A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 14 convidados en liña
Listas substitucións
Abertas varias listas de substitución do Sergas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 28 Novembro 2011 08:00

No DOG do 28/11/2011 publicase a resolución pola que se abre o prazo para inscrición de aspirantes para o acceso ás vinculacións temporais no Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellaría de Sanidade nas seguintes categorías:

  • Grupo auxiliar da función administrativa

  • Persoal de servizos xerais

  • Celador/a

As solicitudes deberán rexistrarse no prazo comprendido entre o 1 de decembro de 2011 e o 15 de xaneiro de 2012. Os méritos computábeis serán os causados ata o 31 de decembro de 2011.

Ler máis...
 
Aberto o prazo de suxestións ao Decreto de listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Luns, 08 Agosto 2011 10:29

Como xa informamos con anterioridade, Función Pública nos manifestara a súa intención de introducir cambios substanciais na xestión das listas regulamentadas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo,  polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Déronnos de prazo ata o 15 de setembro para achegar as suxestións que consideremos que se deban ter en conta nesta modificación. Podedes achegarnos as vosas consideracións ao noso correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Modificación do Decreto de listas tras o verán PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 08 Xullo 2011 11:53

Na última xuntanza da Comisión de listas, ademáis dos asuntos de trámite, a Administración puxo data ao que xa nos viña informando desde vai tempo: en setembro abordarán unha reforma importante do actual Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A próxima reunión a teremos o 13 de setembro. Agardamos que para de aquela xa teñamos un borrador no que traballar.

 
Actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2010 das listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 17 Xuño 2011 07:39

O día 17 de xuño publicase no DOG a resolución pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2010 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario (anexo I) e a contratación temporal de persoal laboral (anexo II) da Xunta de Galicia.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Podes consultalas no seguinte enderezo web.

Consultar resolución e anexos


 
PLADIGA 2011: contratacións de SEAGA vs listas de contratación PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Miguel Suárez e Anxo Anta   
Venres, 10 Xuño 2011 11:46

Para o PLADIGA (Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia) no  2011 a Xunta contratará 2.720 persoas traballadoras fronte as  2.216 do SEAGA.

As listas para cubrir prazas nas categorías de Peón V-014, Peón Conductor V-014A e de Xefe de Brigada III-100 a través do PLADIGA están abertas para novas incorporacións ata o vindeiro 15 de Xullo. Porén, tódalas contratacións  do PLADIGA 2011 das categorías  V-014 Peón, 975 traballadores, Peón Conductor V-014A, 595 traballadores e de Xefe de Brigada III-100, 415 traballadores, serán feitas a través de SEAGA.

Desde a CIG-Autonómica consideramos que se está a enganar ás persoas desempregadas galegas que pagan unhas tasas para incorporase a unhas listas de persoal do SPDCIF e que se presentan e deben superar  unhas probas físicas, sen ter ningunha posibilidade real de traballo.

Ler máis...
 
Próxima apertura de varias listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 07 Xuño 2011 20:20

O vindeiro 10 de xuño de 2011 publicarase no DOG  a reapertura do prazo de presentación de solicitudes para o grupo II categoría 104 (intérprete de linguaxe de signos). Por outra banda, tal e como reclamou a CIG, publicarase tamén a apertura para as Escalas de urbanismo e de consumo.

Ler máis...
 
Resumo da xuntanza da Comisión de Listas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 25 Maio 2011 11:13

Na xuntanza da Comisión de Listas de Substitución do 24 de maio tratáronse, entre outros, os seguintes temas: actualización definitiva de méritos e chamamentos de orientadores laborais.

  • A publicación da actualización definitiva de méritos será probablemente o día 13 de xuño.

  • Preguntouse polos chamamentos de orientadores laborais e contestaron que van comezar de xeito inmediato. Fixeron fincapé  en que é un tema que leva directamente a consellaría de Traballo e que estes chamamentos quedan fóra do ámbito desta comisión.

De xeito informal falouse dunha probable modificación do Decreto nos seguintes puntos: posibilidade de acurtar os prazos de suspensión así como de que esta sexa automática desde que se solicita.

A seguinte reunión quedou fixada para o día 30 de xuño.

 
A CIG solicita a cobertura de baixas e vacantes de axentes forestais e facultativos medioambientais PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Zeltia Burgos Tortosa e Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 16 Maio 2011 10:54

A CIG-Autonómica vén de lle solicitar formalmente á Dirección Xeral da Función Pública a cobertura inmediata dos postos das escalas de axentes forestais e axentes facultativos ambientais (vacantes e non vacantes), e que non se condicionen as comisións de servizo pola vacante que resulte xa que non hai argumentación legal, nin xustificación económica, nin solución organizativa que o ampare. ACTUALIZADO: Ver resposta de Función Pública.

Os/as axentes forestais e os/as axentes facultativos ambientais están adscritos aos distritos forestais e distritos ambientais da Consellería de Medio Rural. As súas funcións veñen recollidas no regulamento da escala de Axentes Forestais, regulamento que a efectos prácticos e de xeito subsidiario e provisional a día de hoxe esta administración esta a aplicar nos axentes facultativos ambientais mentres non elabora un regulamento propio da escala.

Ler máis...
 
Probas físicas para o persoal de defensa contra incendios PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 11 Maio 2011 14:04

No DOG do 11/05/2011 publicase a resolución da convocatoria da realización das probas físicas e de agudeza visual  para os aspirantes a formar parte das listas do decreto 5/2007, que modifica o Decreto 37/2006, correspondentes a determinadas categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais e de persoal do Plan de Defensa contra Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).

Ler máis...
 
Contratación de promotores de emprego PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rodolfo Docampo Abalde e Roxerio Roxo Carrillo   
Luns, 02 Maio 2011 13:34

Na xuntanza do 29/04/2011 entre a secretaria xeral técnica da Consellaría de Traballo e do Benestar e as OO.SS, a Administración concretou o sistema de contratación de 109 traballadores para as distintas oficinas de emprego de todo o País.

A Consellaría recuou na súa pretensión de crear a categoría de “promotor de emprego”  de persoal laboral e a súa posterior seleccción vía oferta xenérica no INEM, optando por facer chamamentos a través das listas de susbtitución do Decreto 37/2006. O chamamemento aos integrantes das listas, subgrupo A2,  será excluínte en titulacións, pois só serán chamados aqueles que reúnan o requisito dalgunha das seguintes titulacións: Traballo social, educador social, graduado social ou diplomado en relacións laborais. A contratación será inmediata, posiblemente ao longo desta primeira quincena de maio e se extenderá, en principio, até o remate do ano 2012.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre contratación de 109 promotores de emprego para o Servizo Público de Emprego PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rodolfo Docampo e Roxerio Roxo Carrillo   
Martes, 19 Abril 2011 17:18

O día 18/04/2011 realizouse a segunda a segunda xuntanza entre a Secretaria Xeral Técnica de Traballo e Benestar e as organizacións sindicais co obxecto de perfilar o sistema de contratación dos promotores de emprego.

Na xuntanza, a Administración reiterou a posición mantida na primeira xuntanza do 14/04/2011:  en aplicación do Real decreto-lei 13/2010 e R.D.L. 1/2011, se procederá á inmediata contratación de 109 promorores de emprego/orientadores para a execución de dúas medidas derivadas destas dúas normas estatais, desenvolvendo os itinerarios individuais e personalizados  para a mellora da empregabilidade de xóvenes e maiores de 45 anos en situación de desemprego de longa duración. Estes contratos, de carácter temporal, se extenderán, como mínimo até o 31/12/2012.

Ler máis...
 
Xuntanza sobre a contratación de promotores de emprego na C. de Traballo e Benestar PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Xoves, 14 Abril 2011 21:01

O 13 de abril de 2011, a Secretaría Xeral de Traballo e Benestar mantivo unha xuntanza para informar ás organizacións sindicais sobre a contratación de promotores de emprego:

  • A contratación sería de cando menos 109 promotores/as de emprego ás oficinas de emprego dependentes da Xunta, en aplicación do  Real decreto-lei 13/2010 e do Real decreto-lei 1/2011.
Ler máis...
 
Resumo da xuntanza da Comisión de Listas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 13 Abril 2011 14:02

O pasado 11 de abril tivo lugar unha xuntaza da comisión de listas de substitución nos que se falaron dos seguintes temas:

Listas definitivas de actualización de méritos

Función Pública di que están pendentes de certificacións que lle debe envíar algunha consellería polas reclamacións das persoas que teñen contratos a tempo parcial. Esto está retrasando todo o proceso.

Resolucións de apertura de varias listas

Ler máis...
 
Apertura de listas no INGACAL PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 13 Abril 2011 08:30

No DOG do 13 de abril sae publicada a resolución da apertura de listas para nova incorporación e actualización de méritos no Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL). A esté instituto están adscritos, entre outros, o CIAM de Mabegondo e a estación enolóxica de Leiro en Ourense.

O prazo de presentación de solicitudes para inclusión de novo persoal, actualización de méritos e modificación de ámbitos será de trinta días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Consulta das categorías profesionais e bases da convocatoria no seguinte enlace

Corrección de erros

 
A CIG rexeita a contratación a través de ETT na Administracións Públicas PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo   
Mércores, 16 Marzo 2011 19:12

O Goberno central vén de trasladarlles ás organizacións sindicais un proxecto de Real decreto que dá entrada ás empresas de traballo temporal na Administración. O ámbito do dito Real decreto atinxe as Administracións Públicas e as Entidades de Dereito público que sexan dependentes, así como o resto de Entidades, Corporacións de Dereito Público, Fundacións e Consorcios.

As actividades para as que as Administracións Públicas poderán recorrer ás empresas de traballo temporal (ETT) son as seguintes:

a)     Actuaciones puntuais de conservación de edificios

b)     Mantemento e reparación de maquinaria e equipos

c)      Obtención de datos para a elaboración estudos e enquisas da opinión pública

d)     Transporte, porteo e análogos

Ler máis...
 
Ultimas novidades nas listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 01 Marzo 2011 00:00

Na última xuntanza da comisión de listas de substitución tratáronse, entre outros, os seguintes temas: apertura de novas listas, contratación de orientadores laborais, publicación de acordos da comisión vía web e a puntuación do proceso de consolidación de persoal laboral.

APERTURA DE NOVAS LISTAS

Mediate publicación da resolución abriranse as seguintes listas: inspectores e subinspectores urbanísticos, subinspectores de consumo (ambas categorías con procesos rematados) e iintérprete de linguaxe de signos (por pedimento da Consellaría de Educación).

Ler máis...
 
Publicacións das listas definitivas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Venres, 28 Xaneiro 2011 09:15

No DOG do 28/01/2011, e segundo se nos informaba na última xuntanza da comisión, publicase a resolución das listas definitivas de substitución ao abeiro do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. As listas ás que afecta son: para persoal funcionario as correspondentes aos corpos e escalas que se inclúen no anexo I desta resolución, e para persoal laboral os grupos e categorías que se inclúen no anexo II

A súa consulta pode facerse no seguinte enderezo web e indican: os solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación e os solicitantes excluídos, con expresión da causa de exclusión. As que non especificaron debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías e deberán dirixirse a Función Pública.

As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Os solicitantes excluídos disporán do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG para solicitar presentar recurso de alzada. Tamén poden solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición

 
Xuntanza da Comisión de listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Martes, 25 Xaneiro 2011 14:59

A semana pasada tivo lugar un novo encontro da comisión de listas no que se abordaron, entre outros, os seguintes temas:

  • Publicación das listas definitivas e actualizacións
  • Apertura de listas pechadas
  • Penalización por presentación da suspensión de chamamentos no modelo antigo


Publicación das listas definitivas e actualizacións

O día 28 de xaneiro teñen previsto publicar as listas definitivas. Se poden, adiantarán a data pero de todos os xeitos mandaranos unha comunicación previa para confirmalo. As actualizacións sairán a finais de febreiro

Ler máis...
 
Actualización das listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Mércores, 01 Decembro 2010 11:12

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 25 de novembro de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as lista provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,  de conformidade co establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Esta resolución fai referencia as novas inscricións feitas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo. Toda a información atópanse a disposición dos interesados, entre outras, a través do seguinte web.

Nas devanditas listas figurará a seguinte información: Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional e solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións que coiden oportunas, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública.

Grupo mixto

Hai tamén unhas cantas instancias que, por non especificar debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías. Se alguén non aparece nos listados pode contactar a través da CIG-Autonómica para ver se está incluído ou non nese listado "caixón de sastre".

 
Convocatoria pública de persoal laboral temporal no PLADIGA PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Anxo Anta   
Xoves, 01 Xullo 2010 12:52
As listas oficiais de Conductor/a de motobomba (persoal laboral grupo III - categoría 33) atópanse esgotadas en varios departamentos territoriais da consellaría de Medio Rural. Xa que logo,  estanse a facer chamamentos xenéricos a través de convocatoria pública.  O requisito específico é o carné de conducir C e a titulación esixida é a de graduado escolar ou equivalente. O prazo de admisión de solicitudes rematará o vindeiro 6 de xullo. A lista de prazas ofertadas son as seguintes:
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 3
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack