A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 101 convidados en liña
Novas nacionais (no menú esquerdo podes filtrar)
Acordo do réxime de servizos veterinarios oficiais na antiga Consellaría do Mar PDF Imprimir Correo-e
Martes, 11 Setembro 2012 07:45

O 10 de setembro tivo lugar unha xuntanza coa Adminsitración para tratar a proposta de acordo polo que se estableza o réxime de prestación dos servizos veterinarios oficiais na Consellería do Medio Rural e do Mar para os veterinarios da área do Mar.

A persoa representante da Administración comenzou a reunión expoñendo a importancia que para o bo funcionamento deste servizo de inspeción veterinaria e dado que a reolución do concurso de traslados sería inminente (neste mes de setembro) resulta necesario regular as condicións do persoal veterinario da antiga consellaría do Mar.

Ler máis...
 
Concentracións diante dos centros de traballo o xoves 13 de setembro PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Setembro 2012 13:26

A Plataforma galega na Defensa dos Servizos Públicos integrada por 18 organizacións sindicais con representación no sector público convoca concentracións o vindeiro xoves, 13 de setembro, diante dos principais centros públicos de traballo.

Para a Xunta de Galiza podes consultar aquí a hora e lugar exacto das concentracións:

Localidade
Hora
Lugar
Observacións
A Coruña
11:00
Edificio Administrativo de Monelos

Carril (Vilagarcía)
11:00
Xefatura comarcal do Mar

Compostela
11:30
Edificio Administrativo de San Caetano (diante da cafetaría)

Ferrol
11:00
Residencia de maiores de Caranza

Ferrol
12:00
Edificio Administrativo

Ferrol
11:00
Residencia Arquitecto Marcide

Ferrol
11:00
CAMF IMSERSO (Leixa)

Lugo
12:00
Edificio Administrativo da Xunta (entrada principal)

Ourense 11:00
Subdelegación do Goberno
Ourense 11:00
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU)

Pontevedra
11:00
Edificio Administrativo da Xunta
Vigo
11:00
Edificio Administrativo da Xunta













 
Axencia Tributaria de Galiza: para recadar non hai présa PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2012 12:56

Nin creación da escala C1 de axentes tributarios, nin máis prazas para loitar contra a fraude, nin rescate do servizo de recadación das mans privadas dos rexistradores da propiedade. Non rescatar o servizo inmediata e completamente supora unha perda de ingresos para a Xunta de 15 millóns de euros.

O presidente interino Feijóo, anunciou onte a bombo e prato a creación desta axencia. Anunciou tamén aos catro ventos o aforro e o aumento da recadación que esta axencia ía supoñer. E seguiu anunciando que se procedería a rescatar a xestión da liquidación dos impostos de sucesións, doazóns, transmisións patrimoniais e actos xurídicos que, até o de agora, estano a levar 42 oficinas liquidadoras privadas espalladas ao longo do país. Estas tramitan, por medio dos rexistradores da propiedade, un servizo público fundamental, sobre todo nestes tempos de crise económica.

Ler máis...
 
Navarra compensará a supresión da paga extra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2012 10:03

Durante o mes de agosto xa tivemos varias novas dalgúns concellos (como Lugo e Ourense) nos que se falaba de compensar a supresión da paga extra de Nadal. Porén, a do Goberno de Navarra é a primeira proposta por escrito dun equipo de goberno próximo ao PP e que se artella a través dun anteproxecto de lei aprobado este mércores 3 de setembro.

Segundo a nota de prensa do propio Goberno de Navarra dase a coñecer o lanzamento dun anteproxecto de lei que propón adiantar as pagas extras dos vindeiros anos ata o 2105 aos días 3 de xaneiro e 3 de xullo. Deste xeito o Goberno de Navarra declara que trata de minorar os efectos da supresión da paga extra estabelecida polo RDL 20/2012, sen incumprilo. Cómpre recordar que o texto da normativa estatal só suspende a súa percepción pero tampouco aclara con exactitude cando e como será a súa recuperación.

E que fai aquí a Xunta de Galiza?

Ler máis...
 
Instrucións de permisos, vacacións e licencias: a CIG reclama que se retome o proceso negociador PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2012 09:31

A CIG-Autonómica vén de presentar un escrito con relación a diversos problemas cos que se atopa o persoal funcionario e laboral á hora de acollerse a determinados permisos recollidos la Lei da Función Pública de Galiza e no Estatuto Básico do Empregado Público.

Diversos departamentos territoriais e consellarías están a aplicar instrucións remitidas por Función Pública que o único que fan é restrinxir os dereitos recoñecidos na normativa vixente para o conxunto dos empregados e empregadas públicas. Neste caso, sen ir máis lonxe, denunciamos que a Xefatura Territorial de Traballo na Coruña non permite dispor do día completo cando se concorre a unha proba de aptitude ou exame final. A literalidade da lei di: “durante os días da súa celebración”, non entanto a Administración, baseándose nunha instrución de Función Pública só concede o tempo indispensable para a súa realización, pasándose a lei polo arco do triunfo e dando pé a discrecionalidades que a normativa non permite.

Ler máis...
 
As traballadoras e traballadores das Administracións públicas continúan coa loita PDF Imprimir Correo-e
Venres, 07 Setembro 2012 08:36

O xoves, 6 de setembro, retomáronse as concentracións semanais diante de diferentes centros públicos galegos. Desta volta as mobilizacións estiveron marcadas por dous aspectos: o refluxo vacacional e a nula repercusión da prensa máis centrada, como a Xunta, na propia campaña eleitoral.

Estas concentracións, reflexo da nosa dignidade como empregadas e empregados públicos, van máis aló dunha cuestión da loita contra os despedimentos e a precarización das nosas condicións laborais, que ao final redundan nun peor servizo público. As concentracións, coma as de onte,  son unha  expresión máis  do rechazo sostido no tempo aos ataques contra a cidadanía das reformas políticas de Feijoo e Rajoy: menos dereitos laborais, educación máis cara, peores servizos sanitarios, ínfimos servizos socias e máis impostos. E todo para que? Para sacar da crise á banca afundida na súa propia cobiza.

Ler máis...
 
Concentracións diante dos centros de traballo o xoves 6 de setembro PDF Imprimir Correo-e
Martes, 04 Setembro 2012 07:54

A Plataforma galega na Defensa dos Servizos Públicos integrada por 18 organizacións sindicais con representación no sector público convoca concentracións o vindeiro xoves, 6 de setembro, diante dos principais centros públicos de traballo.

Para a Xunta de Galiza podes consultar aquí a hora e lugar exacto das concentracións:

Localidade
Hora
Lugar
Observacións
A Coruña
11:00
Edificio Administrativo de Monelos

Compostela
11:30
Edificio Administrativo de San Caetano (diante da cafetaría)
Descargar cartaz
Ferrol
11:00
Residencia de maiores de Caranza

Ferrol
12:00
Edificio Administrativo

Ferrol
11:00
Residencia Arquitecto Marcide

Ferrol
11:00
CAMF IMSERSO (Leixa)

Ourense11:00
Subdelegación do GobernoDescargar cartaz
Ourense11:00
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU)






















 
Máis de 2 millóns de euros da Sanidade tirados en publicidade PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Setembro 2012 08:01

No DOG do 29/08/2012 publícase a resolución da contratación dun servizo de publicidade da Consellaría de Sanidade cun valor estimado de 2.200.000 € para "sensibilizar e promocionar o consumo de medicamentos xenéricos". A empresa afortunada  foi Avante Galicia Marketing y Medios, S.L. que ten unha delegación en Compostela.

Neste escenario de precariedade no que non hai cartos para servizos públicos sempre aparecen cartos para as privatizacións, os rescates bancarios, o banco malo e, por suposto, para publicidade institucional. Neste caso, este contrato semella ter un toque de humor negro ao gastar Sanidade os cartos públicos na publicidade da política desenvolta ao redor dos medicamentos xenéricos no canto da compra ou subvención deses medicamentos.

Ler máis...
 
Información de Función Pública sobre concursos de traslados xa convocados PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Setembro 2012 07:44

Según informa a Dirección Xeral de Función Pública no Diario Oficial de Galiza do vindeiro martes, 4 de setembro, publicaránse as seguintes resolucións:

  • Resolución provisional de admitidos e excluidos do concurso de traslados para a provisión de postos vacantes das Escalas deEstadística. Resolución DOG

  • Resolución provisional de admitidos e excluidos do concurso de traslados para a provisión de postos vacantes das Escalas do Servizo de Gardacostas e Extensión Pesqueira. Resolución DOG

  • Resolución definitiva de admitidos e excluidos do concurso de traslados para a provisión de postos vacantes do persoal laboral da Xuntade Galiza dos grupos I ao IV. Resolución DOG

 
Concentración o xoves 23 por un Servicio de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais Público PDF Imprimir Correo-e
Luns, 20 Agosto 2012 18:21
  • A prevención de incendios choca coa protección da natureza.
  • Unha cousa é o que levas no programa electoral e outra cousa é a situación económica.
  • A forma de contratalas é o menos relevante. (Sobre a contratación das brigadas)
  • Se me fala de orzamentos non lle podo dicir canto aforramos. (Sobre o aforro que supón contratar a través de empresas privadas)
  • Cada un é libre de denunciar o que queira. (Sobre a denuncia da CIG por prevaricación e fraude)


Con estas perlas se despacha a inverecunda Rosa Quintana, conselleira de Medio Rural e do Mar en declaracións ao diario El País (18/08/2012).


Ler máis...
 
A CIG-Autonómica denuncia ante a Fiscalía a altos cargos de Medio Rural por prevaricación PDF Imprimir Correo-e
Martes, 14 Agosto 2012 15:50
A CIG-Autonómica denuncia que os contratos para a campaña de incendios a Natutecnia e INAER foron adxudicados “a dedo”

O CIG-Autonómica vén de presentar unha denuncia por presunto delito de prevaricación contra a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana; o Secretario Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto e o Secretario Xeral Técnico; Francisco Vidal. Medio Rural adxudicou a Natutecnia e INAER o servizo de helicópteros e as cuadrillas contraincendios, segundo afirman, sen garantir os principios de concorrencia competitiva, igualdade e publicidade. As adxudicacións tampouco foron publicadas nin no DOG, nin no Boletín das Comunidades Europeas, como sería preceptivo.
Ler máis...
 
Calendario laboral 2013 no DOG PDF Imprimir Correo-e
Venres, 10 Agosto 2012 08:54

No DOG de 10/08/2012 publícase o Decreto 169/2012, do 1 de agosto, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2013:

  • 17 de maio de 2013: Día das Letras Galegas
  • 24 de xuño de 2013: San Xoán
  • 25 de xullo de 2013: Día Nacional de Galicia


Descargar o Decreto 169/2012

 
Novo cronograma orientativo coas previsións de procesos selectivos na Xunta PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Agosto 2012 15:35

Xa está dispoñible o novo cronograma actualizado da Dirección Xeral da Función Pública, coas datas previstas para as convocatorias dos procesos selectivos incluídos nas vixentes Ofertas de Emprego Público (OEP).

Como xa quedou patente con anteriores previsións, cómpre ter en conta que o valor deste cronograma é meramente orientativo.

Descargar o cronograma  

 
Prepotencia da Consellería do Medio Rural e do Mar respecto ao SPDCIF PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Agosto 2012 12:19

A CIG-Autonómica quere denunciar unha vez máis a actitude da Consellería do Medio Rural con respecto ás traballadoras e traballadores do SPDCIF.

A última ocorrencia dos irresponsables xefes desta consellería foi comunicarllea aos traballadores que a partir do luns 13 teñen cambio de cadrantes  e horarios de traballo  que  modifican de maneira unilateral, sen aviso previo e por suposto, sen negociación ningunha coas e cos representantes das traballadoras e traballadores,(os Comités de Empresa). De feito, nin tan sequera os comités de empresa das diferentes xefaturas territoriais tiveron información ningunha sobre esta última saída de ton.

Ler máis...
 
En marcha o real decreto dos despidos colectivos de empregados públicos PDF Imprimir Correo-e
Martes, 07 Agosto 2012 09:49

Na senda de liquidación das Administracións Públicas que leva emprendida o PP, introdúcese agora o elemento máis devastador de todos cantos cabía esperar: a regulación do despedimento colectivo no Sector Público (descargar o borrador do RD).

1º. Se se regula é porque se vai aplicar. Quen ninguén se engane pensando que se trata simplemente dun desenvolvemento regulamentario sen máis. Unha vez que as instancias políticas dispoñan dese instrumento vai ser utilizado.

2º. Afecta a todas as Administracións Públicas incluída á Administración da Xunta de Galiza.

3º. Afecta a todo o persoal laboral, non só a temporais e indefinidos, senón ao persoal laboral fixo que superou procesos selectivos para ao acceso a tal condición.

Ler máis...
 
Non é un rumor: prepárase un decreto que regulará os despidos colectivos de empregados públicos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Agosto 2012 14:59

Na mesa xeral que tivo lugar hoxe 01/08/2012 en Compostela, a Dirección Xeral da Función Pública trasladou aos representantes das organizacións sindicais no ámbito da Xunta que está en tramite por parte do Goberno central un novo real decreto para regular o despedimento colectivo de empregados públicos nas Administracións de todo o Estado.

Por parte da Administración só houbo información verbal ao respecto, non estando dispoñible para as organizacións sindicais o texto desta norma que xa está en trámite, e que vai supoñer na práctica un auténtico golpe constitucional, abrindo a porta non só para o despedimento de persoal laboral fixo, senón tamén previsiblemente no futuro para o persoal funcionario de carreira.

Ler máis...
 
Concentración ate o Parlamento galego o xoves 2 de agosto ás 16 horas PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Agosto 2012 10:39

A CIG, xunto con todas as organizacións sindicais actuantes na Plataforma Galega en defensa dos Servizos Públicos, convoca concentración para o xoves 2 de agosto ás 16:00 horas diante do Parlamento galego.

O motivo é a xuntanza da sesión plenaria do Parlamento, na que se tratará a Proposta de tramitación polo procedemento de lectura única do Proxecto de lei de adaptación das disposicións básicas do Real decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público, e se é o caso, debate e votación deste proxecto de lei  08/PL-0049 (85462).

ACUDE E MANIFESTA O TEU REXEITAMENTO!!

 
Preferentes: a Xunta reforza o IGC contratando á empresa da que é apoderada Micaela Núñez Feijóo PDF Imprimir Correo-e
Martes, 31 Xullo 2012 08:45

O custo da arbitraxe das preferentes pagarémosllo todos os galegos á irmá do presidente da Xunta.

A pesar de anunciar que sobran funcionarios, o goberno do Partido Popular acaba de presentar ás organizacións sindicais unha proposta para pagar produtividade a persoal funcionario que temporalmente desenvolva a tarefa de arbitraxe nos laudos sobre as preferentes no Instituto Galego de Consumo. Ante a falta de árbitros, que teñen que ter a condición de persoal ao servizo das Administracións Públicas, a Xunta ten que recorrer a funcionarios/as doutras consellarías para sacar adiante os procedementos. Independentemente de que se habilite a arbitraxe o persoal do Instituto Galego de Consumo vai ver como aumenta o volumen de traballo sen que se incremente a plantilla para asumir esta nova carga ao ter que ser asumido un maior volume de traballo na fase de tramitación polos funcionarios/as de consumo, sendo só os árbitros os que van cobrar a productividade.

Para iso Feijoo decidíu recurrir a unha solución máis que beneficiosa para a súa familia: contratar á empresa EULEN, da que a súa irmá é apoderada para a atención telefónica dos afectados nun procedemento negociado sen publicidade (Nin saíu no BOP, nen no DOG, nen no BOE, nen no DOUE) por un total de 85,000 euros (60,000 para a provincia da Coruña e 25,000 para a de Pontevedra).

Ler máis...
 
Convocada Mesa Xeral de Empregados Públicos para o 1/08/2012 PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xullo 2012 12:48

Como xa vén sendo habitual, coas 48h de antelación de rigor, achéganos a Administración unha convocatoria de Mesa Xeral para o vindeiro mércores, 1 de agosto.  Desta volta van as ordes de integración do persoal laboral fixo da Fundación Galicia Emigración e da Axencia Humanitaria de Galicia, o Decreto de adaptación da actual Axencia Galega de Emerxencias e as instrucións da produtividade dos árbitros das reclamacións das participacións preferentes.

Descargar documentación

 
Modificación da RPT da área de Cultura: a consellaría non quere negociar PDF Imprimir Correo-e
Luns, 30 Xullo 2012 08:55

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de remitirnos a súa resposta ante as alegacións presentadas pola CIG. Vaia por diante que destacamos as formas correctas e a resposta por escrito que non é habitual no resto de consellaría. En calquera caso, o fondo desta resposta demostra unha nula vontade de negociar para o que a consellaría se refuxia en cuestións económicas, cando non en xustificación peregrinas que rozan o ridículo.

Por outra banda, convén destacar que asuntos como a enorme cantidade de postos que quedan abertos a outras administracións, a provisión das sentenzas de indefinición ou do informe económico non teñen nada que ver con cuestións económicas senón máis ben cunha cuestión de vontade política. Cando xa non hai vontade de negociar, senón de impoñer, para que facilitar máis documentación?

A continuación reproducimos en primeiro lugar os epígrafes con parte das alegacións da CIG e a continuación a contestación da consellaría sobre a que destacamos en vermello ou subliñada as partes máis "orixinais".

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 10 de 56
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack