|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Venres, 28 Decembro 2012 10:25 |
|
O vernes 28 de decembro ás 19:30 horas diante da oficina de NovaGalicia Banco da Rúa do Paseo de Ourense (diante da estatua da leiteira) manifestaremonos en diversas vilas galegas para berrar que non o imos aturar mais. Que xa non aguantamos!!!
Poderiamos falar de cifras. Das máis de 400.000 execucións hipotecarias que se efectuaron dende 2007, do número de suicidios que esta situación xerou, ou do artigo tal da Constitución. Poderiamos, pero nesta xornada preferimos falar da inxustiza social, dos culpables deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna. Inxustiza porque levamos anos escoitando a palabra crise, palabra que foi utilizada como arma culpabilizadora contra as familias que “viviron por riba das súas posibilidades”. As familias desafiuzadas non son culpables, senón vítimas dun sistema financeiro atroz que prima o capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todas nós. Os culpables desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do euribor. Os culpables son os políticos e banqueiros que durante dúas décadas soamente se preocuparon de encher o peto sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla estoupou, pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os excesos de Aznar, Botín e Zapatero. Esta crise non é homoxénea. Nin os efectos dos desafiuzamentos tampouco. Estamos ante un problema de xénero e de clase, xerado por políticos e banqueiros que seguen a beneficiarse da situación. Somos nós, homes e mulleres, obreiros, traballadoras, desempregados, etc., os que debemos esixir unha solución a unha lacra que non xeramos e estamos a pagar. Por iso, esiximos: Responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal.Paralización de todos os procesos de desafiuzamento, Dación en pago con efecto retroactivo, Parqué de alugueiro social das vivendas incautadas pola banca
Porque o dereito a vivenda debe estar á marxe do mercado. Porque non volveremos a pagar os desmáns dos poderosos. Non pararemos!!!! Xuntas podemos!!!!
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 21 Decembro 2012 13:50 |
|
Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar a política goebbeliana do Partido Popular consistente en repetir milleiros de veces o mantra da falsa austeridade.
A verdade é a suposta autoridade soamente se aplica nos servizos públicos. Deste turno tocoulle aos servizos sociais servir de exemplo do doble raseiro de Feijoo.
Nun novo desprezo por parte de Xunta de Galiza se procede a desmontar un chismo máis a rede de servizos sociais e concede 14 millóns de euros a unha empresa privada mentres que a residencia pública do Carballiño que leva anos rematadas segue pechada.
Lembramos que no Carballiño fixéronse obras de mellora e ampliación por un montante de 6,5 millóns de euros e que ampliaría en 80 os dependentes que serían atendidos nunha comarca con importante envellentamento.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica (Ourense)
|
|
Xoves, 27 Setembro 2012 15:39 |
|
Asisten pola CIG: Zeltia Burgos, Lourdes Morales, Raquel Vázquez, Secundino Fernández, Ana María Benito PRÓLOGO
Desta vez reunímonos na sala de prensa do edificio administrativo da avda. da Habana (casa de chocolate); cada día nun lugar distinto. Hai que ter en conta que a Xunta de Persoal por lei ten dereito a un local para as súas xuntanzas. Esta aptitude demostra, unha vez mais, o respecto que teñen polas funcionarias e funcionarios este goberno tan popular. Non respectan nin as formas e deixan sen local a un organismo administrativo. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Luns, 24 Setembro 2012 10:59 |
|
Se o venres foi en Ourense onde recibiron a Feijoo con berros e asubíos. Hoxe 24 de setembro foi en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) onde a cidadanía amosou a súa indignación contra as políticas de demolición que está a levar a cabo a Xunta de Galicia do Partido Popular con Alberto Núñez Feijoo á cabeza. A escalada de indignación aumenta e parece que afectados/as polas preferentes, traballadores e traballadoras públicas e a multitude de colectivos damnificados pola suicida política do Partido Popular non está disposta a pasar desapercibida. |
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 21 Setembro 2012 16:20 |
|
A cidadanía de Ourense recibiron a Alberto Núñez Feijoo con sonoros pitos e berros na presentación das listas do Partido Popular en Ourense. Afectados/as polas preferentes, traballadoras e traballadores públicos e persoas en situación de desemprego protestaron pola presenza do presidente en funcións da Xunta de Galiza en Ourense facéndoo responsábel da situación na que se atopan milleiros de familias. |
|
Escrito por Xesús Dorado Noya
|
|
Venres, 14 Setembro 2012 08:51 |
|
A Xunta de Galiza está a poñer en risco as vidas humáns dos seus traballadores/as e ao do monte galego. O xoves, 13 de setembro, tres traballadores do SPDCIF sufriron a descarga de auga dunha aeronave nunha das zonas perimetrais do incendio forestal.
Vemos coma cada pouco tempo están a producirse accidentes laboráis no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, e o máis preocupante para a CIG, é que a propia administración, a Xunta de Galiza, neste caso a Conselleria do Medio Rural e do Mar, non establece os criterios de seguridade que lles esixen as leis, desta maneira os traballadores e traballadoras do SPDCIF estánse a xogar as súas vidas día tras día. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica Ourense
|
|
Xoves, 05 Xullo 2012 12:07 |
|
A CIG denunciu onte día 3 de xuño ante a Inspección de Traballo que a Consellaría de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contratou de xeito irregular o servizo de limpeza no Edificio Xudicial de Ourense. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza contratou a empresa de limpeza Linorsa no Edificio Xudicial de Ourense para cubrir a praza dun posto de traballo catalogado como tal na Relación de Postos de Traballo (RPT) da propia Consellería. A maiores disto, é un completo fraude para os milleiros de persoas que se apuntaron nunha lista de substitución para traballar en contratos pequenos, pagando unhas taxas de 16,98€ e que agora se atopan con que non poden traballar polo capricho de un señor, o Xefe Territorial da Consellaría de Traballo que, non sabemos que escuros intereses pode ter para sempre beneficiar as empresas privadas, en vez de cumprir a lei e contratar polos medios legalmente establecidos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica (Ourense)
|
|
Mércores, 25 Abril 2012 21:42 |
|
Unha vez mais Ourense está a ser ninguneada dente a Consellería de Traballo e Benestar, cando en Santiago se acaba de decidir que na Residencia “Nosa Sra. Dos Milagres” de Barbadás hai que reducir 50 prazas para maiores, mermando a capacidade de 130 a 80 prazas.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Mércores, 25 Abril 2012 12:06 |
|
Con motivo do día internacional da Saúde e Seguridade no traballo dende a CIG queremos insistir, unha vez máis, na falla de actividade preventiva na loita contra os incendios forestais.
Segundo a Lei de prevención e riscos laborais a empresa é responsábel da seguridade das súas traballadoras e traballadores, a actividade da extinción de incendios forestais é un servizo público no que a Xunta de Galicia ten a dirección da actividade. Polo tanto a Xunta ten a obriga de velar pola seguridade das súas traballadoras/es.
Por desgraza, a Xunta declina esa responsabilidade e non se fai cargo dela xa que a avaliación de riscos fíxose por unha denuncia da CIG e, a día de hoxe, falta a aplicación dun plano preventivo para minimizar os riscos e a aplicación de protocolos de actuación.
Ademais diso denunciamos que se está a pór en perigo a vida e a saúde dos traballadores/as co agravante da rebaixa escandalosa da calidade dos equipos de protección individual e o material de traballo que se lle está a repartir á plantilla do SPDCIF ao que hai que sumar a nula cobertura de baixas, xubilacións o que provoca que as cuadrillas do persoal de extinción se vexan mermadas no número de efectivos que acaban poñendo en perigo aos traballadores e traballadoras.
Para denunciar todo o anterior a CIG convoca unha concentración o venres 27 de abril ás 11:00 diante da casa de chocolate de Ourense e estamos a estudar a traslación á fiscalía da información anterior. |
|
Escrito por CIG-Autonómica (Ourense)
|
|
Luns, 16 Abril 2012 15:12 |
|
O Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Ourense organiza o mércores, 18 de abril, ás 11:30 horas, diante da Residencia do Maior do Carballiño unha concentración acompañados de todas as traballadoras e traballadores que queiran acudir para rexeitar os despedimentos, amortizacións, privatizacións e desmantelamento dos servizos de benestar.
Durante a concentración tamén se realizará unha rolda de prensa por parte dos membros do Comité para denunciar o agresivo ataque aos servizos públicos que se está a perpetrar dende a Xunta de Galiza.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 12 Abril 2012 07:45 |
O Comité de Empresa do Centro de Menores de Montealegre concentrouse diante da EGAP, ás 14:00 deste martes. 
A CIG-Administración denuncia que este martes, a Consellaría de Traballo e Benestar consumou “outra aldraxe contra a provincia de Ourense” ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas. É dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o desemprego é especialmente preocupante. Para denuncialo, os membros do Comité de Empresa concentráronse diante da EGAP, contra o peche do Centro de Menores de Montealegre e todas as amortizacións que acaba de aprobar a Xunta, que ascenden a un total de 70 prazas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG Autonómica de Ourense
|
|
Martes, 10 Abril 2012 11:03 |
|
Hoxe, martes 10 de abril de 2012, a Consellería de Traballo e Benestar vai a consumar outra aldraxe contra a provincia de Ourense ao amortizar (despedir a persoal laboral) 18 prazas, e dicir, outras 18 persoas que se van ao paro nunha provincia onde o paro é especialmente preocupante.
Outras das decisións que se van a tomar hoxe é a eliminación doutro servizo público, o peche do Centro de Menores de Montealegre, un centro senlleiro en Galicia, que leva facendo unha laboura inestimable dende hai máis de 50 anos na Cidade de Ourense. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG Autonómica de Ourense
|
|
Martes, 10 Abril 2012 10:58 |
|
Segundo Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural se convoca a realización de probas físicas e de agudeza visual aos aspirantes das listas do Decreto 5/2007 que modifica o Decreto 37/2006 correspondente a determinadas categorías de persoal laboral do SPDCIF e persoal do Pladiga.
As probas comezarán ás 08:30 horas do 23 de Abril de 2012, nos seguintes lugares:
- Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n.
As datas de realización das probas por orde alfabética para tódalas provincias será:
|
Data
|
Apelidos
|
|
23/04/2012
|
A – B – C – D
|
|
24/04/2012
|
E – F – G – H – I
|
|
25/04/2012
|
J – K – L – M – N – Ñ
|
|
26/04/2012
|
O – P – Q – R
|
|
27/04/2012
|
S – T – V – W – X – Y – Z
|
Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas no enlace: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica Ourense
|
|
Mércores, 28 Marzo 2012 15:50 |
|
O mércores 28 de marzo traballadoras e traballadores xunto delegadas e delegados do Comité de Empresa de Traballo e Benestar de Ourense concentrámonos para amosar a nosa opoción ao peche do Centro de Menores de Montealegre 
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Xoves, 22 Marzo 2012 12:47 |
|
Concentración realizada contra os recortes nos servizos públicos que está a levar a cabo o goberno de Núñez Feijoo na Xunta de Galiza. Ourense, 22 de marzo de 2012
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Xoves, 15 Marzo 2012 18:48 |
|
Os empregados e empregadas públicas de Ourense expresan o seu rexietamento á política de recortes do goberno de Feijoo.
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Xoves, 08 Marzo 2012 13:40 |
|
Video da concentración en Ourense do día 8 de marzo polo Día Internacional da Muller Traballadora
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Martes, 06 Marzo 2012 17:38 |
|
Video da concentración que tivo lugar o pasado 6 de marzo de 2012 diante da Casa de Chocolate en Ourense, contra as medidas de recorte de Núñez Feijoo contra os servizos públicos
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Venres, 24 Febreiro 2012 10:51 |
|
Ante a noticia aparecida nos medios de comunicación no día de hoxe, 24 de febreiro de 2012, na que se da conta da aparición dun menor tutelado pola Xunta de Galiza, falecido nun centro en Ourense, dende a CIG-Autonómica queremos manifestar o seguinte: 1º.- Expresar a nosas condolencias a familia do menor finado polo lutuoso suceso, suceso que lamentamos profundamente, xa que a perda de unha vida, sobre todo cando é a vida de un menor, é sempre unha perda irreparábel. 2º.- Aclarar que o suceso aconteceu no Centro de Menores de MONTELEDO de Ourense, Centro que é privado, aínda que subvencionado con fondos públicos.
3º.- Que este menor nunca estivo internado no Centro de Menores de Montealegre, nin tivo ningunha relación con dito centro. Único centro público de Ourense, xunto co Centro de Menores da Carballeira, con persoal da Xunta de Galiza. Centro que, por certo, a Administración pretende pechar para despois dar a súa xestión a unha empresa privada.
4º.- Expresar a nosa total solidariedade co persoal do Centro de Menores de Monteledo, xa que entendemos que a súa profesionalidade esta absolutamente contrastada.
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez
|
|
Venres, 24 Febreiro 2012 10:47 |
|
O día 23 de febreiro de 2012 máis de 7.000 ourensáns alzaron a súa voz para parar a motoserra de Feijoo que, xunto coa brigada de demolición instalada en San Caetano, está a tratar de recortar dun xeito atroz e destruír os servizos públicos. |
|
|