A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 35 convidados en liña
Mesas negociación e órganos representación nacionais
Carteleiras do SPDCIF: dúas reunións para nada PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Venres, 08 Febreiro 2013 00:00

Despois de dúas xuntanzas con Medio Rural polos cadrantes do SPDCIF para este ano, seguimos igual. A proposta da Consellaría do Medio Rural e do Mar é a seguinte:

- Domingos alternos en baixo risco e un 4-2 máis un domingo de cada 4 en alto risco.
- Dous días naturais ininterrumpidos de descanso por semana.
- Unhas ‘H’ repartidas ao longo do ano en baixo risco sen especificar cal é o seu significado.
- 16 días libres festivos dos cales, a metade, disfrutaranse no festivo correspondente e os restantes en días de traballo.
- 22 días hábiles de vacacións.
- Sen compensacións polos domingos e festivos traballados.

Os delegados e delegadas da CIG do SPDCIF non chegamos a comprender o por que desta negociación, xa que a día de hoxe aínda permanece vixente o acordo de condicións de traballo do SPDCIF incluido no V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, no que claramente veñen reflectidos os nosos dereitos e deberes.

Ler máis...
 
Negociación de cadrantes no SPDCIF PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ringo   
Mércores, 06 Febreiro 2013 09:28

O pasado 5 de febreiro mantívose unha nova xuntanza con Medio Rural para a negociación das quendas do dispositivo de prevención e extinción de incendios. Asistentiron á reunión  representantes da administración (Miguel A. Cela, Joaquin Macho , Asunción Labella) e pola parte sindical CCOO, CSIF, CIG e UXT.

Desde a CIG propuxemos, partindo como base dos cadrante das distintas provincias, un cadrante rotativo con libranzas semanais (dous días libres), fin de semáns alternos en baixo risco e un como mínimo en alto risco. Ademais, un máximo de 5 días consecutivos de traballo, 16 festivos anuais (dos cales a metade teñen que coincidir co propio festivo), 30 días de vacacións fóra de campaña e quendas rotativas semanais de mañáns, tarde e noite.

Ler máis...
 
Suspensión do artigo 19.1 do vixente V convenio colectivo único PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rodolfo Docampo   
Mércores, 16 Xaneiro 2013 13:59

O goberno do PP pretende, vía disposición adicional décimo setima da lei de orzamentos do 2013, a suspensión do art. 19.1 do vixente V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza, polo que o descanso semanal de dous días continuados pasaría a ser de día e medio como se recolle no Estatuto dos Traballadores.

O Comité Intercentros na súa xuntanza do martes 15 de xaneiro cos grupos parlamentares PP, PSOE, AGE e BNG, veu a denunciar que a decisión do goberno do PP é propia dunha república bananeira xa que, bordeando a legalidade, muda o pactado libremente na negociación colectiva, a pesares de que o art. 37.1 da Constitución española establece a forza vinculante dos convenios colectivos. Manifestamos o malestar  por esa doble faciana do goberno galego, cando actuando como poder executivo é quen de asinar un convenio e, de seguido ser quen de mudalo empregando a  súa maioría absoluta na cámara galega. Denunciamos que esta actuación ven precedida  da "suspensión sine díe" de varios artigos do mesmo convenio coa Lei de medidas do emprego público de galiza.

Ler máis...
 
Comisión de Persoal do 20/12/2012: OPE 2012, Axencia Tributaria e Convenio AMTEGA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Venres, 21 Decembro 2012 10:18

Na Comisión de Persoal do 20 de decembro de 2012 a Administración volveu a pasar o rodelo e no canto de negociar, impuxo a súa maioría. A CIG votou a favor do único punto do día que foi negociado, e en contra de todas as propostas da Administración nas que non quixo negociar, incluídos os criterios da Oferta de Emprego Público 2012, que é unha mera refundición das OEP pendentes de execución.

Hai que salientar que na rolda de intervencións demandóuselle á Dirección Xeral da Función Pública pola veracidade das informacións sobre un novo recorte do 7% aos empregados públicos recollida na prensa, sobre o que a Administración limitouse a afirmar que non se presentaría a concreción do recorte até a mesa xeral do venres 21 de decembro na EGAP. Paradoxalmente, o director xeral da Función Pública afirmara na mesa xeral do luns 17 que non tiña coñecemento de que se fosen producir recorte inminentes.

Ler máis...
 
Bronca na Mesa Xeral. Desprezo ás/aos empregadas/os públicas/os PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 18 Decembro 2012 11:20

O luns 17 de decembro a nosa "patronal" volveu pasar o rodillo na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, impoñendo á representación sindical o seu parecer en dous asuntos de importancia para o persoal: os criterios xerais para a Oferta de Emprego Público do 2012, e a Relación de Postos de Traballo da Axencia Tributaria Galega.

Foi unha Mesa tensa, bronca, na que o Director Xeral da Función Pública ameazou por dúas ocasións á representación da CIG con expulsalos da sala de manter estes a súa actitude. Comezou a CIG interrumpindo o comezo da Mesa e lendo un escrito, en pé, para que os representantes da "patronal" nos mirasen á cara (estamos fartos de verlles ao cogote nunha "aula" de formación co profesor no taboleiro). Ante a nosa negativa a sentarnos e a deixar de ler fomos ameazados coa expulsión que, chegados a este punto, non é algo que nos preocupe.

Ler máis...
 
Información da Mesa Xeral do 25/10/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Venres, 26 Outubro 2012 10:25

Fundamentalmente tratouse a RPT da Consellaría de Traballo e Benestar, pero tamén se falou de asuntos como os diversos concursos de traslados en marcha e pendentes ou a proposta do candidato Feijóo de funcionarizar a 6.000 laborais da Xunta.

Respecto da RPT de Traballo e Benestar, a CIG rexeita que a consellaría quera manter o requisito imprescindíbel dun curso de formación para optar aos postos de inspector/a de centros por tratarse dunha formación restrinxida so ofertada a determinadas persoas, o que vai impedir a igualdade de oportunidades para optar a ditos postos de traballo.

Rexeitamos tamén as condicións laborais de dous postos de limpador/a que crean que non serán de xornada completa, senon de xornada partida e de pouco máis que de media xornada. So a necesidade de traballar xustificará que haxa unha persoa que poida ter interese en traballar menos de xornada completa e por riba partida. A CIG demanda a xornada completa.

Ler máis...
 
Non é un rumor: prepárase un decreto que regulará os despidos colectivos de empregados públicos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Mércores, 01 Agosto 2012 14:59

Na mesa xeral que tivo lugar hoxe 01/08/2012 en Compostela, a Dirección Xeral da Función Pública trasladou aos representantes das organizacións sindicais no ámbito da Xunta que está en tramite por parte do Goberno central un novo real decreto para regular o despedimento colectivo de empregados públicos nas Administracións de todo o Estado.

Por parte da Administración só houbo información verbal ao respecto, non estando dispoñible para as organizacións sindicais o texto desta norma que xa está en trámite, e que vai supoñer na práctica un auténtico golpe constitucional, abrindo a porta non só para o despedimento de persoal laboral fixo, senón tamén previsiblemente no futuro para o persoal funcionario de carreira.

Ler máis...
 
Convocada Mesa Xeral de Empregados Públicos para o 1/08/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 30 Xullo 2012 12:48

Como xa vén sendo habitual, coas 48h de antelación de rigor, achéganos a Administración unha convocatoria de Mesa Xeral para o vindeiro mércores, 1 de agosto.  Desta volta van as ordes de integración do persoal laboral fixo da Fundación Galicia Emigración e da Axencia Humanitaria de Galicia, o Decreto de adaptación da actual Axencia Galega de Emerxencias e as instrucións da produtividade dos árbitros das reclamacións das participacións preferentes.

Descargar documentación

 
Comisión de Persoal (Axencia de Turismo de Galicia) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 24 Xullo 2012 12:46

A Dirección Xeral da Función Pública vén de achegar a convocatoria e a documentación para a vindeira Comisión de Persoal, que terá lugar o venres 27 de xullo de 2012.

O punto único da orde do día é o proxecto de decreto de creación da Axencia de Turismo de Galicia e aprobación dos seus estatutos.

Poden achegarse consideracións a través do noso correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Descargar a documentación para a Comisión de Persoal

 
Resumo da Comisión de Persoal do 03/07/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto e Anxo Anta   
Mércores, 04 Xullo 2012 08:14

Na Comisión de Persoal do martes, 3 de xullo, ía un único punto do día para votar: a modificación da RPT de Medio Rural con relación ás contratacións de verán do persoal de incendios. Ao remate, o director xeral de Función Pública deu información sobre:

  • o concurso de persoal laboral grupo I-IV

  • o cambio de categoría do persoal laboral grupo V

  • as listas de contratacións de incendios.

Ler máis...
 
Resumo da Mesa Xeral do 29/04/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xesús Dorado Noya   
Venres, 29 Xuño 2012 17:08

O vernes, 29 de xuño, tivo lugar unha Mesa Xeral Extraordinaria na que ía como punto único da orde do día:

  • A proposta modificación da RPT da Conselleria do Medio Rural e do Mar relativa ao persoal laboral dependente do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).

Deixan de crear 302 postos dos previstos no Plan prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia 2012, o que supón un 41% menos respecto ao ano 2011. Pola contra, obsérvase que se abre camiño o "negocio do lume", no que gañan terreo con forza empresas como TRAGSA, que está previsto que achegue 1100 traballadores para campaña de verán, e Natutecnia, que se leva a xestión das brigadas Helitransportadas.

Ler máis...
 
Resumo da Comisión de Persoal do 27 de xuño: de novo a Administración volveu pasar o rolo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 29 Xuño 2012 07:32

Na Comisión de Persoal do 27 de xuño votábanse os seguintes temas: RPT do Instituto de estudos do territorio, bases do concurso de gardacostas, de estatística e de consumo. En varios, a CIG expuxo a súa queixa pola desastrosa entrada en funcionamento da Axencia de Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e se falou do tema dos/as promotores/as de emprego.

1º Proposta de modificación da RPT do Instituto de Estudos do Territorio

A CIG manifesta que non atenderon ningunha das alegacións presentadas na mesa xeral:

Ler máis...
 
Mesa Xeral do 22/06/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 25 Xuño 2012 10:49

O venres 22 de xuño tivemos unha Mesa Xeral de Empregados Públicos nos que tratamos cos representantes da Administración a Relación de Postos de Traballo do Instituto de Estudos do Territorio, os concursos de traslados de gardacostas, estatística e consumo, e varios asuntos de interese no apartado de rogos e preguntas. Convocada Comisión de Persoal Extraordinaria

RPT do IET

A postura da CIG foi moi crítica coa proposta da Administración tanto polas formas como polo fondo. Non aceptamos que nos convoquen a unha xuntanza previa sen tempo por diante e cunha documentación extensa de xeito que resulta imposíbel estudala en profundidade. Así, a CIG non comparte as felicitacións que transmitiron CCOO, UGT e CSIF.

En canto ao fondo:

Ler máis...
 
Resumo Mesa Xeral, 12 de xuño de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xosé Ramón Vázquez e Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 12 Xuño 2012 17:44

“A situación é complexa, por agora non é o momento idóneo para facer convocatorias”

Na xuntanza de hoxe coa Función Pública trasladáronnos bastantes novidades. A verdade é que, entre a escasa vontade negociadora e os continuos recortes en forma de menos dereitos laborais, non pinta moi ben a cousa. Pasamos a continuación a resumir, punto por punto, o máis importante do que se nos comunicou ás organizacións sindicais:

 - Cronograma: logo de agardar en períodos de 15 días durante meses, hoxe informáronnos de que non vai haber cronograma. Di Función Pública que podería sacar algunhas ofertas e outras non, sobre todo, bótanlle a culpa á coxuntura actual. O caso é que, de momento, non vai haber data para as ofertas de emprego público pendentes de convocar.

- Horario de verán. Non hai moito tempo para poder negociar nada, aínda así mandaremos alegacións pedindo que se amplíe a todo o horario escolar e que se recolla, dun xeito ou doutro, para todo o persoal da Xunta. A semana que vén prevén aprobalo. De momento está previsto para xullo e agosto.

Ler máis...
 
Macroxuntanza do Comité intercentros cos comités e delegados/as de empresa da Xunta de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Adriano Castet e Anxo Anta   
Mércores, 06 Xuño 2012 07:19
O 5 de xuño tivo lugar en San Caetano unha  macroxuntanza do Comité intercentros cos comités e delegados/as de empresa das diversas consellarías.

O Comité Intercentros pediu aos comités que, dado as medidas que estar a tomar a Xunta coa Lei de medidas e aínda que xa houbo mobilizacións anteriormente, sería positivo afondar nas mobilizacións conxuntas para loitar de xeito global contra estas medidas. Ponse como exemplo diste tipo de accións a marcha desde a cidade da cultura.

Proponse para o día 21 de xuño, día do xuízo do conflito colectivo contra a Lei de medidas, xuntar un gran número de persoas para facer unha cadea humana que rodee todo San Caetano. Poríase unha faixa diante do edifico administrativo en contra das medidas e dos recortes aos servizos públicos e detrás cos favores que está a facer o PP, tanto desde Madrid como desde Galiza, á Banca, á amnistia fiscal...
Ler máis...
 
Información varia sobre asuntos da Función Pública PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 29 Maio 2012 07:49

No punto de varios das últimas Mesa Xeral e Comisión de Persoal tratáronse diferentes temas sobre asuntos de Función Pública: toma de posesión de persoal laboral, cronograma de procesos selectivos, horario de verán, PLADIGA, dispoñibilidade de condutores...

A CIG levou os seguintes temas:

- Cronograma de procesos pendentes. Queremos unha data concreta. DXFP: non hai data.

- Instrucións de permisos, vacación e licenzas. Vai haber algunha xuntanza próximamente? DXFP: están rematando de mirar todas as alegacións remitidas; en breve.

- Horario de verán. Teñen intención de mantelo, de negocialo e de publicalo? DXFP: “haberá horario de verán”.

- Criterios para ofertar as prazas en destino definitivo para o persoal laboral da OPE 2005 en destino provisional trala resolución do concurso de traslados do grupo V.

Ler máis...
 
Resumo da Mesa Xeral do 25/05/2012 e da Comisión de Persoal do 28/05/2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 29 Maio 2012 06:55

Na última Mesa Xeral e Comisión de Persoal debatéronse e votáronse os seguintes puntos:

  • estatutos do AGADIC

  • modificación da RPT de Medio Rural

  • modificación da RPT de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria

De novo, a documentación da Comisión volvérona a mandar cando aínda non tivera lugar a Mesa Xeral, o que di moito sobre a importancia que lle da a Administración á negociación colectiva.

Ler máis...
 
Resumo da xuntanza do 22/05/2012 do Comité Intercentros PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Adriano Castet e Anxo Anta   
Mércores, 23 Maio 2012 14:02

O martes, 22 de maio, tivo lugar o pleno ordinario nº6 do ano 2012 no que se trataron os seguintes temas:

  • Problemática coas vacacións remitido polo comité de empresa de Medio Ambiente de Ourense

  • Mobilizacións polos recortes na consellaría de Traballo e Benestar

  • Uso das instalacións públicas da Xunta con fins particulares

Ler máis...
 
Mesa xeral para o venres 25 de maio de 2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 23 Maio 2012 13:10

A Dirección Xeral da Función Pública vén de convocar ás organizacións sindicais a unha mesa xeral que se realizará o venres 25 de maio de 2012 ás 13:45 h na aula nº 17 da EGAP, coa seguinte orde do día:

  • Lectura e aprobación das actas 5 e 6 de 2012

  • Proxecto de decreto de estatutos da Axencia de Industrias Culturais

  • Proposta de modificación da RPT da C. de Cultura, Educación e O.U., no sentido de abrir a categoría 10E postos de traballo do grupo V categoría 3 .

  • Proposta de modificación da RPT da C.de Medio Rural e Mar, no senso de abrir a categoría 2,8 e 12 postos de traballo do grupo V categoría 8. (punto engadido o 24/05/2012)
  • Rolda aberta de intervencións

Podedes achegar as vosas consideracións a través deste formulario de contacto web ou directamente ao enderezo de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Descargar a documentación achegada pola Admón para a mesa xeral

 
Comisión de Persoal do 15/05/2012: a Xunta volveu a pasar o rolo velozmente PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Benigno e Anxo Anta   
Mércores, 16 Maio 2012 20:15

Nesta comisión de persoal votábanse varios asuntos que se caracterizaron pola escasa ou nula vontade negociadora por parte da Administración. De novo, e velozmente, esta volveu a aprobar en solitario (sen apoio de ningunha central sindical) todos estes puntos:

  • Bases da convocatoria da escala técnica de finanzas

  • RPT de Institutos do Territorio

  • Decreto de creación do FOGGA

  • RPT do FOGGA

  • Traballo e Benestar: fusión de centros e modificación da RPT

Ao final da comisión, o director xeral de Función Pública facilitou información sobre procesos selectivos e as instrucións de permisos, vacacións e licenzas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 5
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack