, dos que 16 van ir á rúa. Son profesionais que teñen duas décadas de experiencia traballando no laboratorio.

En segundo lugar, a perda de diñeiro e material: o laboratorio de Pontevedra foi reformado no ano 2009, cun custe de 4,5 millóns de euros, diñeiro que vai ir ao lixo.

Ler máis...
 
RPT do IET: resumo da xuntanza do 04/03/2013 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Martes, 05 Marzo 2013 09:22

O luns, 4 de marzo, tivo lugar unha xuntanza co Instituto de Estudos do Territorio para tratar a proposta de modificación da súa RPT por conta da creación dunha praza derivada dunha sentenza xudicial.

Comezou a administración explicando os motivos da modificación da relación de postos de traballo, os cales veñen derivados dunha sentenza xudicial polo despedimento nulo dunha traballadora dunha AT de Tragsa.

A CIG comezou a rolda de intervencións das OOSS manifestando a nosa queixa pola falla da memoria económica e polos abundantes erros do resto da documentación enviada. Os representantes do IET recoñeceron os ditos erros e comprometéronse a enviar de novo a documentación corrixida e actualizada.

Ler máis...
 
RPT da consellaría de Medio Rural e do Mar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 28 Febreiro 2013 12:37

O mércores 27 de febreiro tivemos unha xuntanza con responsábeis da consellaría de Medio Rural e do Mar para discutirmos a súa relación de postos de traballo completa. Despois de que os responsábeis da consellaría tivesen meses por diante para preparar a súa proposta, entregaron aos sindicatos a documentación con apenas tres días laborais de marxe (e iso contando os dous de aprazamento que nos concederon), todo un paquetón de máis de 420 páxinas que, evidentemente, resulta imposíbel de estudar a conciencia co tempo que nos deron.

Con este panorama foi imposíbel de recoller todas as alegacións que nos chegaron, estudalar a documentación en condicións, que sumado a que o luns mandaron unha nova documentación, e que hai infinidade de erros, a primeira demanda da CIG foi exixir unha nova documentación corrixida, un novo prazo de alegacións, e unha nova xuntanza. Afortunadamente a consellaría aceptou (xa veremos se esto indica unha auténtica vontade negociadora).

Ler máis...
 
Os sindicatos plantan novamente á consellería de Traballo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 25 Febreiro 2013 16:55

Seguen denunciando despidos e amortizacións inxustificadas de prazas ocupadas por persoal da Xunta de Galiza

UGT, CCOO, CSI.F y CIG veñen de darlle plantón novamente a Consellería de Traballo e Benestar, por mor da proposta e RPT na que se inclúen despidos e amortizacións de prazas ocupadas por persoal da Xunta de Galicia.

Asi mesmo veñen de solicitar unha xuntanza urxente co Vicepresidente da Xunta de Galicia, para que interveña e dea explicacións sobre este novo incumprimento do Goberno Autonómico.

Estas medidas estan encamiñados a evitar que se materialice a aplicación do "ERE encuberto" na Consellería de Traballo e Benestar, que supón o despido de 19 traballadores laborais indefinidos e amortización de outras 28 prazas que na actualidade están ocupadas.

Ler máis...
 
2ª xuntanza para a modificación da RPT de Medio Rural e Mar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Sábado, 23 Febreiro 2013 19:30

O 31 de outubro de 2012 as OOSS fomos convocadas a unha primeira xuntanza para a modificación da RPT da consellaría do Medio Rural e do Mar. Nesta xuntanza, dende a CIG manifestamos as nosas queixas pola maraña incompleta de documentación que nos achegou a consellaría e, sobor de todo, pola falla dunhas táboas de equivalencias de funcionarios e laborais en condicións para poder ser analizadas.

En resposta a esta queixa, a consellaría comprometeuse a enviarnos as ditas táboas de equivalencia para a vindeira xuntanza, á cal fomos convocados para o 21 de decembro, xuntanza que finalmente a consellaría suspendeu coa excusa de agardar a ver como quedaba a súa estrutura logo dos posibles cambios que se poideran producir tras as eleccións autonómicas.

Chegados a este punto, agora convócasenos para unha nova xuntanza para o vindeiro 27 de febreiro. Podédenos achegar as vosas consideracións ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Descargar a documentación.

 
A CIG denuncia o despedimento de 48 interinos e interinas en centros de ensino PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Venres, 15 Febreiro 2013 08:09

Isto confirma que as declaracións de Feijó de que non se ían producir despedimentos na admnistración eran "falsas"

Dentro da política de amortizacións que vén levando a cabo a Xunta de Galiza, a consellaría de Educación pretende amortizar 48 prazas de subalternos/as e auxiliares de centros de ensino que están cubertas por persoal interino. Así o denunciou onte a tarde en rolda de prensa a CIG-Autonómica, na que compareceron acompañados de traballadoras/es afectados por esta decisión.

Consideramos que as declaracións que fixo Feijoo de que non se ían producir despedimentos da administración resultan ser falsas; nin sequera se cumpre o recollido no Proxecto de Lei de Orzamentos de amortizar todas as vacantes sen ocupación, senón que amortizan vacantes que están ocupadas.

Ler máis...
 
Feijoo mente. ERE na Administración Autonómica PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 13 Febreiro 2013 21:28

O recorte das retribucións dos empregados e empregadas públicas, á eliminación do complemento específico nas pagas extras, xustificouno en que dese xeito non eliminarían postos de traballo. Debía ter os dedos cruzados como un neno canto tal cousa afirmaba.

Aproveitándose da contra-reforma laboral aprobada vía Real decreto lei polo PP, vai eliminar 251 postos de traballo do sector público: funcionarios/as interinos/as, laborais indefinidos e laborais temporais que van incrementar a taxa do desemprego.

Este ERE ven a continuar coas políticas de privatización dos servizos, precarización das condicións de traballo e da prestación ao administrado, como se constata na progresiva amortización dos postos do serivizo público de emprego:

Ler máis...
 
Axencia IGAPE: Moita cabeza pensante, pouco currante PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xosé Ramón Vázquez e Fernando García   
Mércores, 16 Xaneiro 2013 19:48

O mércores, 16 de xaneiro, houbo unha xuntanza coas persoas responsables da Consellaría de Economía e Industria e do IGAPE para retomar o proceso de conversión deste ente nunha axencia. Este proceso comezou hai ano e medio pero estivo paralizado, segundo a Administración, por mór do decreto de integración e as recentes elección autonómicas.

Os aspectos máis importantes que se poden destacar son:

Pretenden que neste primeiro trimestre de 2013 estea funcionando a Axencia.

A axencia terá a capacidade de crear entes públicos, estamos radicalmente en contra, entendemos que é incongruente coa teórica pretensión de eliminar Administración Paralela.

Ler máis...
 
A neglixencia da Xunta ao manter comisións de servizo de 4 anos sen resolver os postos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Venres, 11 Xaneiro 2013 14:28

Son un total de 6 as prazas de xestión e coordinación de diferentes áreas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes as que corren o risco de desaparecer: subdirector/a xeral de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, xefe/a do Servizo de Programación, xefe/a do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais en Lugo, xefe/a do Servizo de Montes de Lugo, xefe/a do Servizo de Montes de Ourense e xefe/a do Servizo de Montes de Pontevedra.

Dado o atraso reiterado en cubrir estas prazas, consonte ao proxecto de Lei de Orzamentos 2013 que remitiu a Xunta ao Parlamento, estas prazas deberían ser amortizadas pola súa condición de vacantes.

Ler máis...
 
A CIG solicita información sobre o futuro dos traballadores do IGE e CIXTEC PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 28 Decembro 2012 13:30

O goberno galego, coa súa constitución, anunciou a desparación do Instituto Galego de Estatística (IGE) e a súa integración no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC). Como xa é habitual na reorganización administrativa deste goberno, a desinformación dos traballadores e do seu futuro é a nota predominante.

Desde a CIG tivemos coñecemento das declaracións dos responsables do Goberno galego, con relación á posibilidade de fusionar vía Lei de Orzamentos o actual Instituto Galego de Estatística e o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. Porén, por parte de Facenda non se ten convocado ás organizacións sindicais para tratar este asunto.

Ler máis...
 
RPT da nova Axencia Tributaria Galega ou como comezar a casa polo tellado PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 13 Decembro 2012 22:51

O mércores, 12 de decembro, tivo lugar unha xuntanza previa á Mesa Xeral para tratar a proposta da Facenda para o que será o futuro buque insignia da consellaría: a nova Axencia Tributaria Galega. Durante a instrución do Decreto de estrutura prometeuse a creación de 50 novos postos dunha nova escala c1 de axentes tributarios. Trala presentación da proposta da RPT comprobamos que detrás hai unha contrapartida moi grande: a falta da carreira administrativa, sobre todo, para os corpos xerais.

A primeira sorpresa coa que nos atopamos é unha perfilación moi detallada dos postos de nivel, sendo a máis acusada as xefaturas de negociado que quedan pechadas exclusivamente a C1 e co mérito de “experiencia tributaria”. A intención da consellaría é que estes postos sexan a semente da futura escala C1 de axentes tributarios. Asegura que teno que facer así porque non lle da tempo a crear a escala antes do concurso de traslados de corpos xerais que será no primeiro trimestre do 2013. E aquí é onde comeza a polémica.

Ler máis...
 
Axencia Tributaria de Galiza: proposta da RPT PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 10 Decembro 2012 12:12

Achegan desde a Consellaría de Facenda a proposta de RPT da nova Axencia Tributaria de Galiza. Nunha primeira ollada observase a creación de novos postos aínda que se esqueceron da creación da nova escala do subgrupo C1 e substanciano con postos das escalas de finanzas A1/A2 e co novo mérito "experiencia en materia tributaria".  Convócannos a unha xuntanza previa que terá lugar o mércores, 12 de decembro.

Descargar documentación

 
RPT de Cultura, libres designación, e desprezo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 15 Novembro 2012 01:31

Cando o xoves 8 de novembro a CIG acudiu á primeira xuntanza coa Administración pola Relación de Postos de Traballo de Cultura, tiñamos claro que a consellaría viña xa coa decisión de que fose de libre designación até o apuntador. En consecuencia a nosa intervención foi na liña de tentar corrixir eses e outros excesos que observamos.

Por se o fondo do asunto non fose abondo, as formas non foron mellores: os responsábeis políticos da Administración demostraron que xa dende o principio tiñan claro que non estaban dispostos a mover unha letra, convertendo ás xuntanzas e mesas de negociación en formalismos que cumprir ou liturxias que satisfacer, coas decisións tomadas sen vontade algunha de negociar.

Ler máis...
 
RPT da área de Cultura: nova modificación cando aínda non se publicara a anterior PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 07 Novembro 2012 10:34

Achéganos a Administración unha nova proposta de modificación da RPT da área de Cultura para primeira xuntanza previa que terá lugar o xoves, 8 de novembro.

En primeiro lugar, comunican co mínimo que marca a lei (48h). En segundo lugar, atopámonos cunha nova proposta de modificación parcial cando a proposta de modificación global da área de Cultura quedou nun caixón desde xullo. En terceiro lugar, curiosamente esta proposta vai nunha liña de facer LDs os postos de nivel 26 de Dirección de museos, arquivos ou bibliotecas.

Descargar documentación

 
RPT veterinarios/as: Mesa Xeral e Comisión de Persoal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Pilar De Celis   
Martes, 06 Novembro 2012 13:54

A Dirección Xeral de Función Pública, que en repetidas ocasións anteriores ten amosado unha absoluta falta de consideración co seu persoal, desta volta xa decidiu actuar e arranxar a situación de interinidade a un colectivo específico de persoal veterinario, e o vai facer para este caso coa complicidade das demais organizacións sindicais.

Despois de múltiples filtracións por parte das consellarías afectadas sen que mediase comunicación oficial ás organizacións sindicais, e actuando coa mala fe que supón recibirmos a convocatoria e documentación para a Mesa Xeral do luns 5, un venres posterior a un festivo co que imposibilitan ter tempo material para estudar a proposta e discutila internamente de xeito que sexa unha decisión colexiada, infórmanos Función Pública que xa tomou a decisión de como actuar para regularizar a situación de interinidade dun grupo de veterinarios de xeito que non se vexan afectados polos ceses tras o concurso de traslados que está pendente so da toma de pose.

Ler máis...
 
RPT de Medio Rural e Mar: abuso e mala fe PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roberto Varela e Mª Xosé Crespo   
Martes, 06 Novembro 2012 12:55

O pasado 31 de outubro tivo lugar a primeira xuntanza pola modificación da RPT da consellaría do Medio Rural e do Mar. Entre unha arañeira de documentación que nos entregaron ideada para poñer tachas á preparación seria da xuntanza, os responsábeis políticos da consellaría agochan mala fe na cobertura das xefaturas de distrito. Á vez, a CIG denuncia o extemporáneo da proposta en canto ás posíbeis consecuencias negativas para o concurso de traslados de corpos especiais.

Comezando por esto último, e coa experiencia que nos demostra que todos os gobernos reforman a estructura orgánica, advertimos aos responsábeis políticos do incongruente que sería aprobar unha RPT que podería quedar obsoleta en cuestións de días, e mais cando esta RPT afecta de cheo ao concurso de corpos especiais que se está a negociar xusto neste tempo. A RPT debería estar feita hai anos; agora fagan o que fagan vai producir perxuizos: paralizala é negativo, e aprobala tamén.

Ler máis...
 
A CIG solicita aclaracións sobre as funcións facultativas do persoal de Arqueoloxía PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 26 Outubro 2012 13:21

Na proposta da RPT de Cultura que ficou nun caixón a consellaría fixo mutis polo foro sobre a cuestión das funcións facultativas do persoal da Escala de Arqueoloxía do Corpos Superior Facultativo da Xunta de Galiza. Xa que logo, desde a CIG-Autonómica vimos de remitir un escrito no que solicitamos que se responda claramente ás alegacións formuladas sobre se a consellaría considera que os “postos base A1 con titulación de licenciatura en xeografía e historia” non fan funcións facultativas, e de ser así, se xustifique cales funcións facultativas non realizan, se definan cales son as funcións facultativas e responsabilidades que lle son propias, e se determinen aquelas das que están eximidos.

Ler máis...
 
A CIG solicita a equiparación con outras Administracións nos niveis dos corpos especiais de Cultura PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Toño Fernández   
Venres, 26 Outubro 2012 10:02

Ben é sabido que a palabra especial, non é o mesmo que xeral. A efectos laborais tampouco, de feito na nosa Administración Autonómica, copiando a Administración Xeral do Estado, fóronse creando dende os anos 80 as diferentes escalas da chamada Administración Especial. Especial porque desenvolvían unhas tarefas, que sendo de actuación funcionarial, necesitaban uns coñecementos específicos tanto técnicos como teóricos. Así foron nacendo as escalas de letrados, arquitectos, enxeñeiros, biólogos, arqueólogos, arquiveiros, museólogos, bibliotecarios, etc.

Non son só especiais polas titulacións, senón tamén, porque todas teñen unhas posibilidades de promoción e ascensos moito máis pequena que os Corpos Xerais, ao seren grupos de poucas prazas e normalmente pechadas a eles mesmos, polo que é moi usual que unha persoa se xubile na praza na que accedeu a Función Pública, cousa impensable na Administración Xeral (pola posibilidade de ascensos e concursos nunha vida laboral).

Ler máis...
 
Proposta da modificación completa da RPT de Medio Rural e Mar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 25 Outubro 2012 08:36

Despois de moitos cambios, vén de achegarnos a consellería de Medio Rural e Mar a proposta de modificación da súa RPT completa.  A primeira reunión previa terá lugar o o vindeiro mércores día 31 de outubro. Para facilitar a súa recollida, achegádenos as vosas consideracións exclusivamente no seguinte correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Descargar a documentación

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 9
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack