A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 18 convidados en liña
Fondo Acción Social
Fondo de Acción Social 2009 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alexandre Prieto   
Martes, 12 Xaneiro 2010 11:23

Publicado no DOG do 12/01/2010 a resolución pola que se publica o acordo do Fondo de Acción Social do 2009. Solicitudes electrónicas na páxina web de F.P. 

  • Prazo de solicitude en persoal até o 26/02/2010.
  • Devolución das solicitudes conformadas até o 18/03/2010.
  • Presentación das solicitudes conformadas até o 30/04/2010.
 
FAS 2008: listados provisionais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Bersuit   
Martes, 15 Setembro 2009 20:52

O día 16/09/09 publicarase no DOG a Resolución do 7 de setembrto de 2009, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axuda aprobadas e denegadas do Fondo de Acción Social do exercicio 2008 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia.

A partir dese mesmo día, a través da páxina http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm as persoas interesadas poderán acceder á situación concreta  das súas solicitudes. Para iso é necesario  introducir nos recadros correspondentes o DNI, código de impresion da solicitude, ano do FAS (2008) e  os díxitos que aparecen nunha imaxe de control.

As cantidades que aparecen agora son as mínimas que se asignan a cada unha das categorías e págaranse con carácter inmediato. As cantidades a maiores se publicarán coas listaxes definitivas e se ingresará a diferenza.

 
Fondo de Acción Social 2008 PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Isabel Martinez Epifanio   
Venres, 29 Maio 2009 08:51

No DOG de 29 de maio de 2009 sáe publicada a resolución pola que se fixa o procedemento, lugar e prazo de presentación de solicitudes para a concesión de axudas de acción social do ano 2008. É necesario cumprimentar a solicitude a través da páxina web, e posteriormente imprimila e asinala para enviala ás correspondentes unidades de persoal.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 2
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack