A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 4 convidados en liña
Concursos de traslado
Vacantes para destino definitivo das categorías IV-003, IV-009 e IV-035 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 08 Marzo 2013 14:24

A Administración achéganos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías IV-003, IV-009 e IV-035 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase resultas. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP (2005) e que se atopa en destino provisional.

Danos de prazo ata o 11 de marzo ás 15:00h pra presentar alegacións. Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

Descargar a relación de vacantes das categorías IV-003, IV-009 e IV-035


 
Publicada no DOG a Resolución do concurso de persoal laboral I-IV PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 07 Marzo 2013 09:28

No DOG do 07/03/2013 publícase a Orde do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012. Corrección de erros DOG 12/03/2013

Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por traballadores/as que superaron os últimos procesos selectivos convocados e coa finalidade de garantir a continuidade na prestación de servizos, a Administración adía as tomas de posesión nos destinos obtidos no concurso até a data en que aqueles/as traballadores/as elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del.

Descargar a resolución do concurso coa adxudicación de postos

 
Resolución do Concurso de Persoal Laboral I-IV PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 05 Marzo 2013 13:38

A Dirección Xeral da Función Pública infórmanos de que o vindeiro 7 de marzo de 2013 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia

A toma de posesión diferirase até a resolución dos actos de elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron os procesos selectivos da OEP de 2005.

 
Listaxe extendida de postos ofertados no concurso de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 28 Febreiro 2013 13:44

A Dirección Xeral da Función Pública vén de ligar na súa páxina web, en formato de folla de cálculo, a relación completa dos postos de traballo ofertados no concurso de traslados de persoal funcionario da Administración xeral, incluíndo os códigos e descricións das titulacións, formación e observacións correspondentes a cada posto. 

Descargar a listaxe extendida dos postos ofertados

 
Publicado no DOG a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 26 Febreiro 2013 11:12

No DOG do 26/02/2012 publicouse a convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia. Podedes acceder á xeneración de solicitudes a través da seguinte ligazón. O prazo para a súa presentación  abranguerá do 27 de febreiro ata o 15 de marzo de 20.

Función Pública xa ten dispoñible na súa páxina web unha versión en folla de cálculo dos postos ofertados coas principais características. En breve publicarse unha listaxe de prazas coa titulación asociada, formación específica e observacións.

 
Concurso de traslados de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 19 Febreiro 2013 01:23

- Prevista a súa publicación antes de rematar o mes de febreiro.
- Con moitas prazas vacantes retiradas negándosenos os argumentos das consellarías.

- Haberá un concurso "específico" para determinados postos.

- Nalgúns aspectos, feito para primar a libres designación.

- Hai prazas dotadas pero sen crear na Relación de Postos de Traballo dende fai anos e que por tanto non sairán no concurso.

O concurso de corpos xerais pasou pola Mesa Xeral do luns 18 de febreiro, e, coa Comisión de Persoal convocada para o mércores 20, agardamos que estea publicado no DOG antes de rematar este mes.

Será lembrado como concurso do recorte, das prazas agochadas, amortizadas e até reservadas que xenerará numerosas comisións de servizo. Teoricamente promovido pola Dirección Xeral da Función Pública pero na realidade impulsado pola de Orzamentos, coa clara intención de xenerar novas vacantes para amortizar postos.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre as alegacións ás bases do concurso de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Fulgencio Fernández, Toño Fernández Domínguez e Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 11 Febreiro 2013 15:03

O luns 11 de febreiro de 2013 a Administración mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais para responder ás alegacións ás bases e ás prazas do concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais. A Administración informou das cuestións seguintes respecto das alegacións presentadas:

  • O tempo traballado en destino provisional terase en conta a para poder participar, sempre que se estea en destino definitivo
  • O tempo de permanencia no posto será tido en conta aínda que se promocionara por promoción interna, sempre que non se mudase de posto.
  • Cursos: os criterios quedan igual que estaba na proposta inicial da Administración, engadindo só a mención específica dos cursos de deseño de presentacións.
  • Na fase de resultas, aceptan a alegación da CIG de poder pedir en resultas diferentes niveis en difertentes localidades, até 3
Ler máis...
 
Despedimentos e concurso de traslados de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Mércores, 30 Xaneiro 2013 12:27

O martes 29 de xaneiro tivemos unha xuntanza con Función Pública para discutirmos o concurso de traslados de corpos xerais, tanto o referente ás prazas como ás bases.

Prazas

Inda que a Administración non quería discutir este asunto, exiximos tratalo, e así fixemos. Non aceptamos a masiva amortización de postos que están a preparar, e moito menos sen dar explicacións de ningún tipo. Exiximos coñecer as circunstancias de cada praza, cales son a consecuencia das restriccións da lei de presupostos que o PP está a impulsar, cales puidesen ser por unha reestructuración de efectivos, cales están vacantes puras, cales están ocupadas interinamente, cales din as consellarías que non son necesarias, cales se retiran porque van ter un concurso específico (eso é o conto que nos contan en prazas como as habilitacións, nivel 25), ou que queren modificalas para escalas que aínda non crearon.. Queremos copias das certificacións das consellarías.

Ler máis...
 
433 postos de traballo a amortizar no concurso de traslados de persoal funcionario de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Luns, 28 Xaneiro 2013 08:03

102 deles en servizos públicos claves como centros de ensino e oficinas de emprego.

A Dirección Xeral de Función Pública ven de enviar ás OOSS o listado de postos a ofertar no próximo concurso de traslados de Corpos Xerais da Xunta de Galiza.

Neste concurso ofértanse 1563 prazas, 35 menos que no anterior. Pero ademais destes postos, 433 teñen a observación “Eliminarase por proposta de amortización”, e no caso de non ofertarse estaríamos ante unha redución dun 30% con respecto ao anterior concurso de traslados.

O director xeral de Función Pública fixo declaracións ambiguas en relación a si estes postos van a entrar no concurso ou non. En declaracións aos medios dixo "Si [o funcionario de carreira] gaña unha praza das que se ten previsto amortizar poderá ocupala porque será cambiada por outra". Pero o certo é que no listado aparecen como que se retiran do concurso.

Ler máis...
 
Xa está dispoñible o rascuño das bases e dos postos do concurso de traslados de corpos xerais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 24 Xaneiro 2013 15:56

Nota do 24/01/2013: dispoñíbel o borrador dos postos. Descargar.

A Dirección Xeral da Función Pública vén de achegarlles ás organizacións sindicais o rascuño das bases da vindeira convocatoria do concurso de traslados de persoal funcionario da Administración xeral. A previsión da Administración é que a convocatoria do concurso de corpos xerais se realice no mes de febreiro de 2013.

A negociación das ditas bases realizarase o vindeiro martes 29 de xaneiro de 2013, podendo achegarse suxestións á CIG a través do enderezo de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por medio do formulario da nosa páxina web.

Descargar o rascuño das bases do concurso de traslados de corpos xerais.

 
Concurso de traslados de persoal laboral grupos I-IV: valoración das reclamacións PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Canitrot   
Venres, 18 Xaneiro 2013 10:27

O xoves, 17 de xaneiro, tivo lugar a primeira xuntanza da comisión do concurso de traslados de persoal laboral grupos I-IV. Na dita xuntanza comezouse a examinar as reclamacións. Foron 200 persoas as que presentaron reclamaciós ás puntuacións provisionais que en total presentaron unhas 350-400 reclamacións. A estimación temporal é que nunhas 4-5 sesións máis tera rematada a fase de valoración das reclamacións.  A próxima xuntanza será o próximo xoves, 24 de xaneiro.

 
Novidades de varios concursos de traslados: corpos xerais, informática, estatística e finanzas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Fulgencio Fernández e Anxo Anta   
Xoves, 17 Xaneiro 2013 10:06

O mércores, 16 de xaneiro, reuniuse a comisión de valoración do concurso das Escalas de Estatística para elevar a definitiva a resolución provisional. Non houbo reclamacións así que en breve publicarase a resolución definitiva; nuns días mandaran a data por correo electrónico. DOG 25/01/2012

Nese mesma reunión aproveitamos para preguntarlle a Función Pública por outros concursos que aínda están pendentes de convocatoria:

  • Corpos xerais: están na fase de pedir as prazas ás consellerías e que en breve mandarán o borrador das bases do concurso para negociar; adiantan que terán poucos cambrios con relación ás anteriores do 2010. En canto á previsión para que se publique segue sendo febreiro.
Ler máis...
 
Escala de Estatística: baremación provisional de méritos PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 13 Decembro 2012 15:15
Infórmannos desde Función Pública que o vindeiro martes, 18 de decembro, publicarase no DOG a baremación provisional de méritos do concurso de traslados para a provisión de vacantes do corpo facultativo superior e técnico de estatísticos. Acceso ao DOG
 
Publicada no DOG a convocatoria do concurso de Corpos Especiais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CIG-Autonómica   
Luns, 03 Decembro 2012 12:18

A Xunta de Galiza acaba de publicar a orde de convocatoria do concurso de corpos especiais no DOG do luns 3 de decembro de 2012, podededes consultala aquí: Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galiza.

O modelo de solicitude estará á disposición de todos/as os/as que desexen participar no concurso na páxina web da Xunta de Galiza. As solicitude deberán presentarse dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG ata o día 28 de decembro de 2012.

A CIG xa denunciou o pasado 27 de novembro pasado o fiasco que supón este concurso. Deixámosvos unha escolma dos motivos:

Ler máis...
 
Concurso de traslados de corpos especiais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Xoves, 29 Novembro 2012 23:06

O luns 3 de decembro estará publicada no DOG a Orde pola que se convoca o concurso para a provisión de postos vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia. O prazo para presentar as solicitudes de participación remata o 28 de decembro de 2012.

 
Concurso laborais I a IV. Puntuacións provisionais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Gallardo Canitrot   
Xoves, 29 Novembro 2012 11:13

Comunícanos Función Pública que o venres 30 de novembro publicarán a Resolución coas puntuacións provisionais dos e das participantes admitidos/as no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I a IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, convocado pola Orde da Consellaría de Facenda do 2 de maio de 2012. Accede á consulta web.

Informamos tamén que o luns 26 constituiuse a Comisión de valoración que estudará as reclamacións aos distintos apartados do baremo. A partires de agora a Comisión xuntarase periódicamente para atender as peticións que lle cheguen, que poden presentarse até o 14 de decembro

 
O fiasco no concurso de corpos especiais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 27 Novembro 2012 23:38

O martes 27 de novembro tivo lugar na EGAP a Comisión de Persoal para aprobar a convocatoria do concurso de traslados de corpos especiais. Estaba o Director de Función Pública todo fachendoso porque ofertaba un concurso con 671 prazas. Contou ben as prazas ofertadas, máis non contou as prazas que non se ofertan, polos intereses particulares de cada consellería, que son máis de 200.

A pesares do voto desfavorábel de tódalas organizacións sindicais alí presentes, aprobouse este concurso. Un concurso que leva máis de 7 anos agardando, e a pesar de todo este tempo non saíu ben parado. A CIG votou en contra nesta Comisión de Persoal por sobrados motivos que agora enumeramos:

Ler máis...
 
Concurso de corpos especiais: visto para sentenza; procesos selectivos: en fase de instrución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 23 Novembro 2012 15:54

O venres, 23 de novembro, achegounos a Administración a convocatoria para unha Comisión de Persoal extraordinaria na que se aprobará a convocatoria do concurso de corpos especiais da Xunta de Galiza, un concurso que non se sacaba desde 2004.

Coa dita convocatoria, achégasenos a listaxe de postos definitiva que deciden ofertar; tamén acompañan copia da sentenza na se basean para a exclusión de determinados postos da RPT da Consellaría de Medio Rural e do Mar.

Ler máis...
 
Publicado no DOG a axudicación dos postos definitivos e toma de posesión do persoal veterinario PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 16 Novembro 2012 09:35

Tal e como anuciabamos a finais do mes pasado, aínda que cun pequeno atraso, hoxe, 16 de novembro, publícanse no DOG as seguintes ordes relacionadas coa toma de posesión do persoal veterinario, tanto do que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004 como do que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 22 de xullo de 2011.

  • Adxudicación dos postos con carácter definitivo aos/ás funcionarios/as que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004. Acceso DOG

  • Apertura do prazo de toma de posesión dos postos adxudicados en virtude da resolución definitiva do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios. Acceso DOG

 
Concurso de traslados de persoal laboral grupo V: tomas de posesión e resolución de resultas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 07 Novembro 2012 13:36

Con relación ao concurso de traslados de persoal laboral grupo V, informa a Dirección Xeral da Función Pública que o 12 de novembro publicarase no DOG a resolución da 2ª fase de resultas así como a apertura do prazo para tomar posesión tamén no caso dos grupos que estaban pendentes. Estas publicacións irán artelladas nas seguintes ordes:

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 5
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack