A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 27 convidados en liña
Novas da CIG
Premio 8 de marzo para Berta Castaño, delegada da CIG-Autonómica PDF Imprimir Correo-e
Venres, 08 Marzo 2013 23:33

Berta Castaño, delegada da CIG na Fundación para o Fomento da Calidade Industrial, recibiu o Premio 8 de marzo por parte da Secretaría da Muller da CIG. Un premio máis que merecido que recoñece a dignidade e valor de Berta ao facerlle fronte a unha situación de acoso continuado que pretendía doblegala a ela e por extensión ao resto dos/as traballadores/as.

Ser candidata e logo delegada da CIG, ao igual que outros/as compañeiros/as, non é doado na Fundación, e por iso tivo que soportar un clima laboral hostil, o despedimento mentras estaba embarazada, o acoso constante. Pero lonxe de desfalecer mantívose en pé, e por iso que vaia o recoñecemento de todos/as nós para todos os/as compañeiros/as que sofren estas prácticas e moi especialmente para Berta, pola súa actitude de loita que nos dignifica a todos/as.

 
Día da clase orbreira galega e día da muller traballadora PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Marzo 2013 14:56

Emprego, dereito á negociación colectiva e dereito á soberanía nacional son os tres grandes eixos arredor dos que a CIG conmemora este ano o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. Con este motivo, convocaranse manifestacións, o vindeiro domingo en todas as cidades, a central en Ferrol, baixo o lema “Contra a pobreza e a explotación. Salvemos os nosos convenios”.

Xunto a isto e coindicindo co 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, relizaremos diversos actos na defensa dos intereses e dos dereitos das mulleres.

Calendario de actos programados

Ler máis...
 
O Goberno planea entregar a xestión das baixas médicas a empresas privadas PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 07 Marzo 2013 07:59

Esta privatización xa tentara levarse a cabo na época do Goberno Aznar. As competencias de inspección sanitaria da Xunta de Galiza e a Consellaría de Sanidade quedarían en mans das Mútuas.

O Real Decreto que está sendo elaborado polo Goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control , ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde.

As Mutuas de Accidentes de Traballo son entidades formadas por asociacións de empresarios que teñen a consideración legal de carácter público, e con este RD ábrese a porta a que sexa o inicio da privatización da asistencia sanitaria dos traballadores como, no seu momento fixo a Lei 15/1997, de 25 de abril, sobre habilitación de novas formas de xestión da Sanidade Pública: Fundacións Sanitarias, contratos de colaboración Público-Privado, etc.

Ler máis...
 
Traballadoras e traballadores públicos protestan ante o Parlamento contra os recortes PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 27 Febreiro 2013 08:17

Os recortes orzamentarios decretados polo goberno do PP, e que foron definitivamente aprobados na sesión plenaria deste martes, abocarán á privatización de servizos públicos, rebaixarán as condicións laborais e salariais do seu persoal e deteriorarán a atención que reciben as usuarias e usuarios. Así o denuncia a CIG e así o denunciaron tamén, ante un Parlamento literalmente tomado por efectivos antidisturbios, centos de empregadas e empregados públicos que participaron na concentración convocada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos.

Ler máis...
 
Miles de persoas mobilízanse contra os orzamentos da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Febreiro 2013 07:49
2013 02 21 PlataformaServizosPublicosVigo01 A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos realizou concentracións nas sete cidades e ten convocada unha nova protesta o martes 26 diante do Parlamento

Na tarde deste xoves, as prazas das cidades galegas volvéronse encher de consignas en contra do proxecto de orzamentos da Xunta para 2013. Uns orzamentos que poñen en perigo a continuidade e a calidade dos servizos públicos, promoven a supresión de prazas e o despedimento de persoal, e deterioran aínda máis as condicións laborais e económicas dos traballadores e traballadoras das administracións.
Ler máis...
 
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos convoca concentracións para este xoves 21F PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Febreiro 2013 09:10
13-02-21 Cartaz concentracións Plataforma Servizos Públicos Desenvolveranse ás 19:00 horas nas sete cidades galegas en rexeitamento aos orzamentos da Xunta para 2013

A Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos ten convocadas mobilizacións para o xoves, día 21 de febreiro, ás 19:00* horas nas sete cidades galegas para manifestar o seu rexeitamento a uns orzamentos que poñen en perigo os servizos públicos, promoven a supresión e despedimento de persoal e deterioran as súas condicións laborais e económicas.
Ler máis...
 
Morte aos sindicatos. Carta de Iñaki Gabilondo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xaneiro 2013 13:51
Vídeo relacionado ollado en blogs.elpais.com/la-voz-de-inaki

Iñaki Gabilondo Nova moda. Desfacer dos sindicalistas. Algo fácil e barato, por certo. Lévano na solapa certos políticos, lanzando mensaxes subliminares sobre a súa actual falta de utilidade para os traballadores, politización, corrupción, malgaste económico. Resulta curioso: Os mesmos que alentan ao escarnio público, adoitan lanzar pedras cargadas polas súas propias mesquindades.

Ademais, a destrución do sindicalismo fai moito máis fácil o labor dos gobernantes, sen mobilizacións nin folgas, especialmente a de quen dirixen tras a cortina. Que ben estariamos se non existisen os sindicatos, pensan algúns.


Ler máis...
 
Miles de persoas contra o recorte nas súas condicións laborais e deterioro dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xaneiro 2013 07:44
13-01-17 Manifestacion A Corunha01 A área pública da CIG rexeita o proxecto de Orzamentos da Xunta porque afondará na perda de emprego e o desmantelamento dos servizos básicos

A pesar da intensa choiva e do forte vento, miles de persoas participaron na tarde deste xoves nas manifestacións convocadas polas organizacións sindicais que integran a Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos nas sete cidades galegas. A protesta dá continuidade ás mobilizacións que o persoal vén realizando no último ano contra os recortes salariais e laborais impostos polos distintos gobernos do PP e pola defensa duns servizos públicos de cualidade.
Ler máis...
 
Concentracións contra os recortes laborais e o deterioro dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 11 Xaneiro 2013 09:02

As organizacións sindicais con representación no sector público, CIG, CCOO, UGT, CSI·F, CESM, OMEGA, SATSE, USAE, STEG, ANPE, USO, USTG, CGT, STAJ, SIAT e ACAIP, que integran a PLataforma en Defensa dos Servizos Públicos, convocan para o vindeiro xoves, día 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, concentracións en todas as cidades galegas contra as medidas que vén de aprobar a Xunta de Galiza que empeoran as condicións laborais e salariais das empregadas e empregados públicos e deterioran, aínda máis, os servizos públicos.

MANIFESTO

As OOSS con representación no Sector Público autonómico rexeitan as medidas do Goberno

Ler máis...
 
Entra en vigor a normativa que atrasa a idade de xubilación aos 67 anos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 04 Xaneiro 2013 08:50
O Goberno español do PP aproveitou o último Consello de Ministros do ano 2011, celebrado o pasado 28 de decembro, para aprobar o desenvolvemento da reforma das pensións tramitada polo PSOE que eleva a idade de xubilación até os 67 anos. A nova normativa establece un período de transición no que se incrementará de xeito progresivo até 2027 e fixa o cómputo para o acceso ao cobro da prestación en 25 anos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 10
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack