|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 06 Marzo 2013 08:42 |
|
Na actualidade e con carácter xeral, o acceso á condición de persoal interino o temporal na Xunta de Galicia continua regulado polo Decreto 37/2006 que viña de substituír á anterior regulación do ano 2003. Con el pretendíase, entre outras cousas, implantar un sistema de listas permanentes, de xeito que as persoas que se apuntaban nunha lista continuaban nela, sen necesidade de renovar a súa solicitude. O transcurso do tempo demostrou que o funcionamento do Decreto presenta múltiples deficiencias tales como saturación de listas, empates masivos nas puntuacións por defectos no baremo ou penalizacións excesivas por non atender chamamentos. Ao fin de mellorar estes aspectos as diferentes organizacións sindiccais levan anos solicitando a súa modificación e a resposta é a de sempre “estamos traballando niso”.... |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 28 Febreiro 2013 13:52 |
|
O xoves, 21 de febreiro, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos: Delegar na Comisión Permanente a adopción de acordos relativos ao lanzamento dunha campaña de carteleria co obxecto de concienciar ao colectivo que representamos da necesidade da mobilización na actual situación que padecemos, e na determinación de accións concretas a desenvolver por parte das delgadas e delegados. Elaborar un comunicado en relación co primeiro despedimento colectivo que se está a producir na Xunta de Galicia e darlle traslado á prensa e ao conxunto dos traballadores, asi como a remisión dunha carta ao Presidente da Xunta na que manifestamos a nosa oposición á medida.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 22 Febreiro 2013 14:36 |
|
Ante a proposta da Consellería de Traballo e Benestar de destruír 251 empregos públicos que afecta a centros residencias de maiores, CAPD, centros de menores e servizos da dependencia e oficinas de emprego, a Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu rexeitamento absoluto a estas medidas de desmantelamento de servizos básicos para os colectivos mais desfavorecidos da sociedade; persoas maiores, dependentes, persoas paradas e os menores.
A Consellaría de Traballo e Benestar vai ser a responsable do primeiro despedimento masivo que vai a levarse adiante na Xunta de Galiza e que supón unha regulación de emprego encuberta. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 22 Febreiro 2013 08:27 |
|
O xoves, 21 de febreiro, delegadas e delegados dos dous órganos de representación dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza concentráronse ás portas do Consello da Xunta vestidos de mendigos e con cartaces, protestando polos despedimentos que van supoñer as propostas de amortización de diferentes consellaría.
Fixeron unha sentada a escasos metros da sala onde se estaba a celebrar o Consello da Xunta co obxecto de que ao saír puidesen velos as conselleiras e conselleiros, así como o Presidente da Xunta. A pesar de que estaban en silencio, non tardaron en ser invitados amablemente pola policía a abandonar o recinto de San Caetano. Fóra continuaron coa protesta, xa de xeito ruidoso con lemas como "Queremos traballar e non mendigar", "Non, non, non, ás amortizacións" ou "Non falta pan, sobran chourizos". |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Martes, 12 Febreiro 2013 15:58 |
|
A comparsa de entroido da CIG en San Caetano reparte chourizos e solicitalle á Xunta que faga como o Vaticano coa do Papa e non amortice prazas vacantes.
Aproveitando que o martes de Entroido foi un día semi-festivo en San Caetano, e cando menos tradicionalmente lúdico, uns compañeiros e compañeiras da CIG nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza estiveron percorrendo os corredores e unidades administrativas de San Caetano. Ataviados con máscaras de Bárcenas, Montoro e cunha mitra papal como homenaxe ao papa Ratzinger, aproveitouse para, recollendo a actualidade, darlle a volta e reivindicar a corrupción instalada no Partido Popular aló onde goberna, facendo tamén un chamamento en contra do actual proceso de amortización de prazas e de privatización dos Servizos Públicos na Xunta de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez e Marisa Savoini
|
|
Luns, 21 Xaneiro 2013 10:02 |
|
A CIG recórdalle o seu compromiso co Decreto que regulamenta a flexibilización de xornada
Esta consellaría, "logo de comprobar a existencia dunha desviación horaria de diverso persoal", non se lle ocorreu mellor cousa que, no canto de efectuar apercibimentos puntuais a este persoal tan diverso (imaxinamos que o de diverso será porque hai desde directores xerais ata persoal subalterno), o que fixeron foi dar un toque en xeral a todo o persoal da consellaría. Estas chamadas de atención xenéricas supoñen un insulto para a maioría das compañeiras e compañeiros que cumpren rigorosamente o seu horario e parecen máis ben balas que darlle á prensa coas que disparar contra a nosa dignidade. Semella que esteamos no exército e que houbese que disciplinar a toda a tropa porque un par de soldados chegaron tarde ao adestramento. Pois non señora, as cousas non se fan así e xa cheiran de máis este tipo de actuacións de "pagar xustos por pecadores". |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 21:03 |
|
Trala noticia recibida onte do vindeiro recorte para o 2013 a través dos medios, a organización afirmou que para a próxima traerían a Chuck Norris e non precisamente para entregarlle carbón a Feijoo, como pretendín o Apalpador e Papá Noel.
Unha grande asistencia de traballadoras e traballadores públicos manifestouse hoxe en San Caetano. En principio o acto estaba previsto en reivindicación do cobro da paga extra que nos roubaron, pero as últimas novas con respecto á convocatoria da Mesa Xeral do venres, fixeron que se centrase neste último apartado. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 17 Decembro 2012 09:43 |
|
O venres, 14 de decembro, rematou a campaña de recollida de alimentos para a cociña económica e o albergue de San Francisco de Compostela. A dita campaña foi promovida e levada a cabo por un grupo de traballadores e traballadoras da Axencia Galega de Infraestruturas, limitándose as distintas organizacións sindicais a facerse eco da medida e colaborar na recollida.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Venres, 14 Decembro 2012 08:00 |
 O xoves, 13 de decembro, os traballadores e traballadoras de negro dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza concentrámonos en San Caetano para reclamar o dereito ao cobro do noso salario roubado, para reclamar, en definitiva, que se respecten os nosos dereitos. Contra os chuzos de punta e o vento, xuntámonos onde ben podíamos e, a pesar de todo iso, manifestamos o noso compromiso, un xoves máis, coa loita pola nosa dignidade como empregadas e empregados públicos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 10 Decembro 2012 09:45 |
|
Antes de finais de xaneiro podería haber unha proposta formal de RPT. En 2-3 meses rematará a fase de integración do persoal informático das consellarías.
O mércores, 5 de decembro, tivo lugar unha reunión da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais con representantesda AMTEGA para falar de diversas problemáticas do persoal trasladado ás novas instalacións da Cidade da Cultura. A dita reunión foi solicitada a comezos de setembro para tratar o tema da deficiente comunicación do transporte público e de novo, a mediados de outubro, para tratar varias queixas do persoal con relación ao traslado. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez e Anxo Anta
|
|
Mércores, 05 Decembro 2012 14:43 |
|
A presentación tivo lugar pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa no Rexistro Xeral de San Caetano dirixidas ao Presidente da Xunta e no Parlamento de Galiza aos grupos parlamentares.
En tan só 5 días, a iniciativa da Xunta de Persoal de Servizos Centrais logrou acadar un elevado número de sinaturas que representan a práctica totalidade do persoal traballador dos Servizos Centrais da Xunta (se desbotamos principalmente LD´s, que algún tamén asinou, así e a todo). Se trasladamos esta maioría a un sistema proporciona tipo lei D´hondt é bastante máis aplastante que a maioría do PP no parlamento galego.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 05 Decembro 2012 14:27 |
|
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais emitiron un comunicado no que indican que se suman á iniciativa de recollida de alimentos para a Cociña Económica e o Albergue de San Francisco en Compostela. Esta campaña foi inciada de xeito independente por un grupo de traballadoras e traballadoras da Axencia Galega de Infraestruturas. A data límite para a recollida é o venres, 14 de decembro.
Os órganos de representación fan un chamamento á solidaridade dos traballadores e traballadoras públicos e animan a participar nesta campaña. As persoas que queiran colaborar poden deixar a súa achega nos locais sindicais ou ben levalos directamente á unidade na que estan os compañeiros e compañeiras que tomaron esta iniciativa (entrando a man dereita, planta baixa do edificio dos espellos, San Caetano). |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 03 Decembro 2012 10:17 |
|
En 3 días, lévanse recollido preto de 3000 sinaturas nun centro no que traballan pouco máis de 4000 empregados públicos.
Estes días podemos atopar polos corredores de San Caetano e San Lázaro mesas de recollidas de sinaturas de apoio no relativo á recuperación da paga extra. Recordamos que a dita proposta iniciada pola Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, á que posteriormente se sumou o Comité de Empresa, solicítalle ao Goberno galego o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 28 Novembro 2012 09:36 |
|
Se Navarra, Euskadi ou Extremadura, con peores cifras de déficit, van pagarlle a paga extra aos seus empregados públicos, por que en Galiza non? Iso é o que formula a Xunta de Persoal de Servizos Centrais co escrito remitido á consellería de Facenda. Para referendar este solicitude inician unha campaña de recollida de sinaturas de apoio entre as traballadoras e traballadores públicos aos que animan a colaborar. Hai que ter coidado coas palabras pronunciadas e ás do recén investido Presidente da Xunta se aferran os empregados públicos recordándolle que en campaña eleitoral presumiu das magníficas cifras de déficit público de Galiza. Por outra banda, nunha entrevista en V Televisión do 17 de outubro, Alberto Núñez Feijoo recoñeceu que o "erro" que supuxo quitarlle á paga extra aos empregados públicos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 21 Novembro 2012 12:26 |
|
A Xunta de Persoal de Servizos Centrais retoma as concentracións dos xoves negros cun novo calendario mobilizador até o 20 de decembro, semana na que padeceremos de xeito efectivo o secuestro da nosa paga extra. Nestes derradeiros catro xoves ata que se produza a fatal efeméride faise un chamamento especial á mobilización co obxecto de acadar diferentes aspiracións dos empregados públicos da Xunta de Galiza que son plenamente asumibles pola Administración dentro da situación económica actual, a maioría das cales non precisa nin de adaptación normativa algunha, somentes de vontade política para a súa aplicación.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Luns, 19 Novembro 2012 09:16 |
|
A cafetaría de San Caetano, por obriga das correspondentes prescricións técnicas, ten a obriga de publicar os seus menús tanto na língua propia do país como en castelán. Non en tanto, nun sitio web de google, publícase semanalmente o menú unicamente en castelán. Aínda que o propio sitio indica que non é unha web oficial, os menús coinciden completamente co que está enriba das mesas da propia cafetaría. A cafetaría de San Caetano non é só un lugar frecuentado polos traballadores e traballadoras do lugar, tamén é un local que recibe cidadáns que acoden aos edificios administrativos a efectuar calquera tipo de xestión, polo que podemos dicir que a cafetaría é unha imaxe da propia Xunta de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 13 Novembro 2012 09:10 |
|
O luns, 12 de novembro, unha representación da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano presentou no xulgado de garda de Fontiñas, en Compostela, a denuncia penal polo desaloxo policial dunha asemblea de traballadores que tivo lugar no edificio administrativo de San Caetano o pasado 3 de outubro.
Á saída dos xulgados a presidenta da Xunta de Persoal fixo unhas declaracións aos medios alí congregados. Resaltou que ao día seguinte dos feitos, e xunto co comunicado, se presentara un escrito ao conselleiro de Presidencia solicitando a apertura dun expediente informativo sobre os feitos. Despois de máis dun mes, aínda siguen sen resposta. Motivo que fundamenta que recurran á Xustiza.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 07 Novembro 2012 10:01 |
|
A Xunta de Persoal de Servizos Centrais vén de facer público o seguinte comunicado de apoio á folga europea do 14-N e fai, ao mesmo tempo, un chamamento especial á participación das empregadas e empregados públicos para frear deste xeito as agresións políticas, entre outras, contra o emprego público. PRONUNCIAMENTO DE APOIO – FOLGA XERAL 14N
Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia ACORDA:
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Fulgencio Fernández e Anxo Anta
|
|
Xoves, 25 Outubro 2012 14:00 |
|
Hoxe, 25 de outubro, varios membros da Xunta de Persoal tivemos unha xuntanza coa representante da Secretaria Xeral de Turismo, Elena Barca, polo tema do traslado da actual Secretaria Xeral para o Turismo para os locais da Barcia, onde esta agora Turgalicia. Comentounos o seguinte ás nosas preguntas de cando, como e en que condicións se vai facer o traslado do persoal: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 15 Outubro 2012 11:24 |
|
A Xunta de Persoal de Servizos Centrais vén de facer público un comunicado no que fai un chamamento xenérico ao conxunto de traballadoras e traballadores públicos con respecto ás eleccións do vindeiro 21 de outubro. Neste comunicado faise un percorrido polos case 4 anos de Goberno do PP en Galiza e os efectos sobre os Servizos Públicos e o conxunto dos seus traballadores. Destácase tamén no comunicado que a política de austeridade tradúcese en recortes exclusivamente á clase traballadora co único fin de compensar desmandados financeiros. Xa que logo, faise un chamamento á participación e a exercer un voto "en consecuencia".
CHAMAMENTO AO CONXUNTO DOS EMPREGADOS E EMPREGADAS PÚBLICAS CON RESPECTO ÁS ELECCIÓNS DO VINDEIRO DÍA 21 DE OUTUBRO |
|
Ler máis...
|
|
|