A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 12 convidados en liña
Novas nacionais (no menú esquerdo podes filtrar)
Non ao desmantelamento dos servizos sociais públicos PDF Imprimir Correo-e
Luns, 13 Decembro 2010 19:22


Os Sectores Autonómicos de CCOO, CIG, CSI-F e UGT denunciamos a política privatizadora do Partido Popular no goberno da Xunta de Galiza.

Hoxe, 13 de decembro de 2010, estaba prevista a realización da “Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galiza”, máximo órgano consultivo en materia de persoal, e no que, entre outros, ía a amortización de 19 postos de traballo no centro de educación especial Santiago Apóstolo da Coruña, como parte da privatización deste centro asistencial que pretende o Partido Popular, postos de traballo básicos para dar unha prestación de servizos de calidade a nenos e nenas que requiren unha especial atención.

Ler máis...
 
Xuntanza informativa co director xeral da Función Pública 10/12/2010 PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Decembro 2010 22:24

O director xeral convocou ás organizacións sindicais (con urxencia) o pasado venres, 10 de decembro, co motivo de aclarar varios asuntos que van á Comisión de Persoal do luns, 13 de decembro, e o proceso de consolidación de persoal laboral.

Comisión de Persoal

  • Elimínase unha praza do concurso de corpos xerais por sentenza xudicial: persoal subalterno no IES de Cambre.

  • Tentaran recololcar os 3 persoal laboral fixo do Santiago Apostol na Coruña.

  • En 15 días publicarán as convocatorias derivadas da Comisión de Persoal: legoeiros e estatística; van editar os temarios na EGAP.

  • Non vai haber OPE 2010 e vai habela no 2011, pero só de persoal funcionario e pequena.

  • As instruccións de funcionamento dos tribunais dos procesos selectivos vanse publicar como orde. Función Pública vai remitilas a Educación e Sanidade para vincular a toda a Administración, incluída a “Administración Institucional” (entes, axencias…).

Ler máis...
 
C1 promoción interna: a CIG-Autonómica solicita a reactivación deste proceso selectivo PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Decembro 2010 21:51

Aos paróns e irregularidades que asolagan diferentes procesos selectivos da Xunta de Galicia únese agora o parón inxustificado na recta final da promoción interna ao C1 da OPE 2008. A baremación definitiva da fase de concurso foi publicada no DOG con data do 15 de outubro. Dende entón, van case 2 meses, o tribunal aínda non achegou a lista de persoas que superaron o proceso selectivo. Unha lista que somentes supón a suma das notas do primeiro exercicio coas da baremación da fase do concurso. Preguntado na Mesa Xeral do 03/12/2010, a Administración contestou vagamente dicindo que existían varias reclamacións. Pois ben, estas reclamacións, cando as puntuacións xa están elevadas a definitiva en ningún caso xustifican a paralización en vía administrativa do proceso.

Ler máis...
 
Resumo da Mesa Xeral do 03/12/2010 PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 12 Decembro 2010 20:29

Nesta Mesa Xeral tratáronse temas de interese como: a modificación da RPT de Facenda, a modificación da RPT do IGVS, a modificación da RPT de Traballo (desaparición do Santiago Apóstolo), a orde de convocatoria dos procesos selectivos da escala técnica estatística e da categoría de legoeiras/os. Ademáis, en suxestións e preguntas, a CIG-Autonómica sacou varios puntos que nos foron achegando as traballadoras e traballadores.

Modificación da RPT de Facenda

Recoñecemos e valoramos cambios na proposta inicial pero mantemos a postura en contra de que non se valore a experiencia de traballo desenvolvido ao persoal de corpos xerais que ocupan/ocuparon postos de traballo da escala de finanzas. Destacamos como fonte de malestar do persoal desta consellaría os problemas que que se están xenerando ao meter a persoas da lista da escala de finanzas en postos que non son ofertados en comisión de servizos a persoas que xa os levaron no seu dia, e que logo na práctica seguen a ter que levalos por careceren de experiencia e preparación as pesoas da lista de escala de finanzas.  Manifestamonos en contra da apertura de máis postos a outras administracións.

Ler máis...
 
Campaña vixiancia da saúde persoal non docente de Educación PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 09 Decembro 2010 23:54

Dende o Servicio de Prevención da Consellería de Educación comunicannos que a día 09/12/2010 xa deberían estar en todos os centros de ensino que contan con persoal non docente as instruccións e os formularis para poder anotarse para os recoñecementos médicos.

Para anotarse, hai que acudir a secretaría do centro. Parecer ser que nalgúns centros comezarán xa a facer as revisións a finais deste este, aínda que a maioría se desenvolverá no primeiro trimestre do 2011.

 
A EGAP convoca 2 cursos de perfeccionamento de xefatura de negociado e outros 2 de sección PDF Imprimir Correo-e
Venres, 03 Decembro 2010 21:22

Despois de varios anos sen convocar ningunha edición destes cursos tan demandados polo persoal funcionario da Administración autonómica, o 03/12/2010 sae publicado no DOG a convocatoria de 2 edicións dos cursos de perfeccionamento de xefatura de negociado (destinados aos grupos A2, C1 e C2) e outras 2 do de xefatura de sección (destinadas aos grupos A1, A2 e C1) Cada unha destas edicións consta dun todal de 45 prazas e desenvolveranse de xeito mixto (presencial nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela / teleformación). As edicións do curso de perfeccionamento de xefatura de negociado van dende xaneiro ata abril (80h; 20h presenciais) e as de xefatura de sección de xaneiro ata maio (120h; 45h presenciais).

As solicitudes fanse directamente a través da plataforma da EGAP no seguinte enderezo web. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 13 de decembro de 2010 ás 14.00h. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á EGAP a través dos números de teléfono 981 54 62 46 ou 981 54 62 54, ou fax: 981 54 63 39 ou enderezo de correo electrónico.

 
Xuntanza da comisión técnica de procesos selectivos de 30/11/2010 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Decembro 2010 00:08

Na xuntanza da comisión técnica de procesos selectivos realizada o 30 de novembro de 2010, a Administración presentou unha nova proposta de modificacións ás instrucións de funcionamento dos tribunais.

Alén de achegar esta proposta, Función Pública trasladou ás OOSS que se está a valorar darlle rango regulamentario ás instrucións para que sexan de aplicación en todos os procesos selectivos de persoal laboral e funcionario. Outra posibilidade sería reproducir as instrucións nas bases de cada proceso selectivo. Función Pública apuntou a posibilidade de que as instrucións se apliquen a procesos selectivos que non sexan de persoal laboral e funcionario da Admón. xeral da Xunta.

Ler máis...
 
Convocatoria de Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos para o 03/12/2010 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Decembro 2010 13:42

O próximo venres, 3 de decembro, convocase unha Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos que vén cargadiña na súa orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, das actas  7,8,9 e 10/2010.

2. Proposta de modificación da RPT da Consellaría de Facenda.

3. Proposta de modificación da RPT da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (IGVS).

4. Proposta de Modificación da RPT da Consellaría de Traballo e Benestar (Centro de Asistencia e Educación Especial Santiago Apóstolo da Coruña).

5. Proposta da Orde pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estadísticos.

6. Proposta da Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na categoría 31 (legoeiro/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

7. Proposta de Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna e cambio de categoría na categoría 31 (legoeiro/a) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

8. Suxestións e preguntas.

Podedes achegarnos as vosas suxestións a través dos nosos foros ou correo electrónico.


 
Actualización das listas de substitución PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 01 Decembro 2010 11:12

Hoxe publícase no DOG a Resolución do 25 de novembro de 2010, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as lista provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia,  de conformidade co establecido no artigo 6º do Decreto 37/2006, do 2 de marzo. Esta resolución fai referencia as novas inscricións feitas entre o 1 de marzo e o 15 de xullo. Toda a información atópanse a disposición dos interesados, entre outras, a través do seguinte web.

Nas devanditas listas figurará a seguinte información: Solicitantes admitidos na lista con indicación da puntuación provisional e solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as alegacións que coiden oportunas, que irán dirixidas á Comisión Permanente Central da Dirección Xeral da Función Pública.

Grupo mixto

Hai tamén unhas cantas instancias que, por non especificar debidamente grupo ou categoría, non se poden consultar na lista de ningunha das categorías. Se alguén non aparece nos listados pode contactar a través da CIG-Autonómica para ver se está incluído ou non nese listado "caixón de sastre".

 
A CIG-Autonómica solicita a axilización da lectura do segundo exercicio do A1 consolidación PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2010 13:53

Aos paróns e irregularidades que sufriu este proceso selectivo, continúa a manterse na actualidade o lento desenvolvemento da lectura do segundo exercicio. Esto pode dificultar o remate e toma de posesión ao mesmo tempo que o resto de procesos selectivos dos corpos xerais da OPE 2008.

A CIG-Autonómica, recollendo as queixas das persoas participantes no proceso selectivo do A1 consolidación, vén de instar á Función Pública que:

  • Dispoña os medios materiais e humanos precisos para a axilización da lectura deste segundo exercicio, facendo as lecturas diarias que sexan necesarias, mesmo en xornada completa, para garantir que este proceso selectivo estea rematado cando o resto de corpos xerais da mesma OPE.

  • Dada a rotación do tribunal, se garanta que os criterios de corrección e puntuación son os mesmos, con independencia dos membros do tribunal que están presentes durante a sesión para facer o quorum.

  • En todo caso, e dada a pouca obxectividade que supón a lectura pública por coñecer a identidade da persoa opositora, se elimine este sistema de avaliación das vindeiras convocatorias públicas desta administración.

Ler máis...
 
Reunión co secretario xeral de Educación PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2010 11:11

Despois de ter solicitadas varias reunións coa Consellaría de Educación para abordar diversos temas, o pasado xoves mantivemos unha entrevista sobre os seguintes temas.

  • Persoal Coidador e comedores que non son de xestión directa da Administración: pódese chegar a unificar os criterios nas distintas provincias para regulamentar o papel do persoal coidadore respecto ao Plan Madruga e os comedores que non son de xestión directa por parte da Administración, caterings, etc.

  • Profesores de relixión e comités de empresa de peroal laboral Xunta: pódese chegar a excluir aos profesores de relixións do ámbito electoral do comité de Educación e que teñan o seu propio comité. Na CIG consideramos que a problemática específica deste colectivo, o estar fora do V Convenio, as particularidades da súa función docente, etc fai que non teñan cabida dentro do comité de Educación e que se distorsione a dinámica de traballo e a representatividade destes comités.

  • Terra de Ferrol-Souto de Leixa e Santiago Apóstol: Comunicamos á consellaría que de non dar marcha atrás no seu afan privatizador intensificaremos a loita e as mobilizacións contra a privatización destes servizos públicos. Tanto no Santiago Apóstol, que pasará a principios de ano á consellaría, como no Terra de Ferrol-Souto de Leixa, a idea, para Educación vai ser a de adecuar o persoal existente á demanda de servizos. Se non hai usuarios dos centros haberá que modificar as RPT's o que vai supoñer , unha vez máis, a amortización de prazas, coa consecuente recolocación do persoal laboral fixo e o despedimento do persoal laboral temporal. Despois da división dos centros e de derivar aos nenos a centros privados queda claro que a intención do PP é facer minguar os servizos públicos e facilitar o negocio a empresas privadas.

 
FAS: xa se poden consultar as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas PDF Imprimir Correo-e
Luns, 29 Novembro 2010 10:58

Hoxe, 29/11/2010, foi publicada no DOG a resolución pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas do fondo de acción social do exercicio 2009 para o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galicia. Para acceder á consulta da información hai que ir á seguinte páxina web. Dende alí, hai que completer o NIF, o ano do FAS (2009), código de impresión (figura na copia da solicitude) e un código numérico de confirmación. Contra esta resolución cabe recurso de alzada no prazo dun mes.

Ler máis...
 
Pagamento das nocturnidades do SPDCIF 2009 PDF Imprimir Correo-e
Venres, 26 Novembro 2010 13:15

Segundo a información da Consellería de Medio Rural, tamén aboará a nocturnidade do ano 2009, neste caso aos traballadores e traballadoras que presentaron no seu día a reclamación previa.

Dende a Secretaría Xeral de Medio Rural deron a orde, novamente, aos Xefes de Distrito de que validasen as certificacións de horas nocturnas realizadas a aqueles traballadores e traballadoras que presentasen dita reclamación.

 
Fondo de Acción Social 2009 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Novembro 2010 14:30

O próximo luns, 29 de novembro, publicarase no DOG a resolución definitiva do Fondo de Acción Social do 2009 segundo información facilitada pola Administración. Agardase tamén que os pagamentos se fagan efectivos neste ano.

 
Modificación parcial da RPT de Augas de Galicia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Novembro 2010 12:12

Achéganos a Administración a proposta de modificación da RPT do organismo Augas de Galicia. Esta modificación ten por obxecto a creación de dez postos de traballo de persoal laboral derivados de sentencias xudiciais firmes nas que se declaraba a existencia dunha cesión ilegal de traballadores e se recoñecía á parte actora a condición de persoal indefinido da Xunta de Galicia. Haberá unha reunión coas organizacións sindicais para tratar este tema o vindeiro 30 de novembro.

Descargar documentación

Ver evento

 
Abonamentos das nocturnidades do SPDCIF 2010 PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Novembro 2010 01:13

Dende a Secretaría Xeral de Medio Rural informásenos que na nómina do mes de decembro van abonar a nocturnidade correspondente ao ano 2010 ao persoal laboral dos Servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Están pendentes de recibir por parte das xefaturas dos Distritos Forestais as certificacións de todo o persoal para logo facer o cálculo da cantidade a ingresar. Polo que respecta aos anos 2008 e 2009, comunicouse que só se fará o pagamento do ano 2009 para as persoas que presentaran no seu día a reclamación previa. Deste xeito están aforrando cartos, dado que non todo o persoal do SPDCIF presentou reclamación previa nos anos mencionados. Xa que logo, cos euros que se aforran dos anos 2008 e 2009 pagan o 2010.

Ler máis...
 
A CIG-Autonómica denuncia na vía xudicial á Xunta por incumprimento dos prazos legais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 18 Novembro 2010 14:55

Entre os incumprimentos que está a levar a cabo a Administración en materia de persoal, un deles, a funcionarización do persoal laboral fixo en postos de persoal funcionario, xa vén de moi atrás, tanto como dende que superaron os seus procesos selectivos. Segundo a lei tiña que estar solucionado xa vai máis dun ano.

Hai moitos anos xa que o persoal laboral fixo que realiza traballos que, pola natureza das súas funcións, debe ser desempeñado por persoal funcionario, padece discriminacións como non poder participar en concursos, promocións internas ou carreira profesional. Este é un tema xa de vello, dende o ano 2001 vimos acumulando acordos de funcionarización que a administración nunca cumpre.

Ler máis...
 
Salario variabel: produtividade PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 17 Novembro 2010 14:23

Ante as declaracións á prensa do Vicepresidente Terceiro do Goberno do Estado, Manuel Chaves, informando de que o Executivo estuda ligar unha parte do salario do persoal da Administración á súa produtividade, desde a CIG-Autonómica manifestamos a seguintes consideracións:

O concepto de produtividade entendida no sentido de “avaliación do desempeño” a se ter en conta nas retribucións e na carreira profesional dos empregados públicos, está incluída no EBEP (Estatuto básico do empregado público). Desde a aprobación do EBEP no ano 2007, está paralizado o desenvolvemento da carreira profesional dos empregados públicos na Administración central e na Xunta de Galiza.

Ler máis...
 
Concurso de traslados de persoal laboral (grupo V). Prazas ofertadas. PDF Imprimir Correo-e
Martes, 16 Novembro 2010 02:34

Achéganos Función Pública a relación de prazas para ofertar no vindeiro concurso de traslados de persoal laboral (grupo V), dándonos de prazo até o 22 de novembro para que lles fagamos chegar alegacións. De momento as nosas delegadas e delegados levan xa recompilado unha boa lista de vacantes que non constan nesta relación. Na mesma liña, convidámosche a que revises os listados e nos comuniques as túas consideracións antes do 19 de novembro para poder ter tempo a revisalas e poñelas en orde. 

Descargar a lista de prazas ofertadas

Opina nos foros

Descargar a última proposta da orde da convocatoria

 
Xuntanza coa Secretaría Xeral do Mar de 12/11/2010 PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 14 Novembro 2010 23:38

Os representantes da Consellería do Mar informaron de que están pendentes de que se negocie coa Dirección Xeral de Orzamentos da Consellería de Facenda unha solución ao bloqueo dos compromisos previos alcanzados coas organizacións sindicais, tendo en conta que a Consellería dispón de dotación de crédito suficiente para asumilos. Co obxecto de non adiar outras reformas que xa gozan do visto e prace de Facenda, a Consellería do Mar prantexa unha reforma parcial da RPT.

Os compromisos pendentes de execución son a homologación do nivel dos postos da escala de biólogos, á asignación de pluses aos postos de persoal laboral comprometida en febreiro de 2009 e á extensión á Consellería do Mar do acordo para o persoal funcionario dos centros de ensino.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 Seguinte > Final >>

Páxina 41 de 56
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack