|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Luns, 04 Marzo 2013 10:51 |
|

Contra a privatización dos servizos públicos, contra a perda de dereitos laborais e salariais, contra a eliminación de postos de traballo e contra os despedimentos. Manifestación en Vigo, o martes 5 de marzo, ás 11 horas, dende o Edificio Administrativo ata a sede do PP. Percorrido: Praza da Estrela, García Barbón, Colón, Canceleiro, Areal |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 15 Febreiro 2013 18:52 |
|

Continuando coa nosa campaña de mobilizacións, un xoves máis os/as empregados/as públicos da Xunta concentrámonos diante do edificio administrativo en Pontevedra baixo o tan oportuno lema "Non hai pan para tanto chourizo". Ao redor de 150 traballadores/as -grupo moi numeroso, tendo en conta que hai compañeiros/as que se atopan de permiso polo entroido- acudimos disfrazados e de xeito reivindicativo celebramos unha chourizada "PPopular", demostrando que nin tan siquera esta pandilla de apandadores nos poderán parar. NINGÚN RECORTE MÁIS SEN RESPOSTA!!! |
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Domingo, 10 Febreiro 2013 14:30 |
|
Rajoy, Bárcenas, Feijoo, Ana Mato, Louzán, Montoro, Urdangarín, de Guindos, e outros moitos persoeiros, concentráronse este xoves día 7 diante do Edificio Administrativo de Campolongo. E a vós non vos teñen dado sobres?. Si, con papeletas!!, di a fenomenal viñeta do Carrabouxo cando un paisano do rural interpela a outros sentados nun banco.
Os empregados/as públicos/as non queremos sobres, nin con cartos nin con papeletas. Queremos que se retribúa dignamente a nosa forza de traballo, queremos que se valore o noso traballo como servidores públicos, e queremos que non se nos utilice como vítima propiciatoria para tratar de xustificar políticas de recortes encamiñadas a afundir o público. E sobre todo cando quenes predican austeridade na súa vida persoal se comportan como hampóns recollendo sobres, cobrando en negro de empresas que logo sacan suculentos beneficios de contratos coas Administracións. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Chus Maquieira
|
|
Venres, 01 Febreiro 2013 13:50 |
|
Este xoves día 31, outra vez na rúa diante do Edificio Administrativo de Campolongo, os empregados/as públicos/as de Pontevedra nos concentramos en defensa dos nosos salarios e dos nosos dereitos. Con sobres de Bárcenas e billetes de 500 euros quixemos amosar a dobre moral dun partido popular que cunha man impón a austeridade nas Administracións recortando os nosos salarios e coa outra recibe, presuntamente, sobres con cartos. O máis berrado, “A nosa extra é a dos sobres do PP” e “Sobres arriba, isto é un atraco”. Seguiremos concentrándonos os xoves deste mes ata o debate no pleno do Parlamento do proxecto de Lei de Orzamentos de 2013.
NINGÚN RECORTE SEN RESPOSTA. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Chus Maquieira
|
|
Xoves, 24 Xaneiro 2013 19:35 |
|
Un xoves máis os empregados/as públicos/as saímos á rúa. E esta vez co Edificio Administrativo de Campolongo coronado por un NON + RECORTES, que lucía esplendoroso poñendo de relevo o noso sentir ante as agresións que estamos a sufrir os/as empregados/as públicos/as, esta vez a través da lei de Orzamentos do 2013 que está en trámite parlamentar. Contamos asimesmo co apoio dos partidos con grupo parlamentar que previamente se manifestaron a prol da defensa dos servizos públicos.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Isabel Martínez
|
|
Sábado, 29 Decembro 2012 01:27 |
|
Seguindo co calendario de mobilizacións aprobado en asemblea o xoves día 20 os empregados/as públicos/as do Edificio Administrativo de Pontevedra tivemos unha concentración con café reivindicativa dentro do edificio administrativo, e durante a mañá en horario de 9:30 a 14:30 unha doazón de sangue baixo o lema: Antes de que o PP nos quite o sangue, decidimos doalo voluntariamente.
O resultado da doazón superou todas as expectativas xa que fixeron a extracción perto de 50 persoas, e non puideron ser máis por falla de tempo material xa que a unidade móbil de transfusión non podía alongar o seu horario de presenza a carón do edificio administrativo de Pontevedra, polo que moitos/as compañeiros/as non puideron doar. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Rodolfo Docampo
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 13:13 |
|
(Corrección: a Delegada Territorial envióu un escrito aos empregados de Vigo desmentindo que se pagase co diñeiro da Xunta esa xornada de traballo que rematou ás 18 horas. Dando por certa esa información, quen pagou o espazo de traballo, o xantar, o café e os desprazamentos ás 29 persoas que asistiron e que non pagaron nada, nin o almorzo nin o xantar (entrantes, carne, postre e viño)? Papa Noel ou o Apalpador? Inda que fose outra Administración, como a Deputación Provincial, seguiría a ser un despilfarro cando están a recortar os nosos dereitos e salarios. Supoñemos que a Delegada dará ordes de non pagar os gastos de desprazamentos a quenes xa solicitaron o seu pagamento, incluíndo algún taxi que se colleu). O Edificio Administrativo de Vigo estivo sen xefes de servizo e outros libres designación o pasado martes 18 de decembro. Non foi unha bacteria, nin acudiron en masa a un mitin. Foi, simplemente, un ágape da gobernadora territorial de Vigo, María José Bravo Bosch quen organizou unha “xornada de traballo” con xantar incluido no castelo de Soutomaior. O evento comezou ás 9:00, “reunión de traballo”, unha pausa ás 10:30 para tomar un café con pastas, seguido dunha achega de ideas por parte dos xefes de servizo e directores de área para preparar equipos de traballo, ás 11:00. Para rematar, xantar ás 14:00 horas, na pousada de Soutomaior ao módico prezo de 70 euros por persoa, aos que hai que engadir os gastos de quilometrase por traslados (60 kms dende Vigo). |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Cristina Terrón Pérez
|
|
Mércores, 19 Decembro 2012 19:37 |
|
O pasado 18 de decembro, a sección sindical da CIG de persoal funcionario na provincia de Pontevedra presentou diante da Secretaria Xeral Técnica da Consellaría de Traballo e Benestar unha petición de apertura de expediente disciplinar a un xefe de servizo da Xefatura de Traballo de Vigo por abuso de poder e obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dos dereitos sindicais, entre outras faltas.
Os feitos ocurriron cando este xefe de servizo, con chulería e prepotencia, dirixíuse a uns traballadores dunha oficina de emprego que vestían a camiseta reivindicativa "funcionarios e parados todos estafados”, mediante ameazas coma "non eres funcionario e sí interino" e "se non quitas a camiseta mañán mesmo estas na rúa", que acovardaron de tal xeito aos empregados públicos que alí mesmo retiraron as camisetas e non foron quen de promover as denuncias oportunas polos feitos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Mércores, 05 Decembro 2012 23:12 |
|
Por ser festivo este xoves, día no que se veñen facendo os actos e concentracións reivindicativas dos empregados públicos, nas cidades de Pontevedra e Vigo organizáronse o mércores 5 distintos actos de carácter reivindicativo e solidario.
En Pontevedra houbo unha “Concentración con café” de 300 compañeiros no hall do Edificio Administrativo xunto cunha recollida de alimentos destinada a persoas con poucos recursos acordada na asemblea de empregados públicos. Recolléronse ao redor de dúas toneladas de alimentos. Entre outros: 300 paquetes de leite ou 155 botellas de aceite. A Xunta tentou boicotear o carácter reivindicativo deste acto ordenando retirar as referencias ao recorte da paga extra e ao noso compromiso solidario a pesares de sufrir os recortes. En Vigo recolléronse uns 700 kilos de alimentos en media hora que foron entregados á ONG Vida Digna, quenes atenden a unhas 1700 persoas e un comedor cuns 500 usuarios. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Xoves, 29 Novembro 2012 11:39 |
|
Os traballadores e traballadoras da Administración da Xunta de Galiza e os da Administración Central en Vigo imos colaborar coas organizacións sociais na entrega de víveres para paliar a situación de pobreza extrema na que se atopa unha grande parte da sociedade viguesa. A recollida de víveres será o mércores, 5 de decembro, ás 11 horas, na praza da Estrela. As empregadas e empregados públicos sufrimos nestes últimos anos uns recortes que superan o 30% das nosas retribucións, perda de dereitos sociais e laborais acadados ao longo de moitos anos de negociación. Aínda así, e antes de que sexamos nós quen teñamos que acudir aos bancos de alimentos (pois pensamos que o goberno do PP continuará cos recortes, baixadas salariais, despedimentos..), solidarizámonos con aqueles cidadáns que están a pasar fame por mor destas políticas neoliberais. O día 5/12/2012, achegaremos víveres (lentellas, arroz, garavanzos, galletas, pasta, leite, conservas, aceite, produtos navideños, etc). |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 23 Novembro 2012 01:09 |
|
A Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere expresar a súa solidariedade cos compañeiros Marcos Cadórniga, Carlos Alján e Carlos Búa, que van ter que ingresar en prisión por participar na folga do comercio de alimentación 2009.
Como órgano de representación dun colectivo de máis de 2.700 funcionarios e funcionarias desta provincia, enviamos un saúdo e ánimo a estes compañeiros que nunha situación de dificultade e loitando por un marco no que se regulen unhas condicións de traballo dignas para ese sector, son condeados mentres os responsabeis da crise seguen en liberdade. Nun momento en que os empregados/as públicos/as estamos a sufrir tamén os recortes ditados polo capital financeiro e a patronal, faise necesaria máis que nunca a unión e a identidade na loita de todos os traballadores por outro modelo social, e faise máis necesario hoxe que nunca o apoio a estes compañeiros que, xenerosos, érguense na defensa dos intereses dos traballadores/as e son castigados por ese exercicio de dignidade. POLAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS. NON Á REPRESIÓN!! XUNTA DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALIZA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA. |
|
Escrito por Chus Maquieira
|
|
Luns, 02 Xullo 2012 09:59 |
|
O xoves, 28 de xuño, tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral do edificio administrativo de Pontevedra, no que se trataron, entre outros, os seguintes temas: Medidas correctoras no sistema de climatización do edificio Portas RF das plantas do garaxe Esbaróns dalgunhas zonas do pavimento do edificio
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 08 Maio 2012 13:10 |
|
Non é quen de asumir as súas responsabilidades como representante da Administración Autonómica da Xunta de Galiza na comarca de Vigo. No Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo estamos a vivir un incremento do número de concentracións, consecuencia dunha maior conflitividade social pola situación de crise laboral de distintos colectivos. O peche de traballadores e traballadoras do edificio pola Lei de medidas no emprego público (coa conseguinte demonización) ou o peche de 20 sindicalistas do sector naval, foron unhas mínimas expresións de malestar que incitaron á delegada territorial a ordenar pechar distintas portas de acceso e saída do edificio, contrariando as recomendacións do comité de seguridade e saúde do edificio, ou a establecer que o público teña que acceder na porta principal por un carreiro como se fosen gando. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 24 Abril 2012 08:44 |
|
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, asistiu en Vigo a un acto de homenaxe a Paz Andrade. Tivo un agarimoso recibimento por parte do persoal empregado/a da administración galega. Había moita máis xente da que se ve, pois estaban acurruchados pola policía.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 16 Abril 2012 14:42 |
|
Os empregados/as da Administración galega esixen a retirada da Lei de Medidas e a dimisión dos seus promotores. O comité de empresa da Consellería de Traballo e Benestar da provincia de Pontevedra mantén dende o mediodía un peche no edificio central da Xunta de Galiza en Vigo para denunciar o progresivo desmantelamento dos servizos públicos por parte dos responsábeis autonómicos. Os empregados/as da Administración galega queren amosar deste xeito a súa oposición á política de peche de centros e despedimento de persoal que está a practicar o Goberno galego do PP co obxectivo de privatizar os servizos públicos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Xoves, 15 Marzo 2012 15:34 |
|
Unha vez máis, os empregados e empregadas públicas de Vigo saen á rúa. Tivemos dúas concentracións, e o persoal do Edificio Administrativo decidiu achegarse á Dirección Provincial do SERGAS a xunto dos compañeiros e compañeiras que estaban alí concentrados.
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 28 Febreiro 2012 09:34 |
|
Se María José Bravo, delegada territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos perigosos. Afirma a delegada territorial que os que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade.
Postos a dicir chorradas, podía acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle un moco ao de diante.
Señora delegada territorial, axude a reducir o gasto público dimitindo.
http://autonomica.cigadmon.org
(accesíbel
dende a intranet da Xunta)
Chegan os/as de Vigo
SEMOS
PERIGOSOS !!
Se María José Bravo, delegada
territorial da Xunta en Vigo, o chega a saber antes, non acepta o
posto. Seica os empregados públicos do seu territorio semos
perigosos.
Afirma a delegada territorial que os
que onte decidimos pasar a noite no noso centro de traballo raiamos
os ascensores e empurramos aos traballadores de seguridade.
Postos a dicir chorradas, podía
acusarnos de ouriñar nas esquinas, de tirar papeis ao chan, de pegar
chicles debaixo das cadeiras, de meternos o dedo no nariz e tirarlle
un moco ao de diante.
Señora delegada territorial, axude a
reducir o gasto público dimitindo.
|
|
Escrito por Miguel Suárez e Anxo Anta
|
|
Mércores, 25 Xaneiro 2012 14:16 |
|
O 25 de xaneiro tivo lugar unha xuntanza coa secretaria territorial de Pontevedra para tratar varios asuntos que son do interese para os empregados e empregadas públicas que traballan no edificio administrativo de Pontevedra. Reorganización e optimización das prazas de garaxe do andar para o persoal
A Administración refire que os cambios foron por “velar polo ben dos traballadores" e que foi por evitar o caos existente por pedimento petición do xefe de Seguridade do edificio. A proposta dos representantes de persoal foi a optimización do andar de vehículos oficiais por darse o caso de ter prazas baleiras durante a xornada de traballo.
A CIG fixo fincapé, ademais, no estudo das dificultades daqueles traballadores e traballadoras que sempre se quedan fóra do garaxe por motivos de conciliación da vida laboral e familiar: reducións de xornada, flexibilizacións, lactación...
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 04 Xullo 2011 15:07 |
|
A Consellería de Sanidade convocou á Xunta de Persoal e ós/ás delegadas de persoal na provincia de Pontevedra para explicar o proxecto de eliminación das liñas de traballo destes laboratorios provinciais, agás o de Lugo.
A xusfiticación desta "reorganización" baeana en que están tendo pouca carga de traballo nos distintos laboratorios o que pode desenvocar en xente sin actividade. Propoñen que quede Lugo como laboratorio de referencia levando a xestión dos catro de Galicia. Manteríase a mobilidade funcional dentro da mesma xefatura, con reorganización do traballo, que se plasmará nun modelo de proposta en SETEMBRO. A readscrición do persoal será de xeito voluntario entre provincias e laboratorios sen que iso represente amortización de prazas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Mércores, 18 Maio 2011 09:24 |
|
O mercores 4 de maio constituiuse a nova Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra, coa seguinte composición: CIG: 10, CSIF: 6, CCOO: 4, UGT: 3 e CGT: 2. Á sesión constitutiva asistiu a maioría (CIG: 10, CSIF: 5, CCOO: 2, UGT: 3 e CGT: 1), e resultaron elexidas as seguintes responsabilidades: - Presidente: Xoán Xosé González Canedo (CIG)
- Secretaria: Marína Rey Vázquez (CIG).
Queda pendente a aprobación do regulamento de funcionamento para o vindeiro Pleno, que vai ser o mércores 8 de xuño. Se tes algún asunto que queiras que tratemos, vainolo chegar ao correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou no teléfone 986817597.
|
|
|