A Free Template From Joomlashack

A Free Template From Joomlashack

Quen anda?

Temos 33 convidados en liña
Novas territoriais (no menú esquerdo podes filtrar)
Excelente acollida da campaña de recollida de sinaturas pola recuperación da paga extra PDF Imprimir Correo-e
Luns, 03 Decembro 2012 10:17

En 3 días, lévanse recollido preto de 3000 sinaturas nun centro no que traballan pouco máis de 4000 empregados públicos.

Estes días podemos atopar polos corredores de San Caetano e San Lázaro mesas de recollidas de sinaturas de apoio no relativo á recuperación da paga extra. Recordamos que a dita proposta iniciada pola Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza, á que posteriormente se sumou o Comité de Empresa, solicítalle ao Goberno galego o adianto da paga extra de xuño de 2013 para xaneiro do mesmo ano.

Ler máis...
 
Axuda para mitigar a pobreza da nosa sociedade PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 29 Novembro 2012 11:39

Os traballadores e traballadoras da Administración da Xunta de Galiza e os da Administración Central en Vigo imos colaborar coas organizacións sociais na entrega de víveres para paliar a situación de pobreza extrema na que se atopa unha grande parte da sociedade viguesa. A recollida de víveres será o mércores, 5 de decembro, ás 11 horas, na praza da Estrela.

As empregadas e empregados públicos sufrimos nestes últimos anos uns recortes que superan o 30% das nosas retribucións, perda de dereitos sociais e laborais acadados ao longo de moitos anos de negociación. Aínda así, e antes de que sexamos nós quen teñamos que acudir aos bancos de alimentos (pois pensamos que o goberno do PP continuará cos recortes, baixadas salariais, despedimentos..), solidarizámonos con aqueles cidadáns que están a pasar fame por mor destas políticas neoliberais. O día 5/12/2012, achegaremos víveres (lentellas, arroz, garavanzos, galletas, pasta, leite, conservas, aceite, produtos navideños, etc).

Ler máis...
 
Solicitude de pagamento en xaneiro de 2013 da paga extra retirada polo RDL 20/2012 PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 28 Novembro 2012 09:36

Se Navarra, Euskadi ou Extremadura, con peores cifras de déficit, van pagarlle a paga extra aos seus empregados públicos, por que en Galiza non? Iso é o que formula a Xunta de Persoal de Servizos Centrais co escrito remitido á consellería de Facenda. Para referendar este solicitude inician unha campaña de recollida de sinaturas de apoio entre as traballadoras e traballadores públicos aos que animan a colaborar.

Hai que ter coidado coas palabras pronunciadas e ás do recén investido Presidente da Xunta se aferran os empregados públicos recordándolle que en campaña eleitoral presumiu das magníficas cifras de déficit público de Galiza. Por outra banda, nunha entrevista en V Televisión do 17 de outubro, Alberto Núñez Feijoo recoñeceu que o "erro" que supuxo quitarlle á paga extra aos empregados públicos.

Ler máis...
 
Xunta Persoal Pontevedra: apoio aos delegados sindicais condenados a prisión PDF Imprimir Correo-e
Venres, 23 Novembro 2012 01:09

A Xunta de Persoal Funcionario da Xunta de Galiza na provincia de Pontevedra, quere expresar a súa solidariedade cos compañeiros Marcos Cadórniga, Carlos Alján e Carlos Búa, que van ter que ingresar en prisión por participar na folga do comercio de alimentación 2009.

Como órgano de representación dun colectivo de máis de 2.700 funcionarios e funcionarias desta provincia, enviamos un saúdo e ánimo a estes compañeiros que nunha situación de dificultade e loitando por un marco no que se regulen unhas condicións de traballo dignas para ese sector, son condeados mentres os responsabeis da crise seguen en liberdade.

Nun momento en que os empregados/as públicos/as estamos a sufrir tamén os recortes ditados polo capital financeiro e a patronal, faise necesaria máis que nunca a unión e a identidade na loita de todos os traballadores por outro modelo social, e faise máis necesario hoxe que nunca o apoio a estes compañeiros que, xenerosos, érguense na defensa dos intereses dos traballadores/as e son castigados por ese exercicio de dignidade.

POLAS LIBERDADES DEMOCRÁTICAS. NON Á REPRESIÓN!!

XUNTA DE PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA DE GALIZA NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

 
A Xunta de Persoal de SSCC lanza a campaña "4 xoves, 4 causas: camiñando do improbábel ao posíbel" PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 21 Novembro 2012 12:26

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais retoma as concentracións dos xoves negros cun novo calendario mobilizador até o 20 de decembro, semana na que padeceremos de xeito efectivo o secuestro da nosa paga extra. Nestes derradeiros catro xoves ata que se produza a fatal efeméride faise un chamamento especial á mobilización co obxecto de acadar diferentes aspiracións dos empregados públicos da Xunta de Galiza que son plenamente asumibles pola Administración dentro da situación económica actual, a maioría das cales non precisa nin de adaptación normativa algunha, somentes de vontade política para a súa aplicación.

Ler máis...
 
Hoxe comemos "Rajo" PDF Imprimir Correo-e
Luns, 19 Novembro 2012 09:16

A cafetaría de San Caetano, por obriga das correspondentes prescricións técnicas, ten a obriga de publicar os seus menús tanto na língua propia do país como en castelán. Non en tanto, nun sitio web de google, publícase semanalmente o menú unicamente en castelán. Aínda que o propio sitio indica que non é unha web oficial, os menús coinciden completamente co que está enriba das mesas da propia cafetaría.

A cafetaría de San Caetano non é só un lugar frecuentado polos traballadores e traballadoras do lugar, tamén é un local que recibe cidadáns que acoden aos edificios administrativos a efectuar calquera tipo de xestión, polo que podemos dicir que a cafetaría é unha imaxe da propia Xunta de Galiza.

Ler máis...
 
Presentación nos xulgados da denuncia penal polo desaloxo dunha asemblea en San Caetano PDF Imprimir Correo-e
Martes, 13 Novembro 2012 09:10

O luns, 12 de novembro, unha representación da Xunta de Persoal dos Servizos Centrais de San Caetano presentou no xulgado de garda de Fontiñas, en Compostela, a denuncia penal polo desaloxo policial dunha asemblea de traballadores que tivo lugar no edificio administrativo de San Caetano o pasado 3 de outubro.

Á saída dos xulgados a presidenta da Xunta de Persoal fixo unhas declaracións aos medios alí congregados. Resaltou que ao día seguinte dos feitos, e xunto co comunicado, se presentara un escrito ao conselleiro de Presidencia solicitando a apertura dun expediente informativo sobre os feitos. Despois de máis dun mes, aínda siguen sen resposta. Motivo que fundamenta que recurran á Xustiza.

Ler máis...
 
A Xunta abandona o proxecto de protección aos menores do centro Soutomaior PDF Imprimir Correo-e
Luns, 12 Novembro 2012 10:15

As traballadoras e traballadores do Complexo de Menores I de Ferrol recibiron con sorpresa e asombro a nova de que o Centro de menores Soutomaior vai ser nun futuro próximo unha residencia universitaria segundo a nova que poideron ler no día de hoxe nos xornais.

Nin o persoal nin os seus representantes no Comité de empresa recibiron comunicación algunha da Consellería de Traballo e Benestar ao respecto do abandono definitivo dunha verdadeira política de protección aos menores en situacións de desamparo; máis nos momentos actuais en que aumenta o número de persoas en situación de necesidade.

Ler máis...
 
Pronunciamento de apoio 14-N da Xunta de Persoal de Servizos Centrais PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 07 Novembro 2012 10:01

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais vén de facer público o seguinte comunicado de apoio á folga europea do 14-N e fai, ao mesmo tempo, un chamamento especial á participación das empregadas e empregados públicos para frear deste xeito as agresións políticas, entre outras, contra o emprego público.

PRONUNCIAMENTO DE APOIO – FOLGA XERAL 14N

Ante as políticas de recortes sociais e supresión de dereitos dos traballadores e traballadoras decretadas polo Goberno, a Xunta de Persoal dos Servizos Centrais da Xunta de Galicia ACORDA:

Ler máis...
 
Xuntanza con Turismo sobre o traslado do persoal ás novas dependencias da Axencia PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 25 Outubro 2012 14:00

Hoxe, 25 de outubro, varios membros da Xunta de Persoal tivemos unha xuntanza coa representante da Secretaria Xeral de Turismo, Elena Barca, polo tema do traslado da actual Secretaria Xeral para o Turismo para os locais da Barcia, onde esta agora Turgalicia. Comentounos o seguinte ás nosas preguntas de cando, como e en que condicións se vai facer o traslado do persoal:

Ler máis...
 
Chamamento aos traballadores públicos con respecto as elección do 21-O PDF Imprimir Correo-e
Luns, 15 Outubro 2012 11:24

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais vén de facer público un comunicado no que fai un chamamento xenérico ao conxunto de traballadoras e traballadores públicos con respecto ás eleccións do vindeiro 21 de outubro.

Neste comunicado faise un percorrido polos case 4 anos de Goberno do PP en Galiza e os efectos sobre os Servizos Públicos e o conxunto dos seus traballadores. Destácase tamén no comunicado que a política de austeridade tradúcese en recortes exclusivamente á clase traballadora co único fin de compensar desmandados financeiros. Xa que logo,  faise un chamamento á participación e a exercer un voto "en consecuencia".

CHAMAMENTO AO CONXUNTO DOS EMPREGADOS E EMPREGADAS PÚBLICAS CON RESPECTO ÁS ELECCIÓNS DO VINDEIRO DÍA 21 DE OUTUBRO

Ler máis...
 
Acordos do último pleno da Xunta de Persoal de Servizos Centrais PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Outubro 2012 08:06

O martes, 9 de outubro, a Xunta de Persoal dos servizos centrais celebrou un pleno ordinario, do que informamos dos principais acordos:

  • Ratifícanse os acordos sobre as mobilizacións, decididos na asemblea do día 3 de outubro, que se concretan en continuar coas concentracións dos xoves, coa novidade de que apartir de agora serán vestid@s de negro. Ao rematar o mes valorarase a necesidade de convocar outra asemblea no suposto de que a participación fose escasa. Abandónase a acción dos mércores sen consumo, debido ao pouco efecto que tivo.

  • Acórdase realizar un comunicado no que se relaten os ataques aos servizos públicos e aos propios traballadores públicos feitos dende o actual goberno da Xunta de Galicia e no que se faga un chamamento masivo á participación nas eleccións do día 21 de outubro e se pida que se vote responsablemente tendo en conta as anteditas agresións.

Ler máis...
 
Denuncia do empeoramento da calidade asistencial nos centros de Traballo e Benestar PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 11 Outubro 2012 07:04

O Comité de Empresa de Traballo e Benestar protestou onte nunha sentada contra os sucesivos recortes e medidas arbitrarias do departamento autonómico de Traballo e Benestar no seu persoal e os efectos que están a ter na calidade asistencial nos centros públicos. Mentrés, o departamento continúa o seu impulso a favor das empresas privadas xestoras de servizos sociais.Tamén denunciaron a negativa da xefatura provincial para cederlle un local para a xuntanza do comité co obxecto de silenciar as súas denuncias.

 
Denuncia da consellaría de Presidencia ante o desaloxo policial dunha asemblea de traballadores PDF Imprimir Correo-e
Venres, 05 Outubro 2012 11:18

Os nervos están a flor de pel: o PP tenta boicotear unha manifa da CIG en Lugo, impídese o acceso aos centros de traballo aos delegados sindicais, reforzos policiais nas inmediacións de San Caetano e agora Presidencia usa a policía para desaloxar ilegalmente unha asemblea de traballadores.

A Xunta de Persoal e Comité de Empresa fixeron público un comunicado ante o desaloxo policial da asemblea de traballadores públicos en San Caetano o 3 de outubro de 2012 que tiña lugar en quenda de tarde. Nun escrito dirixido ao conselleiro de Presidencia piden que se abra un expediente informativo e recordan que limitar as liberdades sindicais inxustificadamente é un delito tipificado no artigo 315.1 do Código Penal ante o que as persoas responsables poden enfrontarse a penas de 3 anos de cárcere. Do mesmo xeito, a documentación e recompilación dos feitos e testemuñas vaise poñer en mans dos servizos xurídicos das centrais sindicais para iniciar as accións xudiciais.

Comunicado e video do desaloxo pacífico

Ler máis...
 
Interior impide a visita sindical a 3 delegados da CIG nun centro de traballo da Xunta PDF Imprimir Correo-e
Mércores, 03 Outubro 2012 14:05

Os axentes de policía impediron a entrada a varios delegados da CIG da Xunta de Persoal na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, centro de traballo de Servizos Centrais da Xunta de Galiza.

O día 2 de outubro ao redor das 12:15 h presentaronse 3 delegados da Xunta de Persoal des Servizos Centrais na Dirección Xeral de Emerxencias e Interior. Neste centro traballan varias decenas de funcionarias e funcionarios dos Servizos Centrais da Xunta de Galiza. O obxectivo desa visita sindical era repartir un boletín de información e pegar un cartaz nos correspondentes taboleiros informativos destinados ao uso das organizacións sindicais.

Ler máis...
 
Resumo da Xunta de Persoal de Ourense do mes de setembro PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 27 Setembro 2012 15:39

Asisten pola CIG: Zeltia Burgos, Lourdes Morales, Raquel Vázquez, Secundino Fernández, Ana María Benito

PRÓLOGO

Desta vez reunímonos na sala de prensa do edificio administrativo da avda. da Habana (casa de chocolate); cada día nun lugar distinto. Hai que ter en conta que a Xunta de Persoal por lei ten dereito a un local para as súas xuntanzas. Esta aptitude demostra, unha vez mais, o respecto que teñen polas funcionarias e funcionarios este goberno tan popular. Non respectan nin as formas e deixan sen local a un organismo administrativo.

Ler máis...
 
Non teñen vergoña: fan propaganda eleitoral até coa avaliación da dependencia PDF Imprimir Correo-e
Martes, 25 Setembro 2012 22:07

O 25 de setembro a Xunta eleitoral advirtiu a Feijoo do incumprimento da Lei electoral nos contratos do naval e do decálogo de dereitos das persoas maiores e ordena rematar coas campañas de publicidade. Agardamos o mesmo tratamento para o uso eleitoral da carta de servizos da avaliación de dependencia que denuncian traballadoras e traballadores da Consellaría de Traballo e Benestar.

Tan só un día antes, o 24 de setembro, chegaron ás dependencias do Edificio Administrativo en Ferrol  para ser repartidos entre a cidadanía uns folletos que se corresponden cos Carta de Servizos da que está a falar nos medios de comunicación o Sr. Feijoo, candidato do Partido Popular á Xunta de Galiza.

Ler máis...
 
Asubían a Feijoo en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) PDF Imprimir Correo-e
Luns, 24 Setembro 2012 10:59

Se o venres foi en Ourense onde recibiron a Feijoo con berros e asubíos. Hoxe 24 de setembro foi en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) onde a cidadanía amosou a súa indignación contra as políticas de demolición que está a levar a cabo a Xunta de Galicia do Partido Popular con Alberto Núñez Feijoo á cabeza.

A escalada de indignación aumenta e parece que afectados/as polas preferentes, traballadores e traballadoras públicas e a multitude de colectivos damnificados pola suicida política do Partido Popular non está disposta a pasar desapercibida.

 
'Mans arriba, isto é un atraco': Recepción da cidadanía de Ourense a Feijoo PDF Imprimir Correo-e
Venres, 21 Setembro 2012 16:20

A cidadanía de Ourense recibiron a Alberto Núñez Feijoo con sonoros pitos e berros na presentación das listas do Partido Popular en Ourense.

Afectados/as polas preferentes, traballadoras e traballadores públicos e persoas en situación de desemprego protestaron pola presenza do presidente en funcións da Xunta de Galiza en Ourense facéndoo responsábel da situación na que se atopan milleiros de familias.

 
'Nós traballamos, non roubamos': Outro día máis para a dignidade en Compostela PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 20 Setembro 2012 17:48

O xoves, 20 de setembro, tivo lugar outro día máis para a dignidade das traballadoras e traballadores públicos. As persoas concentradas en San Caetano desplegaron unha pancarta na que se lía "Nos traballamos, non roubamos" e levaron a protesta ao interior do edificio administrativo.

Na concentración deixouse claro que está protesta ía máis aló do cabreo das traballadoras e traballadores públicos polo recorte dos seus propios dereitos, trátase dunha protesta en defensa dos servizos públicos e en contra dos recortes antisociais que afectan a toda a cidadanía (traballadores/as, pensionistas, persoas paradas, autónomos, pequenos/as empresarios/as...). Uns recortes que supoñen un atraco ante o que as persoas concentradas escenificaron varias veces o "mans arriba!"; un atraco xa que o diñero destes recortes vai directamente a parar "os banqueiros".

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 16
Joomla 1.5 Templates by Joomlashack