A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 6 convidados en liña
Medidas no emprego público 2012
Publicada no DOG a Lei 9/2012, de transposición na Xunta da expropiación da paga extra de decembro PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 09 Agosto 2012 09:31

No DOG de hoxe 09/08/2012 públicase a Lei 9/2012, do 3 de agosto, de adaptación das disposicións básicas do Real decreto lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público.

Ler máis...
 
Non se garante a prioridade de permanencia para o persoal laboral fixo no decreto de despidos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 08 Agosto 2012 15:05

En relación coa suposta prioridade de permanencia do persoal laboral fixo que superase unha oposición en caso de despidos colectivos da Administración Pública, cómpre aclarar que, dada a redacción do artigo 41 do proxecto de real decreto sobre despidos colectivos, non existe garantía ningunha nese sentido, dado que a aplicación dese criterio se establece con carácter potestativo para a Administración. 

Nese sentido, hai que ter en conta que o persoal laboral fixo por oposición só tería prioridade de permanencia se así o establecese o organismo no que se realizase o despido colectivo (vid. art. 41.1 do proxecto de RD).

Ler máis...
 
Recurso de casación no T. Supremo contra a sentenza do conflito colectivo sobre a Lei de medidas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 01 Agosto 2012 08:33

Con data de 31 de xullo de 2012, a CIG xunto coas demais organizacións sindicais representativas na Xunta veñen de presentar o escrito de interposición de recurso de casación contra a sentenza de conflito colectivo do Tribunal Superior de Xustiza Galicia (TSXG) en relación coa suspensión de varios artigos do V Convenio Colectivo pola Lei de medidas temporais no emprego público na Xunta

A sentenza recorrida, ditada por maioría de 2 votos contra 1 na Sala do Social do TSXG, vén a argumentar a adecuación a Dereito da Lei de medidas da Xunta en razón da alegada natureza estritamente orzamentaria e non laboral da dita Lei, ao entender dos dous maxistrados, rexeitando a presentación dunha cuestión de constitucionalidade tal e como solicitaba a parte social.

Ler máis...
 
O TSXG rexeita presentar cuestión de inconstitucionalidade contra Lei de medidas no emprego público PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG   
Venres, 27 Xullo 2012 07:29

Resolve o conflito colectivo presentado polos sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF contra a Xunta de Galiza. A decisión xudicial foi adoptada por dous votos a un.

Mediante unha sentenza de data 18 de xullo de 2012, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza decidiu rexeitar a demanda de conflito colectivo formulada polos sindicatos CIG, UGT, CCOO e CSIF contra a Xunta de Galiza, solicitando a nulidade da aplicación dos recortes recollidos na Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público.

A demanda dos sindicatos cuestionaba a constitucionalidade das medidas recollidas naquela Lei, por entender que a suspensión da aplicación de certos artigos do convenio colectivo da Xunta de Galiza –en cuestións como o complemento de incapacidade temporal, os descansos ou os beneficios sociais, entre outras– resultaba contraria ao dereito fundamental de liberdade sindical e á forza vinculante dos convenios, para alén de non respectar a orde constitucional de distribución de competencias entre o estado e a comunidade autónoma.

Ler máis...
 
Video da cadea humana do pasado 21 de xuño PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Domingo, 24 Xuño 2012 18:31

O pasado xoves 21 de xuño o Comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galiza convocou este acto reivindicativo. Con esta cadea humana os traballadores/as, alén de manifestar a súa oposición ao decreto lei de medidas para o emprego público, proclamaban a súa defensa dos servizos públicos, manifestaban a oposición contra a súa privatización, denunciaban a precarización das condicións laborais e a amortización de postos de traballo.

A mobilización coincidiu, ademais, coa celebración da vista oral ante o TSXG do conflito colectivo presentado polas catro centrais sindicais, pola modificación por lei de varios artigos do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galiza.

 
San Caetano ficou completamente rodeado o 21-X cunha cadea humana PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 22 Xuño 2012 07:08
P1730564 Pouco despois das 11:30h o edificio administrativo quedou completamente sitiado ao berro de "Feijoo, réndete, estás rodeado!".

Traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza, convocados polo comité intercentros, co apoio das catro centrais sindicais, CIG, CCOO, UGT e CSIF, e dos diferentes órganos de representación, rodeaban o edificio administrativo da Xunta de Galiza de San Caetano, en Compostela, formando unha cadea humana. A mobilización insírese na campaña contra os recortes de dereitos consecuencia da aplicación do lei de medidas para o emprego público e coincidía coa vista oral que se celebraba no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, por mor da presentación de conflito colectivo por parte destas centrais sindicais.

Ler máis...
 
Unha cadea humana rodeará San Caetano en protesta polos recortes PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rodolfo Docampo e Anxo Anta   
Martes, 12 Xuño 2012 07:09

A CIG convida  aos traballadores e traballadoras da Administración Autonómica a participaren na mobilización convocada polo comité intercentros da Xunta de Galiza para o vindeiro xoves 21 de xuño en Compostela. O acto de protesta consistirá na constitución dunha cadea humana que arrodeará San Caetano, entre  as 10,30 e ata as 12,00 horas.

Participaremos e manifestaremos  a  nosa protesta contra as amortizacións de postos de traballo nas distintas consellarías, contra as privatizacións dos servizos públicos e o peche de centros e contra as consecuencias da Lei de Medidas do Emprego Público.

Ler máis...
 
Admitido a trámite o conflito colectivo contra a Lei de medidas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 24 Maio 2012 07:38

O mércores, 23 de maio, foi recibido o decreto de admisión a trámite do conflito colectivo contra a Lei de Medidas. O asunto está na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Os maxistrados que forman a Sala son María Antonia Rey Eibe (relatora), Manuel Domínguez López e Isabel Olmos Parés.

 
Presentado conflito colectivo contra a aplicación da Lei de medidas temporais no emprego púbico PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 15 Maio 2012 23:47

As centrais sindicais CIG, CCOO, UGT e CSIF presentamos o pasado venres perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza conflito colectivo pola aplicación da lei de medidas no Emprego Público xa que vulnera o V Convenio do Persoal Laboral da Xunta de Galiza. Esta mañá demandabamos ademais, en rolda de prensa conxunta que, mentres non se dite sentenza e se resolva a cuestión de constitucionalidade, se suspenda a aplicación da lei.

Este é o maior conflito colectivo presentado nunha administración, porque afecta a 11.000 empregadas e empregados públicos que conforman o persoal laboral da Xunta de Galiza, e porque por extensión, podería repercutir en máis de 90.000 traballadores/as que desenvolven a súa actividade para a administración sumando funcionarios/as da Administración Xeral, docentes e estatutarios.

A ferramenta legal que temos neste momento para defender ao persoal laboral é o conflito colectivo, instrumento que se lles nega aos funcionarios/as polo seu vínculo xurídico de natureza administrativa. De aí que o obxectivo fundamental sexa que se suscite unha cuestión de constitucionalidade que derive na declaración de inconstitucionalidade de varios preceptos da lei e polo tanto que cuestione os obxectivos e mesmo a exposición de motivos da lei de medidas, polo que se debería derrogar na súa totalidade, abranguendo tamén aos funcionarios/as públicos/as.

Ler máis...
 
Resumo da xuntanza dos sindicatos da Área Pública: accións conxuntas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 10 Abril 2012 08:00

Asisten CIG, CCOO, UGT, CSIF, USO, SAE e STAJ.

As organizacións sindicais  presentes na xuntanza acordan manter a unidade de acción sindical-mobilización dentro do sector público concretándose no seguinte:

1.- Coordinarse e emitir comunicados públicos conxuntos que reflictan o rexeitamento de calquera medida, en calquera ámbito das Administracións Públicas, que supoñan recortes de servizos públicos, privatizacións, recortes de persoal, recortes de dereitos...

Ler máis...
 
Mantense a unidade de acción sindical no sector público á espera dos orzamentos xerais do estado PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 26 Marzo 2012 14:04

Na xuntanza do 26 de marzo con relación a Lei de medidas no emprego público, acordáronse diferentes actuacións nos planos xurídico e de acción sindical.

A nível xurídico 

De cara o V Convenio do persoal laboral da Xunta: accións conxuntas CIG e UGT poñeranse en contacto as asesorías. USO manifesta a súa disposición para todas aquelas acción xurídicas que se poidan facer conxuntamente. Resto: cada organización fará as que considere oportunas.

Ler máis...
 
Loito oficial polos nosos dereitos: publicación no DOG da Lei de medidas no emprego público PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 02 Marzo 2012 08:31

Co motivo da publicación no DOG 02/03/2012 da Lei de medidas no emprego público son varios os órganos de representación da administración autonómica que declararon loito oficial ata o 6 de marzo, coincidindo coas vindeiras concentracións a nivel de todo o país.

Convidamos aos traballadores e traballadoras públicos a colgar o seguinte cartaz no seu posto de traballo para expresar o loito polos nosos dereitos. Tamén animamos a portar lazos negros. A Xunta de Persoal e Comité de Empresa de Servizos Centrais, por exemplo, van repartilos ao longo destes días.

Os nosos dereitos constounos moito traballo conseguilos e provoca dor ver como unha actitude impositiva e inxustificada acaba con eles dun golpe. Non teñamos vergoña de mostrar e defender publicamente a nosa condición de empregados públicos.  A pesar da representación de dor nesta batalla, a guerra non rematou e na CIG non nos rendemos.

 
A nosa visita ao Parlamento PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 28 Febreiro 2012 23:11

No interior do Parlamento, un grupo de representantes sindicais foron convidados a asistir até que foron expulsados. Tes imaxes do Parlamento na seguinte ligazón, a partir do minuto 4:04. Ligazón.

Outra visión distinta, estilo 1984 de Orwell e as racións de chocolate: a da TVG, para quenes vamos ter unha nova regulación das baixas laborais, redución de dias de asuntos propios e eliminación do Plus de Altos Cargos. Ligazón.

 
Lei de medidas no emprego público. Participa PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Venres, 24 Febreiro 2012 12:13

Plan total de aforro eficaz

Campaña ridiculista da austeridade hipócrita que se nos vende cando se manteñen auténticas dilapidacións de cartos públicos. Descargar

Concurso de lemas

Vamos empapelas os centros de traballo. Achéganos os lemas que se che ocorran ao noso enderezo de correo. Os que recibamos os publicaremos para que os poidan descargar teus compañeiros/as. Pregamos elegancia. O nome do gañador ou gañadora será facilitado ao Presidente da Xunta para que lle apliquen un ERE de extinción.

Ler máis...
 
Os empregados públicos fartos de Feijoo están comezando a gañar a partida PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 16 Febreiro 2012 20:19

Un Consello da Xunta superado pola masiva mobilización dos empregados públicos tivo que improvisar sobre a marcha medidas para suavizar as propostas iniciais, así como a súa temporalidade ou o control das dietas, de marcado carácter mediático, pero que non abonda para impedir a sangría de cartos públicos do goberno de Feijoo.

Miles de traballadores e traballadoras públicas saían hoxe ás portas dos seus centros de traballo por todo o país para expresar o seu enfado contra Núñez Feijoo. Estas concentracións, máis aló dun berro ben alto de “NON ao proxecto de lei de medidas no emprego público”, son outra protesta máis contra o enésimo intento do presidente da Xunta de poñer na picota ao colectivo de empregados públicos para disfrazar as súas incapacidades para solucionar os verdadeiros problemas que preocupan a cidadanía.

Ler máis...
 
A Xunta aproba unilateralmente o anteproxecto de recortes na Comisión de Persoal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 16 Febreiro 2012 08:52

Na Comisión de Persoal realizada o 15/02/2012 na EGAP, ao tempo que realizaban concentracións de empregados/as públicos/as nalgúns lugares da xeografía galega, a Administración presentou un novo texto do anteproxecto, no que unilateralmente modulan certos aspectos do artigo 2 sobre Incapacidade temporal.

O texto será aprobado, co voto en contra de todos os sindicatos, polo consello da Xunta do xoves 16. Comeza agora o trámite parlamentar, e continuarán as mobilizacións co máximo de contundencia e apoio de todos os traballadores e traballadoras ao servizo da Administración Galega.

Os cambios son os seguintes: 

Se pagará o 100% das retribucións dede o primeiro día de baixa nos seguintes casos:

  • Continxencias profesionais: Accidente de traballo e enfermidade profesional.
  • Polas continxencias comúns que xeren Hospitalización / Intervención cirúrxica (deixan fóra as enfermidades crónicas)

Tamén se cobraría o 100% desde o primeiro día polas seguintes continxencias (porque así o regula a Seguridade Social, aínda que a Xunta o queira presentar como unha concesión):

Ler máis...
 
Unha Xunta contumaz obvia a demanda sindical de recorte en partidas de gasto supérfluo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 15 Febreiro 2012 21:15

Impón un imposto sobre a enfermidade aos empregados públicos e minijobs para máis de mil interinos e temporais.

Este mércores día 15 celebrouse a Comisión de Persoal da Xunta de Galiza negándose o PP a retirar o texto do anteproxecto e a dialogar sobre outros recortes que non foran os que queren impoñer.

Nin  se retira o anteproxecto nin aprecia a necesidade de establecer un debate sobre a necesidade de recortar noutras partidas de gasto escandaloso en asesores, altos cargos, excesivas subdireccións, hipertrofia da estrutura superior da Xunta, gastos protocolarios, asistencias técnicas, publicidade e propaganda institucional, etc.

En ningún momento a Administración esgrimiu datos reais chegando a extremos ridículos ao citar como argumento de autoridade os anuncios de Esperanza Aguirre sobre a redución do gasto.

So debido ao custe político que xerou á presión dos traballadores e a resposta unánime concitada se viron obrigados a facer algunha modificación de cara á galería na regulación das IT para restarlle carácter agresivo ao texto pero que en ningún momento quixeron saírse do guión.

Ler máis...
 
Outra trapallada de "La Voz" PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 15 Febreiro 2012 09:19

Informa "La Voz", hoxe mércores 15 de febreiro, que "A ausencia de propostas alternativas conxuntas aos recortes por parte dos sindicatos a están a suplir os propios traballadores coa sinatura dun escrito que presentarán ante os rexistros da Xunta". Máis adiante fai referencia a que "un deses escritos, distribuidos nos centros de traballo polo sindicato CSIF" [...]

A CIG-Autonómica quere cualificar esas informacións como lixo, en canto que "La Voz" é sabedora de que os sindicatos si presentaron un escrito con propostas alternativas contra o proxecto de lei de recortes, tal e como informamos fai uns días (ver nova) (ver escrito).

 
Feijoo impón recortes para manter persoal de gabinete e asistencias técnicas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 13 Febreiro 2012 19:16

Este mércores día 15 está convocada a Comisión de Persoal sen que a Administración quixese sentarse a falar sobre as propostas dos/as traballadores/as presentadas polos órganos de representación.

Incumprindo o prometido o venres 10 na Mesa Xeral, o goberno de Feijoo, lonxe de querer falar do anteproxecto de lei de medidas no emprego público apura os prazos e convoca unha Comisión de Persoal, órgano da Administración Autonómica onde se votará o anteproxecto, co que pecha toda posibilidade de atender a demanda unánime dos empregados/as públicos/as de retirar un anteproxecto lesivo.

E péchase tamén a poñer enriba da mesa as razóns reais deste recorte, amparado na falla de datos, en estimacións falsas e en intentar establecer unha relación entre o recorte e o mantemento dos servizos públicos.

Resulta curioso que para manter tales servizos non recorra ao proposto de xeito unánime polos traballadores/as nas asembleas, como pode ser o recorte dos 7.858.676 € orzamentados para Altos Cargos e superdelegados de Administración Xeral ou os 6.567.736 € que nos gastamos os/as galegos/as mantendo a rede parasitaria de persoal de gabinete do Partido Popular tamén na Administración Xeral, por expoñer tan só dous dos elementos máis chamativos en que Feijoo non quere recortar.

Ler máis...
 
Medidas no emprego público: comisión de personal PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Luns, 13 Febreiro 2012 14:44

Xa estamos convocados para a Comisión de Persoal, paso previo á aprobación do anteproxecto e o seu envío ao Parlamento. A xuntanza vai ser o mércores 15, ás 13:30, na EGAP.

Convidamos aos empregados públicos a que se presenten na EGAP.

As cousas van moi rápido, así que che convidamos a que esteas atento/a a este web, onde informaremos de calquer cambio que se produza.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack