A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 9 convidados en liña
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
Onde está o subdirector do albergue de Gandarío? PDF Imprimir Correo-e
Luns, 11 Marzo 2013 08:05

Mentres a Consellaría quere botar a 11 traballadores a rúa mantén o posto de subdirector dunha persoa que, a pesar de estar nomeada como tal, nunca pasou polo centro.

Pode existir un Centro Público que teña un Subdirector desde maio do 2012 e que non teña pisado o Centro? Pode ser que a Consellería de Traballo e Benestar teña creado ese posto de Subdirector, posto de Libre Designación, para darllo a unha persoa concreta? Pode que esa persoa concreta fora un funcionario do Concello de Boqueixón, Concello ao cal pertence tamén o Director Xeral da Xuventude -Ovidio Rodeiro Tato?

Ler máis...
 
Gandarío non se pecha: o persoal do centro en loita PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 19:33

Este mércores día 6 de marzo tivo lugar una Asemblea-Concentración no Complexo Xuvenil “As Mariñas” para denunciar as mentiras da Xunta á hora de propoñer a privatización e posterior peche deste centro.

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña, denuncia que a Dirección Xeral de Xuventude quere pechar o Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo a pesar de ter carga de traballo. Por iso, a partires do 24 de marzo dous dos seus principais programas "ROTEIROS" e "AULA XUVENTUR" que se ían celebrar nas instalacións do Albergue Xuvel de Gandarío (xunto co Albergue da Marina Española integra o citado complexo) que acollería a preto de un millar de mozas e mozos.

Ler máis...
 
Protestas contra o desmantelamento das Oficinas de Dependencia de Compostela e Ferrol PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 18:18

Traballadores e traballadoras destas oficinas fixeron sendas concentracións de protesta e posterior asembleas contra a supresión de postos de traballo e polo mantemento da Dependencia en Santiago e Ferrol.

A eliminación destas oficinas suporía o despedimento de 13 traballadores/as e a perda de axilidade, racionalidade e simplicidade na xestión das tramitacións de expedentes para a cidadanía. Penalizase as persoas de Santiago de Compostela e Ferrol, así coma das localidades próximas a estas comarcas que terán que acudir a Coruña para solicitar información ou facer as xestións necesarias do seu expediente. Rematase coa proximidade ao cidadán e dificultase o seu acceso a unha tramitación axil e eficiente.

Ler máis...
 
O Comité de Traballo convoca un referendum entre o persoal dos centros sobre as compensacións PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 14:01

A consulta é para coñecer a opinión das traballadoras e traballadores sobre se prefiren a compensación en tempo de descanso ou en cartos

A Consellería de Traballo e Benestar deixou de compensar en tempo de descanso, o traballo en domingos e festivos en abril de 2012. Dende aquela o persoal laboral das residencias de maiores, centros sociocomuntarios, centros de menores e CAPD, non teñen nengún tipo de compensación. Na actualidade a Xunta de Galiza, oferta unha compensación económica que vai dende os 17 ata os 30 € segundo a categoria que sexa, por un día de traballo en domingo e festivo, e desbota totalmente a posibilidade de compensar con tempo de descanso tal e como se viña collenda ata o ano 2013.

Ler máis...
 
A Xunta de Persoal denuncia o timo das listas de substitución da Xunta de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 06 Marzo 2013 08:42
  • Denuncian que a Xunta utiliza con afán racadatorio a desesperación da xente por atopar un traballo.
  • Os chamamanentos de persoal interino están prácticamente conxelados.

Na actualidade e con carácter xeral,  o acceso á condición de persoal interino o temporal na Xunta de Galicia continua regulado polo Decreto 37/2006 que viña de substituír á anterior regulación do ano 2003. Con el pretendíase, entre outras cousas, implantar un sistema de listas permanentes, de xeito que as persoas que se apuntaban nunha lista continuaban nela, sen necesidade de renovar a súa solicitude.

O transcurso do tempo demostrou que o funcionamento do Decreto presenta múltiples deficiencias tales como saturación de listas, empates masivos nas puntuacións por defectos no baremo ou penalizacións excesivas por non atender chamamentos.  Ao fin de mellorar estes aspectos as diferentes organizacións sindiccais levan anos solicitando a súa modificación e a resposta é a de sempre “estamos traballando niso”....

Ler máis...
 
5 de marzo, manifestacion en Vigo ata a sede do PP PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Marzo 2013 10:51

Contra a privatización dos servizos públicos, contra a perda de dereitos laborais e salariais, contra a eliminación de postos de traballo e contra os despedimentos. Manifestación en Vigo, o martes 5 de marzo, ás 11 horas, dende o Edificio Administrativo ata a sede do PP.

Percorrido: Praza da Estrela, García Barbón, Colón, Canceleiro, Areal

Ler máis...
 
En Gandario, Ferrol e Santiago, concentracións o 6 de marzo contra as amortizacións PDF Imprimir Correo-e
Luns, 04 Marzo 2013 10:21

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña convoca concentracións de protesta pola intención de suprimir postos de traballo e desmantelar o Complexo Xuvenil As Mariñas en Bergondo e os Equipos de Valoración da Dependencia en Santiago e Ferrol. Pola defensa dos servizos públicos. As concentracións de protesta son as seguintes todas ela a realizar o día 6 de marzo de 2013 ás 10h:

  • Complexo Xuvenil As Mariñas: Concentración asemblea-protesta ás 10,00 horas. Cornide nº 20 15167 Bergondo.


  • Ferrol  concentración ás 10,00 horas, diante do edificio da Xunta de Galicia, entrada que é tamén ás oficinas do Equipo de Valoración da Dependencia Praza Camilo José Cela, s/n 15403 Ferrol. (50 persoas).


  • Santiago de Compostela  concentración ás 10,00 horas, na entrada das oficinas do Equipo de Valoración da Dependencia Praza de Europa, 2º-10A Área Central 15703 Santiago de Compostela.
 
Acordos do último pleno da Xunta de Persoal de Servizos Centrais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 28 Febreiro 2013 13:52

O xoves, 21 de febreiro, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Delegar na Comisión Permanente a adopción de acordos relativos ao lanzamento dunha campaña de carteleria co obxecto de concienciar ao colectivo que representamos da necesidade da mobilización na actual situación que padecemos, e na determinación de accións concretas a desenvolver por parte das delgadas e delegados.

  • Elaborar un comunicado en relación co primeiro despedimento colectivo que se está a producir na Xunta de Galicia e darlle traslado á prensa e ao conxunto dos traballadores, asi como a remisión dunha carta ao Presidente da Xunta na que manifestamos a nosa oposición á medida.

Ler máis...
 
Comunicado da Xunta de Persoal e Comité de Empresa contra os despedimentos na Xunta de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Febreiro 2013 14:36

Ante a proposta da Consellería de Traballo e Benestar de destruír 251 empregos públicos que afecta a centros residencias de maiores, CAPD, centros de menores e servizos da dependencia e oficinas de emprego, a Xunta de Persoal de Servizos Centrais manifesta o seu rexeitamento absoluto a estas medidas de desmantelamento de servizos básicos para os colectivos mais desfavorecidos da sociedade; persoas maiores, dependentes, persoas paradas e os menores.

A Consellaría de Traballo e Benestar vai ser a responsable do primeiro despedimento masivo que vai a levarse adiante na Xunta de Galiza e que supón unha regulación de emprego encuberta.

Ler máis...
 
Mendigos en San Caetano protestando polos despedimentos na Xunta de Galiza PDF Imprimir Correo-e
Venres, 22 Febreiro 2013 08:27

O xoves, 21 de febreiro, delegadas e delegados dos dous órganos de representación dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza concentráronse ás portas do Consello da Xunta vestidos de mendigos e con cartaces, protestando polos despedimentos que van supoñer as propostas de amortización de diferentes consellaría.

Fixeron unha sentada a escasos metros da sala onde se estaba a celebrar o Consello da Xunta co obxecto de que ao saír puidesen velos as conselleiras e conselleiros, así como o Presidente da Xunta. A pesar de que estaban en silencio, non tardaron en ser invitados amablemente pola policía a abandonar o recinto de San Caetano. Fóra continuaron coa protesta, xa de xeito ruidoso con lemas como "Queremos traballar e non mendigar", "Non, non, non, ás amortizacións" ou "Non falta pan, sobran chourizos".

Ler máis...
 
Protesta do Comité de Empresa de Traballo contra a supresión de postos e esixindo tempo de descanso PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 20 Febreiro 2013 17:58

Acudiron tamén traballadores/as do complexo xuvenil “As mariñas” en gandarío para defender a continuidade do seu centro de traballo que a consellería quere desmantelar.

O mércores 20 de febreiro de 2013, membros do Comité de Empresa de Traballo e Benestar e un grupo de traballadoras/es de Gandarío levaron adiante unha protesta contra a amortización de postos de traballo, co desmantelamento de centros como Gandario ou as oficinas da Dependencia en Santiago e Ferrol, e a amortización de prazas en residencias de maiores, oficinas de emprego e centros de maiores.

Ler máis...
 
Asemblea-protesta contra a supresión de once postos de traballo no complexo xuvenil de Gandarío-Sada PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Febreiro 2013 18:04
A medida da Consellaría de Traballo e Benestar deixa o centro practicamente sen persoal para que poida funcionar.

Traballadores e traballadoras do Complexo Xuvenil das Mariñas en Gandarío-Sada, desenvolveron este luns, 18 de febreiro, unha protesta-asemblea diante do centro para denunciar a supresión de 11 postos de traballo e acordar as medidas a realizar para evitar os despedimentos e o desmantelamento dun centro público que leva 20 anos prestando servizos como albergue para mozos e mozas.
Ler máis...
 
Os despedimentos de Traballo afectarán en Ferrol e Compostela a 13 traballadores/as da Dependencia PDF Imprimir Correo-e
Luns, 18 Febreiro 2013 10:28
autocolante servizos públicos A medida suporá avanzar no desmantelamento das Oficinas de Valoración comarcal do Servizo de Dependencia.

O Plan de amortizacións de postos de traballo que a Consellaría de Traballo e Benestar ten intención de levar adiante suporá, para a comarca de Ferrolterra, unha considerábel perda na calidade dos servizos sociais, xa que levará ao despedimento de 7 traballadores/as no servizo de Dependencia e 1 persoa no centro sociocomunitario. Na comarca de Compostela, serán 6 os traballadores e traballadoras da Oficina de Valoración de Dependencia e Discapacidades que serán despedidos/as e os postos amortizados.
Ler máis...
 
Concentración do xoves no Edificio Administrativo de Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2013 18:52

Continuando coa nosa campaña de mobilizacións, un xoves máis os/as empregados/as públicos da Xunta concentrámonos diante do edificio administrativo en Pontevedra baixo o tan oportuno lema "Non hai pan para tanto chourizo". Ao redor de 150 traballadores/as -grupo moi numeroso, tendo en conta que hai compañeiros/as que se atopan de permiso polo entroido- acudimos disfrazados e de xeito reivindicativo celebramos unha chourizada "PPopular", demostrando que nin tan siquera esta pandilla de apandadores nos poderán parar.

NINGÚN RECORTE MÁIS SEN RESPOSTA!!!

 
Referendo na consellaría de Traballo: preferimos descanto a cartos PDF Imprimir Correo-e
Venres, 15 Febreiro 2013 18:49

O Comité de Empresa da Conselleria de Traballo e Benestar en Lugo realizou o pasado mércores de cinza un referéndum entre os traballadores/as que teñen quendas en domingos e festivos. Son oito os centros que non pechan nunca, atendidos por 400 traballadores/as. Sobor do 70% dos cadros de persoal teñen quendas de domingo e festivos.

O referendo foi seguido maioritariamente incluida a xente que non estaba a traballar entre as 14:30 e 15:30 horas que foi realizado en tódolos centros ao mesmo tempo. A porcentaxe de participación supera o 66% e os resultados ante as preguntas foron:

Ler máis...
 
A comparsa da CIG pide igualdade de condicións de provisión de postos cao vacante do Vaticano PDF Imprimir Correo-e
Martes, 12 Febreiro 2013 15:58

A comparsa de entroido da CIG en San Caetano reparte chourizos e solicitalle á Xunta que faga como o Vaticano coa do Papa e non amortice prazas vacantes.

Aproveitando que o martes de Entroido foi un día semi-festivo en San Caetano, e cando menos tradicionalmente lúdico, uns compañeiros e compañeiras da CIG nos Servizos Centrais da Xunta de Galiza estiveron percorrendo os corredores e unidades administrativas de San Caetano.

Ataviados con máscaras de Bárcenas, Montoro e cunha mitra papal como homenaxe ao papa Ratzinger, aproveitouse para, recollendo a actualidade, darlle a volta e reivindicar a corrupción instalada no Partido Popular aló onde goberna, facendo tamén un chamamento en contra do actual proceso de amortización de prazas e de privatización dos Servizos Públicos na Xunta de Galiza.

Ler máis...
 
Concentración en Campolongo con Rajoy e Bárcenas PDF Imprimir Correo-e
Domingo, 10 Febreiro 2013 14:30

Rajoy, Bárcenas, Feijoo, Ana Mato, Louzán, Montoro, Urdangarín, de Guindos, e outros moitos persoeiros, concentráronse este xoves día 7 diante do Edificio Administrativo de Campolongo. E a vós non vos teñen dado sobres?. Si, con papeletas!!, di a fenomenal viñeta do Carrabouxo cando un paisano do rural interpela a outros sentados nun banco.

Os empregados/as públicos/as non queremos sobres, nin con cartos nin con papeletas. Queremos que se retribúa dignamente a nosa forza de traballo, queremos que se valore o noso traballo como servidores públicos, e queremos que non se nos utilice como vítima propiciatoria para tratar de xustificar políticas de recortes encamiñadas a afundir o público. E sobre todo cando quenes predican austeridade na súa vida persoal se comportan como hampóns recollendo sobres, cobrando en negro de empresas que logo sacan suculentos beneficios de contratos coas Administracións.

Ler máis...
 
A nosa extra é a dos sobres do PP PDF Imprimir Correo-e
Venres, 01 Febreiro 2013 13:50

Este xoves día 31, outra vez na rúa diante do Edificio Administrativo de Campolongo, os empregados/as públicos/as de Pontevedra nos concentramos en defensa dos nosos salarios e dos nosos dereitos.

Con sobres de Bárcenas e billetes de 500 euros quixemos amosar a dobre moral dun partido popular que cunha man impón a austeridade nas Administracións recortando os nosos salarios e coa outra recibe, presuntamente, sobres con cartos. O máis berrado, “A nosa extra é a dos sobres do PP” e “Sobres arriba, isto é un atraco”. Seguiremos concentrándonos os xoves deste mes ata o debate no pleno do Parlamento do proxecto de Lei de Orzamentos de 2013.


NINGÚN RECORTE SEN RESPOSTA.

Ler máis...
 
Entrega en fiscalia informe comisións servizos de Lugo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 30 Xaneiro 2013 14:25

O 29 de xaneiro, a Xunta de Persoal da Xunta de Galicia en Lugo mantivo unha entrevista co Fiscal Provincial de Lugo para darlle coñecemento do que ao noso entender é un dos máis claros exemplos de cómo se pode ignorar a lei todos os días e nin tan sequera disimulalo. E para ilustrar a nosa acción, elaboramos un informe (preme aquí para descarregalo) no que se poñen de manifesto e con exemplos, varios incumprimentos da Xunta de Galicia en materia de normativa reguladora nas comisións de servizos.

Ler máis...
 
Non + Recortes. Concentración en Pontevedra PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 24 Xaneiro 2013 19:35

Un xoves máis os empregados/as públicos/as saímos á rúa. E esta vez co Edificio Administrativo de Campolongo coronado por un NON + RECORTES, que lucía esplendoroso poñendo de relevo o noso sentir ante as agresións que estamos a sufrir os/as empregados/as públicos/as, esta vez a través da lei de Orzamentos do 2013 que está en trámite parlamentar. Contamos asimesmo co apoio dos partidos con grupo parlamentar que previamente se manifestaron a prol da defensa dos servizos públicos.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 16
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack