A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 3 convidados en liña
Fondo Acción Social
Borrador da convocatoria do Fondo de Acción Social 2012 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 27 Febreiro 2013 08:41

Achéganos Función Pública o borrador dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o 2012 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidades que, tralo recorte establecido pola Lei de medidas de 2012, foi ao que quedou reducido o FAS.

As persoas destinatarias destas axudas serían o persoal da Xunta que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que sexan discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polo organismo competente antes do 1-1-2013.

Ler máis...
 
Publicación das listaxes provisionais do FAS 2011 (axuda para persoas con discapacidades) PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 12 Setembro 2012 07:21

No DOG do 13/09/2012 publicouse a resolución da Dirección Xeral de Función Pública pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do fondo de acción social do exercicio económico 2011, relativos á axuda para a atención de persoas discapacitadas para o persoal da Administración da Xunta de Galicia.

Para a súa consulta, as persoas interesadas deberán facer a consulta na seguinte páxina web; é necesario introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da súa solicitude.

Ler máis...
 
Publicado no DOG o Fondo de Acción Social para a atención de persoas con discapacidades PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 18 Maio 2012 13:38

Tal e como avanzábamos, no DOG do 18/05/2012 publicáronse os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2011 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidades. Para obtar a axuda deberase cumprimentar a solicitude pinchando aquí. Correción de erros.

O prazo para cubrir a solicitude así como para presentala ante a unidade de persoal correspondente é de 15 días hábiles e remata o día 4 de xuño.

 
Publicación inminente no DOG do micro Fondo de Acción Social 2011 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 14 Maio 2012 13:56

Segundo nos informan dende Función Pública, o venres 18 de maio está prevista a publicación no DOG. Como xa sabedes, logo do machetazo da Lei de Medidas, só está previsto para o concepto de axudas para persoas con discapacidades, cun límite máximo de 180 €.

O último borrador que temos podédelo descargar aquí.

 
Abrese o prazo para solictar prazas no curso 2012/2013 nas escolas infantís PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 02 Maio 2012 13:44

No DOG do 30 de abril de 2012 publicase a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas e fillos do persoal da Xunta de Galicia nas escolas infantís dependentes da Consellería de Traballo e Benestar para o curso 2012/2013. O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde o 2 ao 16 de maio, ambos os dous incluídos.

A Xunta pon a disposición do seu persoal a escola infantil 0-3 de Vite (Santiago de Compostela), a escola infantil 0-3 do Complexo Administrativo da Xunta en Vigo e a escola infantil 0-3 do edificio administrativo da Xunta en Pontevedra. Porén, para o persoal de centros doutras localidades parece que a Xunta non é consciente de que existen as mesmas necesidades de conciliar a vida familiar e laboral. Fóra de Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra, non hai nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas.

Ler máis...
 
Criterios do reparto das faragullas do Fondo de Acción social 2011 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 17 Abril 2012 12:40

Achéganos a Administración os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio 2011, do que queda despois da amputación realizada pola aplicación da Lei 1/2012 de medidas no emprego público en Galiza. Tal e como estabelece o artigo 3 desta lei, suspéndese toda axuda en concepto de acción social, salvo as axudas para persoas con discapacidades, que non poderá exceder de 180€.

A xuntanza terá lugar o vindeiro venres, 20 de abril. Podedes achegar as vosas consideracións ao noso correo, entre as que entendemos que figuren algunha como: que megaconstrución absurda, que indulto ou que campaña publicitaria se estará financiando cos cartos que nos roubaron.

Descargar bases

 
Información importante sobre as retencións do FAS 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 22 Decembro 2011 14:49

No día de hoxe ingresos do Fondo de Acción Social e maila emisión das nóminas. Moitas compañeiras e compañeiros observaron estrañados unhas porcentaxes de retención inusuais que chegaron nalgúns casos ao tipo máximo do 45%.

Esta situación extraordinaria produciuse porque o CIXTEC regularizou o IRPF anual unicamente na nómina de abono do Fondo de Acción Social. A consecuencia é que o impacto relativo pode chegar a ser extraordinariamente alto xa que a algunhas persoas aplícaselle o tipo máximo de IRPF (45%). Porén, a regularización do IRPF anual, de corresponder, ten a mesma consecuencia absoluta que de terse feito na nómina mensual.

Ler máis...
 
O Fondo de Acción Social 2011 prevese que se publique no DOG antes de rematar o ano PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 12 Decembro 2011 13:39

Está xa listo o texto definitivo do Fondo de Acción Social do 2011. A súa publicación no DOG está prevista antes de rematar decembro. Con respecto ao borrador inicial efectuáronse modificacións en materia de vivenda, de axudas para persoas discapacitadas e nas distintas datas de presentación.

  • Axuda de persoas discapacitadas: baixa o tope da discapacidade ao 75% para percibir o 100% axuda.

  • Axuda para vivenda: ábrese a axuda a todo o persoal laboral ou funcionario que na data da publicación este de alta coma empregada/o da Xunta de Galiza e leve traballando un ano de xeito ininterrompido.

  • Prazo de presentación: desde a súa publicación até o 30/01/2011.

Descarga o borrador (os cambios aparecen resaltados en vermello)

Modificación de última hora (por requirimento da Intervención): A renda familiar calcularase sumando o importe íntegro dos rendementos obtidos durante o exercicio 2010 por todos os membros da unidade familiar.

 
Proposta de criterios de repartición do Fondo de Acción Social de 2011 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 30 Novembro 2011 13:27

O 30/11/2011, a Administración vén de achegar ás organización sindicais a proposta de criterios de repartición do Fondo de Acción Social 2011, que se tratarán na xuntanza prevista para o vindeiro venres 2 de decembro de 2011.

Podedes trasladarnos as vosas alegacións ou consideracións a través do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Descargar a proposta de criterios de repartición do FAS 2011

 
Listaxes definitivas do Fondo de Acción Social 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 29 Novembro 2011 09:47

No DOG do 29/11/2011 anúnciase a exposición das listas definitivas de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galiza.

Para comprobar as axudas do FAS 2010 hai que pinchar no seguinte enlace da Función Pública, onde debes introducir o NIF e máis o código de impresión da solicitude.

O prazo para presentar reclamacións contra as listaxes definitivas farase mediante recurso de alzada perante a conselleira de Facenda no prazo de 1 mes.

 
Xa está dispoñible para consulta os resultados provisionais do Fondo de Acción Social 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 11 Outubro 2011 08:15

No DOG do 11/10/2011 publícase a resolución pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2010 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

Por motivos de protección de datos de carácter persoal, o resultado provisional de axudas concedidas e denegadas é de acceso persoal a través da seguinte páxina web. Para o coñecemento íntegro do acto os solicitantes deberan introducir nos espazos habilitados para o efecto o NIF e mais o código de impresión da solicitude.

Dase un prazo de 10 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para presentar reclamación ou emendar os defectos.

 
Abrese a convocatoria de prazas para o curso 2011/2012 nas escolas infantís PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 06 Maio 2011 08:57

No DOG do 6 de maio de 2011 sae publicada a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal de Servizos Centrais e dos Complexos Administrativos da Xunta en Vigo e Pontevedra. O prazo de presentación de solicitudes, tanto de reserva de praza como de novo ingreso, será desde a data de publicación desta orde ao 16 de maio, ambos os dous incluídos.

É vella xa a reivindicación desta central sindical de conseguir unha gardería no propio complexo administrativo de SSCC que cubra a enorme demanda que hoxe por hoxe desborda na gardería de Vite. Porén, peor é a situación do resto de persoal da Xunta que non poden acceder a este beneficio social por non haber nin escola infantil no edificio administrativo nin prazas reservadas en escolas públicas próximas. 

Demandamos tamén a extención do contrato de xestión privada na escola de Pontevedra e a cobertura dos postos de traballo con persoal propio.

Accede á información da convocatoria

 
Publicado no DOG o Fondo de Acción Social 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 09 Febreiro 2011 07:53

No DOG do 9/02/2011 publicase a resolución do acordo do Fondo de Acción Social do 2010. Solicitudes electrónicas na páxina web de Función Pública.

  • Prazo para realizar a solicitude electrónica e presentala á correspondente unidade de persoal unha vez impresa para a súa validación: até o 28/02/2011
  • Prazo dos validadores para devolveren as solicitudes conformadas: até o 25/03/2011
  • Presentación das solicitudes conformadas: até o 20/04/2011
 
Solicitude de cantidades indebidamente retidas no FAS 2009 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 02 Febreiro 2011 11:25

A CIG solicita que se devolvan as cantidades indebidamente retidas do Fondo de Acción Social 2009 en concepto de gastos sanitarios e que se tomen as medidas oportunas para que isto non volva a acontecer no do 2010.

Descarga o modelo de solicitude individualizada.

No pagamento do Fondo de Acción Social 2009, ingresado o pasado mes de decembro de 2010, descontouse, por vez primeira, unha cantidade correspondente á cotización do IRPF. Tendo en conta as propias normas tributarias recollidas no artigo 17.1 da Lei 35/2006, de 28 de novembro, do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, as axudas económicas constitúen, en principio, rendementos do traballo para os seus perceptores e están deste xeito suxeitos ao Imposto da Renda das Persoas Físicas.

Malia isto, como xa Función Pública coñecía e a CIG lle advertiu, a Axencia Tributaria conta cun mecanismo de resposta ás consultas de materia tributaria formuladas perante esa administración que, segundo o apartado 1 do artigo 89 da Lei 58/2003, de 17 de decembro,  Xeral Tributaria teñen carácter vinculante. Na resposta a unha destas consultas, vincultantes establecese claramente que non están suxeitos a retención os ingresos do FAS para gastos sanitarios non cubertos pola Seguridade Social.

Ler máis...
 
Sinatura do Acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 05 Xaneiro 2011 13:58

O vindeiro luns 10 de xaneiro terá lugar a sinatura do acordo sobre os criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2010.

A novidade fundamental con respecto ao  2009 é a concreción do acordo achegado o pasado ano (1% da masa salarial en 2014) polo que hai un incremento orzamentario de un millon e medio de euros para este ano. As demáis modificacións son meras melloras técnicas que  permitan unha maior axilidade na súa tramitación.

A publicación no DOG está prevista que se faga en breve, tendo posteriormente ata o 28 de febreiro para cubrir telemáticamente as solicitudes.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre o Fondo de Acción Social 2010 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 16 Decembro 2010 17:41

A piques de rematar o ano, e sen os cartos do ano pasado ingresados, a Administración convocanos o día 20 de decembro para negociar os criterios de repartición do Fondo de Acción Social do 2010. Na seguinte ligazón podedes descargar a proposta que nos remiten. Do mesmo xeito, convidámosvos a participar nos nosos foros para expresar as vosas opinións.

 
FAS: xa se poden consultar as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 29 Novembro 2010 10:58

Hoxe, 29/11/2010, foi publicada no DOG a resolución pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social do exercicio 2009 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia. Para acceder á consulta da información hai que ir á seguinte páxina web. Dende alí, hai que completer o NIF, o ano do FAS (2009), código de impresión (figura na copia da solicitude) e un código numérico de confirmación. Contra esta resolución cabe recurso de alzada no prazo dun mes.

Ler máis...
 
Fondo de Acción Social 2009 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 25 Novembro 2010 14:30

O próximo luns, 29 de novembro, publicarase no DOG a resolución definitiva do Fondo de Acción Social do 2009 segundo información facilitada pola Administración. Agardase tamén que os pagamentos se fagan efectivos neste ano.

 
Por fin as listas provisionais do FAS 2009 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 07 Setembro 2010 12:56

Con máis de 2 meses de atraso, a partir do 9 de setembro estarán dispoñibles as listas provisionais do Fondo de Acción Social 2009.

O 6 de setembro a Dirección Xeral de Función Pública facía a primeira comunicación oficial ás persoas interesadas sobre o Fondo de Acción Social do 2009. Esta comunicación, a través de correo electrónico, informaba de que o 9 de setembro publicaríase no DOG o anuncio de exposición das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas, incluíndo a causa de exclusión. A partir desa data poderase consultar a situación das  solicitudes vía web. Para realiza a consulta é preciso introducir o código de impresión da solicitude que se achega no mesmo correo electrónico.

A Dirección Xeral de Función Pública asegura que o atraso de 2 meses foi debido por estar a espera dos certificados dixitais do IRPF que estaban pendentes de achegar pola Axencia Tributaria. En todo caso, dende a CIG-Autonómica non entendemos que despois de publicar o FAS a comezos de xaneiro, as listas  provisionais saían 8 meses despois. A pesar da inversión en medios tecnolóxicos, cada vez os atrasos acumúlanse máis e danse situacións tan peregrinas como ter que desembolsar gastos do FAS do ano en curso cando aínda non se recibiu a subvención do ano anterior. Xa que logo, demandamos da Dirección Xeral de Función Pública unha maior axilidade na tramitación dos futuros FAS.

Ler máis...
 
Abrese a convocatoria de prazas en escolas infantís para fillas/os do persoal da Xunta de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 05 Maio 2010 22:34

O xoves 6 de maio sairá publicada no DOG a Orde que regula a adxudicación de prazas en escolas infantís 0-3 para fillas/os do persoal de Servizos Centrais e do Complexo Administrativo da Xunta en Vigo. Esta orde fundaméntase nas necesidades de facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das traballadoras e traballadores destes centros. Porén, dende a CIG-Autonómica somos conscientes de que esta necesidade afecta ao resto do colectivo de persoal da Xunta ubicado en centros que polo seu tamaño fan non só posible senón tamén necesario este tipo de servizos sociais. De todas e todos é coñecida a vella reivindicación desta central sindical de conseguir unha gardería no propio complexo administrativo de San Caetano que cubra a enorme demanda que hoxe por hoxe desborda na gardería de Vite.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack