A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 16 convidados en liña
Reforma laboral 2012
Centos de persoas mobilízanse coa CIG contra unha reforma laboral que dinamita o mundo do traballo PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 24 Maio 2012 07:25

A medida só traerá máis precarización e un empobrecemento da clase obreira e non facilitará a creación de emprego.

Ler máis...
 
Concentracións nas cidades galegas coincidindo coa aprobación da reforma laboral no Congreso PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 23 Maio 2012 12:30

A CIG convoca concentracións nas sete cidades galegas este mércores 23 para rexeitar a reforma laboral que o Goberno español do Partido Popular ten previsto aprobar no Congreso dos Deputados ao día seguinte. Facemos un chamamento á clase traballadora galega a responder na rúa os ataques contra os dereitos da maioría social.

Todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir os traballadores/as e individualizar as relacións laborais.

Lugares e horarios das concentracións:

Ler máis...
 
A reforma laboral é contraria ao estado social e democrático de Dereito PDF Imprimir Correo-e
Escrito por José Luis Álvarez   
Luns, 16 Abril 2012 08:03

Manifesto de 55 catedráticos e catedráticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social

Os abaixo asinantes, catedráticas e catedráticos de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, consideramos un deber cívico facer pública a nosa opinión de expertos sobre a recente reforma laboral aprobada polo Goberno do PP, a cal introduce un cambio radical no modelo constitucional de relacións laborais, baseado en dous piares esenciais: un delicado equilibrio entre poderes empresariais e dereitos sociais e un estímulo ás expresións de diálogo social, articuladas de xeito sinalado a través da negociación colectiva.

A norma de urxencia procedeu a convulsionar a práctica totalidade dos elementos esenciais dese modelo constitucional. Polo pronto, desprazou o centro de gravidade normativo das relacións laborais dende o traballo á produción e ao emprego, dende o traballador e as súas condicións de traballo ao seu "empregabilidade", mercantilizando sen miramento ningún o traballo e des contextualizando o marco no que, dende as súas orixes e sen solución de continuidade, veu aplicándose, e ha de seguir facéndoo, a norma laboral.

Ler máis...
 
Milleiros de persoas convocadas pola CIG volven rexeitar nas rúas do país a reforma laboral PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG   
Venres, 13 Abril 2012 07:12
A CIG celebrou concentracións nas sete cidades galegas coincidindo co debate das emendas ao texto no Congreso dos Deputados. Galería de imaxes das mobilizacións

Milleiros de galegos e galegas volveron manifestar nas rúas do país a súa oposición á reforma laboral do Partido Popular. Coincidindo co debate das emendas á totalidade no Congreso dos Deputados, a CIG celebrou concentracións nas sete cidades de Galiza para esixir a súa retirada. A central denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario, e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais.
Ler máis...
 
A CIG convoca concentracións contra a reforma laboral PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 10 Abril 2012 23:06

Coincidindo co día no que se referendará no Congreso dos Deputados a reforma laboral, a CIG convoca concentracións o xoves 12 de abril en todas as cidades galegas para exixir a súa retirada. A central sindical denuncia que se trata dunha reforma pensada para facilitar o despedimento e favorecer a competitividade, pola vía de reducir salarios e rebaixar as condicións laborais substituíndo emprego fixo por precario e considera que só coa mobilización se poden frear as políticas de recortes de dereitos laborais e sociais que está a impor o Partido Popular.

A CIG demanda do goberno do PP a retirada da reforma laboral, logo do rotundo rexeitamento manifestado polos traballadores e traballadoras que participaron, de forma masiva, na convocatoria de folga xeral e nas multitudinarias mobilizacións convocadas o pasado 29 de marzo.

Por iso convoca, para este xoves, día 12 de abril, concentracións en todas as cidades que terán lugar en:

Ler máis...
 
Parte da Igrexia Católica rebélase contra a reforma laboral PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 28 Marzo 2012 12:00

O mércores, 28 de marzo, El País publicou unha nova curiosa sobre un documento moi crítico asinado polo bispo de Cidade Real, Monseñor Algora, sobre a reforma laboral. " O que se quere facer é establecer un «mercado de traballo» no que os empregadores fagan e desfagan ao seu antollo, esquecendo que o «empregado» é, ante todo, persoa".

Investigando un pouco sobre o tema, atopamos a carta completa que transcribimos a continuación. O documento non ten desperdicio desde o punto de vista sindical (salvo o derradeiro parágrafo). Non sabemos canto tardarán en desautorizalo (...ou despedilo).

Ler máis...
 
Coñeces a reforma laboral? Xogo para comprobar como che pode afectar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 09 Marzo 2012 09:10

Poñemos a túa disposición un sinxelo xogo que permite avaliar o teu coñecemento sobre a desfeita de reforma laboral e como pode chegar a afectarche. Sumando os efectos da Lei de medidas no emprego público e esta reforma laboral as consecuencias sobre o persoal laboral poden ser demoledoras. Agora ben, ábrese un perigoso camiño no que o persoal funcionario será o próximo obxectivo.

Descargar xogo

 
O Goberno aproba a contrarreforma laboral que posibilita os despedimentos nas Administracións PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Juan Antonio Barreiro Castro e Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 13 Febreiro 2012 12:12
O Goberno central vén de aprobar por medio do Real decreto-lei 3/2012 a nova reforma laboral. O texto completo está publicado no BOE do sábado 11/02/2012:
http://boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2012-2076

Na exposición de motivos, cun tono melodramático máis propio dun folletín decimonónico que do BOE, o Goberno xa nos adianta en interese de quen se fai esta reforma, que foi cualificada como "extremadamente agresiva" polo propio ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guindos, anteriormente responsable da entidade Lehman Brothers:
Ler máis...
 


Joomla 1.5 Templates by Joomlashack