A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 26 convidados en liña
Eleicións sindicais
A CIG gaña as eleicións sindicais na Xunta de Galiza obtendo 140 delegados/as PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 16 Xuño 2011 17:34

Despois de gañar as elección sindicais ás Xuntas de Persoal funcionario, celebradas o día 14 de abril onde a CIG obtivo 42 delegados aumentando en 9 respecto ao 2007, e consolidándose como primeira forza sindical, no día de hoxe veñen de rematar os procesos electorais aos comités de empresa da Xunta, que comezaron en novembro nas consellaría de Facenda e de Economía e Industria, e remataron hoxe coas eleccións ao comité de empresa de Sanidade en Ourense onde a CIG entra por primeira vez cun delegado dos cinco elixidos.

COMPARATIVA ENTRE OS RESULTADOS DO 2007 E DO 2011

Ler máis...
 
A CIG-Autonómica gaña as eleccións sindicais do persoal laboral da C. de Traballo e Benestar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 15 Xuño 2011 22:19

A CIG entra de novo no comité de empresa da Consellaría de Traballo e Benestar na Coruña e o fai como primeira forza sindical, despois de estar 4 anos fóra do comité.

Despois deste resultado, a CIG pasa de ser a terceira forza nesta Consellaría a ser a forza máis votada e con máis número de delegados.

A CIG foi a forza máis votada na Coruña, Lugo e Ourense. Na provincia de Pontevedra consolídase como segunda forza, mantendo o mesmo número de delegados que no 2007, mentres que UGT perde dous delegados.

En conxunto, e despois dos resultados de Coruña, a CIG obtén 28 delegados en 2011, fronte aos 21 que tiña en 2007.

Ler máis...
 
A CIG gaña as eleccións parciais en Traballo e Benestar. As votacións na Coruña serán o 15 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 23 Maio 2011 11:58

O día 19 realizáronse as eleccións aos comités de empresa da Consellería de Traballo e Benestar en Lugo, Ourense e Pontevedra. A CIG consolídase como a forza maioritaria obtendo 20 delegados e gañando as eleccións en Lugo e Ourense. As eleccións ao comité de empresa de Traballo e Benestar da provincia da Coruña realizaranse o vindeiro mércores 15 de xuño.

 Os resultados son os seguintes:


CIG

CCOO

UGT

CSIF

INDEP

LUGO

7

3

6

4

1

OURENSE

7

5

4

1


PONTEVEDRA

6

5

7

5


TOTAL

20

13

17

10

1

Ler máis...
 
A CIG gaña as eleicións sindicais dos/as funcionarios/as da Xunta de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 14 Abril 2011 18:05

A CIG sube 9 delegados/as tendo un total de 42 entre as cinco Xuntas de Persoal.

Hoxe, 14 de abril celebráronse as eleccións das Xuntas de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza nas catro provincias e en Servizos Centrais.

A CIG obtén un total de 42 representantes no total de Galiza. Cun censo de 11.300 funcionarios/as e unha participación media do 40% a CIG sube de 33 a 42 delegados/as. Os resultados desglosados son os seguintes:

Ler máis...
 
Quen votou SI cando había que votar NON PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 11 Abril 2011 18:15

Sabías que certas medidas que restrinxen os nosos dereitos tiveron apoio sindical? Unha acción sindical seria implica levar adiante negociacións e medidas que beneficien aos/as funcionarios/as. Pero tamén implica saber dicir NON cando as medidas propostas son lesivas para os intereses dos/as funcionarios/as.

Entre as primeiras A CIG TEN NEGOCIADO, MOITAS DAS VECES POR INICIATIVA PROPIA, MEDIDAS E ACORDOS BENEFICIOSOS AOS QUE VOTOU A FAVOR na Comisión de Persoal, como o Fondo de Acción Social, o Acordo de centros de ensino, o Acordo retributivo 2006-2009, as pagas extras completas, o Acordo para que as xefaturas de Servizo pasaran a concurso, etc.

Pero hai veces que os sindicatos teñen que dar un rotundo NON a medidas que intentan recortar dereitos, privatizar a Administración ou que dan lugar a situacións inxustas. Para que teñas coñecemento de qué votou cada quen e formes a túa opinión aquí tes a seguinte táboa:

Ler máis...
 
Nós non somos o mesmo. Candidaturas da CIG PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 08 Abril 2011 08:41

O 14 de abril (fermosa data republicana), o persoal funcionario da Administración Autonómica imos elixir aos membros das Xuntas de Persoal e a quenes nos van representar nas mesas de negociación durante os próximos catro anos cun panorama que non é precisamente do mais optimista. A CIG presenta candidaturas amplas e variadas, con xente nova e xente experimentada, pero todos e todas con gañas de traballar, con ilusión e coas ideas claras.

Quen está e quen vai estar aí cando o precises? Co teu voto podes axudar a frear as agresións que os funcionarios e funcionarias estamos a padecer. O teu voto vai decidir quen queres que te defenda nestes momentos difíciles onde a Administración Pública tal e como a coñecemos pode desaparecer.

VOTA CIG


Descarga Boletín Especial

Ler máis...
 
Profesorado de Relixión e Comités de Empresa do Persoal Laboral de Educación PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 09 Novembro 2010 16:51

Dada a proximidade da renovación dos comités de empresa do persoal laboral da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, desde a CIG-Autonómica queremos manifestar a necesidade  de lle outorgar ao profesorado de Relixión unha representación propia e separada nos comités de empresa da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

A diferencia do que sucede nos comités de empresa do persoal laboral de todas as outras consellarías, aos que corresponde a representación unitaria do persoal laboral da Xunta, no caso da C. de Educación está representado tamén o profesorado de Relixión,  asimilado para estes efectos ao persoal laboral.

Ler máis...
 


Joomla 1.5 Templates by Joomlashack