|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 05 Febreiro 2013 08:25 |
Inciase coa presentación do conflicto colectivo no ámbito do V Convenio Colectivo Único da Xunta de Galiza
As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI-F anunciaron publicamente este luns o inicio de accións legais conxuntas para reclamar a paga extra do ano 2012. A CIG subliña que se actuará en todos os ámbitos nos que teña capacidade legal e agarda que coas accións xudiciais que se poñen en marcha en Galiza, tanto para o persoal laboral como funcionario, os gobernos central e galego tomen nota e rectifiquen canto antes repoñendo o dereito constitucional de todas as traballadoras e traballadores a recibiren a paga extra. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 18 Xaneiro 2013 14:49 |
|
Apoia coa túa sinatura a seguinte emenda que lle propuxemos aos grupos parlamentares en relación ao capítulo de gastos de persoal do Proxecto de Lei de Orzamentos 2013. ASINA a través da plataforma change.org
A emenda pon de relevo que a Xunta de Galicia está a utilizar os recortes salariais ás traballadoras e traballadores públicos como tributos asimétricos e regresivos que recadan só dunha parte específica da poboación. Por outra banda, a emenda prevée un mecanismo de control para que no caso de producirse un novo recorte salarial con carácter básico por parte da Administración Xeral de Estado, as traballadoras e traballadores públicos da Xunta non nos vexamos recortad@s dúas veces. Non deixes que nos espolien dobremente! Colabora e asina! Cada vez que unha persoa asina, se lle manda un correo electrónico aos grupos parlamentares pedindo que valoren e admitan a trámite a dita emenda. Temos ata o venres, 25 de marzo.
Cantas máis persoas asinemos máis conseguiremos chamar a atención, pásallo aos teus familiares, amig@s e coñecid@s, sexan ou non empregadas e empregados públicos. Marcámonos como obxectivo as 15.000 sinaturas que son as que se precisan para unha Iniciativa Lexislativa Popular. Xunt@s é posíbel! |
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 14 Xaneiro 2013 10:04 |
|
A CIG-Autonómica vén de dirixirse a todos os grupos parlamentares para lles achegar as súas alegacións ao proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2013, que está actualmente en fase de tramitación no Parlamento galego en relacíon ao recorte da paga extra e ao posible recorte que con carácter básico se dicte dende Madrid. Neste sentido, a CIG-Autonómica achegou alegacións aos grupos parlamentares para a modificación do artigo 20 do proxecto de lei de orzamentos, así como para a supresión dos apartados dos artigos 14 e 16, todos eles relativos ao recorte nas pagas extraordinarias de xuño e decembro de 2013 para os empregados públicos da Xunta. Así mesmo, a CIG-Autonómica propón de xeito subsidiario a inclusión dunha disposición adicional que dispoña a non acumulación dos posibles recortes adicionais aos empregados públicos que foren aprobados no futuro polo Goberno do Estado aos recortes que aprobe a Xunta. Respeito a outras materias polémicas como a supresión do artigo 19 do Convenio, o Comité Intercentros de persoal laboral, dará traslado o martes aos grupos parlamentarios das nosas demandas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Fernando García
|
|
Sábado, 29 Decembro 2012 10:45 |
- Mentres o gasto en asesores da Presidencia aumenta nun 15,8%.
- Se suspende o descanso semanal recollido no artigo 19 do Convenio do persoal laboral.
- Deixan sen orzamentar todas as prazas vacantes sen ocupación e se amortizarán o equivalente de prazas ás do persoal que se xubile.
- Concursos de traslados e Ofertas de Emprego Público reducidas á nada.
So se volverá a cobrar o complemento específico cando se acade o nivel de ingresos do 2009
No Proxecto de Orzamentos Xerais para o ano 2013 que ven de aprobar o Consello da Xunta este xoves e que remitirá ao Parlamento para a súa aprobación o Goberno da Xunta da conta das súas intencións futuras xa na exposición de motivos.
Ademais de seguir sostendo a mentira de que o recorte nas pagas extraordinarias ten carácter progresivo a Xunta establece que manterá “estes niveis retributivos ata que se acaden ingresos en termos similares ao momento no que se incorporou o complemento específico nas pagas extra”. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 28 Decembro 2012 10:10 |
|
Atribueselle a María Antonieta a frase "se non hai pan que coman pasteis", típica bondade de ignorante valeira de contido, igualiño ao manifestado polo noso presidente Feijóo que ven dicir que "se teñen problemas, que pidan un anticipo", o que non soluciona nada e sitúa a imaxe do presidente fora da realidade social. Esto é o que ven a ser o acordo do Consello da Xunta polo que anuncian que no 2013 recoñecen o esforzo dos empregados públicos permitíndonos solicitar un adianto do 50% da extra do verán. Os anticipos xa están recoñecidos para o persoal funcionario, e para o persoal laboral existe o dereito ao anticipo en nómina de dous meses recollido no artigo 37 do Convenio. Non nos satisface, non nos compensa nada, e seguimos vendo como minguan as nosas nóminas e os nosos dereitos. Que non nos vendan contos, como a suba do 3% ou a progresividade dunha medida que nen se atreven a defender frontalmente e xustifican con argucias: nin nos suben o 3% (son recortes de arredor do 4%), nin é progresiva (en niveis mínimos recortan proporcionalmente máis a un subalterno co 4,89% que a un corpo superior co 3,51%), nin a posibilidade de pedir un anticipo supón un regalo de Feijoo, senón un dereito xa recoñecido que non contribúe a mellorar a nosa situación. |
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Sábado, 22 Decembro 2012 13:46 |
|
Ao igual que veñen facendo con cada mobilización cidadán, o Partido Popular blindou con antidisturbios a EGAP, onde se celebraba a reunión da Mesa Xeral de Negociacion. Unha mesa de negociación desaloxada pola policía, ao negarse os nosos compañeiros a dar por rematada a xuntanza ata que Feijoo comparecese a explicarlles os recortes, pois uns directores xerais de Función Pública e de Orzamentos non son quen de dar contas dunha decisión claramente política como foi esta. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Fernando García e Cristina Terrón
|
|
Sábado, 22 Decembro 2012 11:52 |
Roubannos o complemento específico das dúas pagas extras e aplican unha medida similar ao persoal laboral. O venres 21 de decembro, nunha tensa reunión da Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, da que finalmente fomos desaloxados pola policía por esixir a presencia de Feijoo para explicarnos os recortes, os directores xerais de Función Pública e de Orzamentos expuseron a decisión do PP de roubarnos o complemento específico das pagas extras do 2013 para o persoal funcionario e cantidade equivalente para o persoal laboral.
Eles estiman que no 2013 haberá unha reducción de ao redor do 6,5% da masa salarial do Capítulo I (gastos de persoal) con respecto ao 2012, do cal un 4% se debe ao recorte na extraordinaria e un 2,5% ao aforro que se producirá pola aplicación da lei de medidas. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 21 Decembro 2012 14:44 |
|
Na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do venres 21 de decembro, os responsábeis políticos do PP na Administración de Galiza expuseron a súa decisión respecto ás retribucións dos empregados e empregadas públicas para o ano 2013, consistente na retirada do complemento específico nas dúas pagas extras, e cantidade equivalente para o persoal laboral. Esta parte fundamental das nosas retribucións anda entre 300 e 1.500 euros, segundo o nivel, duas veces ao ano. Suporá unha redución do 4% respecto do conxunto da mesa salarial. Segundo o PP, a redución total será do 6,5% correspondendo un 2,5% a reducións conseguidas en aplicación da Lei de Medidas.
A estas horas, 15:00 horas, os delegados e delegadas sindicais seguen a estar concentrados na EGAP, pechados cos representantes da Administración reclamando que veña Feijóo. Como supoñemos que non virá, agardamos o desaloxo policial. Máis información ao longo do día. |
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 21 Decembro 2012 08:07 |
|
Ante o recorte que nos van aplicar, nun acto de covardía, Feijoo afirma que "van recuperar parte do que perderon".
Despois de verter nos últimos meses bágoas de cocodrilo sobre o inxusto que foi recortarlle a extra aos funcionarios, Feijoo intenta aplicar unha medida que nin sequera se contempla nos orzamentos xerais do Estado. Pretende recortarnos outra vez un 7%, algo ao que non está obrigado por ningunha norma básica senón que o fai por vontade propia.
O truco é xogar coas palabras. Van recuperar con respecto ao 2012 significa que tampouco imos cobrar este ano a paga extra ao recortarnos un importe similar á mesma, supoñemos que aplicándollo ao complemento específico dos funcionarios/as e ao de funcións do persoal laboral.
E nun exercicio de cinismo dí que xa negociará cos sindicatos como queremos o recorte. Dende logo a CIG non vai negociar ningún recorte á carta. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 12:23 |
|
As organizacións sindicais estamos convocadas a unha sesión extraordinaria da Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos o venres 21 de decembro ás 13:45 horas na EGAP (Compostela), para tratar o Capítulo I (gastos de persoal) dos orzamentos de Galiza. Convidamos a todos e todas a acudir á EGAP, ás 13:30 horas. O luns 17, o Director Xeral da Función Pública negou o ruxe-ruxe de que pretendían descontar un 50% do complemento específico das nóminas, pero o xoves 20, preguntado pola información publicada por varios medios de comunicación segundo a que nos ían retirar un 7% nas retribucións, o Director Xeral deu a calada por resposta. Xa que logo, nestes intres non sabemos cales son as súas intencións, pero non nos gusta nada o que observamos. Non nos vamos quedar de brazas cruzados a velas vir, así que che convidamos a que veñas á EGAP, o venres 21, ás 13:30 horas. A información que teñamos da Mesa Xeral publicarémola no noso web, en http://autonomica.cigadmon.org
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Xoves, 20 Decembro 2012 08:31 |
|
Unha vez máis os empregados/as públicos podemos ser as víctimas dos recortes que prepara Feijoo para os Orzamentos Xerais do 2013. O venres 21 está convocada unha reunión da Mesa Xeral de Negociación dos empregados públicos ás 13:45 na EGAP (Compostela) onde o goberno vainos dar conta do Capítulo I dos Orzamentos Xerais. Pero hoxe, diversos medios de comunicación xa se fan eco da nova que mañán é posíbel que nos anuncien: un recorte do 7% nas retribucións no 2013. La Voz de Galicia El País Praza
Sexa como sexa, hoxe non podemos quedarnos de brazos cruzados esperando ao que suceda mañán sen expresar o noso rexeitamento a esta medida se finalmente se confirma o que relatan os medios. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Venres, 07 Decembro 2012 17:13 |
- A lei que a suprimía permite recuperala no 2013.
- Esiximos que nos Orzamentos Xerais do 2013 se reflictan as retribucións completas dos empregados públicos referidas a 14 pagas máis o importe integro da paga extraordinaria do nadal de 2012.
- Non se trataría dun adianto da paga extra de xuño de 2013.
A Lei 9/2012 do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, en materia de emprego público. que traspón as medidas do RD-l 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competividade, suprimía a paga extraordinaria dos empregados públicos da Xunta de Galiza, pero no seu artigo 1.2.e) dispoñia o seguinte: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Martes, 30 Outubro 2012 12:35 |
|
Segundo informacións aparecidas nos medios de comunicación, o Partido Popular veñen de introducir unha emenda aos orzamentos xerais do Estado para o ano 2013 na que propoñen ampliar o recorte de salario en caso de baixa por incapacidade temporal aos días nos que os empregados se ausenten por enfermidade, sen chegar a existir parte de baixa.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 04 Outubro 2012 06:52 |
|
O Parlamento de Navarra aproba presentar recurso de inconstitucionalidade contra a supresión da paga extra de Nadal, co voto favorable de SN, Nabai, Bildu e I-E, a abstención de UPN e o voto en contra do PPN. Están a ser distribuídas, varios modelos de reclamación ou recurso individual contra a aplicación da nova redución salarial aos empregados públicos que recollen os artigos 2 e 3 do RDL 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria.
A Asesoría Xurídica da CIG desaconsella ás empregadas e empregados públicos a presentación de reclamacións-tipo, polos seguintes motivos: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 27 Setembro 2012 07:16 |
O Goberno de Mariano Rajoy mantén a conxelación salarial para os empregados/as públicos e a taxa de reposición no 0%. Prometen non tocar as pagas extras, aínda que a estas alturas xa sabemos que valor teñen as súas promesas; máis cun rescate para pagar a festa da banca planeando sobre a nosa cabeza. Na tarde deste mércores tivo lugar a Mesa Xeral de Administracións Públicas para a presentación do capítulo dedicado a persoal dos Orzamentos Xerais do Estado para 2013. Un ano máis, manifestamos o noso absoluto rexeitamento ao contido duns orzamentos que reinciden na conxelación salarial e no mantemento da taxa de reposición do 0%, afondando deste xeito no deterioro e desmantelamento dos servizos públicos, mentres se rescata ao sistema financieiro.
Dende o 2009 o IPC galego subíu un 13,3% e houbo rebaixas salariais medias do 5% no 2010 e do 7,1% no 2012, o que supón unha perda de poder adquisitivo dos nosos salarios do 25,4 %. A isto hai que sumarlle a desaparción do FAS, a suba dos impostos indirectos e a detracción de parte do noso salario en caso de enfermidade, o que suporía unha perda media do 30 % do noso salario en 4 anos.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 14 Setembro 2012 08:24 |
|
Coas medidas aprobadas polo Partido Popular de Galiza o pasado 28 de febreiro de 2012 (supresión do fondo de acción social, penalizacións das baixas e outras) o goberno galego dixo que aforrarían 80 millóns de euros, chegando a dicir Feijoo que, grazas a esas medidas, non farían falla novos recortes. Temos pois a Feijoo, no mes de abril e maio, con cartos a varrer, “xa tiña feito os deberes”.
Chega o mes de xullo e Rajoy suprime a paga extra de nadal a todos os empregados e empregadas de todas as administracións (moito máis aló do recorte do 5 % de Zapatero), suprime unha das catorce pagas ás que tiñamos dereito coma o resto de traballadores, que supoñen algo máis do 7 % do gasto anual de persoal da Xunta de Galiza: unha paga menos para todo o persoal administrativo, sanitario, docente, de servizos sociais... unha suma de moitos millóns de euros que aparecen “liberados” nas contas da Xunta no mes de xullo, que se cancelou xa nos orzamentos e que, polo tanto, quedou libre para outros gastos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 13 Setembro 2012 07:08 |
|
Como xa viñamos informando, foron varios os concellos que fixeron declaracións públicas da intención de compensar a supresión da paga extra de Nadal imposta polo Goberno de Rajoy. O último, o concello de Vigo, que fala de resolver "esta tremenda inxustiza" pero de novo sen apuntar unha solución técnica coma a que recentemente levou a cabo o Goberno de Navarra. Dada a repercusión mediática deste tipo de declaracións, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas encargouse de emitir unha nota "técnica" enfriando os ánimos e recordándolle ás entidades locais que a normativa ditada na Lei de Orzamentos estatais e no RDL 20/2012 é de carácter básico. A continuación indícalle que non poden incrementar ningún concepto retributivo e a obriga de inmobilizar este concepto retributivo mediante "acordos de non dispoñibilidade". |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 07 Setembro 2012 10:03 |
|
Durante o mes de agosto xa tivemos varias novas dalgúns concellos (como Lugo e Ourense) nos que se falaba de compensar a supresión da paga extra de Nadal. Porén, a do Goberno de Navarra é a primeira proposta por escrito dun equipo de goberno próximo ao PP e que se artella a través dun anteproxecto de lei aprobado este mércores 3 de setembro. Segundo a nota de prensa do propio Goberno de Navarra dase a coñecer o lanzamento dun anteproxecto de lei que propón adiantar as pagas extras dos vindeiros anos ata o 2105 aos días 3 de xaneiro e 3 de xullo. Deste xeito o Goberno de Navarra declara que trata de minorar os efectos da supresión da paga extra estabelecida polo RDL 20/2012, sen incumprilo. Cómpre recordar que o texto da normativa estatal só suspende a súa percepción pero tampouco aclara con exactitude cando e como será a súa recuperación. E que fai aquí a Xunta de Galiza?
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Pascual Serrano
|
|
Luns, 23 Xullo 2012 07:52 |
O pasado venres 20 de xullo, o goberno español publicou algunhas previsións económicas entre as que hai unha que merece unha reflexión especial. Trátase do diñeiro que se deberá destinar aos bancos en concepto dos intereses pola débeda pública. É importante lembrar que cando se fala de novo récord de intereses nas subhastas para acadar dos bancos privados o diñero que o Banco Central Europeo non nos presta, se está a asumir o pagamento dun diñero do Erario para os próximos anos. Pois ben, ese diñeiro nos Orzamentos de 2012 ascende a 28.913 millóns de euros e, segundo a nova información divulgada polo Executivo, no 2013 será de 39.000 millóns dun total de 126.792 millóns que gastará o Estado. Trátase dos intereses por uns préstamos dos bancos privados ao Estado en torno ao 6%, pero recibido polas entidades privadas do Banco Central Europeo aproximadamente ao 1%. A normativa europea impide que o BCE preste directamente aos Estados e obriga a que sexa a través da banca privada, que logra coa operación un beneficio de máis de cinco puntos, segundo o prezo acadado na subhasta, prezo que é maior canto pior valorado sexa o país polas propias axencias creadas polos bancos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Sábado, 21 Xullo 2012 10:15 |
|
Mediante unha nota remitida aos medios o 20 de xullo, o Consello da Xunta asegura que "os empregados públicos galegos recuperarán a paga extra de 2012 en exercicios futuros e de forma directa na nómina". Fanse eco desta nova xornais como "La Voz de Galicia" ou "Faro de Vigo", nas súas edicións do 21 de xullo. En realidade, o punto 2.4 do artigo 2 do proxecto de lei autonómica aprobado onte para a transposición do Real Decreto-Lei 20/2012 no ámbito da Xunta, dispón escuetamente o seguinte: Artigo 2.2.4. "As cantidades derivadas da supresión da paga extraordinaria e das pagas adicionais do complemento específico ou pagas adicionais equivalentes de acordo co disposto neste artigo serán obxecto de recuperación en exercicios futuros, con suxeición ao establecido na Lei Orgánica 2/2012, de Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira e nos termos e con alcance que se determine nas correspondentes leis de orzamentos." |
|
Ler máis...
|
|
|