|
Novas nacionais (no menú esquerdo podes filtrar)
|
Luns, 11 Marzo 2013 10:34 |
INAUGURAMOS UN NOVO WEB
A CIG-Autonómica estrea un novo web con importantes cambios. A dirección segue a ser a mesma, http://autonomica.cigadmon.org. Se tras escribir este enderezo segue a aparecerche este web, entón é que o teu navegador está a gardar o nome antigo: solución, limpar o historial. http://autonomica.cigadmon.org Se non consegues que che funcione, preme nesta ligazón. |
|
Luns, 11 Marzo 2013 08:55 |
|
12 dos ditos postos están ocupados
O pasado 8 de marzo, a Dirección Xeral de Función Pública remitiu pa ao Comité Intercentros a proposta de amortización de 30 prazas de persoal laboral da área de Cultura da Consellaría de Cultura e Educación. Esta proposta foi remitida para o seu informe, de acordo co artigo 4 do Convenio Colectivo. Descargar proposta
Pola contra, mentres se amortiza este persoal, a consellaría ten cartos para dotar un posto de vicesecretrario/a xeral, dous postos territorias de xefe/a de servizo e traer persoal doutras administracións. Descargar proposta
|
|
Ler máis...
|
|
Luns, 11 Marzo 2013 07:53 |
|
No DOG do 11/03/2013 vense de publicar a convocatoria de dúas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o persoal da Administración autonómica de Galicia: Cursos de linguaxe administrativa galega en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Accede á convocatoria
Probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia. Accede á convocatoria
O prazo de presentación de ambas solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de marzo de 2013 ás 14.00 horas. O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP http://egap.xunta.es/matricula
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 19:06 |
|
Para a primeira rolda de categorías de persoal laboral pendente de toma de posesión definitiva (I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016) Función Pública xa colgou no seu web as listaxes defintivas, así como as datas previstas para o acto de elección de destino, tanto para acceso libre como para promoción interna: I-006, , II-006, II-017,: 21 de marzo
No caso das últimas categorías das cales nos remitiron as listaxes (IV-003, IV-009 e IV-035), está previsto que o acto de elección poida realizarse tamén antes da semana santa. Do resto de categorías que faltan por remitir as listaxes de vacantes para elección de destino, os actos de eleccións faríanse con posterioridade. En calquera caso, agárdase que a partir de mediados-finais de abril poda abrirse o prazo para a toma de posesión tanto deste persoal como do que concursou.
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 15:06 |
|
Achéganos a Administración a versión definitiva do texto destas instrucións tal e como irá o martes, 12 de marzo, á Comisión de Persoal para a súa votación. Nesta nova versión aparecen os cambios destacados en vermello. Aceptáronse algunhas alegacións que, nomeadamente, presentou a CIG e outras organizacións sindicais. Logo dunha primeira ollada moi rápida podemos destacar como aspectos positivos: Se se traballa os días 24 e 31 de decembro habería dereito a dous días de asuntos particulares a maiores. Por cada festivo en sábado tamén un día de asusntos particulares a maiores. A modulación da localidade de referencia á hora de acollerse aos permisos por enfermidade grave, falecemento dun familiar, etc. (tomaríase a localidade de residencia).
|
|
Ler máis...
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 14:24 |
|
A Administración achéganos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías IV-003, IV-009 e IV-035 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase resultas. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP (2005) e que se atopa en destino provisional. Danos de prazo ata o 11 de marzo ás 15:00h pra presentar alegacións. Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
Descargar a relación de vacantes das categorías IV-003, IV-009 e IV-035
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 09:12 |
|
Está a circular información sobre a posibilidade de que os días de vacacións por antigüidade non desaparecesen dado que o artigo 75.2 da LFPG, que recoñece este dereito, segue en vigor. Sobre este asunto hai moita confusión, polo que a CIG-Autonómica ten feita unha consulta á nosa asesoría xurídica.
Descoñecemos o criterio que seguiron as compañeiras e compañeiros de Saúde que lanzaron a seguinte información. Cómpore ter en conta que o persoal estatutario ten o seu propio Estatuto marco de 2003; no art. 53 faise unha referencia ás vacacións, pero non aos días adicionais de antigüidade, que viñan gozando por aplicación da Lei da Función Pública de Galiza. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 08 Marzo 2013 08:44 |
|

A Xunta de Galiza vai eliminar os laboratorios de saúde pública de Pontevedra, Coruña e Ourense, que controlan os produtos que comemos e bebemos, e centralizar todo no único laboratorio de Lugo nunha manobra que vai traer consecuencias. En primeiro lugar, a perda de capital humano: por poñer o exemplo do laboratorio de Pontevedra, nel prestan servizo 21 profesionais, dos que 16 van ir á rúa. Son profesionais que teñen duas décadas de experiencia traballando no laboratorio. En segundo lugar, a perda de diñeiro e material: o laboratorio de Pontevedra foi reformado no ano 2009, cun custe de 4,5 millóns de euros, diñeiro que vai ir ao lixo. |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 07 Marzo 2013 09:28 |
|
No DOG do 07/03/2013 publícase a Orde do 28 de febreiro de 2013 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 2 de maio de 2012. Corrección de erros DOG 12/03/2013
Debido a que existen postos adxudicados que están ocupados provisionalmente por traballadores/as que superaron os últimos procesos selectivos convocados e coa finalidade de garantir a continuidade na prestación de servizos, a Administración adía as tomas de posesión nos destinos obtidos no concurso até a data en que aqueles/as traballadores/as elixan destino definitivo e poidan tomar posesión del. Descargar a resolución do concurso coa adxudicación de postos
|
|
Mércores, 06 Marzo 2013 08:15 |
|
A semana pasada a CIG reuniuse co Servizo de Prevención da Xunta de Galicia en San Caetano porque detectamos que nas categorías/postos que aparecen na listaxe da CMATI para solicitar a vixilancia da saúde non aparacen os Axentes Forestais/Axentes Facultativos Medioambientais.
Tamén sospeitamos que non se estaban a aplicar os protocolos de vixiancia da saúde para este personal cando o Servizo de Conservación da Natureza estaba na Consellería de Medio Rural e que, polo tanto, foran negociados noutro Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Os resultados de dita xuntanza foron os seguintes: |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 05 Marzo 2013 13:51 |
A Administración vén de achegarnos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías I-006, II-002, II-006, II-017(*), III-063 e IV-016 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase de resultas do concurso. Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP e que se atopa en destino provisional. Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
antes do 6 de marzo. Descargar a relación de vacantes das categorías I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016 |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 05 Marzo 2013 13:38 |
|
A Dirección Xeral da Función Pública infórmanos de que o vindeiro 7 de marzo de 2013 publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se resolve o concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes dos grupos I, II, III e IV de persoal laboral da Xunta de Galicia
A toma de posesión diferirase até a resolución dos actos de elección de destino definitivo dos aspirantes que superaron os procesos selectivos da OEP de 2005. |
|
Martes, 05 Marzo 2013 09:22 |
|
O luns, 4 de marzo, tivo lugar unha xuntanza co Instituto de Estudos do Territorio para tratar a proposta de modificación da súa RPT por conta da creación dunha praza derivada dunha sentenza xudicial. Comezou a administración explicando os motivos da modificación da relación de postos de traballo, os cales veñen derivados dunha sentenza xudicial polo despedimento nulo dunha traballadora dunha AT de Tragsa. A CIG comezou a rolda de intervencións das OOSS manifestando a nosa queixa pola falla da memoria económica e polos abundantes erros do resto da documentación enviada. Os representantes do IET recoñeceron os ditos erros e comprometéronse a enviar de novo a documentación corrixida e actualizada. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 04 Marzo 2013 13:06 |
|
Máis aló da fiabilidade da súa palabra, a Xunta de Galiza mantén a rebaixa salarial dunha media do 4% aprobada nos Orzamentos do 2013.
O 1 de marzo, un día despois de que a conselleira de Facenda agradecía o esforzo dos empregados públicos polo novo recorte salarial aprobado nos Orzamentos do 2013, o ministro de Facenda e Administracións Públicas facía un anuncio público no que descartaba aplicar novos axustes.
A conselleira de Facenda agradecía nunha nota de prensa o noso esforzo e aseguraba que, cun recorte do 4% de media, aínda cobraríamos máis que no 2012. Nin os agradecementos nin a teima de que gañamos máis que o ano pasado son novos nin serven para evitar o cabreo do persoal da Xunta. O que sí é novo e acrecenta o noso descontento é que isto se produza xusto un día antes de que o Goberno de Madrid anuncie que non vai impoñer novas rebaixas salariais con carácter básico. |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 28 Febreiro 2013 13:44 |
|
A Dirección Xeral da Función Pública vén de ligar na súa páxina web, en formato de folla de cálculo, a relación completa dos postos de traballo ofertados no concurso de traslados de persoal funcionario da Administración xeral, incluíndo os códigos e descricións das titulacións, formación e observacións correspondentes a cada posto.
Descargar a listaxe extendida dos postos ofertados
|
|
Xoves, 28 Febreiro 2013 12:37 |
|
O mércores 27 de febreiro tivemos unha xuntanza con responsábeis da consellaría de Medio Rural e do Mar para discutirmos a súa relación de postos de traballo completa. Despois de que os responsábeis da consellaría tivesen meses por diante para preparar a súa proposta, entregaron aos sindicatos a documentación con apenas tres días laborais de marxe (e iso contando os dous de aprazamento que nos concederon), todo un paquetón de máis de 420 páxinas que, evidentemente, resulta imposíbel de estudar a conciencia co tempo que nos deron. Con este panorama foi imposíbel de recoller todas as alegacións que nos chegaron, estudalar a documentación en condicións, que sumado a que o luns mandaron unha nova documentación, e que hai infinidade de erros, a primeira demanda da CIG foi exixir unha nova documentación corrixida, un novo prazo de alegacións, e unha nova xuntanza. Afortunadamente a consellaría aceptou (xa veremos se esto indica unha auténtica vontade negociadora). |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 28 Febreiro 2013 08:26 |
|
A Consellaría de Economía e Industria publica no DOG do 27 de febreiro os convenios subscritos no último cuatrimestre do 2012 no que aparecen outros 300.000 € para diferentes grupos editoriais de prensa galega. Esta asignación únese aos 450.000 € do resto deste tipo de convenios que subscribiu esta consellaría durante o ano 2012 (DOG de 2 de novembro). O gasto total desagregado sería de 150.000 € para cada unha das 5 seguintes entidades: Editorial Compostela, S.A., La Voz de Galicia, S.A., El Progeso de Lugo, S.L., El Faro de Vigo, S.A. e La Región, S.A. Cómpre destacar que o custo destes convenios non sufriu ningún tipo de recorte ou minoración respecto aos do 2011, como se pode comprobar no DOG do 1 de xuño de 2011. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 27 Febreiro 2013 08:41 |
|
Achéganos Función Pública o borrador dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o 2012 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidades que, tralo recorte establecido pola Lei de medidas de 2012, foi ao que quedou reducido o FAS. As persoas destinatarias destas axudas serían o persoal da Xunta que teña baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos ou ascendentes de 1º grao por consanguinidade ou afinidade ou tutelados por sentenza xudicial firme que sexan discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais recoñecidos como tales polo organismo competente antes do 1-1-2013. |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 26 Febreiro 2013 11:53 |
|
O mes de febreiro está a ser moi movido: aplicación da reforma laboral na administración galega, concurso de traslados de corpos xerais, eliminación e peche de postos de traballo, regulamento de vacacións, permisos e licenzas, ... O primeiro que destacamos é que o concurso de corpos xerais xa está publicado (DOG do 26/02/2013). As negociacións deste concurso foron unha nova mostra do desprezo que os responsábeis políticos do PP teñen cos empregas e empregadas públicas. As bases son insoportábeis por múltiples razóns, destacando o feito de que priman especialmente ao persoal que é ou que foi libre designación. En canto ás prazas, hai todo tipo de circunstancias restritivas: centos de prazas que retiran do concurso porque as consellarías decidiron amortizalas, prazas que non aparecen porque a consellaría de turno non a incluiu na súa RPT, ou habilitacións que supostamente ofertarán nun futuro concurso específico (o mesmiño conto deste mesmo goberno cando retirou as xefaturas de servizo que nese intre pasaran a ser de concurso polo goberno anterior). |
|
Ler máis...
|
|
Martes, 26 Febreiro 2013 11:12 |
|
No DOG do 26/02/2012 publicouse a convocatoria do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia. Podedes acceder á xeneración de solicitudes a través da seguinte ligazón. O prazo para a súa presentación abranguerá do 27 de febreiro ata o 15 de marzo de 20. Función Pública xa ten dispoñible na súa páxina web unha versión en folla de cálculo dos postos ofertados coas principais características. En breve publicarse unha listaxe de prazas coa titulación asociada, formación específica e observacións. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 1 de 56 |
|