A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 12 convidados en liña
Novas da CIG
10.000 persoas maniféstanse polas rúas de Compostela en defensa do emprego e dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Setembro 2012 07:51

As organizacións sindicais denuncian o desmantelamento que os gobernos do PP están a practicar no sector público para favorecer os beneficios dunhas cantas empresas.

Máis de 10.000 persoas manifestáronse este sábado en Compostela para amosar o seu rexeitamento aos recortes no emprego e os servizos públicos e contra das políticas privatizadoras aplicadas polos Gobernos do PP. A marcha, convocada pola Plataforma galega en defensa dos servizos públicos -integrada por 18 organizacións entre as que se atopa a CIG-, partiu da alameda pouco despois das 11:30 horas e rematou diante do Complexo administrativo da Xunta en San Caetano, onde o actor Federico Pérez, procedeu a dar lectura ao manifesto conxunto.

Ler máis...
 
CIG, CCOO e UGT mobilízanse diante das asociacións empresariais en defensa da negociación colectiva PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2012 07:20
Alertan da intención do Goberno do PP de destruír unha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais

A CIG, CCOO e UGT desenvolverán este venres 7 de setembro protestas conxuntas en todo o país en defensa da negociación colectiva. As organizacións sindicais teñen convocadas concentracións diante das asociacións de empresarios baixo o lema "A negociación colectiva é un dereito". Ao mesmo tempo, fixeron público un manifesto no que alertan sobre os plans do Goberno do Partido Popular para rematar cunha ferramenta básica para a conquista de dereitos laborais por parte da clase traballadora

Manifesto conxunto das tres centrais sindicais:
Ler máis...
 
8 de setembro: outra gran oportunidade para a mobilización e a dignidade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Setembro 2012 11:14

O 8 de setembro está prevista unha multitudinaria manifestación en Santiago de Compostela en defensa dos servizos públicos organizada pola Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos. A CIG fai un chamamento á unha masiva participación de toda a cidadanía nesta mobilización contra os recortes e apela á dignidade para seguir loitando contra o saqueo do pobo en favor da banca e o gran capital.

Están próximas novas medidas máis brutais que tomará o Goberno de Rajoy antes de finais de ano. As medidas reformistas que xa está tomando en todo o Estado, e das que en Galiza o goberno de Feijoo só trasladou algunhas para non queimarse antes das eleccións galegas, están provocando un gran malestar social. Maís aló do malestar, están demostrándose non só como sacrificios inútiles para saír da crise senón máis ben como medidas para afondarnos máis nela e poder seguir xustificando máis reformas.

Ler máis...
 
Miles de persoas toman as rúas contra os recortes e en defensa dos servizos públicos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 Xullo 2012 08:18
Miles de persoas, convocadas polas organizacións sindicais da área pública, percorreron as rúas das cidades galegas, máis unha vez, para manifestar o seu  rotundo rexeitamento aos recortes laborais e salariais decretados polo goberno Rajoy. Recortes que poñen en perigo servizos públicos esenciais e que pretenden a súa privatización. As mobilizacións remataron coa lectura dun  manifesto conxunto no que se denuncia o uso da crise, polos Gobernos de Galicia e do Estado español, “para subtraer recursos dos servizos esenciais” mentres “castiga co paro e a exclusión social a miles de familias galegas”.

Manifesto en defensa dos Servizos Públicos e o Emprego Público
Ler máis...
 
Haberá mobilizacións conxuntas os días 3 e 10 de agosto PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xullo 2012 10:52

A Executiva Confederal da CIG, reunida este venres en convocatoria extraordinaria, acordou convocar de forma conxunta con CCOO e UGT as concentracións previstas para os días 3 e 10 de agosto, coincidindo coa reunión dos Consellos de Ministros para denunciar as constantes agresións aos dereitos laborais, sociais e democráticos da clase traballadora galega.

Do mesmo xeito, decidiu convocar para o día 27 de agosto, unha xuntanza do Secretariado Confederal para valorar as propostas de mobilizacións conxuntas e para proceder á apertura dun debate interno, de cara a debater e acordar a data máis acaída para a convocatoria de folga xeral.

A Executiva tamén acordou convocar o día 7 de setembro concentracións diante das sedes da patronal, e para o día 21 mobilizacións en todas as comarcas. A principios de setembro haberá unha nova xuntanza cos secretarios de organización estatais de CCOO e UGT.

 
A Xunta convirte a Mesa Xeral nun acto formal, inútil e sen marxe para a negociación PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xullo 2012 17:25
As organizacións sindicais con representación na mesa rexistran unha solicitude de cambio de data da convocatoria

Ante a convocatoria da Mesa Xeral da Función Pública para o xoves, día 19 de xullo, ás 18:30 horas, co único punto Lei /2012 de adaptación das disposicións básicas do RDL 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia do emprego público, as organizacións sindicais con representación na mesma (CIG, CCOO, UGT e CSI-F) entregaron un escrito conxunto no rexistro solicitando o seu aprazamento. Consideran que é inaceptábel que se faga esa convocatoria coincidindo practicamente coa das manifestacións, das que a administración tiña xa coñecemento, en todas as cidades e algunhas vilas de Galiza.

Pola súa banda, a Administración no mesmo día pola mañá constestou que denegaba o cambio "por razóns organizativas". E demostra o paripé que querían facer coa Mesa o feito de que o venres, 20 de xullo, aprobouse en Consello da Xunta extraordinario o proxecto de lei de adaptación das medidas estatais.
Ler máis...
 
Miles de traballadores/as públicos/as protestan contra os recortes PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xullo 2012 17:10
12-07-19Protesta XuntaACorunha_057 A Área Pública da CIG reitera que as medidas aprobadas polo PP afondarán no deterioro dos servizos básicos e na destrución de emprego. Galería de imaxes

Miles de traballadores e traballadoras ao servizo das administracións continuaron este xoves, 19 de xullo,  o calendario de mobilizacións contra as políticas de redución salarial e do desmantelamento do sector público. As concentracións, que se repetiron en múltiples centros de traballo ao longo de todo o País, coincidiron coa celebración do pleno do Congreso dos deputados nos que o PP, grazas a súa maioría, ratificou o brutal recorte de 65.000 millóns de euros.

Ler máis...
 
Máis de 350.000 persoas maniféstanse en toda Galiza contra o saqueo á clase traballadora PDF Imprimir Correo-e
Venres, 20 Xullo 2012 17:02
19-07-12 Manifestacion recortes A CoruñaBaixo a consigna “Non ao saqueo do pobo. Hai que impedir que nos arruínen” e ao berro de “folga xeral”, máis de 350.000 persoas saíron na tarde deste xoves ás rúas de todo o País para rexeitar as gravísimas medidas que vén de aprobar o Goberno de Mariano Rajoy, co obxectivo de profundar no recorte dereitos e a precarización das condicións de vida e de traballo da maioría social, mentres se protexen e benefician os intereses de banqueiros, especuladores e defraudadores.

A CIG anima a dar unha resposta social con igual dureza que as políticas do PP e aposta por preparar xa un calendario de folgas xerais, cuxa primeira data de referencia podería ser o vindeiro mes de setembro.
Ler máis...
 
Delegados sindicais condeados a tres anos de cadea PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Xullo 2012 21:26

O mártes 17 de xullo unha manifestación convocada por CIG, CCOO e UGT percorreu as rúas de Pontevedra en solidariedade cos tres sindicalistas condeados a tres anos de prisión por participar na folga do comercio de alimentación en 2009. A CIG manterá mañá unha xuntanza co fiscal xefe de Galiza para trasladarlle o seu rexeitamento á actitude represiva do Ministerio Fiscal.

Ler máis...
 
Informe básico sobre aspectos laborais e de seguridade social do RDL 20/2012 PDF Imprimir Correo-e
Martes, 17 Xullo 2012 07:32

O contido do citado informe está comentado en relación coa normativa anterior. O falanxismo popular cárgase o dereito á negociación colectiva, á liberdade sindical, á protección social e esfarela os restos do estado social e democrático.

Descargar o informe

O informe fai referencia aos seguintes puntos:

1. Salarios do sector público.

2. Negociación colectiva no sector público. Modificación e suspensión de convenios colectivos, pactos e acordos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 10
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack