A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 9 convidados en liña
Folga xeral 29/03/2012
Rotundo éxito da folga na Administración autonómica PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 30 Marzo 2012 07:26

SEGUIMENTO MASIVO EN TODOS OS CENTROS

A CIG-Autonómica valora dun xeito altamente positivo a xornada de folga do 29 de marzo. No conxunto do país, a clase traballadora galega amosou claramente o seu rexeitamento contra una reforma laboral feita á medida dos grandes empresarios e que tenta pór en bandexa o asalto aos Servizos Públicos por parte do capital privado.

Outra vez, e nesta folga máis que nunca, os empregados/as públicos/as soubemos estar á altura das circunstancias participando masivamente nesta xornada de loita, parando en todos os centros de traballo e acudindo masivamente ás manifestacións. Cun seguimento superior ao 70% a folga foi un éxito no Administración galega.


Interior de San Caetano o día 29 de marzo, en plena
xornada laboral.

Ler máis...
 
Ocultación da CIG polos medios de comunicación PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 29 Marzo 2012 21:09

Se non estiveches presente nas manifestacións, podes pensar que a CIG non existiu xa que fomos ocultados. Inclusive a policía local de Vigo se atreveu a afirmar que eramos 17.000 manifestantes. Ofrecémosche un video e unha galería de imaxes (ligazón) para que o xulges por ti mesmo.

Ler máis...
 
Carta de despedimento: o que pase a partir do 29M depedenderá exclusivamente de ti PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 27 Marzo 2012 17:50

Ninguén gustaría ver nestas circunstancias unha carta de despedimento, nin para nós nin para os nosos familiares ou amigos. Xa que logo, hoxe máis que nunca, faise necesario cambiar estas circunstancias: que non acabes na rúa cunha man detrás da outra, que non te poidan botar por estar enfermo 9 días en 2 meses, que che sigan baixando o salario mentres o custo da vida sube…

Aínda que boa parte do persoal das Administracións públicas nunca se viu afectado directamente polas reformas laborais, esta introduce a posibilidade do despedimento entre o persoal laboral das Administracións e é a primeira vez que se abre esta porta que, a medio prazo, vai significar tamén o fin do carácter permanente da condición de funcionario. Ninguén é capaz de negar que “imos a peor”. O que vos pedimos é que reflexionedes se nese “ir a peor” ten algo que ver a perda de dereitos laborais e os recortes dos servizos públicos e sobre todo ata que punto podemos e debemos aguantar estes recortes.

Ler máis...
 
Folga Xeral 29-03-2012. Manifestacións PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 27 Marzo 2012 12:51

NON QUEDES NA CASA, PARTICIPA NAS MANIFESTACIÓNS


Localidade

Hora
Lugar
Vigo
12:00 h
Cruce da Doblada
A Coruña
12:00 h
Praza de Vigo
Compostela
12:30 h
Praza Roxa
Pontevedra
12:00 h
Praza da Ferrería
Ferrol
13:00 h
Avenida de Esteiro (local da CIG)
Ourense
12:00 h
Pavillón dos Remedios
Lugo
12:30 h
Parque de FRIGSA
Vilagarcía
12:00 h
Casa do Mar
Ribeira
11:45 h
Praza do Peixe
Foz
19:00 h
Casa do Concello
Xinzo de Limia
11:30 h
Praza do Concello
Verín
11:30 h
Praza do Concello
Cee
12:00 h
Diante do Concello


NON MERQUES, NON CONSUMAS


 
Reflexiona: se estás en contra desta reforma laboral non hai argumentos para non ir á folga PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rosa Chantada   
Martes, 27 Marzo 2012 12:12

Se estás en contra desta reforma laboral pero con indecisión ou se xa decidiches non participar nela le atentamente os seguintes argumentario e dálle unha volta a túa decisión.

"Non fago folga porque non mo podo permitir"

A reforma laboral vai supor unha rebaixa xeneralizada dos salarios. Se non podes permitirche deixar de gañar o soldo dun día, menos poderás permitirche que che baixen o soldo permanentemente, que che despidan gratis, ou que se tes 10 anos traballados nunha empresa a túa indemnización por despedimento pase a ser de 18900 euros a 7845, por pór un exemplo. Acudir ao teu posto de traballo o 29M é (pouco) pan para hoxe e fame para mañá.

"A folga non servirá para nada"

Ler máis...
 
A CIG solicita que as Administracións destinen os descontos da folga para o fondo de desemprego PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta e Alexandre Prieto   
Martes, 27 Marzo 2012 10:52

A calqueira delegado e delegada sindical lle teñen espetado nalgunha ocasión que a nosoutros/as non se nos desconta ou que o sindicato nos paga os días de folga. E como a maiores de honrados temos que parecelo, queremos afirmar non so que esto é falso, senon que a CIG-Autonómica ten como norma interna que as persoas liberadas, por non estar sometidas ao control horario da empresa, comunican expresamente por escrito a súa participación na xornada de folga para o preceptivo desconto de haberes. En canto aos delegados e delegadas non liberados/as, non poden facer uso do seu crédito horario un día de folga.

Queremos denunciar a situación do Servizo de Protección e Defensa Contra Incencios Forestais (SPDCIF), onde a Xunta nos impuxo uns servizos abusivos do 100%. Neste caso afirmamos públicamente que os nosos delegados e delegadas si van utilizar o seu crédito horario, pois non teñen outro xeito de poder exercer o seu dereito á folga ao estaren todos e todas de servizos mínimos. Tan so agardamos a que os tribunais de xustiza anulen os abusivos servizos mínimos xa recorridos pola CIG e así poidan participar activa e legalmente na xornada de folga como os demais delegados e delegadas.

Presenta a túa petición individual

Ler máis...
 
29M Folga Xeral: A unión fai a forza PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 12 Marzo 2012 07:45

Simpático spot feito polo sindicato vasco LAB para chamar á folga xeral:

A reforma laboral do PP, feita con nocturnidade e aleivosía, supón unha agresión para toda a clase traballadora; tamén para a das Administracións públicas.

 


Joomla 1.5 Templates by Joomlashack