|
Escrito por Cristina Terrón
|
|
Xoves, 21 Febreiro 2013 10:19 |
|
No DOG de hoxe, xoves 21 de febreiro, públicase a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2012 das listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. As listas pódense consultar no Rexistro Xeral, nas oficinas de rexistro dos edificios administrativos, nas oficinas comarcais e na páxina web da Xunta de Galiza. O prazo para as posibles reclamacións é de 10 días hábiles a partires de mañá. Deberán presentarse ante a Comisión Permanente Central e axustarse ao modelo que figura no anexo IV da resolución. Xunto coa reclamación cómpre achegar as certificacións de servizos prestados que correspondan. |
|
Escrito por Cristina Terrón
|
|
Luns, 21 Xaneiro 2013 09:24 |
|
Na última xuntanza da Comisión Permanente Central de Listas de substitución, o pasado venres 18 de xaneiro, unha vez vistas e tratadas as reclamacións particulares, tratáronse os seguintes asuntos: - Actualización de méritos
- Acordo de admitir nas listas pechadas as solicitudes de persoas que superasen algunha proba do último proceso selectivo antes da publicación do acto de elección de destino do persoal de novo ingreso.
- Modificación do Decreto 37/2006.
- Guía do Decreto.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Cristina Terrón
|
|
Xoves, 29 Novembro 2012 08:24 |
|
Segundo informa a Dirección Xeral de Función Pública, o vindeiro 4 de decembro de 2012 van publicar as listaxes definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. Estas listas están elaboradas en cumprimento do establecido no artigo 6.2 do Decreto 37/2006. |
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 08 Outubro 2012 13:10 |
|
Segundo informa Función Pública, o vindeiro mércores, 10 de outubro, publicarase no DOG as listas provisionais para a cobertura de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal labroal da Xunta de Galicia. Accede á resolución.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 11 Setembro 2012 07:58 |
|
Informan desde a Dirección Xeral de Función Pública que o vindeiro mércores 12 de setembro publicarase no DOG as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario da escala de profesores numerarios de instituto politécnico marítimo-pesqueiro. |
|
Escrito por Xosé Ramón Vázquez
|
|
Venres, 29 Xuño 2012 08:36 |
|
O xoves, 28 de xuño, celebrouse unha rolda de prensa e posterior concentracion e entrega de sinaturas de apoio, máis do 2.000, no rexistro xeral da Xunta de Galiza en San Caetano. Dende a CIG apoiamos as reinividacións deste colectivo formado por 109 traballadoras e traballadores que desempeñan as súas funcións nas oficinas de emprego do país. Hoxe, 30 de xuño, é o último día que traballarán, hoxe será o último día que desenvolverán a súa labor en cuestións de orientación e axuda a gran masa de persoas en paro deste país, hoxe irán á rúa porque a Xunta de Galiza non quere esforzarse en atopar unha solución para manter estes postos de traballo coma xa fixeron outras comunidades autónomas.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 28 Xuño 2012 08:48 |
|
O xoves, 28 de xuño, ás 11:30h, no edificio administrativo de San Caetano (entrada estación de autobuses) farase unha concentración solidaria coas orientadoras e orientadores de emprego do RDL 13/2010. Este acto irá acompañado da entrega por rexistro das sinaturas de apio recollidas durante as últimas semanas.
No acto protestarase contra a grave situación que se deriva da eliminación de 109 postos de traballo que están a desenvolver as súas funcións actualmente nas oficinas de emprego de Galicia. Esta eliminación, antes da data prevista e no medio dun contexto de altísimas taxas de paro, é totalmente inxustificada xa que tal e como fixeron outras comunidades se revela que se poden arbitrar os fondos orzamentarios necesarios. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 26 Xuño 2012 12:39 |
|
O martes, 26 de xuño, houbo unha reunión co director de Función Pública, promovida e xestionada pola CIG, para que o colectivo de promotores de emprego do RDL 13/2010 e RDL 1/2011 expuxesen a súa problemática. A esta reunión, por iniciativa deste colectivo, acudiron tamén representantes de CCOO, UGT e CSIF.
Estas compañeiras e compañeiras, persoal funcionario interino, indicaron que as causas polas que os contrataron aínda persisten, que o seu nomeamento tiña unha data de finalización (31/12/2012), que non se cumpriu e que por isto teñen a súa situación no xulgado contencioso-administrativo. Outras das cuestión das que falaron foi dunha carta da ministra de emprego que indica que a resolución dos contratos é competencia das comunidades autónomas e que por isto presentaron un recurso de inconstitucionalidade vía Valedor do Pobo e que no diario de sesións do Congreso hai unha recente intervención dunha deputada do PP indicando que hai cartos para este fin. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 26 Xuño 2012 08:05 |
|
No DOG do 26/06/2012 publícanse dúas resolucións referentes á apertura das listas de contratación temporal de persoal interino da escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros en diversas especialidades:
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 22 Xuño 2012 14:08 |
|
Tras moito insitir, o director xeral de Función Pública convócanos para o vindeiro martes, 26 de xuño, xunto cos promotores de emprego contratados segundo o Real decreto-lei 13/2010 e RDL 1/2011 para tratar alternativas que permitan a continuidade do seu traballo até finais de ano. Ademais, a CIG solicitou na Mesa Xeral do 22 de xuño unha xuntanza de todas as OOSS coa SX de Traballo, cousa á que se negaron. Cómpre recordar que na Lei de orzamentos estatal establece a posibilidade de que estes contratos rematen o 30 de xuño (6 meses antes do previsto). Porén tamén se estabelece que os créditos correspondentes distribuiranse territorialmente entre as ditas administracións, de conformidade co estabelecido na normativa estatal. De feito xa son varias as comunidades autónomas (Cantabria, Estremadura e Aragón) que anunciaron que ían manter estes contratos. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 22 Maio 2012 08:42 |
|
De acordo co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, publícase no DOG a resolución de actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario (anexo I) e para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia (anexo II)
As listas entrarán en vigor a partir do 23 de maio. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Accede á consulta das listas
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 04 Maio 2012 11:19 |
|
Segundo información da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural e do Mar, despois de rematada a realización das probas físicas e de agudeza visual aos aspirantes das listas do Decreto 5/2007, que modifica o Decreto 37/2006, correspondente a determinadas categorías de persoal laboral do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais e persoal do Pladiga, o día 4 de Maio de 2012 estarán publicados os resultados de ditas probas. Os aspirantes poderán consultar o resultado da proba física e de agudeza visual, segundo corresponda en cada caso, na páxina web da Consellería de Medio rural e do Mar, no apartado de “AVISOS” ou premendo a seguinte ligazón.
|
|
Escrito por Alfonso Diz Diéguez e Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 23 Abril 2012 09:50 |
|
A CIG vén de dirixir o día 23/04/2012 un escrito á conselleira de Traballo e Benestar e á Dirección Xeral da Función Pública en relación coa continuidade dos promotores de emprego.
Estas traballadoras e traballadores foron contratados segundo o Real decreto-lei 13/2010 e RDL 1/2011, para levar a cabo a execución de dúas medidas derivadas destas dúas normas estatais, desenvolvendo os itinerarios individuais e personalizados para a mellora da empregabilidade de mozos e maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración. Segundo estabelecían estas normas a contratación estenderíase, como mínimo, até o 31/12/2012. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Noya
|
|
Venres, 06 Abril 2012 23:12 |
|
A Conselleria do Medio Rural e do Mar comunicounos as datas previstas para a realización das probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladoras polo Decreto 5/2007, do 25 de Marzo, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de Marzo, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) e de persoal do PLADIGA. Os aspirantes poderán consultar o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Conselleria do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Daniel Veiga e Anxo Anta
|
|
Venres, 30 Marzo 2012 12:55 |
|
A Consellaría de Medio Rural e Mar comunícanos que tendo en conta que a situación de risco de incendios está evolucionando desfavorablemente por mor das actuais condicións meteorolóxicas, e que o actual despregue de fixos e fixos-discontínuos non será suficiente para facer fronte ás ditas previsións, a consellaría reforzará o número de efectivos que traballan na extinción dos lumes a curto prazo, mediante o reforzo das dotacións das brigadas helitransportadas nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra.
Xa que logo, Medio Rural realizará chamamentos para a contratación de persoal laboral temporal do servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e que a elección dos destinos terá lugar o vindeiro día 3 de abril de 2012 nas correspondentes xefaturas territoriais . O horario da elección será en cada xefatura territorial o seguinte: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Cris Terrón
|
|
Martes, 28 Febreiro 2012 13:14 |
|
O vindeiro 1 de marzo de 2012 publicarase no DOG a resolución de peche de determinadas listas tanto de persoal funcionario como de persoal laboral. Tamén se publicará no anexo II e III desta resolución que listas estarán abertas e cales están pechadas (nestas soamente poderán inscribirse aquelas persoas que superaran algún exercicio do último proceso selectivo ou teñen servizos prestados na categoría).
Soamente permaneceran abertas aquelas listas nas que rematara un proceso selectivo despois do prazo de presentación de instancias correspondentes ao ano 2011 ou aquelas que sexa necesario que permanezan abertas polo número de asignación e persoas inscritas. |
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Luns, 20 Febreiro 2012 11:00 |
|
No DOG de 20/02/2012 publícase a Resolución do 13 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que, de conformidade co artigo 12 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (Diario Oficial de Galicia número 48, do 9 de marzo) se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2011 das listas para a cobertura, con carácter transitorio, de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia. As devanditas listas atópanse á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 26 Xaneiro 2012 08:51 |
|
No DOG do 26/01/2012 fanse públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. As listas atópanse á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón da páxina web de Función Pública. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición. Do mesmo prazo disporán as que desexen interpoñer un recurso de alzada contra a dita resolución.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 30 Novembro 2011 11:53 |
|
No DOG do 30/11/2011, publícase a resolución pola que se fan públicas as listas provisionais das solicitudes presentadas no prazo comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza. As listas atópanse á disposición das persoas interesadas na seguinte ligazón da páxina web de Función Pública. As reclamacións contra as listaxes provisionais pódense facer no prazo de 10 días hábiles ante a Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública. |
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 28 Novembro 2011 11:41 |
|
Segundo nos informa Función Pública, o vindeiro mércores, 30 de novembro, publicarase no DOG as listas provisionais das solicitudes de listas de contratación temporal e nomeamento de funcionarios interinos presentadas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo de 2011.
O prazo para presentar alegacións rematará o 14 de decembro. |
|
|