|
Oferta emprego e procesos selectivos
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 19:06 |
|
Para a primeira rolda de categorías de persoal laboral pendente de toma de posesión definitiva (I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016) Función Pública xa colgou no seu web as listaxes defintivas, así como as datas previstas para o acto de elección de destino, tanto para acceso libre como para promoción interna: I-006, , II-006, II-017,: 21 de marzo
No caso das últimas categorías das cales nos remitiron as listaxes (IV-003, IV-009 e IV-035), está previsto que o acto de elección poida realizarse tamén antes da semana santa. Do resto de categorías que faltan por remitir as listaxes de vacantes para elección de destino, os actos de eleccións faríanse con posterioridade. En calquera caso, agárdase que a partir de mediados-finais de abril poda abrirse o prazo para a toma de posesión tanto deste persoal como do que concursou.
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Martes, 05 Marzo 2013 13:51 |
A Administración vén de achegarnos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías I-006, II-002, II-006, II-017(*), III-063 e IV-016 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase de resultas do concurso. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP e que se atopa en destino provisional. Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
antes do 6 de marzo. Descargar a relación de vacantes das categorías I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016 |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 26 Febreiro 2013 11:53 |
|
O mes de febreiro está a ser moi movido: aplicación da reforma laboral na administración galega, concurso de traslados de corpos xerais, eliminación e peche de postos de traballo, regulamento de vacacións, permisos e licenzas, ... O primeiro que destacamos é que o concurso de corpos xerais xa está publicado (DOG do 26/02/2013). As negociacións deste concurso foron unha nova mostra do desprezo que os responsábeis políticos do PP teñen cos empregas e empregadas públicas. As bases son insoportábeis por múltiples razóns, destacando o feito de que priman especialmente ao persoal que é ou que foi libre designación. En canto ás prazas, hai todo tipo de circunstancias restritivas: centos de prazas que retiran do concurso porque as consellarías decidiron amortizalas, prazas que non aparecen porque a consellaría de turno non a incluiu na súa RPT, ou habilitacións que supostamente ofertarán nun futuro concurso específico (o mesmiño conto deste mesmo goberno cando retirou as xefaturas de servizo que nese intre pasaran a ser de concurso polo goberno anterior). |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 25 Febreiro 2013 14:03 |
|
A data prevista para os actos de elección de destino é o día 07 de marzo de 2013. Achéganos a Administración a listaxe de vacantes que se ofertarán para a toma de posesión provisional das persoas que superaron o proceso selectivo da Escala superior e técnica de finanzas da OPE 2009. Dado o atraso acumulado deste acto de elección, motivada pola consellaría de Facenda na aprobación da RPT da Axencia Tributaria, esta previsto que o acto de elección sexa no prazo máis breve posible. O prazo para facer alegacións remata o mércores, 27 de febreiro, ás 12:00 h. Descargar listaxe
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Venres, 22 Febreiro 2013 14:07 |
|
Elección destino prevista: 5 de marzo, ás 10:30h no salón pequeno de San Caetano
A CIG-Autonómica vén de se dirixir á Dirección Xeral da Función Pública, en relación coa elección de destino dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2 da Admón. xeral (OEP 2009), convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG nº 142 do 26/07/2011). Por parte da Administración vén de se anunciar que ao longo do día de hoxe anunciaranse na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública os postos que se ofertarán na elección de destino dos aspirantes que superaron este o proceso selectivo. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 18 Febreiro 2013 09:48 |
|
Achéganos Función Pública a listaxe de postos que lle van ofertar con carácter provisional as persoas que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG 26/07/2011). O prazo para facer alegacións remata o día 21 de febreiro de 2013 ás 12:00. Descargar listaxe de postos
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Mércores, 23 Xaneiro 2013 10:36 |
|
O Partido Popular pretende que o persoal laboral da Xunta de Galiza cobre os domingos tres veces menos do que paga no Sergas. No caso dos festivos a diferenza chega a ser de seis veces menos. O día 22 de xaneiro, tivo lugar unha xuntanza entre as OO.SS e a Dirección Xeral da Función Pública e a Consellería de Traballo, para tratar as condicións de traballo do persoal da Área de Benestar.
En primeiro lugar o Director de Función Pública manifesta que a Xuntanza é para saber a nosa opinión sobre a proposta que fixeron sobre condicións de traballo A CIG-Autonómica manifestou o seguinte: Sobre a proposta económica para compensar domingos e festivos, nos parece un insulto, máxime cando están a falar de igualarnos ao SERGAS e propoñen para o Grupo V 15€ por domingo ou festivo, cando o SERGAS paga 45,50€ e si é un festivo de Nadal, 91€. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 23 Xaneiro 2013 07:54 |
|
O desencadéante será o acto de elección de destino das 18 persoas que superaron o proceso selectivo de acceso ao Corpo superior de administración da Xunta, subgrupo A1, da Oferta de Emprego Público de 2009. DOG 25/01/2012
Función Pública vén de publicar a listaxe con 40 prazas que pensa ofertar para o acto de elección de destino que terá lugar o 29 de xaneiro. Todas e cada unha das 40 prazas están ocupadas por persoal interino. Porén, pode estar deixando no caixón ata 49 prazas vacantes cuxo destino será a amortización ao non ofertarse. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 16 Xaneiro 2013 08:26 |
|
Achéganos a Administración a a listaxe de postos que van ofertar para o acto de elección de destino das persoas que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG 26/07/2012). Este era un dos proceso que xa levaba finalizado un bo cacho sen que se convocase o acto de elección de destino, motivo polo cal a CIG preguntara vai unhas semanas. Dannos de prazo até o venres, 18 de xaneiro, para facer alegacións. Porén, a experiencia nos di que non é probable que se realicen grandes cambios a non ser algunha achega de última hora das consellarías que iría na liña de retirar algunha praza por "vindeira amortización". |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonomica
|
|
Martes, 15 Xaneiro 2013 09:59 |
A Xunta reduce en 1.153 os postos de funcionarios/as no 2013, o que supón un 11% menos dos efectivos.Nos actuais Orzamentos os recortes non chegan só ás retribucións. É cecais máis importante o recorte no número de efectivos porque iso supón, en primeiro lugar, a perda de emprego de moitas compañeiras e compañeiros interinos nunha situación de falla de expectativas laborais. Supón ademais a perda de prazas para os concursos de traslados e para a promoción interna. Hoxe é o persoal interino pero mañán serán o persoal funcionario de carreira, xa que en varias CCAA se está a estudar o paso á excedencia forzosa de funcionarios ante a falta de prazas. No proxecto de Orzamentos 2013 a Xunta establece no seu artigo 24 que non se inclúen no anexo de persoal desa lei as prazas vacantes sen ocupación, que posteriormente deberán ser amortizadas. Porén, temos constancia que entre estas vacantes atópanse tamén prazas ocupadas en comisión de servizo. Xa que logo, amortízanse postos onde se estaba a desenvolver algunha función. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo e Panchi García Cao
|
|
Xoves, 10 Xaneiro 2013 17:58 |
|
A Dirección Xeral da Función Pública vén de lles presentar ás organizacións sindicais unha proposta de modificación do regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo. A proposta da Administración enfoca a revisión da normativa de provisión de postos cun único obxectivo: o recorte, neste caso, do número de días para tomar posesión que lle corresponden ao persoal funcionario en caso de que a adxudicación dun posto de traballo nun concurso de traslados comporte un cambio de localidade. Até agora, o artigo 14 do Decreto 93/1991 dispoñía que o prazo para tomar posesión dun posto obtido en concurso era de tres días hábiles, se o posto se atopa na mesma localidade, e un mes, se o posto radica nunha localidade distinta. O cambio pretendido pola Administración é que o prazo posesorio se reduza de tres a dous días no caso de que non haxa cambio de localidade, e dun mes a cinco días no caso de que exista cambio de localidade. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 28 Decembro 2012 13:14 |
|
Son frecuentes os incumprimentos dos cronogramas e moitos os procesos selectivos ofertados que seguen "acumulandose" a agarda da súa convocatoria. Nestes casos as restricións orzamentarias soen ser a xustificación máis esgrimida, a pesar de que temas coma a promoción interna non teñen un claro impacto económico. Esta falta de axilidade nos procesos selectivos acentúase mesmo ao final, cando xa está rematado o proceso.
Son varias as convocatorias das que se publicou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo e que están pendentes só do acto de elección de destino e toma de posesión. Entre eles cómpre destacar a convocatoria da OPE 2009 do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A1 (listaxe publicada o 22/10/2012) ou a convocatoria da OPE 2008 da categoría laboral de legoeiros/as (listaxe publicada 20/09/2012)
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 10 Decembro 2012 16:21 |
|
Segundo informa Función Pública, previsiblemente o martes, 11, ou mércores, 12 de decembro, terá lugar a publicación no DOG das ordes de nomeamento e toma de posesión do persoal que foi convocado aos actos de elección de destino celebrados o pasado 30 de novembro. Acceso ao DOG
|
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Mércores, 28 Novembro 2012 08:40 |
|
Para os actos de elección de destino dos grupos A2 Informática e Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas que terán lugar o vindeiro 30 de novembro producíronse sucesivas retiradas de prazas das listaxes orixinais. Tamén sucedeu no caso da escala de Arquitectura Técnica para a que aínda non hai data. Por que se retiran estas prazas? Por que saen unhas e outras non?
A propia Administración indica que se retiran prazas, no caso do A2 Informática, porque estas van ser modificadas substancialmente nas súas características e / ou amortizadas. Ao principio ofertaron 16 prazas para, finalmente, ofertar 8, unha grande oferta se temos en conta que o persoal funcionario que vai tomar posesión o vindeiro venres son, precisamente, oito tamén, habendo prazas vacantes que non ofertan. O caso do ETOP´s vai polo mesmo rego, tampouco ofertan todas as prazas vacantes que xa están orzamentadas. E por suposto tamén para a escala de arquitectura onde un escrito da Consellaría de Medio Ambiente avisando de que "se vai amortizar" chega para sacala da listaxe sen que haxa unha proposta de modificación da RPT enriba da mesa nin data orientativa para a súa execución. Está claro que o obxectivo principal da Administración é reducir persoal propio.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 21 Novembro 2012 14:41 |
|
Comunícanos Función Pública a data do 30 de novembro para o acto de elección de destino para os seguintes procesos selectivos: Corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2 (OPE 2009). Ver listaxe de postos
Corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática (OPE 2011) Ver listaxe de postos
Corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas (OPE 2009) Ver listaxe de postos
Salvo o corpo auxiliar para o que a elección de destino se ofertará destino definitivo, para as escalas de A2 informática e ETOPS ofertarase en destino provisional. Cómpre destacar que estos destinos provisionais son a consecuencia da desmesurada demora na convocatoria dos diferentes concursos de traslados que supera ampliamente o prazo legal.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 20 Novembro 2012 12:05 |
|
Comunícanos Función Pública que en breve vaise celebrar a elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectura técnica, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG 28/07/2011)
Achéganos os que ofertarán para a dita elección de destino e dan un prazo para facer alegacións até o 23 de novembro. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 12 Novembro 2012 10:33 |
|
Comunícanos Función Pública que en breve vaise celebrar a elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñería técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG 28/07/2011) Achéganos os que ofertarán para a dita elección de destino e dan un prazo para facer alegacións até o 16 de novembro. Descargar listaxe de postos. Engaden á listaxe o posto con código MA.X99.10.000.32001.019 (ver ler máis)
NOTA: Comentan desde a dirección xeral que está preparando varios procesos para facelos seguramente xuntos: C2, A2 informática e ETOPs.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 29 Outubro 2012 18:17 |
|
Poucos días despois das eleccións, o presidente do Goberno galego está a realizar declaracións a diferentes medios de prensa a propósito da funcionarización dunha parte do persoal laboral da Xunta, promesa anunciada ao remate da campaña electoral.
O momento elixido non é produto do azar: o venres foi aprobado polo Partido Popular no Consello de Ministros o Real decreto 1483/2012, que lle dá luz verde ao despedimento de persoal laboral, incluído o persoal laboral fixo. No dito decreto, publicado no BOE do 30/10/2012, nin sequera se lle garante ao persoal laboral fixo unha preferencia de permanencia. Tampouco se garante a causalidade dos despedimentos que vaian realizar, xa que a propia Administración poderá producir os motivos económicos ou organizativos que lexitimarán o ERE. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 19 Outubro 2012 08:54 |
|
Achéganos Función Pública as prazas que se ofertarán na elección de destino provisional ás persoas aspirantes aspirantes que superaron o proceso para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas da información. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 19 Outubro 2012 08:20 |
|
Ante as criticas da CIG á intención de Feijoo de facer persoal funcionario ao persoal directivo, non é o Partido Popular quen responde senón Función Pública que di que "se trata de un error de redacción en el programa". Ver enlace prensa.
A defensa acérrima do persoal directivo que está facendo Feijoo estes días é una mostra máis da falta de repecto pola carreira profesional dos empregados públicos, unha falta de respecto que tivo como consecuencia unha degradación do funcionamento interno da Administración autonómica nestes últimos anos, onde compañeiras e compañeiros foron tratados como trastos e movidos de posto en posto por razóns exclusivamente arbitrarias e non técnicas. |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 10 |
|