|
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
|
Mércores, 01 Setembro 2010 19:43 |
|
Dende a CIG-Autonómica vimos reivindicando unha formación de calidade pero tamén en cantidade nos cursos máis demandados pola s empregadas e empregados públicos, o de galego administrativo entre eles. Do mesmo xeito esiximos maior transparencia nos criterios de adxudicación. Se ben eses criterios dos cursos de formación da Xunta viñan sendo obxectivos e o método de inscrición sinxelo e adaptado aos tempos da administración electrónica, os que organiza a Consellaría de Educación a través das Escolas Oficiais de Idiomas baten records.
E baten records en canto ao anticuado sistema de inscrición e de selección: "persoalmente e por rigorosa orde de chegada". A pesar de que todo o peixe soe venderse nas primeiras horas do primeiro día, a convocatoria segue establecendo prazos tan innecesarios coma 20 días naturais. Esta organización tan primitiva provoca situacións coma as acontecidas o 1 de setembro ás portas da EOI de Santiago e que se amosa na imaxe adxunta. Esta imaxe, ao contrario do que poida parecer, non son alumnos buscando un oco no curso de inglés de 20:00-21:30. Trátase de empregadas e empregadas públicos que buscan unha das 75 prazas nun dos 3 cursos de galego administrativo que a EOI imparte nesta localidade.
|
|
Ler máis...
|
|
Sábado, 21 Agosto 2010 12:43 |
|
Mentras o Conselleiro de Medio Rural fai declaracións sobre o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais, a Inspección de Traballo de Ourense, á instancias da CIG, constata o contrario e dálle un prazo de 2 meses para que facilite a información aos traballadores.
Novamente a Inspección de Traballo, esta vez en Ourense, volve a requirir á Medio Rural para que cumpra a lexislación en materia de prevención de riscos laborais. Se en decembro de 2009 o requirimento consistía en obrigar a que Medio Rural realizase a Avaliación de Riscos dos diferentes postos de traballo, agora, en agosto de 2010, consiste en que o resultado desa avaliación sexa facilitada á totalidade do persoal dos distritos forestais da provincia. Literalmente o requirimento da Inspección de Traballo foi feito á Xefatura Territorial de Medio Rural nos seguintes termos: "que no prazo de 2 meses se adopten as medidas oportunas para facilitar á totalidade de traballadores que prestan os seus servizos nos distritos forestais da provincia de Ourense, información sobre os riscos específicos que afecten ao seu posto de traballo ou función, e das medidas de protección e prevención aplicábeis aos ditos riscos". |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 02 Agosto 2010 09:22 |
|

A CIG-Autonómica, co apoio das demais centrais sindicais, concentrouse o xoves 29 de xullo diante do Edificio Administrativo de Pontevedra para reclamar que a Escola Infantil nel localizada sexa de xestión pública. Esta demanda, que xa vén de moi atrás, reavivouse coa publicación no DOG do 23/07/2010 da convocatoria pública do procedemento de contratación. O obxecto é poñer de manifesto o noso rexeitamento á entrega deste servizo (e o coidado das nosas fillas e fillos) aos intereses económicos dunha empresa privada. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 10:51 |
|
XORNADA TÉCNICA DE SAÚDE LABORAL
CURSO: A PREVENCIÓN DE RISCOS NAS TAREFAS DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DOS INCENDIOS FORESTAIS.
Destinatarios: Persoal funcionario do SPDCIF.Persoal laboral do SPDCIF.Persoal destinado nas labouras de prevención ou extinción de incendios forestais de empresas do sector. |
|
Ler máis...
|
|
Luns, 19 Xullo 2010 10:06 |
|
COBERTURA DE PRAZAS MEDIANTE ADSCRICIÓN TEMPORAL NO SERVIZO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS (SPDCIF) DE OURENSE (14 / XULLO / 2010). - MR.C99.50.142.32340.055 Peón do SPDCIF Distrito Forestal XIV. Verin - Viana, comarca forestal: Viana.
- MR.C99.50.152.32320.079 Xefe de Brigada Distrito Forestal XV. A Limia, comarca forestal: A Limia.
- MR.C99.50.152.32320.052 Peón do SPDCIF Distrito Forestal XV. A Limia, comarca forestal: A Limia
Prazo e lugar de presentación das solicitudes:
10 días naturais a partir do día da data da exposición da convocatoria (14 de Xullo de 2010), dirixídas á Sección de Xestión de Persoal e Réxime Interno do Departamento Territorial da Conselleria do Medio Rural de Ourense.
|
|
Xoves, 01 Xullo 2010 12:04 |
|
CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O REFORZO DO VERÁN NA PLADIGA 2010, NA CATEGORIA DE CONDUCTOR MOTOBOMBA (033 - IV).
Prazas a cubrir:
- Distrito Forestal XI. O Ribeiro - Arenteiro: 1 praza.
- Distrito Forestal XII. Miño - Arnoia: 9 prazas.
- Distrito Forestal XIII. Valdeorras - Trives: 7 prazas.
- Distrito Forestal XIV. Verin - Viana: 2 prazas.
- Distrito Forestal XV. A Limia: 8 prazas.
Requisitos:
- Graduado escolar ou equivalente.
- Carné de conducir C.
- DNI.
Documentación a presentar:
- Instancia.
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia do carné de conducir C.
- Fotocopia da titulación requerida.
- Méritos: Servizos prestados na Xunta de Galiza, noutras administracións públicas ou en empresas privadas na mesma categoria; Cursos directamente relacionados coa categoria; acreditación do idioma galego (iniciación/celga 3; perfeccionamento/celga 4; outros de grao superior).
Prazo presentación solicitudes:
A presentación de solicitudes para participar nesta convocatoria, rematará o día 6 de Xullo de 2010.
|
|
Venres, 25 Xuño 2010 08:57 |
|
Os cursos de formación que se van a realizar na comarca de Pontevedra dirixidos a traballadores/as en activo nas administracións públicas van ter lugar nas seguintes datas:
Cociña pratica básica, do 15/11/10 ao 30/11/10
Conducion evasiva, do 06/09/10 ao 16/09/10
Iniciación ao rappel para forestais, do 16/10/10 ao 26/10/10
Lei 4/1994 do 14 de setembro de estradas de Galicia, do 20/09/10 ao 01/10/10
Linguaxe de signos II, do 04/10/10 ao 21/10/10
Procedemento administrativo, do 25/10/10 ao 10/11/10 |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 28 Maio 2010 08:54 |
|
Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas.
- Ourense: luns 31 de maio, ás 11:30 h, na Casa de Chocolate (Avda. da Habana, 79)
|
|
Luns, 24 Maio 2010 13:25 |
|
Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas. - Compostela: mercores 26, ás 11 h, no salón 2º de San Caetano.
|
|
Luns, 24 Maio 2010 13:24 |
|
Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas.
- Ferrol: mercores 26, ás 11 h, na Residencia de Maiores de Caranza.
- Ferrol: pendente de confirmar o venres 28, ás 8:30 h, no salón do Edificio Administrativo.
|
|
Luns, 24 Maio 2010 13:23 |
|
Informámosche de que nos vindeiros días convocaremos distintas asembleias de empregados e empregadas públicos nas distintas comarcas. - Pontevedra: martes 25, ás 11 h, no salón do Edificio Administrativo
- Vigo: xoves 27, ás 14 h, no salón do Edificio Administrativo
|
|
Xoves, 13 Maio 2010 11:48 |
|
RESUMO REUNION DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAUDE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DE PONTEVEDRA.
O día 10 de maio celebrouse na Sala de Xuntas (A) do Edificio Administrativo de Pontevedra, a xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde.
Tratáronse os seguintes temas: |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 12 Maio 2010 20:51 |
|
A Consellería de Traballo e Benestar (tamén coñecida como Consellería do Paro e Malestar) quere desmantelar o Centro de Asistencia e Educación Especial "Santiago Apóstolo", que atende a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre 6 e 24 anos. A Xunta de Galiza pretende pasar este centro á Consellería de Educación, que atende só ata os 21 anos, o que implica eliminar prazas vacantes, e trasladar ao persoal fixo "sobrante" a outros Centros. Fronte a esta situación, tanto o Comité de Empresa como as traballadoras e traballadores queren que se abra o "Santiago Apóstolo" a adultos/as, o que permitiría cubrir una necesidade social, e garantir os postos de traballo do persoal do centro. A Consellería négase. A Consellería quere gastar o diñeiro público nos centros privados. |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 06 Maio 2010 19:03 |
|
Os sindicatos CIG, UGT, CSIF e CGT convocan ás persoas interesadas a asistir á asemblea que vamos realizar no edificio o venres 7 de maio ás 10:30 h para tratarmos a situación da escola infantil, decidir medidas a adoptar, e calquera outra cuestión do edificio que quixermos tratar. Os convocantes queremos poñer en coñecemento do persoal da Xunta de Galiza en Pontevedra o noso malestar polas actitudes que dende fai un tempo está a ter o sindicato CCOO, ao que responsabilizamos da ruptura da unión sindical que está a atrancar o funcionamento do órgano de representación do persoal funcionario, a Xunta de Persoal. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 28 Abril 2010 16:05 |
|
A CIG AUTONÓMICA DE OURENSE SOLICÍTALLE A MEDIO RURAL QUE AS CONTRATACIÓNS DO VERÁN NO SPDCIF SEXAN POLAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DA XUNTA E NON POR SEAGA.
Tal e como ocurriu na campaña pasada, o persoal laboral a contratar para a campaña do verán na defensa contra os incendios forestais (Pladiga 2010) que vai realizar a Consellería do Medio Rural van ser a través do chiringuito Servizos Agrarios Galegos, máis conocida por Seaga.
A este goberno do Sr. Feijoó tanto lle dá ter que convocar na provincia de Ourense a 1.028 aspirantes das listas de contratación reguladas pola propia Xunta de Galiza para a realización de probas físicas e visuais e, uns días máis tarde dicer que o reforzo do verán será pola empresa Seaga. Tanto lle dá o tempo que invertiron os aspirantes das listas de contratación en prepararse para a súa superación e, o que consideramos o máis grave, a perda de diñeiro por parte dos integrantes das listas ao ter que abonar unhas taxas de inscrición para logo non seren contratados. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 16 Abril 2010 09:53 |
|
Os desagravios aos que somete a provincia de Ourense o Delegado Territorial da Xunta de Galiza, Rogelio Martínez, parecen non ter fin.
Na xuntanza celebrada onte entre a Consellaría de Traballo e Benestar e as catro organizacións sindicais máis representativas (C.I.G., CC.OO., UGT, CSI-CSIF) confirmouse o que xa era evidente, o incumprimento do acordo co anterior goberno: a dotación de persoal nos centros de servizos sociais da Xunta. O incumprimento dos acordos é a tónica habitual deste goberno, e dende a C.I.G. preguntámonos cal vai a ser o destino deses cartos que se ian investir en melloras aos servizos socias do País. |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 15 Abril 2010 10:19 |
|
As actitudes de vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza en Ourense por parte de quen ocupa o sillón de Delegado Territorial, Rogelio Martínez e de quen realmente exerce dende a sombra, José Selas son cada vez máis descaradas e evidentes.
Dende a CIG denunciamos que a adopción de instruccións sobre o descanso diario, vacacións e permisos por asuntos propios vulnera gravemente a legalidade vixente. |
|
Ler máis...
|
|
Mércores, 31 Marzo 2010 10:12 |
|
Durante o ano 2010 a Cig-Admón. Pública vai impartir na comarca de Pontevedra os seguintes cursos para traballadores/as en activo da administraciión ( autonómica, central, local, xustiza, correos, universidade,...) |
|
Ler máis...
|
|
Xoves, 18 Marzo 2010 13:03 |
|
Xa está aberto o prazo para solicitar os cursos que a CIG-Administración Pública organiza na comarca de Compostela. O departamento de Formación da CIG (forGA) elabora, ao abeiro do actual Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, diferentes accións formativas dirixidas a este colectivo de traballadores/as en activo. Todos os cursos son de carácter gratuíto e terán lugar nos locais de forGA Compostela (Milladoiro-Ames), de luns a venres. As accións formativas comezarán no mes de abril e a súa programación estenderase ata decembro. Podedes atopar a listaxe de cursos na seguinte ligazón. |
|
Ler máis...
|
|
Venres, 19 Febreiro 2010 14:06 |
|
Programación 2010. Cursos da CIG Admón. Pública comarca de Vigo. Na vindeira semana abriremos o prazo de preinscripción, de xeito que as instancias hai que presentalas nas dependencias de FORGA en Vigo ou no local sindical da CIG do 8º andar do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo
|
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 12 de 16 |
|