|
Lexislación
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 03 Xaneiro 2013 13:14 |
|
Tal e como adiantamos no resumo da última Comisión de Persoal, o director xeral de Función Pública transmitiunos a intención de iniciar co novo ano unha serie de modificacións e propostas de normativa que afecta ao persoal. Entre estas propostas, a primeira que nos achega é a da modificación do Decreto 93/91 de provisión de postos no relativo á redución drástica dos prazos de toma de posesión. A actual proposta supón un novo recorte nos nosos dereitos ao reducir o tempo para a toma de posesión tralos concursos de 1 mes a 5 días hábiles, no caso de cambio de localidade; tamén se ve afectado o tempo no caso de que non haxa cambio de localidade de 3 a 2 días hábiles. Por librar, non se libran nin o prazo de reingreso ao serivzo activo que pasa de 1 mes a 20 días hábiles. Por outra banda, redefínese o concepto de cambio de localidade como aquel que ocasione un cambio de residencia.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Venres, 20 Xullo 2012 09:52 |
|
Consonte á Constitución de 1978, o control de constitucionalidade das leis correspóndelle ao Tribunal Constitucional, órgano de composición e función mixta político-xudicial. Malia que, tendo en conta as decisións e motivacións efectivas deste Tribunal, a resposta máis probable será a de declarar a “inconstitucionalidade notoriamente infundada” dos recursos ou cuestións de constitucionalidade que se interpoñan contra o Real Decreto-Lei 20/2012, non faltan fundamentos para cuestionar a adecuación desta norma ao ordenamento xurídico emanado da Constitución de 1978 que continúa sendo, en teoría -non así na praxe- plenamente vigorante. Entre outros:
1.- Violación do art.31 CE que impón que o sostemento das cargas públicas por parte da cidadanía sexa por vía tributaria.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Mércores, 14 Marzo 2012 22:34 |
|
O día 3 de marzo entrou en vigor a lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dado que o seu ámbito de aplicación é todo o persoal ao servizo da Comunidade Autónoma e por tanto o persoal laboral, e que altera o contido do convenio colectivo en vigor, a CIG e UGT veñen de soliticar conxuntamente que se reuna con urxencia a comisión paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do V Convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia Descargar o escrito conxunto presentado pola CIG e UGT o 12/03/2012 |
|
Escrito por Roxerio Roxo Carrillo
|
|
Xoves, 27 Outubro 2011 07:48 |
|
No BOE de 27/10/2011 publícase o Real decreto 1493/2011, de 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da seguridade social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei estatal 27/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da seguridade social. Por virtude desta disposición, as persoas que desenvolvesen prácticas como bolseiros poderán cotizar retroactivamente por un período de até dous anos, até o 31 de decembro de 2012. Descargar o texto completo do RD 1493/2011
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 23 Agosto 2011 00:00 |
|
A CIG-Autonómica presentou onte, en rolda de prensa, as alegacións ao borrador da lei de Montes de Galicia. Lei na que, con respecto a administración autonómica, destaca a desleixo de funcións e responsabilidades da Xunta de Galicia co monte Galego e a "inexistencia" e menosprezo calculado dos traballadores e traballadoras da Xunta e do sector forestal nesta norma (na lei marco estatal si os contempla). Descargar alegacións
|
|
Escrito por CIG-Autonómica
|
|
Xoves, 11 Agosto 2011 08:09 |
|
A Administración achega o borrador do Decreto polo que se regulamenta o réxime de persoal das entidades instrumentais, se consolida a existencia de persoal propio nas mesmas e, en caso de extinción, este persoal adquirirá condición de persoal laboral fixo da Xunta.
Facendo memoria todos lembramos que hai un ano a CIG se opuxo radicalmente á LOFAXGA, lei que consolidaba a práctica dos entes de contratar persoal proprio, persoal seleccionado moitas veces por criterios de amiguismo, ou, ao contrario, por saír máis “barato” que ter persoal funcionario ou persoal laboral da Xunta. Este sistema de ter persoal proprio fóra do convenio colectivo da Xunta e ter listas de contratación propias é un “chollo” ao que a Administración non quería renunciar, e por suposto non renunciou ao ter o apoio de tres organizacións sindicais. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 10 Agosto 2011 17:58 |
|
Na prensa subvencionada se fala continuamente de que o Goberno da Xunta vai acabar cos chiringuitos, cando a realidade o único que se vai facer é darlles cobertura legal (LOFAXGA), podendo integralos na propia Xunta ou ben noutros entes diferentes, coa facilidade de contratar a quen queiran e ter a posibilidade de substraerse do control na súa actividade.
Baixo este panorama, xunto co xa habitual de constante externalización de servizos públicos, resulta necesario que estatutariamente se contemple a existencia dun órgano colexiado de control onde este representada a parte social e que teña como atribucións o estudo, asesoramento, información, control e seguimento en materia de contratos celebrados ao abeiro da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 27 Xullo 2011 12:41 |
|
Achéganos a Administración, non sen tempo, o borrador do decreto de funcións de persoal veterinario. Pódense presentar alegacións deica o día 3 de agosto. A CIG-Autonómica xa se posicionou durante todas as xuntanzas de negociación das RPTs e concurso de traslados deste colectivo en que primeiro lugar habería que sentarse a negociar este decreto. Descarga o borrador do decreto
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 07 Xullo 2011 13:03 |
|
A CIG-Autonómica vén de presentar as súas alegacións á documentación achegada pola Administración do novo Decreto de servizos de persoal veterinario e as súas funcións. Nestas alegacións reiterase á Administración a cumprir o Acordo para a ordenación e mellora da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2008, xa que ao igual que coas reformas das RPTs, este borrador non pasou pola comisión de seguimento. Descarga as alegacións*
* Documentos dispoñibles en descarga só para afiliados. |
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 24 Xuño 2011 16:00 |
|
A CIG-Autonómica presentou o 24 de xuño alegacións ao borrador do proxecto de decreto de organización e funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais da CA de Galicia. Descargar alegacións
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Venres, 17 Xuño 2011 11:18 |
|
Está en elaboración o anteproxecto da nova Lei de Montes por parte da Consellaría de Medio Rural. Actualmente está aberto o prazo de información pública, por un prazo de 20 días hábiles, polo que se poden presentar alegacións e suxestións a través da propia páxina web ou por escrito dirixido á Dirección Xeral de Montes.
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 16 Xuño 2011 22:43 |
|
De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, achéganos a Administración o borrador do proxecto de decreto de organización e funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais da CA de Galicia. Co obxecto de realizar as alegacións ou suxestións que estimemos oportunas dannos de prazo ata o 24 de xuño. Como sempre pomos á vosa disposición o noso correo para que nos acheguedes as vosas consideracións:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Descargar proxecto de decreto
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Domingo, 07 Novembro 2010 23:01 |
|
Na Mesa Xeral do 12/06/2009 o director xeral de Función Pública comprometéuse a ampliar o prazo para a integración das persoas da escala de axentes forestais na escala de axentes facultativos medioambientais. Posteriormente e coa modificación reaccionaria da LFPG, emprega este tema, que xa estaba comprometido, para dar imaxe de “negociador” con UGT e CSIF.
Con tanta modificación de calado sobre a Lei de Función Pública de Galicia, a bastantes persoas, quitando ás propias interesadas, lles pasaría desapercibida como se engadiu no texto final aprobado na Comisión de Persoal do 18/10/2010 un artigo que se titula: “Escala de axentes facultativos medioambientais”. A que vén está mofidicación posterior? É unha das poucas cousas boas que se engadiron? Sí pero non. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Xoves, 28 Outubro 2010 17:17 |
|
Dende a Dirección Xeral de Función Pública achégannos a proposta de modificación do Decreto 144/2001, que regula as indemnizacións por razón de servizo para o persoal da Xunta de Galicia. Esta modificación afecta fundamentalmente á indemnizacións das persoas que forman parte dos tribunais de oposición e outros órganos de selección. Haberá unha reunión para discutir a proposta o vindeiro mércoles, 3 de novembro, na Subdirección Xeral de Provisión de Postos de Traballo e Selección de persoal. Podedes facernos as vosas suxestión a través, entre outras vías, dos nosos foros. Descargar proposta de modificación do Decreto 144/2001
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Martes, 19 Outubro 2010 01:38 |
|
Xa está, xa nos meteron o dedo ben metido no ollo, xa temos mobilidade, xa retornamos ao LD-dismo de Fraga. E algúns fican contentos.
UGT e CSIF apoiaron a Función Pública na súa reforma, contando o conto de que con elo suavizaron a mobilidade forzosa e meteron algunha mellora no texto mentres que CIG e CCOO non quixemos negociar.
Toda unha trapallada que comezou fai tan so unha semana cando tentaron forzar unha modificación da lei sen tempo de reacción, cun festivo por medio, utilizando a Lei de acompañamento dos orzamentos da Xunta. Nesa ocasión atopáronse con que os catro sindicatos plantamos aos responsábeis políticos e a prensa se fixo eco das nosas demandas. Pero a unidade e o plante non foi posíbel repetilo porque UGT e CSIF agacharon as orellas para que en troques de dez paus, so recibamos nove. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Mércores, 13 Outubro 2010 16:58 |
|
Ante as declaracións na prensa dos responsables da Dirección Xeral da Función Pública, xustificando as reformas previstas na Lei da función pública na reorganización dos "chiringuitos" ou entes paralelos á Administración autonómica, desde a CIG-Autonómica manifestamos o seguinte:
É falso que as novas formas de mobilidade forzosa para persoal funcionario estean deseñadas para facilitar a reorganización dos entes paralelos á Administración ou "chiringuitos". De ser certo ese argumento, a nova mobilidade forzosa tería a forma de disposición transitoria na lei, explicitando que só para ser aplicada aos casos moi minoritarios de funcionarios destinados en tales entes. A realidade é que se inclúe un novo artigo 30 bis na LFPG, con eficacia xeral, e que poderá ser utilizado arbitrariamente pola Xunta con criterios de afinidade política e/ou persoal para castigar ou premiar con traslados aos funcionarios de carreira. |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Martes, 12 Outubro 2010 13:41 |
|
A posibilidade de mandar en calquera momento a calquera recuncho do país ao persoal funcionario e a elección a dedo das xefaturas de servizo, son as medidas “estrela” da Xunta de Galicia para loitar contra a crise dende a Función Pública Galega. O luns 11 de outubro de 2010, a Dirección Xeral da Función Pública achegaba ás organizacións sindicais unha proposta de modificación da Lei da función pública, que se tratará durante só unha hora nunha xuntanza o mércores día 13, xunto coas RPT de dúas consellarías. Sen tempo material para a exposición pública, para o debate democrático do documento e cunha inaceptable falta de consideración ao conxunto das empregadas e empregados públicos galegos, a Administración galega pretende aprobar unha reforma reaccionaria da Lei de Función Pública pola porta de atrás. Está previsto aprobar estas moidificacións a través da Lei de acompañamento da Lei de orzamentos de 2011, entrando deste modo en vigor o 1 de xaneiro.
Entre a batería de modificacións propostas, destacan dúas en particular polo seu carácter reaccionario e polo inmenso prexuízo que supoñen para a ordenación da Función Pública Galega: - Mobilidade forzosa “á carta” do persoal da Administración
- As Xefaturas de Servizo serán de libre designación
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 09 Agosto 2010 09:53 |
|
O 04/08/2010 a Comisión de Persoal aprobou o anteproxecto de Lei de Organización e Funcionamento da Administración Xeral e o Sector Público Autonómico de Galiza (LOFAXGA) co voto en contra da CIG-Autonómica.
A CIG-Autonómica entende que existen dous modelos diferentes de Administración Pública:
- Un, defendido por nós, consistente en que todo o persoal, independentemente de se presta servizos na Administración Xeral ou en calquera tipo de ente, sexa seleccionado por Función Pública tendo a condición de persoal funcionario ou persoal laboral da Xunta.
- E outro, o aprobado este mércores, consistente nunha Administración rodeada de entes instrumentais, principalmente Axencias, que poden ter persoal propio.
|
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Anxo Anta
|
|
Luns, 21 Xuño 2010 09:22 |
|
Se hai preto dun mes tivemos que soportar o envite do recorte salarial, agora tócanos a LOFAXGA. A LOFAXGA é o acrónimo da futura Lei de organización e funcionamento da administración xeral e o sector público autonómico de Galicia. Unha lei que de momento se atopa en fase de anteproxecto, que se nos achegou aos sindicatos, e á que a CIG-Autonómica presentou importantes alegacións en defensa dos dereitos do persoal funcionario e laboral e dos servizos públicos.
Esta nova lei non elimina a enorme cantidade de entes públicos instrumentais, senón que os potencia, convertíndoos na tónica xeral da administración. Á parte do desmantelamento evidente da Administración autonómica, a LOFAXGA terá as seguintes consecuencias para o persoal funcionario e laboral da Xunta: |
|
Ler máis...
|
|
Escrito por Alexandre Prieto
|
|
Mércores, 20 Maio 2009 16:26 |
|
Modificacións que propón nesta lei na primeira Mesa Xeral con este goberno: - Carreira Profesional: NON
- 1% da masa salarial no Fondo de Acción Social: NON
- Cláusula de revisión salarial: NON
- Reclasificación dos níveis mínimos: NON
- Acceso do C1 ao A1 direto: NON
- Reservar aprobado en vindeiras convocatorias: NON
- Eliminación do grupo E: NON
- Trienios iguais ao grupo A1 para todo o persoal da Xunta de Galiza: NON
O que lle importa ao Partido Popular e ao “Sr.” Núñez Feijoó é aprobar unha nova lei da Función Pública cun só artigo: |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
|
|