A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 33 convidados en liña
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
A CIG demándalle á Consellaría de Presidencia que deixe de enviar apercibimentos xerais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 21 Xaneiro 2013 10:02

A CIG recórdalle o seu compromiso co Decreto que regulamenta a flexibilización de xornada

Esta consellaría, "logo de comprobar a existencia dunha desviación horaria de diverso persoal", non se lle ocorreu mellor cousa que, no canto de efectuar apercibimentos puntuais a este persoal tan diverso (imaxinamos que o de diverso será porque hai desde directores xerais ata persoal subalterno), o que fixeron foi dar un toque en xeral a todo o persoal da consellaría.

Estas chamadas de atención xenéricas supoñen un insulto para a maioría das compañeiras e compañeiros que cumpren rigorosamente o seu horario e parecen máis ben balas que darlle á prensa coas que disparar contra a nosa dignidade. Semella que esteamos no exército e que houbese que disciplinar a toda a tropa porque un par de soldados chegaron tarde ao adestramento. Pois non señora, as cousas non se fan así e xa cheiran de máis este tipo de actuacións de "pagar xustos por pecadores".

Ler máis...
 
Entrega sinaturas Lugo na defensa das condicións de traballo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 18 Xaneiro 2013 19:12

O xoves 17 de xaneiro de 2013, membros da Xunta de Persoal de Lugo entregaron varios centos de sinaturas na defensa da dignidade das persoas empregadas públicas.

No documento que acompaña as sinaturas exprésase o profundo rexeitamento á batería de ataques recibidos contra a dignidade e as nosas condicións de traballo das persoas empregadas públicas. Tendo en conta que o clima laboral está moi deteriorado, debido a todas as medidas tomadas contra o colectivo de traballadores públicos nos últimos tempos, propóñense unha serie de accións que poden axudar a mellorar este ambiente de traballo. As medidas que se propoñen para comezar a reconducir esta situación son as seguintes:

Ler máis...
 
O Comité de Traballo e Benestar denuncia recortes e estrés permanente entre os traballadores PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 10 Xaneiro 2013 09:54

O mércores, 9 de xaneiro, o Comité de Empresa de Traballo e Benestar na provincia da Coruña protestou ante a Xefatura Territorial, polos recortes e imposicións ao persoal dos centros, que se atopan nunha situación de estrés laboral, descoñecendo as carteleiras do 2013, sen compensacións por traballar domingos e festivos, sen paga extra, descontandose os días de baixa, eliminando días de descanso e vendo como cada día que pasa a Xunta de Galiza recorta dereitos e convirte as condicións de traballo nun sistema de explotación laboral.

Ler máis...
 
O persoal laboral de Traballo e Benestar mobilízase contra as imposicións e o deterioro dos servizos PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 03 Xaneiro 2013 14:08

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar da Coruña vén de emitir unha nota na que responsabiliza á conselleira Beatriz Mato da situación actual dos centros de atención de residencias de maiores, centros de menores, CAPD e escolas infantís, cos traballadores a mínimos, descoñecemento das quendas de traballo do 2013 e en situación de estrés laboral permanente.

O Comité de Empresa  aprobou un calendario de asembleas e mobilizacións a partir do vindeiro luns 7 de xaneiro de 2013, co fin de denunciar a situación na que estan a desempeñar as suas funcións e responsabilidades as traballadoras e traballadores dos centros dependentes da conselleira Betariz Mato. Denuncian unha situación insoportable con estrés laboral permanente pola escasez de persoal e medios á que se reduciu as prestacións nos centros de atención a persoas maiores, escolas infantís, centros de menores e CAPD A Coruña. Destacan tamén que nestes centros aínda non se ten negociado as quendas de traballo para o 2013 e a incapacidade do persoal de Dirección nomeado a dedo para xestionar os cada vez máis recortados recursos dos que dispoñen.

Ler máis...
 
Doazón de sangue e campaña 12 uvas 12 recortes PDF Imprimir Correo-e
Sábado, 29 Decembro 2012 01:27

altSeguindo co calendario de mobilizacións aprobado en asemblea o xoves día 20 os empregados/as públicos/as do Edificio Administrativo de Pontevedra tivemos unha concentración con café reivindicativa dentro do edificio administrativo, e durante a mañá en horario de 9:30 a 14:30 unha doazón de sangue baixo o lema: Antes de que o PP nos quite o sangue, decidimos doalo voluntariamente.

O resultado da doazón superou todas as expectativas xa que fixeron a extracción perto de 50 persoas, e non puideron ser máis por falla de tempo material xa que a unidade móbil de transfusión non podía alongar o seu horario de presenza a carón do edificio administrativo de Pontevedra, polo que moitos/as compañeiros/as non puideron doar.

Ler máis...
 
Stop desafiuzamentos: Concentración venres 28 de decembro ás 19:30 horas PDF Imprimir Correo-e
Venres, 28 Decembro 2012 10:25

O vernes 28 de decembro ás 19:30 horas diante da oficina de NovaGalicia Banco da Rúa do Paseo de Ourense (diante da estatua da leiteira) manifestaremonos en diversas vilas galegas para berrar que non o imos aturar mais. Que xa non aguantamos!!!

Poderiamos falar de cifras. Das máis de 400.000 execucións hipotecarias que se efectuaron dende 2007, do número de suicidios que esta situación xerou, ou do artigo tal da Constitución.

Poderiamos, pero nesta xornada preferimos falar da inxustiza social, dos culpables deste sistema asasino e das solucións que nos permitan ter unha vivenda digna.
Inxustiza porque levamos anos escoitando a palabra crise, palabra que foi utilizada como arma culpabilizadora contra as familias que “viviron por riba das súas posibilidades”. As familias desafiuzadas non son culpables, senón vítimas dun sistema financeiro atroz que prima o capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de
todas nós.

Os culpables desta situación non son entes abstractos. Non son primas de risco, nin subidas ou baixadas do euribor. Os culpables son os políticos e banqueiros que durante dúas décadas soamente se preocuparon de encher o peto sen pensar nin un intre no tipo de crecemento económico que estaban a xerar. Esta burbulla estoupou, pero non nos mollou a todos por igual. Mulleres, migrantes, menores, obreiros e obreiras, somos os que estamos a pagar os excesos de Aznar, Botín e Zapatero. Esta crise non é homoxénea. Nin os efectos dos

desafiuzamentos tampouco. Estamos ante un problema de xénero e de clase, xerado por políticos e banqueiros que seguen a beneficiarse da situación.

Somos nós, homes e mulleres, obreiros, traballadoras, desempregados, etc., os que debemos esixir unha solución a unha lacra que non xeramos e estamos a pagar.
Por iso, esiximos:
Responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal.Paralización de todos os procesos de desafiuzamento, Dación en pago con efecto retroactivo, Parqué de alugueiro social das vivendas incautadas pola banca

Porque o dereito a vivenda debe estar á marxe do mercado. Porque non volveremos a pagar os desmáns dos poderosos.

Non pararemos!!!! Xuntas podemos!!!!

 
Feijoo da 14 millóns de € para un xeriátrico privado mentres mantén pechada unha residencia pública PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2012 13:50

Dende a CIG-Autonómica queremos denunciar a política goebbeliana do Partido Popular consistente en repetir milleiros de veces o mantra da falsa austeridade.

A verdade é a suposta autoridade soamente se aplica nos servizos públicos. Deste turno tocoulle aos servizos sociais servir de exemplo do doble raseiro de Feijoo.

Nun novo desprezo por parte de Xunta de Galiza se procede a desmontar un chismo máis a rede de servizos sociais e concede 14 millóns de euros a unha empresa privada mentres que a residencia pública do Carballiño que leva anos rematadas segue pechada.

Lembramos que no Carballiño fixéronse obras de mellora e ampliación por un montante de 6,5 millóns de euros e que ampliaría en 80 os dependentes que serían atendidos nunha comarca con importante envellentamento.

Ler máis...
 
Entrega de sinaturas contra a retirada da paga extraordinaria PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Decembro 2012 09:42

O motivo desta simbólica entrega de sinaturas, enmarcada dentro dunha xornada de mobilizacións semellantes en todo o país, vén dada polo atropelo que se está a executar unha vez máis contra os empregados e empregadas públicas.

A retirada da paga extraordinaria contra o persoal ao servizo das administracións públicas é a primeira vez que se produce na historia do noso país. E vén dada xunto con outras moitas medidas, todas elas negativas e agresivas contra os traballadores e traballadoras públicas.

Ler máis...
 
Papa Noel e o Apalpador contra os recortes en San Caetano PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2012 21:03

Trala noticia recibida onte do vindeiro recorte para o 2013 a través dos medios, a organización afirmou que para a próxima traerían a Chuck Norris e non precisamente para entregarlle carbón a Feijoo, como pretendín o Apalpador e Papá Noel.

Unha grande asistencia de traballadoras e traballadores públicos manifestouse hoxe en San Caetano. En principio o acto estaba previsto en reivindicación do cobro da paga extra que nos roubaron, pero as últimas novas con respecto á convocatoria da Mesa Xeral do venres, fixeron que se centrase neste último apartado.

Ler máis...
 
A miña paga extra de decembro vai para María José Bravo Bosch e os LD PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2012 13:13

(Corrección: a Delegada Territorial envióu un escrito aos empregados de Vigo desmentindo que se pagase co diñeiro da Xunta esa xornada de traballo que rematou ás 18 horas. Dando por certa esa información, quen pagou o espazo de traballo, o xantar, o café e os desprazamentos ás 29 persoas que asistiron e que non pagaron nada, nin o almorzo nin o xantar  (entrantes, carne, postre e viño)? Papa Noel ou o Apalpador? Inda que fose outra Administración, como a Deputación Provincial, seguiría a ser un despilfarro cando están a recortar os nosos dereitos e salarios. Supoñemos que a Delegada dará ordes de non pagar os gastos de desprazamentos a quenes xa solicitaron o seu pagamento, incluíndo algún taxi que se colleu).

O Edificio Administrativo de Vigo estivo sen xefes de servizo e outros libres designación o pasado martes 18 de decembro. Non foi unha bacteria, nin acudiron en masa a un mitin. Foi, simplemente, un ágape da gobernadora territorial de Vigo, María José Bravo Bosch quen organizou unha “xornada de traballo” con xantar incluido no castelo de Soutomaior.

O evento comezou ás 9:00, “reunión de traballo”, unha pausa ás 10:30 para tomar un café con pastas, seguido dunha achega de ideas por parte dos xefes de servizo e directores de área para preparar equipos de traballo, ás 11:00. Para rematar, xantar ás 14:00 horas, na pousada de Soutomaior ao módico prezo de 70 euros por persoa, aos que hai que engadir os gastos de quilometrase por traslados (60 kms dende Vigo).

Ler máis...
 
Carteleiras 2013: Reunión tensa na Xefatura Territorial de Traballo e Benestar da Coruña PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Decembro 2012 10:54

O mércores, 19 de decembro, representantes do Comité de empresa de Traballo e Benestar da Coruña plantaronse na Xefatura Territorial para demandar a negociación das carteleiras de 2013. O Presidente do comité, Xosé Manue López Viqueira, calificou a situación de "burla total aos dereitos do persoal laboral".

Xunto co presidente do comité, presentaronse na xefatura territorial tamén delegadas e delegados (7 da CIG, 2 de CCOOe 2 de UGT). Os representantes dos traballadores prescindiron de formalismos e protocolos, mesmo declinaron sentarse, para resaltar o grandisimo malestar dos traballadores e traballadoras que a piques de rematar o ano aínda non teñen as quendas do ano 2013, descoñecen cal vai ser a compensación por traballar domingos e festivos e soportan a ineficacia e ineficiencia das Direccións dos centros.

Ler máis...
 
A CIG pide apertura de expediente disciplinar a un xefe de servizo que ameazou a traballadores PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 19 Decembro 2012 19:37

O pasado 18 de decembro, a sección sindical da CIG de persoal funcionario na provincia de Pontevedra presentou diante da Secretaria Xeral Técnica da Consellaría de Traballo e Benestar unha petición de apertura de expediente disciplinar a un xefe de servizo da Xefatura de Traballo de Vigo por abuso de poder e obstaculización do exercicio das liberdades públicas e dos dereitos sindicais, entre outras faltas.

Os feitos ocurriron cando este xefe de servizo, con chulería e prepotencia, dirixíuse a uns traballadores dunha oficina de emprego que vestían a camiseta reivindicativa "funcionarios e parados todos estafados”, mediante ameazas coma "non eres funcionario e sí interino" e "se non quitas a camiseta mañán mesmo estas na rúa", que acovardaron de tal xeito aos empregados públicos que alí mesmo retiraron as camisetas e non foron quen de promover as denuncias oportunas polos feitos.

Ler máis...
 
O despotismo non ilustrado PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2012 14:13

Dentro da vaga de recortes que está a realizar o goberno galego, chama a atención  que xa non existe nin un pequeno dereito adquirido que non sufra a ira das tesoiras de Feijóo. A penúltima é a de empezar a arrasar tamén con un dereito tan pernicioso como que o persoal que ten xornada de mañá e tarde nos centros educativos, poida xantar no centro de traballo no que prestan os seus servizos.

Ler máis...
 
Éxito da campaña de recollida de alimentos en Servizos Centrais PDF Imprimir Correo-e
Luns, 17 Decembro 2012 09:43

O venres, 14 de decembro, rematou a campaña de recollida de alimentos para a cociña económica e o albergue de San Francisco de Compostela. A dita campaña foi promovida e levada a cabo por un grupo de traballadores e traballadoras da Axencia Galega de Infraestruturas, limitándose as distintas organizacións sindicais a facerse eco da medida e colaborar na recollida.

Ler máis...
 
Concentración pola paga extra en San Caetano, "non imos agardar a que saia o sol" PDF Imprimir Correo-e
Venres, 14 Decembro 2012 08:00
O xoves, 13 de decembro, os traballadores e traballadoras de negro dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza concentrámonos en San Caetano para reclamar o dereito ao cobro do noso salario roubado, para reclamar, en definitiva, que se respecten os nosos dereitos. Contra os chuzos de punta e o vento, xuntámonos onde ben podíamos e, a pesar de todo iso, manifestamos o noso compromiso, un xoves máis, coa loita pola nosa dignidade como empregadas e empregados públicos.
Ler máis...
 
O Comité de Traballo e Benestar denuncia á Consellaría ante a Inspección de Traballo PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 13 Decembro 2012 15:34

O Comité de Traballo e Benestar da Coruña vén de denunciar ante a Inspección de Traballo, a decisión "unilateral, prepotente e arbitraria" pola que a Consellería de Traballo e Benestar pretende impoñer os novos modelos de carteleiras para o ano 2013.

A Consellaría elaborou unhas instrucións que nunca chegou a negociar coa representación legal dos traballadores e que lle pasou ás Direccións dos centros para a súa aplicación inmediata.

Ler máis...
 
Xuntanza coa AMTEGA para tratar a problemática do persoal trasladado á Cidade da Cultura PDF Imprimir Correo-e
Luns, 10 Decembro 2012 09:45

Antes de finais de xaneiro podería haber unha proposta formal de RPT. En 2-3 meses rematará a fase de integración do persoal informático das consellarías.

O mércores, 5 de decembro, tivo lugar unha reunión da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais con representantesda AMTEGA para falar de diversas problemáticas do persoal trasladado ás novas instalacións da Cidade da Cultura. A dita reunión foi solicitada a comezos de setembro para tratar o tema da deficiente comunicación do transporte público e de novo, a mediados de outubro, para tratar varias queixas do persoal con relación ao traslado.

Ler máis...
 
Concentracións con café e recollida de alimentos en Pontevedra e Vigo PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2012 23:12

Por ser festivo este xoves, día no que se veñen facendo os actos e concentracións reivindicativas dos empregados públicos, nas cidades de Pontevedra e Vigo organizáronse o mércores 5 distintos actos de carácter reivindicativo e solidario.

En Pontevedra houbo unha “Concentración con café” de 300 compañeiros no hall do Edificio Administrativo xunto cunha recollida de alimentos destinada a persoas con poucos recursos acordada na asemblea de empregados públicos. Recolléronse ao redor de dúas toneladas de alimentos. Entre outros: 300 paquetes de leite ou 155 botellas de aceite. A Xunta tentou boicotear o carácter reivindicativo deste acto ordenando retirar as referencias ao recorte da paga extra e ao noso compromiso solidario a pesares de sufrir os recortes.

En Vigo recolléronse uns 700 kilos de alimentos en media hora que foron entregados á ONG Vida Digna, quenes atenden a unhas 1700 persoas e un comedor cuns 500 usuarios.

Ler máis...
 
Presentan 3500 sinaturas pola recuperación da paga extra e 2400 pola negociación de dereitos PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2012 14:43

A presentación tivo lugar pola Xunta de Persoal e Comité de Empresa no Rexistro Xeral de San Caetano dirixidas ao Presidente da Xunta e no Parlamento de Galiza aos grupos parlamentares.

En tan só 5 días, a iniciativa da Xunta de Persoal de Servizos Centrais logrou acadar un elevado número de sinaturas que representan a práctica totalidade do persoal traballador dos Servizos Centrais da Xunta (se desbotamos principalmente LD´s, que algún tamén asinou, así e a todo). Se trasladamos esta maioría a un sistema proporciona tipo lei D´hondt é bastante máis aplastante que a maioría do PP no parlamento galego.

Ler máis...
 
Recollida de alimentos para a Cociña Económica e Albergue de San Francisco en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 05 Decembro 2012 14:27

A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos Servizos Centrais emitiron un comunicado no que indican que se suman á iniciativa de recollida de alimentos para a Cociña Económica e o Albergue de San Francisco en Compostela. Esta campaña foi inciada de xeito independente por un grupo de traballadoras e traballadoras da Axencia Galega de Infraestruturas. A data límite para a recollida é o venres, 14 de decembro.

Os órganos de representación fan un chamamento á solidaridade dos traballadores e traballadoras públicos e animan a participar nesta campaña. As persoas que queiran colaborar poden deixar a súa achega nos locais sindicais ou ben levalos directamente á unidade na que estan os compañeiros e compañeiras que tomaron esta iniciativa (entrando a man dereita, planta baixa do edificio dos espellos, San Caetano).

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 2 de 16
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack